24, Maio 2023

Último dia de campaña electoral, este venres 26 de maio, coas candidaturas que concorren a estas eleccións municipais do 28-M apurando as últimas horas para atraer o voto dos indecisos, que poderían ser decisivos para o resultado electoral no concello do Carballiño.

Os cinco candidatos que optan á alcaldía do Carballiño buscarán a complicidade dos oíntes nesta desputada pelexa polo voto do electorado carballiñés, o debate iniciaráse ás 13:15 horas e os candidatos disporán de ata seis turnos de intervención, en total 12 minutos para para candidato, que intervirán por orden de menor a maior representación na corporación municipal carballiñesa: Manuel Nogueira (Podemos) Sofía García (Bloque Nacionalista Galego) Pachi Vázquez (Espazo Común) Lino González (Partido Popular) e Paco Fumega (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE).

O debate, presentado e moderado por Xan Pinal, poderá sintornizarse en directo no 91.9 FM,  online en conexión con www.copecarballino.es , e posteriormente no PODCAST dispoñible para a súa escoita a calquera hora nesta mesma WEB.

 

24, Maio 2023

O alcalde de Maside planea urbanizar unha zona restrinxida do pobo abrindo un vial alegando ó interese xeral do pobo, intentando “casualmente” legalizar unha edificación declarada ilegal polo contencioso administrativo e polo Tribunal Superior de Xustiza e con orde de derrumbamento.
( con actual demanda de execución forzosa e subsidiaria por parte do concello).

Vial que “ en beneficio de todos” que dúbida cabe que pagarían as arcas públicas.

Casualmente o alcalde ten un sumo interese en legalizar esta obra “ coste o que coste e a quen lle coste” quizáis inflúé un chisco o feito de que foi él o que firmou a licenza, dirixiu e redactou o proxecto do edificio agora declarado ilegal.

Está claro que o alcalde de Maside “como dios” está en todo “y todo lo puede” e por suposto “ruega por nosotros” Esperemos que non esté tan claro que esté incluso por encima da xustiza.

*Recordar ós lectores que previo recurso ós tribunais os demandantes acudiron á vía negociación, á vía potestativa ante o concello, ó defensor e á valedora e tamén a APLU. Sendo en todo momento coñecedores da ilegalidade tanto o alcalde como o promotor da obra e facéndose ambos “os suecos”.

24, Maio 2023

¿Cal é a próxima xogada do alcalde de Maside?

 

Unha familia de Maside encóntrase inmersa nunha xincana dirixida e organizada polo seu alcalde na que a realidade supera a ficción.

O punto de partida dá comezo cunha licenza de obra ilegal no 2019, como si dun proxecto autofinanciado se tratase ( o cookworking aínda non se levaba) asina o proxecto, dirixe a obra e concede a licenza o noso protagonista estrela, redoble de tambores,...o omnipresente e omnipotente alcalde. 

Comeza o periplo, Primeira proba:  a familia protagonista coñecedora e afectada pola licencia ilegal da obra contacta co alcalde cun resultado fallido: sorprendentemente “descoñece o asunto” , segunda proba: reclamación do expediente ó secretario resultado: denegado o acceso e proba de “aguante” (piropos varios ).Os nosos participantes non se renden, terceira proba: interposición de recurso potestativo ante o concello resultado: están a esperar a resposta ( 4 anos demostran a paciencia dos nosos concursantes) . Cuarta proba, aproveitando a espera participan en probas paralelas por eso de ir adestrando..., nun intento de gañar puntos para a final xogan a baza da valedora do pobo, resultado: proba superada, pero a pesar dos esforzos non puntúa para a final, pois a ela tamén lle denegan a información, o mesmo ocorre co defensor do pobo. Tamén acuden a APLU ( axencia da protección urbanística ) resultado: seica o lobo é o encargado de coidar das ovellas, xa que o alcalde é o encargado de velar a legalidade urbanística (xa dixemos que era omnipotente).  Quinta  proba, reintento persoal de reconducir a situación, o noso organizador nun alarde dos seus poderes remíteos a xustiza para pasar de nivel.

A nosa familia segue loitando, esta vez as probas da xincana reinícianse no pazo de xustiza, coa sexta proba. Nun  último esforzo para alcanzar a final da proba conseguen un resultado positivo que avala todos os seus intentos. Seica hai que derribar. Non se fai.

Última e sétima proba van ao TSX Agora parece que sí. A meta é súa. Chegan. Cansos, desgastados pero chegan. Sentencia condenatoria que declara a ilegalidade e o derribo. Quen asume as costas do proceso? Pagarán o orgullo do alcalde os veciños da vila?

 

Parece xa por fin que os nosos participantes van recibir o premio final da xincana. Hai demanda de execución subsidiaria ó concello. Pero… non se adianten aos acontecementos, estamos seguros que queren saber como remata o conto pero… como non sabemos o final imos facer algunhas conxeturas:

 

- a edificación non se derriba, legalizase e fan un marina dor ciudad de vaciones en Maside.

- a nosa familia é expropiada e despois de gañar no último minuto roubanlle por penalti inxusto (haberá VAR?).

- o promotor fai un parking para dar cabida a todos os vehículos que ten nas beirarrúas da vila.

- os nosos protagonistas levan medallita polo esforzo realizado pero expropianlle o terreo afectado pola edificación argumentando interese público e construese alí un helipuerto.

 

Pista: a edificación luce campante, o alcalde trama algo, ...

 

Como poden comprobar todo é posible en Maside, a vila, onde os soños se fan realidade.Veremos con que nos sorprenden. Atentos ao diario de Maside. ¿queres participar na proxima xincana? Resolve os acertixos:

 

Pode una alcalde ser xuiz e parte?

Pode antepor os seus interese persoais ós dos veciños?

Pode sacar proveito do mal alleo?

Pode un alcalde cambiar a lei segundo lle conveña?

Pode facer caso omiso da xustiza?

Pode abusar do seu poder?

Pode beneficiar a un veciño a consta de perxudicar a outro?

 

Pode, pode,…vaia se pode!

24, Maio 2023

A xunta de goberno da Deputación de Ourense desta semana ven de acordar unha subvención por importe de 48.000 euros a favor do concello de Boborás.

Con esta achega económica, a institución municipal leverá a cabo un proxecto de "humanización" dos accesos á igrexa parroquial de San Pedro Félix de Brués. Desta maneira, o concello de Boborás da continuidade aos proxectos de acondicionamento que está promovendo na contorna dos templos parroquiais.

24, Maio 2023

Os candidatos á alcaldía do Irixo para os comicios electorais deste próximo domingo, Iago Fariñas (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) e Manuel Cerdeira (Partido Popular) protagonizaron un intenso debate electoral nos estudos de COPE O Carballiño. Pódelo escoitar no audio adxunto.

23, Maio 2023

Anda que non hai alternativas para celebrar un mitin. Na praza da Veracruz, no parque, poñelo a outra hora ou outro día. Menuda cagada dos de Pachi. Espero sabían rectificar. Ainda están a tempo. Senon que non conten co noso voto.

 

23, Maio 2023

COPE O Carballiño ven de organizar o primeiro encontro electoral na historia do concello de Beade. Participaron no mesmo o candidatos á alcaldía deste concello ribeirán Alejandro Lodeiro Rodríguez (Agrupación Veciñal Independiente de Electores-AVIDE) Mateo Rodríguez Paz (Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE) e Fernando Taboada Guntín (Partido Popular).

22, Maio 2023

Obxectivo cumprido. A Asociación Fotográfica O Potiños realizou onte nada menos que 500 retratos na Praza Maior a veciños, veciñas e visitantes coa súa iniciativa “Pon unha foto na rúa”, na que colabora o Concello do Carballiño.

Contaxiouse así a paixón por este arte e encheuse o corazón da vila de cor cunha proposta que espera gran interese. As imaxes serán expostas na Rúa Principal e, posteriormente, entregaranse aos protagonistas. Levaranse así un bonito recordo desta xornada que xa é unha tradición na vila.

22, Maio 2023

Dende o Cine Club Carballiño comunicamos que nos vemos obrigados a cancelar a proxección do filme Los reyes del mundo prevista para o día 26 de maio en sesións de 20:00 e 22:30 horas debido a que a candidatura de Espazo común de Carballiño decidiu organizar un mitin.

No cine club eramos conscientes de que a campaña electoral podía alterar a dispoñibilidade do Auditorio Manuel María, polo que a mediados de marzo puxémonos en contacto coas diferentes candidaturas ao Concello do Carballiño para ver a posibilidade de manter a nosa programación habitual dos venres, que remataba xustamente con esta película, así como organizar un ciclo de cine galego en tres días (do 19 ao 21 de maio). Todos os partidos manifestaron a súa vontade de non interferir cos seus actos de campaña na actividade cultural do pobo, e polo tanto das proxeccións do cine club. Procedimos entón á contratación e o pagamento dos filmes que tiñamos programados e a facer a cartelería correspondente, na que se anunciaban todas as nosas proxeccións. Este domingo día 21 de maio, recibimos un whatsapp dun espectador habitual no que se anunciaba un mitin de Espazo común o mesmo día que nos iamos proxectar Los reyes del mundo, á mesma hora e no mesmo lugar, sen recibir ningún tipo de comunicación por parte do partido. Postos en contacto con Espazo común, desdícense do que falaramos con anterioridade e non aportan ningunha solución, o que provoca a cancelación da película e os conseguintes gastos para a nosa asociación (dereitos de exhibición, publicidade, portes) . Manifestar a nosa sorpresa e malestar por este feito, que amosa unha falta de sensibilidade e de respecto tanto polo noso traballo como polo público que asiste ás proxeccións. Esperamos que dende hoxe ata o día do mitin sexan capaces de pensar en propostas máis interesantes para potenciar e colaborar coas asociacións e a vida cultural deste pobo. E de paso entendan que o interese xeral debe primar sobre os intereses particulares dun partido político.

Cine Club Carballiño

22, Maio 2023

Aquí podes escoitar íntegro o debate electoral dedicado ao concello de Leiro, celebrado nos estudos de COPE O Carballiño. Participaron a candidata do Bloque Nacionalista Galego á alcaldía de Leiro, Rebeca Paz Vázquez, o candidato a alcaldía deste concello ribeirán polo Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE Pedro José González Gonzalez, e o candidato á reelección á alcaldía polo Partido Popular, Francisco José Fernández Pérez.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS