27, Abril 2023

Ata o domingo dia 7 de maio, no que se celebra o dia da nai, todos os clientes que realicen as súas compras en calquera dos establecementos asociados do Centro Comercial Aberto que participan nesta campaña recibirán participacións para entrar no sorteo dun "Smartphone". O sorteo celebraráse o martes dia 9 de maio ás 20:30 horas a través das RRSS desta asociación carballiñesa de comerciantes.

Noelia Mares, a xerente do Carballiño CCA, puxo en valor este tipo de iniciativas que sirven para a dinamización do comercio local "premiando e recoñecendo aos nosos clientes. 

27, Abril 2023

O exhibidor e propietario do Novo Cine de Leiro, Ernesto Romero, será o protagonista dun documental dirixido polo produtor e comunicador Simone Saibene, nun proxecto audiovisual que apoiado pola Deputación de Ourense renderá homenaxe ao promotor desta sala de cine, coincidindo co 40 aniversario da súa apertura.

Con motivo do próximo inicio da rodaxe, o presidente da Deputación, Manuel Baltar, visitou o Novo Cine Leiro na compaña do seu dono, Saibene -director e guionista do documental- e Jairo Iglesias -responsable da fotografía do proxecto-. Manuel Baltar afirmou que resulta “entrañable comprobar o compromiso, vocación e amor pola sétima arte que amosa Ernesto, o que merece tanto para min como para a Deputación toda a nosa admiración e respecto”.

Manuel Baltar enmarcou a visita no interese por coñecer unha historia “que merece ser contada e vista en calquera parte do mundo, porque o amor polo cinema é universal”. Este mesmo motivo, dixo, “explica o compromiso da Deputación para apoiar un proxecto audiovisual que realzará a figura de Ernesto”, sen esquecer que iniciativas deste tipo “tamén falarán dun pobo e dunha provincia que ten no cinema un dos seus atractivos”.

Simone Saibene confirmou o inminente comezo da rodaxe do documental, que ten como título provisorio Cine Paraíso, Leiro. Agradecido polo apoio do goberno provincial, Saibene recoñeceu estar encantado cun proxecto que terá como escenario o mundo rural e que dará a coñecer a historia dun “exemplo de resistencia” que alcumou o “Totó do cinema”, en referencia ao protagonista do filme italiano Cinema Paraíso.

Ernesto Romero tamén agradeceu a visita do presidente da Deputación, ao tempo que se mostrou satisfeito “por acordarse de min” e pola rodaxe dun documental “que vai quedar para o pobo e para que a xente saiba o importante que é o cine, que vexa a miña afección e como levo loitando todos estes anos por manter esta sala”.

Unha vida dedicada a promover o cine no rural

"Cine Paraíso, Leiro" é un documental que rende homenaxe a todo un axente cultural: Ernesto Romero, unha persoa que dedicou toda a súa vida a promover o cine desde o rural. Nesta produción, que non é unha película biográfica, reflexionarase sobre a evolución do rural e da distribución cinematográfica, sempre a través dos ollos de Ernesto. No documental tamén quedará reflectido o museo no que se converteu a casa de Romero, chea de gramófonos, carteis de películas, fotografías, postais e aparellos antigos de gravación e exhibición. Durante estes 40 anos de actividade na sala de cine, o seu propietario tamén documentou en Super 8 e VHS a evolución de Leiro, de tal xeito que esta produción explorará o pasado e o presente do concello e os cambios e a evolución do rural grazas a ese inestimable fondo de arquivos.

O dono da única sala da provincia con proxector dixital en 3D

Ernesto Romero (Lebosende, Leiro, 1952) achegou se ao cinema con 8 anos cando viu a súa primeira película: Alma Gallega de Armando Hermida Luaces. A súa aficción medrou tanto que recollía os fotográmas que tiraban no lixo, ao lado da sala de cine. Traballou como operador de cabina en Villagarcía de Arousa e Vigo e terminou ata que o 28 de mayo de 1983 inaugurou o Novo Cine en Leiro.

En 2009 Ernesto Romero decidiu comprar un proxector dixital en 3D, convertendo a súa sala na única de toda a provincia de Ourense que podía proxectar películas neste formato, logrando encher este espazo en numerosas ocasión coa estrea, un ano despois, da película Avatar, filme que neste 2023 regresa ás pantallas.

26, Abril 2023

Boas a todos, quero contar o que me pasou hoxe. Serian arredor das sete da tarde cando estaba paseando coa miña cadeliña polo campo da festa de ARCOS e, de súpeto, apareceu un can grande, negro, a toda velocidade por onde o tanatorio; colleu á miña cadeliña ca boca e levouna arrastro por todo o campo, mordendoa toda. Eu, sen saber que facer, empecei a berrar e chorar porque, por mais que lle daba patadas para que a soltara, non o facía. A miña sorte foi atopar un pau co que, logo de tanguerlle con el, conseguín que a deixara, pero para se botar a min. Defendinme e, ao final, marchou por onde viñera. Afortunadamente, aínda que mancada e asustada, a pequecha está viva.

Por desgracia, isto non foi o pior, xa que nunha casa que está ben preto, había un mozo limpando o coche, unha señora limpando as herbas e outra sentada no banco de pedra da casa e NINGÚN DELES moveu un dedo para me axudar, de feito, nin se inmutaron.

Qué carallo quedou daquela estupenda profecía que dicía algo asi como:

A sociedade vai a sair mellorada e reforzada desta pandemia...

Noxo!!

26, Abril 2023

O Carballiño será o concello con máis candituras, cinco en total, seguido de Punxín, PIñor, San Amaro,  e Avión. onde o electorado poderá elixir entre catro candidaturas.

Tres candidaturas desputaránse a gobernabilidade dos cocelllos de San Cristovo de Cea, O Irixo, Maside, Leiro e Beariz. Finalmente, o concello cunha oferta electoral máis reducida no noso ámbito será o de Boborás, con tan so dúas candidaturas.

Partido Popular e PSOE preséntanse en todos os concellos, incluido o de Avión onde a Xunta Electoral deberá subsanar un erro na publicación, xa que omitiu por un erro a candidatura do PP, que si foi presentada en tempo e forma.

O Bloque Nacionalista Galego preséntase en nos concellos do Carballiño, Punxín, Piñor, San Cristovo de Cea, Leiro e Beariz. Espazo Común concurre nos municipios do Carballiño, Piñor e San Amaro, e VOX debuta nunhas eleccións municipais no concello de Avión.

Finalmente, os concellos de Avión, O Irixo e San Amaro contarán o 28-M con candidaturas independientes.

Para ver as candidaturas no teu concello abre o seguinte enlace: https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=95&fecha=202...

25, Abril 2023

Paco Fumega lidera un equipo de goberno "cercano á cidadanía, centrado no interés xeral, experimentado e reforzado co obxectivo de continuar impulsando ao Carballiño como vila punteira de Ourense e Galicia en todas as áreas", manifestan dende o PSdeG-PSOE ao dar a coñecer a composición da súa candidatura para o 28-M.

"Xerando máis Industria e Emprego, coa ampliación do parque empresarial e o apoio ao comercio e á hostalería con novas iniciativas de promoción. Promocionando o Turismo, coa posta en valor da declaración da Festa do Pulpo como Festa de Interese Turistico Internacional, principal baluarte da proxección turística do Carballiño", destacan os socialistas.

Na súa declaración de intencións, refirense "a posta en valor o Patrimonio Histórico e Natural, coa apertura da Fábrica do Papel, a nova iluminación artística exterior do Templo da Veracruz e a ampliación do Sendeiro do Arenteiro ata o Bañiño de Arcos para convertelo nun dos percorridos naturais máis emblemáticos de Galicia".

Tamén fan mención a outro tipo de actuacións iniciadas xa no actúal mandato municipal para Mellorar as Infraestruturas viairias, coa reforma e humanización das rúas Ourense e Carreira, entre outras, indican asi como a ampliación daas Zonas de Lecer Infantís, como a nova área recreativa e de xogos infantís de Toscaña.

"Dinamizando a Cultura, coa potenciación da programación cultural e o apoio ás asociacións e entidades culturais. Renovando os servizos públicos da Sanidade e Comunicacións, coa construcción do novo centro de saúde e a estación intermodal. Proseguindo cos investimentos nas Parroquias para continuar coa mellora das infraestruturas e servizos no rural", poñen en valor como xestión do equipo de Fumega.

Asemade, destacan o apoio ao deporte, coa creación de novas instalacións e mellora das existentes, apoiando o deporte base e ás entidades deportivas.

Os socialistas tamén defenden "os Servizos Sociais e apostando pola Educación como pilares fundamentais do benestar e futuro do Carballiño. Optimizando a Xestión Municipal e captando máis Fondos Europeos e das demais Administracións Públicas, para continuar cos proxectos en marcha e impulsar outros novos que contribúan ao progreso do Carballiño", remarcan.

LISTA ELECTORAL DO PSOE DO CARBALLIÑO 2023

1. Francisco Fumega Piñeiro
2. Manuel Dacal Fernández
3. Silvia Baranda Fernández
4. Rosa Fuentes Garcia
5. Diego Fernandez Nogueira
6. Alberto Otero Carneiro
7. Guadalupe Sobrado Pérez
8. Manuel Sotelo Vila
9. María Teresa Domínguez Pérez
10. Rogelio Otero Fuentes
11. Elisa Domínguez Vidal
12. Manuel Gonzalez Iglesias
13. Marina Ortega Otero
14. Andres López Corral
15. Noemi Rabinal Donsion
16. Carlos Nemesio Crespo Filgueira
17. Benjamin Castiñeiras Castro
*SUPLENTES*
1. María nelly Tizón González
2. Manuel Penedo Peña
3. Marisol Pérez Fernández
4. María Dolores Varela Garcia-Ramos

25, Abril 2023

O BNG rexistrou ante a xunta electoral de zona a candidatura para as vindeiras eleccións municipais no concello do Carballiño que encabeza Sofía García, actual voceira do grupo municipal doBNG. "Unha candidatura conformada por xente moza e xente con experiencia, por persoas de diferentes sectores ecomprometida tamén no día a día cofuturo do concello", apuntan desde a formación nacionalista.

Sofía García confía na forza da súa candidatura "para transformar O Carballiño co modelo BNG de política municipal que mellora a vida das persoas, revitaliza os concellos e fai que a xente se sintaorgullosa de vivir na súa vila ou cidade. Iso fixemos alí onde gobernamos de Allariz a Pontevedra. Un modelo que se adapta ás característiscas e situación específica de cada concello, mais que ten un enfoque e unha base común esólida: poñer ás persoas no centro, desenvolver plenamente os concellos, os seus recursos e potencial e traballar conorgullo polo que somos. Proxecto, confianza no concello, capacidade e saber facer”.

O BNG do Carballiño enfronta estas eleccións municipais "convencidas e convencidos de que van supoñer un importante avance para o BNG non só no Carballiño senón en toda Galiza, sinalou a voceira do bloque nacionalista do Carballiño, que continúa sinalando que “estamos nun bo momento e somos optimistas, porque cada día máis veciñanza do Carballiño confían no BNG para liderar o cambio que a nosa vila precisa".

A lista do BNG do Carballiño está composta polas seguintes persoas:

1. Sofía García Hermida Xestora de proxectos. Autónoma. “Activista da vida cotiá” 2. Yolanda Vázquez Simón Persoal Laboral do Estado. “Máis tempo para a familia” 3. Manuel Ramón Caíña Estévez Bombeiro Forestal e Adestrador de Fútbol Base.“Deporte con tod@s e para tod@s” 4. Fátima María Gómez González Enxeñeira Técnica Industrial. “Emprendendo no Rural” 5. Luis Miguel Borrajo Gutiérrez Traballador no sector do turismo. “Pola vila da xente” 6. María do Pilar Bernárdez Rodríguez Traballadora do Ensino. “Ante todo educación” 7. Santiago Pérez Vázquez Analista Financieiro. “Os actos de hoxe marcan o mañá” 8. Amara Gallego García Graduada en Turismo. “Outra mirada do noso” 9. Xabier Álvarez Vázquez Empregado Público. “No Carballiño todo o que necesites en 10 minutos” 10. Leonisa Fernández Viñal Técnica Sociosanitaria. “Da man dos nosos” 11. Víctor Vázquez Gulías Activista cultural. “A nosa fala non se cala” 12. María Pilar Fernández Pousa Funcionaria do Ensino. “A mocidade é o futuro” 13. Óscar Rodríguez Álvarez Operario no siderometal. “A enerxía é a solución non o problema” 14. María Belén Gómez Márquez Xubilada. “Comercio local, aposta de futuro” 15. Alberte Suárez Sobrado Autónomo. “Cos pés na nosa terra” 16. María Elena Cudeiro Ventureira Auxiliar de xeriatría. “Polas nosas raíces” 17. Xosé Francisco Ferreiro Abelleira Xubilado do Sergas. “Saúde sen cortes, saúdesen recortes” Suplentes 1. Xosé Manuel Codesido Souto Licenciado en Empresariais. “O que fomos, o que somos, o que seremos” 2. María Carmen Fernández López Hostaleira. “Co corazón na terra” 3. Benito González Villaverde Autónomo. “A nosa cultura perdura” 4. Lucía González Gómez Graduada en Educación Infantil. “Nin máis, ninmenos, iguais” 5. Abelardo Bugueiro López PSX do Sergas. “Carballiño sano, Carballiño saudable”

24, Abril 2023

Pachi Vázquez presentou ao seu equipo para estas eleccións municipais como "unha candidatura que non é experimental, senón solida e constrastada, e pensada para cambiar O Carballiño".

"Nos vimos aquí a recuperar os anos perdidos, un equipo que vai comezar a traballar desde o minuto 1, sabemos o que temos que facer porque xa o fixemos", remarcou o candidato de Espazo Común á alcaldia do Carballiño.

Subliñou que non era dia de grandes proclamas pero sí de manifestar compromiso e coñecemento da realidade do concello carballiñés "sabemos das debilidades e das fortalezas do Carballiño, coñecemos moi bn os problemas do Carballiño e como hai que entrarlle", dixo Pachi Vázquez.

O alcaldable de Espazo Común considera que "O Carballiño leva 4 anos perdidos, xogando nunha liga que non lle corresponde, ten que xogar na liga das grandes vilas galegas", sentenciou.

Non primeiros postos da candidatura acompáñanno Adolfo Nogueira Campo (2) Érika Paz Rodríguez (3) Francisco José Fraga Cibeira (4) Inmaculada Rodríguez Rodríguez (5) Gonzalo Rodríguez Conde (6) José Manuel García Mato (7) Minerva Prado González (8) Francisco Javier Pérez Gómez (9) Kenia Ivonette Vargas Cegarra (10). 

23, Abril 2023

Non collen os fluorescentes redondos no punto limpo!!

 

23, Abril 2023

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu á Romería das Pulpeiras, organizada pola Asociación de Pulpeiros do Carballiño. Este evento celébrase este ano por primeira vez co obxectivo de homenaxear ás polbeiras, tanto do Carballiño como do conxunto da comunidade, polo seu saber facer na elaboración deste molusco cefalópodo e por poñer en valor un dos recursos máis emblemáticos do mar de Galicia.

Esta xornada serve para enxalzar unha especie que o ano pasado rexistrou unha das mellores campañas de extracción dos últimos exercicios. Así, as lonxas galegas comercializaron arredor de 2.000 toneladas deste recurso tanto na pasada campaña como na actual e facturaron máis de 17 millóns de euros, unhas cifras que aínda aumentarán nas vindeiras semanas pois a campaña 2022-2023 remata o vindeiro 19 de maio. Esta é a data de inicio dunha veda que se estenderá ata o 3 de xullo.

22, Abril 2023

O presidente provincial destacou que “quedan 36 días para as eleccións. Carballiño ten ante si a oportunidade que ofrece o PPdeOU: unha vila moderna e dinámica. Por iso esta presentación é un momento fundamental: porque vai haber un cambio no Concello que revolucionará esta vila”

“Agradezo a aposta de Lino González, que recibiu unha chamada que en realidade era a do seu concello: hai que transformar Carballiño. E para este obxectivo conta con toda a maquinaria do PPdeOU, cunha candidatura fresca e que da unha oportunidade ao Carballiño que esta vila non tiña”, resalta Manuel Baltar

“Argimiro Marnotes tivo a visión para apostar por Lino González, por apostar por ensanchar o partido para que esta opción sexa o Partido de Carballiño. Este é un amplo movemento social, que foi quen de configurar o ‘director deportivo’ Lino González, cunha candidatura disposta a gobernar dende o primeiro minuto”, puxo en valor o presidente provincial

“Para gobernar un concello hai que ter gañas e ambición. Pensar dende o primeiro minuto de cada día no Carballiño, nas moitas posibilidades que ten e nas conexións que pode establecer coas administracións: Deputación de Ourense, Xunta e Goberno, que máis pronto que tarde contará cun ourensán como presidente, Alberto Núñez Feijóo”

“Temos proxectos e temos ilusión. Presentámonos para gañar e gobernar Carballiño. Cun número 1 excelente, cunha candidatura excelente e cunha formación política extraordinaria para impulsar proxectos”, incidiu Manuel Baltar

Lino González comezou a súa intervención recoñecendo o “apoio total” de Manuel Baltar e a aposta “xenerosa e total” de Argimiro Marnotes, presidente local do PP do Carballiño, por “abrir o partido á xente nova”

“O PP do Carballiño encomendoume encabezar esta candidatura. Dende o primeiro minuto, comezamos a falar coa xente e sorprendeunos a receptividade dos veciños do Carballiño, que coinciden en sinalar que esta vila necesita un cambio de rumbo”, destacou o cabeza de lista popular

“Esta candidatura será a que devolva O Carballiño á primeira división das vilas de España”, sinalou Lino González

“O 28 de maio, O Carballiño ten que escoller o futuro do noso pobo. Con dúas opcións: seguir cun goberno municipal que en realidade é unha comisión de festas ou contar con este equipo de xestión serio e rigoroso, para defender os intereses da vila con lealdade e compromiso”, concluíu o candidato popular no Carballiño

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS