22, Abril 2023

Al margen de las difamaciones que se han vertido sobre el candidato del Partido Popular que han sido fácilmente desmontadas por el mismo, quisiera aclarar una serie de cuestiones sobre la licencia de obra.

Quienes promueven la acción legal en lo contencioso administrarivo son terceros afectados. Existe una finca colindante que se ve afectada por esta construcción. Lo hacen con la legitimidad de cualquier ciudadano que con la debida diligencia protege sus bienes. Por lo tanto, no existe aquí ninguna mano negra que enfrente vecinos.

Conozco a ciencia cierta que el que firma la licencia es José Manuel iglesias Araújo, en ese momento alcalde accidental. El alcalde electo era Celso Fernández López y el primer teniente de alcalde José Manuel Iglesias Araújo que firma como alcalde accidental.

No tengo ningún interés en hacer una apreciación política de todos estos hechos. Son complicados y deseo que se llegue a una solución satisfactoria tanto para el vecino que realiza la construcción, como para los propietarios de la parcela colindante afectada.

La firma del acalde puede ser comprobada por cualquier vecino que alegue que tenga interés a efectos de su legítimo derecho al voto. Tendrá acceso al expediente y podrá ver la licencia de obra y quién la firma. Al margen de que es una verdad judicial constatada que  la firma D. José Manuel Iglesias Araújo.

Para quien quiera cotejar la realidad física con la verdad judicial copio y pego la normativa que avala el derecho al acceso al expediente, y mi único interés es servir con objetividad a la verdad.

La Ley 39/2015, de 1 de octubre (BOE del 2), del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas (en adelante, LPACAP), en su art. 13.d, reconoce el derecho de todos los ciudadanos «al acceso a la información pública, archivos y registros, de acuerdo con lo previsto en la Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno y el resto del Ordenamiento Jurídico».

Atentamente: Un vecino de Maside

 

22, Abril 2023

Logo de catro anos sin aportar nada ao goberno actual comezan a publicar nos distintos medios noticias falsas.A primeira noticia foron puras falacias contra o proxecto do balneario de Brués,no cal ningún veciño do pobo está en contra,máis ben desexando que se faga canto antes para darlle vida ao lugar.A segunda foi a perigosidade dos árbores postos na travesía de Santa Isabel,outro intento de enganar aos veciños,no cal todos quedaron satisfeitos coas obras.Deberian reflexionar e mirar que quitar estas noticias con puras mentiras para enganar a veciñanza solo fai que perdan aínda máis votos.Seguide nesta liña que seguro que chegades a cero.

22, Abril 2023

O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañou ás pulpeiras no arranque da primeira edición da “Romaría das Pulpeiras” que se celebra hoxe no Carballiño. Unha celebración que rende homenaxe ao prato tradicional de pulpo e aos profesionais locais que o elaboran. O evento que se celebra hoxe na Praza Veracruz, e que nace con espírito de continuidade, contará tamén cunha gran variedade de actividades para todas as idades.

O evento está organizado pola Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras coa colaboración económica do Concello do Carballiño como única administración que participa nesta iniciativa.

Francisco Fumega, explicou que "o polbo xa é un elemento identificativo da vila e o entorno da Igrexa Veracruz, que é outro dos elementos que nos identifican, é o espazo ideal para celebrar esta primeira edición da Romaría das Pulpeiras". Ademais, o alcalde destacou que esta iniciativa permite desestacionalizar a Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo de agosto.

O presidente da Asociación de Pulpeiros, Roberto Pereira, adiantou que aínda que na comida oficial xa contan a primeira hora da mañá con 380 persoas, estiman que poden pasar de 450 comensais. Ademais, Pereira destacou os 400 quilogramos de polbo para a venda libre, xunto con 200 de costela de porco e criollo. Pereira tamén aclarou que todos os pulpeiros e pulpeiras son do Carballiño ou teñen fortes vínculos coa vila.

O xantar oficial é un dos momentos estelares do evento a partir das 14.00 horas. Os asistentes teñen a oportunidade de degustar un delicioso menú composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, bebidas, sobremesas, café e licores. Ademais da experiencia culinaria, o evento contará coa actuación da acordeonistas "Tira dá Billa" e a banda de gaitas do Irixo, Liberianos. DJ Tibu entreterá á multitude máis tarde no día, seguido pola Charleston Big Bang Orchestra actuará de 20.00 a 21.00 horas e novamente de 23.00 a 1.00 horas.

A Romaría dás Pulpeiras é unha oportunidade para experimentar a cultura e as tradicións da comunidade local mentres se goza de deliciosa comida e entretemento.

22, Abril 2023

O escoitar onte a tertulia non entendín o ataque tan directo do tertuliano Alberto Otero Carneiro da xestión da alcaldesa de Boborás, básicamente porque calquera ve que aínda que poida ter fallos é indudable o traballo e os feitos logrados, pensei será que non se levan…pero logo vendo as fotos da Presentación de candidaturas do Psoe na comarca entendino todo. Ahí estaba en segunda fila, sentado o señor Alberto Otero Carneiro, presumible membro do equipo de Fumega. Alberto non fai falta denostar a xestion dun concello veciño para tapar a ineficacia, vagueza, paralisis e deixadez do do Carballiño. Parece que pica que en Boborás o Centro de Saúde novo sexa unha realidade e aquí unha ilusion óptica, e sobre todo que que se faga en Boborás non quita que non se faga no Carballiño, é máis ambos están dentro do Plan da Xunta. Así que, si no Carballiño non hai nada non é porque se levarán os cartos para Boborás senón porque aquí como en todo nada se fixo, Fumega and company nada fan e nada farán… ah e que Torres non Fixo nada nos pobos do rural de Boborás e outra das túas falacias…vai mirar…Roma non se Fixo nun día pero o que esta muller traballou é innegable. E que invirte na capitalidade…home é onde deben estar as Infraestuturas comúns, como o cole, pavillón….onde ía facer o Centro de Saúde novo, en Feás? E a piscina, no Regueiro? Os teus argumentos son moi moi tóxicos. 
 

Que se te ve el plumero Albertiño…o mejor dicho candidato n° 6 do Psoe de O Carballiño. 

21, Abril 2023

O PSdeG-PSOE vén de presentar as súas candidaturas na comarca do Carballiño, nun gran acto que contou coa presencia dos candidatos e candidatas da comarca, que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafa Villarino; pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega; e por outros cargos institucionais socialistas, así como por ducias de militantes da comarca.

Os e as socialistas deron o pistoletazo de saída da precampaña electoral na bisbarra cun acto celebrado no Carballiño, no que coinciden en destacar a necesidade da “política útil” do PSdeG-PSOE para mellorar a vida da veciñanza nunha comarca que precisa revitalizar numerosos municipios tras anos de “abandono e maltrato” por parte do Partido Popular. Dende o PSOE ourensán márcanse como obxectivo aumentar o número de alcaldías na bisbarra e mellorar os resultados electorais, recadando un maior número de apoios ás candidaturas socialistas, que axude tamén a “mudar o goberno provincial”.

O PSdeG-PSOE de Ourense presenta deste xeito aos que serán os seus candidatos e candidatas na comarca. Os actuais alcaldes do Carballiño, Paco Fumega, e de Maside, José Manuel Iglesias Araujo, repiten como candidatos, ao igual que o actual voceiro no Irixo, Iago Fariñas Valiña, e a voceira en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez. Os e as socialistas estrean novas candidaturas en varios concellos como Boborás, no que encabezará a lista María Luisa Lorenzo; en San Amaro, María Jesús Fernández asume o reto de acadar a alcaldía; e en Piñor, onde a candidata será Almudena Fernández. Teñen tamén pechada a candidatura de San Cristovo de Cea, que darán a coñecer en próximos días.

Dende o PSdeG-PSOE ourensán sinalan que as mulleres socialistas “cobran un especial protagonismo nesta comarca”, na que haberá 4 candidatas en 4 dos 8 concellos da bisbarra. Neste senso subliñan que a súa aposta “é aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza aos seus concellos, a bisbarra e a nosa provincia”.

“O poder municipal socialista representa o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa e que xa vemos en concellos como O Carballiño ou Maside, exemplos do bo facer que debe estenderse ao resto de municipios da bisbarra”, afirman dende o PSdeG-PSOE, a vez que tamén apuntan que “é por iso que en maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia que está en mans dun baltarismo rancio, clientelar e caciquil”.

Aseguran que as cifras indican que o socialismo “vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas da comarca do Carballiño”. Por último, dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que “da nosa man hai futuro para Ourense, e hai futuro para esta bisbarra e os seus concellos”.

21, Abril 2023

Boas tardes,

son Nacho CAMPO (Non Ocampo) González, e quero demostrar que con MENTIRAS non se vai a ningunha parte.

A DENUNCIA anteriormente publicada, opinión dalgún ointe de Cope O Carballiño, quere deixar ver que EU, Nacho Campo, minto nas miñas declaracións. Pois ben, creo que moitas das afirmacións que se recollen no texto anterior non contan NINGUNHA VERDADE ó mesmo tempo que se me acusa de mentireiro.

Dito esto, coas fotos que van adxuntas a esta noticia queda TOTALMENTE DEMOSTRADO QUE NACHO CAMPO, É DECIR, EU, NON MINTO.

Indo punto por punto, dise na anterior denuncia que a licencia non a firmou o Sr. Alcalde, senon que foi o Sr. Botana. Pois ben, si esto que dí o redactor da anterior denuncia fora certo, ¿os DOUS XUICES QUE CONDENARON O CONCELLO EQUIVÓCANSE? Pois o expediente que está no Xuzgado mostra claramente que o firmante é o Sr. Alcalde.

En segundo lugar, acúsaseme de FACERME PASAR POR VOCEIRO, pois ben, remito en dous dos documentos adxuntos a esta resposta A SOLICITUDE DE CAMBIO DE PORTAVOZ e o ACUSE DE RECIBO POR PARTE DO CONCELLO DE MASIDE con data 17 de MARZO DE 2023. Polo cal, sí, SON PORTAVOZ do GRUPO POPULAR NO CONCELLO DE MASIDE.

E por último, en terceiro lugar, ACÚSASEME DE QUE VOU DECINDO QUE SON LICENCIADO EN DEREITO E NON TEÑO A CARREIRA REMATADA. Pois ben, no outro documento que aparece nas imaxes adxuntas está O MEU TÍTULO UNIVERSITARIO FIRMADO POLO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO CON FECHA 27 de setembro de 2022. Polo tanto SON GRADUADO EN DEREITO POLA UNIVERSIDADE DE VIGO.

Queda demostrado con documentos e coa verdade sempre na man que EU NON MINTO E QUE ME PRESENTO COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE FORMA HONESTA E CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR POR MASIDE.

Un saúdo.

21, Abril 2023

Quedei apabullado ao atoparme coa petición de Nacho Ocampo. Tan novo e xa con mentiras para sacar rédito político? Pode que haxa veciños que son sepan que a famosa licencia da que tanto se fala non foi firmada polo actual alcalde, pero outros moitos si o sabemos. Foi firmada polo señor Botana. Rapaz, está mal contar mentiras. 
podo entender que se oculte información para sacar rédito político, pero mentir non.

tamen está moi mal o que o grupo do PP de Maside estuvo facendo estes anos. Enfroutou veciños de toda a vida polo tema de ese famoso edificio. O que tiñan creo haber feito e buscar arreglo non buscar problemas, disgustos e follones. Maside é pequeno señores e señoras do PP, vale máis veciños arreglados que mal levados por unha trapallada. Ademáis coa atitude do sr Luis Jorge e do Nacho de seguir adiante coa sua barbarie, consiguen a ruina dunha familia. Pois vaya políticos!

Tampouco é certo que o Nacho sexa portavoz. É concelleiro. Seica tamen é o candidato desta volta. Que ainda que o asegura, non é licenciado pois non rematou a carreira. Pero debe aprender lle as mañas o verdadeiro portavoz ata que remate o mandato, que ben sendo p Señor das Velutinas. Outro que tamen ten mil carreiras e medallas!

Mal vades. Por favor. Maside quere xente honesta, traballadora. Non mentireiros. Iso non é política.

21, Abril 2023

Deben estar ben nerviosos os do Psoe en Boborás que agora só atacan a alcaldesa. Que gracia me fai que se pregunten onde vai sacar a auga para a piscina que están construindo e non se preocupen  de onde a sacan os do Carballiño, Maside, Cea, Amoeiro….será que a deles se enche de aire, non?

Estades picados porque o Goberno de Boborás non vende fume, e máis ben traballa con feitos.

Os veciños de Boborás non están preocupados, están encantados! 
 

Aiiii se a envexa fose tiña….

20, Abril 2023

O último "Estudio General de Medios" publicado esta semana e correspondente ao primeiro trimestre de 2023 volve sitúar a COPE O Carballiño como a emisora líder absoluta en audiencia no ámbito comarcal, onde consigue un "SHARE" (cuota de audiencia) do 90% da radio local, é decir, 9 de cada 10 persoas que escoitan a diario unha emisora de radio do Carballiño elixen COPE O Carballiño.

Ademais, de 13:00 a 14:00 horas, COPE O Carballiño consigue situarse como a terceira con máis audiencia nesta hora do mediodia entre todas as emisoras de radio con programación local en toda Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e áreas metropolitanas. A diario, 9.000 persoas infórmanse do que acontece no Carballiño e no resto dos nosos concellos no 91.9 da FM

Dende COPE O Carballiño, transmitimos os parabéns a toda a nosa audiencia , e reafírmámonos na nosa aposta diaria pola radio e a información ao servizo da nosa comarca, unhos datos deste EGM que nos obrigan a seguir traballando e tratando de mellorar cada dia para ofrecervos a mellor radio posible.

20, Abril 2023

Recentemente a conselleira de Medio Ambiente estivo realizando un tour por Boboras, entre eles polas obras da flamante piscina que se esta a facer, todo parece moi bonito, pero que leva a pìscina ? Auga, efectivamente, non iba ser coca cola, pero recordades a alcaldesa dicindo en xuño do ano pasado que non hai auga, que hai que aforrala, ou sexa non hai auga e esta facendo unha piscina enorme, cantos metros cúbicos vai levar ? De onde vai sacar esa auga, vaina traer o seu amiguito de Esgos nunha cisterna ou vai disecar o Viñao ? Os veciños de Boboras estan moi preocupados por se o abrir a billa lles vai saír auga ou aire este verán

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS