17, Maio 2023

Escribo esto en resposta á crítica por ter traído ao grupo Treixadura na véspera das Letras Galegas alegando que a praza estaba valeira e que polo tanto hai que apostar só pola xente nova porque " é vida". Creo que todas as formas de cultura son boas apostas e, sobre todo, que todos os gustos e todas as idades teñen dereito a opción de ocio. O que sí é triste é asociar a música que fai Treixadura con xente maior ( iso se desprende do comentario), e triste tamén que si aos que lles gusta a música tradicional galega somos "poucos" ( a praza non estaba valeira), se considere esta unha opción non válida para traer como actuación precisamente na véspera dun día coma o das Letras. Parece que só é válido o que lle gusta a esa xente nova da que fala e os eventos masificados.

17, Maio 2023

No debate que se deu a tarde de onte viernes na casa da cultura era de esperar unha confrontación titanica entre os tres candidatos que en realidad se xogan a alcaldía: o candidato do PP, o do PSOE (actual alcalde) e o de EsCo.
Confrontación houbo, dialéctica, de información e de oratoria. Pero dous dos tres contrincantes foron sorpresa.
Acudimos e pola miña parte teño que recoñecer que con gusto e con asombro, como a candidata do BNG e o candidato de Podemos nas súas intervencións estaban nun nivel moi por riba dos candidatos do PSOE e do PP, estando case ao magnífico nivel que presenta sempre  Pachi Vázquez.
Francisco Fumega sigue na súa liña de leer datos sin ton nin son e buscar culpables onde non os hai.
Lino González parecía incómodo e estuvo desaparecido nas súas intervencións.
Manuel Nogueira, unha das sorpresas, claro á hora de explicar e dando datos e citando leyes, moi na súa linea para quenes o escoitamos nas tertulias da Cope. Eso si, incrible que non lea nada. Todo de memoria.
Sofía García, a outra gran sorpresa, tamén moi clara, convincente e pondo os puntos sobre as ies. Aportando datos claros e a situación que viviron moitas residencias e que non pode ser ese o futuro do noso asilo.
E por último, soberbio Pachi Vázquez. Conciso, elocuente, veraz e coas cousas moi claras, como sempre fai. De lonxe o mellor de este debate. Coñece perfectamente a situación do Asilo, das traballadoras e sabe a situación de expulsión e acoso vivida polas monxiñas das dúas congregacións que pasaron polo asilo.
Espero que se dean máis debates así. Demostran que tal vez o 28 de maio moitos teñamos dudas á hora de darlle o noso voto aos candidatos, porque despois do escoitado o viernes, me parece que o escenario político podería ser bastante diferente ao que esperamos.

17, Maio 2023

Os estudos de COPE O Carballiño foron de novo o escenario dun novo debate electoral, desta vez dedicado ao concello de Piñor.

No mesmo participaron as candidatas á alcaldía de Piiñor do Bloque Nacionalista Galego, Olga López Rodríguez, e María Almudena Fernández Botana do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE, asi como o candidato do Partido Popular, José Luis González Rodríguez. Non compareceu a este debate a candidata á alcadía por Espazo Común María Rodríguez Fernández.

17, Maio 2023

Hola, para ser Treixadura unha actuacion que lle pedian "todos" o concelleiro, como contaba na emisora, estaba ben valeiea a praza , ou tamen teran valor a decir que estaba cheo e foi un exito. Todos penso que eran poucos. 

Xente nova, mocedade ,festa e troula son vida , e polo que hai que apostar que dan vida e son vida en todos os sentidos. Se seguimos asi nus anos un pobo morto, eso si , como queren "todos".

 

 

17, Maio 2023

Fai algún tempo o señor Paco Fumega anunciou que na parroquia de Señorín se iban a facer unha serie de obras nas súas estradas a conta do concello do Carballiño. Houbo obras si señor, pero foron unha chapuza digna das que facían a domicilio Pepe Gotera e Otilio, sobre todo, na estrada que vai dende O Carballiño ata o concello Maside. O que se fixo neste vial é digno de figurar neses libriños de "Antología del disparate" debido á enxeñosa disposición dos postes da luz ao longo desta carretera, xa que o enxeñeiro encargado das obras nun arrebato de xenialidade e inspiración tivo as seguintes ocorrencías:

  • Puxo os postes da luz no medio e medio das beirarrúas obstaculizando o paso dos viandantes.
  • Colocáronse os postes da luz no medio e medio dun carril o que obriga aos conductores a invadir o carril contrario o que os expón a sufrir en calquera momento un accidente cos vehículos que circulan en sentido contrario.
  • Puxéronse postes da luz no medio e medio do espacio para estacionar os coches ao lado da beirarrúa nun intento de delimitar este aparcadoiro.

E por se todo isto  fóra pouco esquecéronse de por cubrición ás beirarrúas quedando o cemento á vista. Visto semellantes desporpósitos non sei como o equipo de goberno do Carballiñodespois de facer semellante "fumegada" teñen o valor de vir a nosa parroquia a pedir o voto para o seu partido. Eu dende logo non lle penso votar a estes señores tras semellantes chapuzas. 

17, Maio 2023

As obras para poñer fin as deficiencias das rúas Caravel e Loureiro, emprazadas no Barrio de Flores, comezaron nos últimos días.

A actuación, que conta cun orzamento que supera os 150.000 euros, según os datos aportados polo concello carballiñés, prevé o acondicionamento dos pavimentos e a renovación da rede de abastecemento destas dúas rúas do casco urbano do Carballiño.

Ademais, levarase a cabo a renovación da rede de abastecemento de auga e de alcantarillado, xunto coa nova rede e varios sumideiros de augas pluviais, por tratarse de tramos antigos de fibrocemento no caso da auga e de formigón deteriorado no caso do alcantarillado.

Posteriormente, repoñeranse as bases e pavimentos das beirarrúas e das calzadas. O executivo local prevé poñer fin con este proxecto ás deficiencias detectadas nestas dúas vías, no marco do plan de reparacións de infraestruturas viarias que se estende por todo o municipio.

16, Maio 2023

Debate electoral do concello de Avión no que participaron os candidatos á alcaldía Dario Vázquez Boullosa (Agrupación de Electores Novos Aires por Avión) Lilian Cerdeira Mosquera (VOX) e Antonio Montero Fernández (Partido Popular)

16, Maio 2023

O Concello do Carballiño, en colaboración coa Asociación Fotográfica O Potiños, vén de poñer en marcha a iniciativa “Vive O Carballiño”, coa que dará vida a máis dunha decena de muros, peches e escaparates da vila. Coa colaboración dos veciños e veciñas que cederon as súas propiedades, procedeuse á instalación de lonas e vinilos con imaxes dos puntos máis emblemáticos do municipio e de anacos da súa historia.

Co lema “O Carballiño a un paso” nas rúas locen fotografías do entorno do río, de veciños e veciñas ilustres do Barrio das Flores; os oficios da Carreira, de diferentes momentos da Festa do Pulpo ou da ponte da Toscaña, entre outras. Ao mesmo tempo que se promociona o concello e o seu potencial turístico, embelécese o entorno.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, agradeceu a súa colaboración a todos os veciños e veciñas que cederon as súas propiedades para poder levar a cabo esta iniciativa que pretende poñer en valor O Carballiño como destino turístico e a súa historia.

Tamén nas últimas semanas procedeuse á instalación dun mupi de case dous metros de alto na estación de tren de Chamartín para promocionar a Festa do Pulpo e o concello. Tamén co lema “O Carballiño a un paso” invítase aos viaxantes a facer parada na vila e gozar da súa gastronomía e da celebración pulpeira, declarada de interese turístico internacional. A imaxe fala por si mesma, xa que en primeiro plano pode verse a tapa de pulpo máis grande do mundo. Ao fondo a Veracruz, emblema patrimonial do Carballiño e bandeira da súa oferta cultural.O mupi, de 175x120 centímetros, permanecerá na estación madrileña durante catro meses.

15, Maio 2023

Acabo de coñecer a proposta de Espazo Común, de se gañan as eleccións, poñer un novo parque infantil na zona dos Catro Camiños, que me parece estupendo.

Pero, digo eu, non será máis normal adaptar o municipal a todas as idades? Porque espazo hai suficiente e parques infantiles (ó sol) hai bastantes... Pero, e zonas para aqueles rapaces de, por exemplo, entre 9 e 18 anos, para onde van? Conque xogan? Onde se reúnen? Vaian á praza que vaian, "prohibido balón", nos parques zonas para eles, cero, pistas adecuadas para diversos deportes, xa nin mencionamos... Non será máis coherente buscar alternativas para todas as idades e non centrarnos solamente nos máis pequenos? Que lles estamos ofrecendo no Carballiño á xente máis nova? Logo queixámonos de que a xente marcha... Se nin para ter unha festa mesmo de cumpleanos os rapaces de 9 anos por exemplo, teñen para onde ir... Menos mal que se vai trampeando con algún familiar cun sitio decente para que se xunten... Que coas opcións que se ofrecen, parece que a partir dos 6-8 anos, deixan de ser cativos.

Creo que unha boa opción era un abanico un pouco máis amplo....

15, Maio 2023

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS