20, Abril 2023

O Grupo do Partido Popular de Maside ven de coñecer o auto de execución forzosa que con data 17 de abril de 2023 ditou o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense "en virtude da Sentencia ditada o 10 de novembro de 2021, na que se anulaba a licencia de obra Nº7 do Concello de Maside e se condenaba o derribo de todo o construido ó amparo da mesma".

Neste Auto de execución forzosa o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense acordou ordear -indican os populares- ó Concello de Maside a executar a Sentencia firme de novembro de 2021 pola que se anula a licencia de obra Nº7 do Concello. Acordou tamén que se poidan adotar as medidas necesarias para a súa efectividade, así como a posibilidade de impoñerlle multas coercitivas de 150 a 1500€ ó alcalde. Por último, acorda tamén a posibilidade de deducir testemuño de particulares e “esixir responsabilidades penales” a quen lle correspondan, según poñen de manifesto desde o Partido Popular.

O voceiro popular na corporación masidá, Nacho Campo, resalta que “o alcalde foi coñecedor en todo momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e por descontado alcalde do Concello de Maside.”

Asemade, os populares din sentir "un gran pesar polo desenlace deste caso no que un veciño vai a sufrir as consecuencias dunha actuación neglixente tanto no legal coma no moral levada a cabo polo alcalde.”

O Grupo do Partido Popular de Maside presentou na mañá deste xoves, unha petición de "dimisión automática e o recoñecemento dos feitos por parte do alcalde".

20, Abril 2023

Estiven lendo atentamente a entrada da gran intervención de Sofía (que efectivamente foi boa) e estou gratamente sorprendido da evolución dos discursos pro Fumega. Porque baixo o título de gran intervención de Sofía, se lle da cera ao PP, a Espazo Común, e á propia Sofía insinuando que o seu discurso é copiado dos concellos onde goberna o BNG. E todo esto resulta moi pero que moi inxenioso.

Efectivamente o goberno de Argimiro recepciona a titularidade da rúa Ourense, que pasa a ser de titularidade municipal cando era de titularidade autonómica. E por moito que se faga unha permunta de titularidades públicas esto non é un exercicio de maxia e o estado da rúa segue sendo o mesmo que hai 10 anos, antes e agora. Os gobernos de Fumega tiveron oito anos para arranxar o seu pésimo estado, e a derradeira hora veu cunha estafa electoral.

¿Por qué estafa? Porque para que a CHMeS poda meter unha máquina nesta obra, a Secretaría do Concello ten que acreditar a titularidade pública de toda a zona de actuación da obra. E a Secretaria xa dixo que non vai facer tal cousa coa chapuza que lle propuxo Fumega. Un papel que diga que os bens afectados pertenzan a tal persoa e que esa persoa lles "ceda" o ben.

Nin a secretaria do Concello nin ningunha secretaria ou secretario de calquer concello que estea no seu sano xuizo pode facer tal cousa. Porque as secretarías dos concellos coñecen a lei e o dereito e esa chapuza que pide Fumega ni tan siquera acredita que o que asina a berza sexa o titular da propiedade e que por tanto poda "ceder" o seu uso. Existen cauísticas moi diversas que hai que ter en conta. Tercerías de dominio e de mellor dereito, parcelas sen declaracións de herdeiros, etc...

E o máis grotesco e alarmante é a mensaxe que está a lanzar Fumega: Que os que non "cedan" se atinxan ás consecuencias porque despois terían que urbanizar eles. Unha mensaxe coactiva, tamén repetida por algún tertuliano e que o único que pretende é xustificar a chapuza.

O  instrumento máis áxil que ten Fumega é a expropiación dos bens afectados. Non é inmediato, pero é máis áxil que a escritura notarial e posterior rexistro da propiedade. E Fumega tivo 8 longos anos. Quen pense que a CHMeS vai  por unha soa máquina antes de que alguén acredite a titularidade pública vive nos mundos de Yupi. E ningunha Secretaría vai facer tal cousa nos termos que propón Fumega, porque staría xogando a súa propia carreira pra agochar a inepcia do goberno Fumega que será quen teña que responder políticamente pola gran chapuza.

Todo esto o expuxeron con claridade meridiana no último Pleno tanto Espazo Común, como PP, como a propia Sofía. Polo tanto, señores e señoras pro Fumega: Tomaduras de pelo as xustiñas.

19, Abril 2023

O Carballiño acolle esta fin de semana Gran Premio BTT Carballiño 2023, un evento deportivo que constará de tres probas, con aproximadamente 900 participantes.
A primeira proba será o Campionato Galego de XC Eliminator - XC Eliminator Urbano Concello do Carballiño Copa Deputación de Ourense 2023, que se levará a cabo o sábado pola tarde no centro da vila e contará coa participación duns 150 ciclistas maiores de 14 anos. A competición será en formato novo, con carreiras moi explosivas e utilizando obstáculos artificiais para dar máis emoción e vistosidade á proba.

O domingo pola mañá terá lugar a VI edición da Mini BTT en Pena Cobertoira, coa participación de preto de 450 nenos e nenas. Pola tarde, no mesmo lugar, terá lugar o I XCO Concello do Carballiño, unha proba puntuable para a Copa Galicia de XCO que contará co concurso duns 300 ciclistas de distintos clubes galegos.
O evento atraerá a máis de dous mil persoas á localidade e posicionará a Carballiño como referencia do ciclismo galego nesta fin de semana. O Club Ciclista Carballiño anima aos veciños “a asistir e gozar destas espectaculares probas”.

Cortes nas rúas pola celebración das probas

Debido a esta competición, o sábado e o domingo haberá cortes de paso e restricións de tráfico nalgunhas rúas e estradas.
Así, o sábado veranse afectadas a Praza Maior, a rúa Rosalía de Castro, a rúa Caridade, a rúa Aldara, a rúa Perfectino Vieitez, a rúa José Cendón Millara, a rúa Alameda, a rúa Norte, a Praza Irmáns Prieto e a rúa do Carme.

O domingo, as estradas afectadas serán as de acceso a Pena Cobertoira desde Miomas e Bouteiro, así como o tráfico rodado cara Bouteiro e dende Bouteiro. Desde a 15:00h será desviado pola aldea da Regenga.

Os organizadores destas probas e o propio Concello piden disculpas de antemán polos trastornos que pudiran ocasionar estas alteracións no tráfico e o tránsito pola vila, ao tempo que valoran este tipo de eventos como moi importantes para dinamizar a economía local.

19, Abril 2023

Hoxe a maña escoitei atentamente a intervención de Sofía, e quedei moi satisfeito e sorprendido coa sua intervención, con un discurso serio e realista, nada que ver cos de Espazo Común, que xa aburren, parecendo un disco raiado, falando siempre do asilo, unha cousa privada, e da rúa Ourense, esa que a Xunta en 2015 gracias a Argimiro se lle transferiu o concello en mal estado, pero diso non falan, non sei a quen pretenden convencer con ese discurso contra Fumega repetindo siempre o mismo, Sofía en cambio vese que pensa no futuro en lugar de no rencor e na vinganza, con ideas de futuro, copiadas de sitios onde goberna o bloque, pero nalguns casos bastante boas, todo hai que dicilo, unha gran defensora dos servizo públicos,como ten que ser

18, Abril 2023

O Programa de Educación Familiar, que se leva ofrecendo dende o Concello de Piñor dende o ano 2006, é servizo que ademais de trallar de forma individualizada coas familias diferentes problemáticas (menores en situación de risco ou desamparo, conflitividade familiar, dificultades educativas, drogodependencias, etc) tamén leva a cabo actividades comunitarias que permitan traballar aspectos preventivos que favorezan o desenvolvemento axeitado da familia e infancia.

Dende devandito programa, financiado pola Consellería de Política Social e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19, levarase a cabo un obradoiro sobre “Crianza positiva”, que consiste nunha sesión eminentemente práctica destinada a dar ferramentas ás nais, pais, avoas, avós... a toda persoa interesada en obter estratexias para educar ós nenos e nenas. A sesión será impartida por unha psicóloga que, ademais, resolverá as dúbidas sobre esta materia. Preguntas como: ¿Pódese educar sen berrar?, ¿Pódese educar sen castigos?, obterán resposta durante este obradoiro.

A actividade terá lugar o vindeiro venres 21 de abril ás 18:30h no Centro Social de Albarona (Pi-ñor). Prégase que toda persoa interesada en asistir o comunique no teléfono 988403236 ou no email educacionfamiliar.pinor@gmail.com. Dende o Concello de Piñor ofrécese un servizo de conciliación gratuito para atender a nenos/as de 3 a 12 anos, facilitando así a asistencia das familias.

17, Abril 2023

O presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas,  Carlos Rodríguez, acompañado do historiadores Xosé Luis Sobrado e Juan Manuel Rodríguez, éste último exerceu como coordenador do proxecto, presentaron "Aqua Vitae", unha publicación editada polo concello do Carballiño e concebida coma unha homenaxe ao doutor Luis Rodríguez Mïguez, que ata o seu pasamento en 2016 fora precisamente un dos membros activos desta asociación.

A publicación constitúe un recoñecemento ao pioneiro do termalismo moderno e á defensa que fixo durante toda a súa vida da riqueza e potencial das nosas augas e dos nosos balnearios. Vencellado a O Carballiño -foi recoñecido coa Medalla de Ouro do concello- dende os anos 80 do século pasado cando comezaron a celebrarse as históricas xornadas de hidroloxía.

As diferentes aportacións dos colaboradores do Chamoso Lamas conforman unha achega poliédrica do profesor, médico, investigador e escritor, que todo eso foi este compostelán de nacemento e carballiñés de corazón e vocación, que foi Luis Rodríguez Mïguez.

16, Abril 2023

O Arenteiro foi recibido no Carballiño con honras de campións por miles de persoas nesta tarde-noite de domingo no que o os verdes conseguiron a máis grande xesta deportiva da súa historiae do deporte carballiñés.

Non é para menos, ningún equipo do fútbol español pode presumir a estas alturas da tempada de lograr tres títulos. En agosto, en Portonovo gañou a Copa Federación Galicia ante a SD Compostela, trouxo a primeira copa da tempada para O Carballiño, que ademáis abríulle a porta para acceder como representante galego á fase nacional da Copa Federación, proclamándose brillante campión e logrando asi osegundo tíutlo da tempada o dia 2 de novembro en terras valencianas ante o Alzira. Precisamente esta competición foi chave para entrar na Copa do Rei, onde eliminou a todo un primeira división como o Almería, e caeu ante o Atlético de Madrid, en dúas memorables noites en Espiñedo.

E agora chega o terceiro título da tempada, o campionato do grupo primeiro da Segunda Federación, logrado tamén brillantemente nunha tempada para enmarcar no que so perdeu un partido, sendo a estas alturas da tempada o Arenteiro o único equipo invicto a domicilio entre todas as ligas nacionais europeas.

16, Abril 2023

O Carballiño está na rúa, O Carballiño está de festa para celebrar un ascenso histórico do Arenteiro á 1ª RFEF, polo que se sitúa entre os 82 mellores equipos do futbol español, a tan so un eslabón da Liga de Fútbol Profesional. Equipos hístoricos do fútbol español visitarán a próxima tempada O Carballiño.

Miles de persoas agardaron a chegada do equipo, que utilizouun autocar descapotable para achegarse ata a Praza da Veracruz e a Fonte da Rotonda da Alameda, que foron os puntos álxidos da celebración.

16, Abril 2023

Todo preparado para o gran dia, todo preparado no estadio do Couto para un Ourense-Arenteiro no que o equipo do Carballiño pode proclamarse campión, gañar ou mesmo empatar siñificará o ascenso automático á Primeira Federación. Mesmo no caso de perder, habería que agardar un pinchazo do Avilés en Burgos para consumar o ascenso do Arenteiro.

E tamén todo preparado no Carballiño para a que sería, xa que logo, a gran festa do ascenso, unha vez que a marea verde regrese de Ourense.

Dúas mil afeccionadas e afeccionados do Arenteiro vivirán o partido no estadio do Couto, e o resto poderá facélo a través da retransmisión que dende as 16:45 horas ofrecerá a G2.

15, Abril 2023

En San Bartolomeu da Freixa, un lugar da parroquia de Cameixa (Boborás) que fai unhas décadas atrás quedou deshabitado, viven na actualidade de forma permanente dúas persoas.

Unha é a muller á que ardeu a súa casa nun incendio rexistrado a última hora da tarde deste pasado venres, o outro veciño que reside na localidades é un home, de 66 anos de idade, que foi detido pola Garda Civil como presunto autor de provocar o lume que destruíu por completo unha casa en ausencia da súa propietaria e polo tanto sen causar danos personais, e afectou tamén a outros dous inmobles.

Tras prestar declaración este sábado no Xulgado de Garda do Carballiño, a titular do mesmo ordenou o ingreso provisional en prisión deste home.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS