10, Abril 2023

A segunda foto do fío bálsamos de fierabrás e ésta. Construcción  do Concello, que invade unha rúa.

Trátase dunha obra estrella do Segundo Obradoiro de Emprego de Maside. Neste segundo obradoiro o Concello gastou 200.000 euros en material de construcción.  A obra resultante é un edificio que invade en parte unha rúa contemplada pola norma subsidiaria. Máis tarde o máis cedo, o Concello terá que reparar o ilícito urbanístico (e o alcalde sabeo).

Recapitulando: Temos dous ilícitos urbanísticos que hai que reparar. Son Inmovilizados que na actualidade teñen uso cero. Un é propiedade do Concello, e outro é  actualmente propiedade dunha entidade bancaria, responsable civil subsidiaria dos danos que causa.

Non sería o máis lóxico que o Concello reparese o seu propio ilícito e fixese útil o espazo que xa é da súa propiedade de xeito que se lle dea utilidade á súa propiedade ¿Que resolver os ilícitos da entidade bancaria?

Non quería facer esta entrada (pensaba que xa incluira a foto no post titulado bálsamos de fierabrás pero polo peso non se acaba de subir). Disculpen as molestias o resto de copenautas. É unha foto pesada e non me deixa colgala. Deixo un antogo comentario dun veciño de Maside onde se pode ver de qué se trata http://copecarballino.es/denunciacidada/e-iso-que-ven-sendo

9, Abril 2023

Nada, que me chama un do PSOE e bótame unha bronca tremenda porque di que o convenio contempla a donación. Está ben, quedo máis tranquilo pero o resto do marrón urbanístico segue tal cual. Di que teño algo persoal contra o alcalde, e ben sabe o propio alcalde que non é así e que me cae de PM.

Pero semella que teñen unha ansia por facer colección de ilícitos urbanísticos. Non entendo ben as gañas de complicarse a vida. Este sería o terceiro ilícito urbanístico da colección. Vexamos dous.

A primeira foto é esa gran doación (o mamotreto de ladrillo). Habería que derribar a parte de enriba (gastos para o Concello), e facer importantes investimentos, non sei moi ben se a entidade bancaria correría cos gustes de segregación do inmoble.

Así mesmo temos outro ilícito urbanístico, construido polo propio Concello que invade unha rúa contemplada pola norma subsidiaria. é o da segunda foto.

Aquí tamén podería ir vivenda social.

E pra Bibiloteca pública e sala de informática anda que non sobran espazos sen necesidade de ter que coleccionar máis marróns urbanísticos.

Tampouco está ben facer esperar tanto ao propietario do inmoble perxudicado, que ademáis de levar máis de sete anos sufrindo os danos, unhos bromistas lle secuestraron o gato, polo feito de facer unha protesta máis que lícita.

En definitiva, este convenio parece convir máis á entidade bancaria que ao Concello. A entidade bancaria, actual propietaria, sae de rositas, sen gastos, e o Concello asume todo. Un planazo, a pedra filosofal que convirte ladrillos en ouro.

9, Abril 2023

O seu pasamento chega despois de cumplir os 88 anos, estando en activo ata fai ben pouco tempo, sendo un dos sacerdotes máis veteranos da comarca do Carballiño. 

Senén Rodríguez Vila estivo durante as últimas catro décadas á fronte do Santuario da Saleta, onde se celebra o 19 de setembro a romaría máis concurrida da comarca carballiñesa. Tamén exerceu como párroco de Astureses e Xurenzás, asi como encargado doutras parroquias do concello de Boborás, ata que foi relevado. O bispado nomeou ao seu sustituto no pasado mes de febreiro deste ano 2023.

O funeral terá lugar este lúns dia 10 de abril ás 7 da tarde no Templo da Veracruz do Carballiño, para posteriormente recibir sepultura no cemiterio de Señorín.

9, Abril 2023

A Cofradía da Veracruz completou neste domingo de resurreción a programación da Semana Santa do Carballiño, coa última das seis procesións celebradas no marco do programa deste ano 2023.

Nesta procesión entre o Templo da Veracruz e a igrexa de San Cibrán procesionou o paso da Virxen dos Dores ataviada con traxe de Gloria, portada a hombreiros dos portadores, entre os que poidemos ver a José Carlos Márquez "Joseca", o futbolísta sevillano do Arenteiro. O acompañamento musical estivo a cargo da Banda da Cofradía de Dores de Ferrol.

 

9, Abril 2023

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe as obras de mellora do firme en 4 estradas autonómicas ao paso polas comarcas do Carballiño e do Ribeiro, cun investimento de máis de 1 M€.

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe a contratación destas actuacións, establecendo como prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de maio.

Estes traballos comezarán no verán e prevese o seu remate este mesmo ano, ao contar cun prazo de execución de 6 meses.

As actuacións levaranse a cabo nas estradas OU-206, no Carballiño; na OU-212, ao paso polos concellos de Avión, Carballeda de Avia, Leiro e Beade; na OU-901, en San Cristovo de Cea e no Irixo; e na OU-902, en San Cristovo de Cea e Vilamarín.

As intervencións consistirán na rehabilitación superficial do firme mediante o fresado e a reposición en arredor de 69 km de vía, completado co repintado das marcas viarias.

Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado de marxes e a execución de gabias de seguridade de formigón.

8, Abril 2023

Recentemente o alcalde de Maside veu cunha primicia na que sacaba da chistera un deses convenios electorais sobrevenidos a derradeira hora. Posteriormente, unha tertuliana da Cope exconcelleira do PP de Maside, reconvertida ás bonanzas do PSOE de Maside, vendeunos que este hito era algo así como a panacea, a pedra filosofal e o bálsamo de fielabrás (todo xunto) de paso que soltaba pullas contra o PP masidao, cousa que é lícita, pero inadecuada neste contexto.

Vaiamos por partes. O alcalde di que hai un convenio en que ABANCA lle cede ese esqueleto de bloques bastante deteriorado, para o uso do Concello, e que o alcalde o adicará pra vivendas socias, biblioteca, sala de ordenadores e blo, blo, blo... A tertuliana, moi enterada ela do proxecto, di que non será pra hoxe , "lóxicamente" apostilla.

Nin pra boxe nin pra mañá!!!!  Nin pra 20 anos. O Concello non pode facer inversións públicas en bens que non sexan do seu propio dominio (legalmente claro a non ser que queriran meterse en serios problemas). Un convenio, aparte de non ter natureza contractual non resolve o pleno dominio do inmoble. Tan solo existen tres figuras xurídicas para outorgar o pleno domino ao Concello: Compravenda, donación e fideicomiso (máis complexa esta figura na que o dominio pertencería ao fin social e a entidade fiduciaria podería ser o Concello.

Así mesmo o inmoble non está segregado, carece de licenza de obra, e contra o Concello segue pendiente un contencioso administrativo por non iniciar a reposición da legalidade urbanística. Os problemas do propietario colindante seguen sen solucionarse e tampouco pode o Concello facer fronte aos danos causados polos propietarios, ata que teña o pleno dominio do ben e como responsable subsidiario poda facer fronte aos gastos de reparación conforme á legalidade.

Así que tanto a alcalde como tertuliana estanse a columpiar bastante.

Rogaría que no próxima entrevista ao alcalde lle plantexedes todas estas cuestións. E que se quere a tertuliana na próxima tertulia nos explique xurídica e políticamente todas estas cuestións que con tanto ánimo quérenos vender como o bálsamo de fielabrás.

A idea das vivendas sociais e boísima, e a biblioteca e sala de informática tamén. Pero tanto alcalde como tertuliana teñen que darlle unha voltiña a este proxecto porque pola vía do convenio é totalmente inviable, por non ser posible outorgar por este instrumento a propiedade do ben ao Concello.  Así mesmo o Concello xa é propietario de varios inmobles onde serían posibles e viables estes proxectos. E lóxicamente facer un investimento público nunha entidade bancaria é un disparate. Qué dirían os de Podemos!!! Rescate á banca, blo, blo, blo... A Sexta cruxiría a Maside. (por rir un rato)

8, Abril 2023

A Xunta reforzará desde este luns, 10 de abril, os servizos de autobús entre O Carballiño e Ourense con dous servizos máis polas tardes de luns a venres.

A liña Estación de Autobuses do Carballiño-As Lagoas contará cun novo servizo de ida que sairá ás 17,15 horas do Carballiño e outro de volta que regresará ás 17,55 horas desde Ourense.

Estes novos servizos incrementarán as frecuencias polas tardes entre os meses de setembro a xuño, para atender as necesidades dos cidadáns e dos estudantes que viaxan entre O Carballiño e Ourense nestes horarios.

A partir da súa posta en marcha analizarase se existe demanda destes novos servizos por parte dos usuarios para mantelos tamén nos meses de verán.De constatarse que hai demanda, esas dúas expedicións poderán estenderse a todo o ano.

Nestes servizos, como en todo o transporte público autonómico, os menores de 21 anos poden viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova e o resto de usuarios poden beneficiarse dos descontos da tarxeta de mobilidade de Galicia (TMG). Actualmente 390 mozos do Carballiño e máis de 2.600 da provincia de Ourense dispoñen da tarxeta Xente Nova da Xunta.

A información relativa aos novos servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

8, Abril 2023

Estamos a 49 días de las próximas elecciones municipales y en O Irixo todo fluye de otra forma. Parece que el señor Iago ha visto la luz después del túnel y da señales de que está vivo y que no le cuadran las cuentas. Por todos es sabido que muchos vecinos llevamos diciendo que no cuadran las cuentas durante mucho tiempo, siempre tarde y mal. Concretamente tengo dos presupuestos en mi poder y no sin esfuerzos y lo que es cuadrar , cuadrar las cuentas no. Yo me pregunto si a estos 49 días no sería mejor dedicarlos a visitar a cada uno de los vecinos, a recordar las promesas que no se han hecho y a hacer un programa de altura, sobre todo esto último, aunque para eso también llega tarde. El visitar a cada uno de los vecinos le da una idea de que queremos, que nos falta y en donde hay que priorizar, pero como siempre tarde y mal.

Lo que si sabemos hacer bien son las fiestas y su debida promoción, pero a estes 49 días de las municipales lo ideal sería empezar a inaugurar todo lo prometido, piscina, rocódromo, la aldea modelo, … y presentación de un plan contra incendios, después de lo sucedido el verano pasado. Ya sería ideal que las brigadas estuvieran haciendo labor de prevención y avisando a los vecinos de las obligaciones en materia de prevención.

Donde esta ese fomento del empleo que Cerdeira hablaba en 2019, eso no es lo que manifiesta la población más joven de O Irixo.

Dónde está ese impulso al Camino de la Xeración Nós y esa promoción turística, ¿de que nos sirve ser pueblo mágico y sobre todo los viajes a Fitur y a diferentes ferias?, dado que la mayoría de los vecinos se quejan del despilfarro de dinero. Hagamos balance y pidámosle al Señor Cerdeira que nos explique a todos los vecinos que ha hecho en los últimos 4 años y que proyecto de futuro tiene y lo mismo a cada una de las formaciones que pretenden incurrir a las próximas municipales.

Helena Iglesias- Vecina de O Irixo

7, Abril 2023

A Semana Santa da Cofradía da Veracruz chegou ao seu punto álxido coa celebración da máis tradicional das procesións caballiñesas, a solemne do Santo Enterro, popularmente chamada tamén no Carballiño como a procesión dos caladiños, polo imponente silencio que ha caracterizou sempre, aínda que nos ultimos tempos solemnizada polos cánticos que ao seu paso se interpretan ou pola música da Real Banda de Gaitas. 

Este ano, ademáis, co acompañamento dunha das bandas máis populares da Semana Santa de Ferrol, a banda "Acotaga", que pechou a procesión e recibíu ao seu paso moitos eloxios entre o númeroso público congregado neste Venres Santo carballiñés. Non foi a única novidade deste ano na procesión central entre as seis programadas pola Cofradía da Veracruz, senón que a deste 2023 servíu tamén para a estrea dun novo paso, o de Santa María Magdalena e San Xoán ao pe da Cruz, que se uníu aos tradicionais do Cristo Xacente e o da Nosa Señora das Dores.

Para este próximo domingo 9 de abril, queda aínda a sexta e última procesión da Semana Santa do Carballiño, a Gloriosa de Resurreción, que saírá á unha da tarde dende o Templo da Veracruz, ata a igrexa parroquial de San Cibrán, e que estará acompañada pola banda da Cofradía das Dores, de Ferrol. 

6, Abril 2023

Chega o venres santo neste 7 de abril de 2023, o día grande da Semana Santa carballiñesa da Cofradía da Veracruz, con dúas procesións en horario matinal e vespertino, respectivamente

Ás 12 do mediodia sairá dende o Templo da Veracruz a procesión do Cristo da Saúde, que continuará pola rúa dos Canteiros, Aldara, Praza Maior, Cesáreo Tizón, Vulcano, Mosquera, Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Antonio Palacios, para concluir no mesmo Templo da Veracruz. Participa nesta procesión o Paso do Cristo da Saúde, co acompañamento da sección musical da Cofradía Franciscana da Vera Cruz de Santiago de Compostela.

Ás 21 horas, sae do Templo da Veracruz a gran procesión da Semana Santa do Carballiño, a dos caladiños, que seguirá o seu percorrido tradicional polas rúas máis céntricas do Carballiño. Abren filas a Cruz Procesional, o estandarte corporativo da Cofradia da Veracruz e o Lignum Crucis. Participan os Pasos de Santa María Magdalena e San Xoán ao pé da Cruz, o Santisimo Cristo Xacente e a Nosa Señora das Dores. O acompañamento musical estará a cargo da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Banda de Cornetas e Trompetas Acotaga de Ferrol.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS