
O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, acompañou ás pulpeiras no arranque da primeira edición da “Romaría das Pulpeiras” que se celebra hoxe no Carballiño. Unha celebración que rende homenaxe ao prato tradicional de pulpo e aos profesionais locais que o elaboran. O evento que se celebra hoxe na Praza Veracruz, e que nace con espírito de continuidade, contará tamén cunha gran variedade de actividades para todas as idades.
O evento está organizado pola Asociación de Pulpeiros e Pulpeiras coa colaboración económica do Concello do Carballiño como única administración que participa nesta iniciativa.
Francisco Fumega, explicou que "o polbo xa é un elemento identificativo da vila e o entorno da Igrexa Veracruz, que é outro dos elementos que nos identifican, é o espazo ideal para celebrar esta primeira edición da Romaría das Pulpeiras". Ademais, o alcalde destacou que esta iniciativa permite desestacionalizar a Festa do Pulpo, que se celebra o segundo domingo de agosto.
O presidente da Asociación de Pulpeiros, Roberto Pereira, adiantou que aínda que na comida oficial xa contan a primeira hora da mañá con 380 persoas, estiman que poden pasar de 450 comensais. Ademais, Pereira destacou os 400 quilogramos de polbo para a venda libre, xunto con 200 de costela de porco e criollo. Pereira tamén aclarou que todos os pulpeiros e pulpeiras son do Carballiño ou teñen fortes vínculos coa vila.
O xantar oficial é un dos momentos estelares do evento a partir das 14.00 horas. Os asistentes teñen a oportunidade de degustar un delicioso menú composto por empanada, polbo, carne ao caldeiro, bebidas, sobremesas, café e licores. Ademais da experiencia culinaria, o evento contará coa actuación da acordeonistas "Tira dá Billa" e a banda de gaitas do Irixo, Liberianos. DJ Tibu entreterá á multitude máis tarde no día, seguido pola Charleston Big Bang Orchestra actuará de 20.00 a 21.00 horas e novamente de 23.00 a 1.00 horas.
A Romaría dás Pulpeiras é unha oportunidade para experimentar a cultura e as tradicións da comunidade local mentres se goza de deliciosa comida e entretemento.
O escoitar onte a tertulia non entendín o ataque tan directo do tertuliano Alberto Otero Carneiro da xestión da alcaldesa de Boborás, básicamente porque calquera ve que aínda que poida ter fallos é indudable o traballo e os feitos logrados, pensei será que non se levan…pero logo vendo as fotos da Presentación de candidaturas do Psoe na comarca entendino todo. Ahí estaba en segunda fila, sentado o señor Alberto Otero Carneiro, presumible membro do equipo de Fumega. Alberto non fai falta denostar a xestion dun concello veciño para tapar a ineficacia, vagueza, paralisis e deixadez do do Carballiño. Parece que pica que en Boborás o Centro de Saúde novo sexa unha realidade e aquí unha ilusion óptica, e sobre todo que que se faga en Boborás non quita que non se faga no Carballiño, é máis ambos están dentro do Plan da Xunta. Así que, si no Carballiño non hai nada non é porque se levarán os cartos para Boborás senón porque aquí como en todo nada se fixo, Fumega and company nada fan e nada farán… ah e que Torres non Fixo nada nos pobos do rural de Boborás e outra das túas falacias…vai mirar…Roma non se Fixo nun día pero o que esta muller traballou é innegable. E que invirte na capitalidade…home é onde deben estar as Infraestuturas comúns, como o cole, pavillón….onde ía facer o Centro de Saúde novo, en Feás? E a piscina, no Regueiro? Os teus argumentos son moi moi tóxicos.
Que se te ve el plumero Albertiño…o mejor dicho candidato n° 6 do Psoe de O Carballiño.

O PSdeG-PSOE vén de presentar as súas candidaturas na comarca do Carballiño, nun gran acto que contou coa presencia dos candidatos e candidatas da comarca, que estiveron arroupados polo secretario provincial, Rafa Villarino; pola deputada no Parlamento de Galicia, Marina Ortega; e por outros cargos institucionais socialistas, así como por ducias de militantes da comarca.
Os e as socialistas deron o pistoletazo de saída da precampaña electoral na bisbarra cun acto celebrado no Carballiño, no que coinciden en destacar a necesidade da “política útil” do PSdeG-PSOE para mellorar a vida da veciñanza nunha comarca que precisa revitalizar numerosos municipios tras anos de “abandono e maltrato” por parte do Partido Popular. Dende o PSOE ourensán márcanse como obxectivo aumentar o número de alcaldías na bisbarra e mellorar os resultados electorais, recadando un maior número de apoios ás candidaturas socialistas, que axude tamén a “mudar o goberno provincial”.
O PSdeG-PSOE de Ourense presenta deste xeito aos que serán os seus candidatos e candidatas na comarca. Os actuais alcaldes do Carballiño, Paco Fumega, e de Maside, José Manuel Iglesias Araujo, repiten como candidatos, ao igual que o actual voceiro no Irixo, Iago Fariñas Valiña, e a voceira en Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez. Os e as socialistas estrean novas candidaturas en varios concellos como Boborás, no que encabezará a lista María Luisa Lorenzo; en San Amaro, María Jesús Fernández asume o reto de acadar a alcaldía; e en Piñor, onde a candidata será Almudena Fernández. Teñen tamén pechada a candidatura de San Cristovo de Cea, que darán a coñecer en próximos días.
Dende o PSdeG-PSOE ourensán sinalan que as mulleres socialistas “cobran un especial protagonismo nesta comarca”, na que haberá 4 candidatas en 4 dos 8 concellos da bisbarra. Neste senso subliñan que a súa aposta “é aumentar o número de rexedoras nos vindeiros comicios electorais e para elo presentamos máis candidatas, que chegan a estas eleccións moi preparadas e coa forza e as ganas de darlle futuro e esperanza aos seus concellos, a bisbarra e a nosa provincia”.
“O poder municipal socialista representa o avance e o progreso que a provincia de Ourense tanto precisa e que xa vemos en concellos como O Carballiño ou Maside, exemplos do bo facer que debe estenderse ao resto de municipios da bisbarra”, afirman dende o PSdeG-PSOE, a vez que tamén apuntan que “é por iso que en maio temos a oportunidade de facer cambiar a realidade nesta provincia que está en mans dun baltarismo rancio, clientelar e caciquil”.
Aseguran que as cifras indican que o socialismo “vai camiño de consolidarse como a forza maioritaria na provincia de Ourense, co impulso de candidaturas sólidas, fortes e gañadoras coma as que encabezan os alcaldes, alcaldesas e candidatos e candidatas da comarca do Carballiño”. Por último, dende o PSdeG-PSOE de Ourense destacan que “da nosa man hai futuro para Ourense, e hai futuro para esta bisbarra e os seus concellos”.
Boas tardes,
son Nacho CAMPO (Non Ocampo) González, e quero demostrar que con MENTIRAS non se vai a ningunha parte.
A DENUNCIA anteriormente publicada, opinión dalgún ointe de Cope O Carballiño, quere deixar ver que EU, Nacho Campo, minto nas miñas declaracións. Pois ben, creo que moitas das afirmacións que se recollen no texto anterior non contan NINGUNHA VERDADE ó mesmo tempo que se me acusa de mentireiro.
Dito esto, coas fotos que van adxuntas a esta noticia queda TOTALMENTE DEMOSTRADO QUE NACHO CAMPO, É DECIR, EU, NON MINTO.
Indo punto por punto, dise na anterior denuncia que a licencia non a firmou o Sr. Alcalde, senon que foi o Sr. Botana. Pois ben, si esto que dí o redactor da anterior denuncia fora certo, ¿os DOUS XUICES QUE CONDENARON O CONCELLO EQUIVÓCANSE? Pois o expediente que está no Xuzgado mostra claramente que o firmante é o Sr. Alcalde.
En segundo lugar, acúsaseme de FACERME PASAR POR VOCEIRO, pois ben, remito en dous dos documentos adxuntos a esta resposta A SOLICITUDE DE CAMBIO DE PORTAVOZ e o ACUSE DE RECIBO POR PARTE DO CONCELLO DE MASIDE con data 17 de MARZO DE 2023. Polo cal, sí, SON PORTAVOZ do GRUPO POPULAR NO CONCELLO DE MASIDE.
E por último, en terceiro lugar, ACÚSASEME DE QUE VOU DECINDO QUE SON LICENCIADO EN DEREITO E NON TEÑO A CARREIRA REMATADA. Pois ben, no outro documento que aparece nas imaxes adxuntas está O MEU TÍTULO UNIVERSITARIO FIRMADO POLO REITOR DA UNIVERSIDADE DE VIGO CON FECHA 27 de setembro de 2022. Polo tanto SON GRADUADO EN DEREITO POLA UNIVERSIDADE DE VIGO.
Queda demostrado con documentos e coa verdade sempre na man que EU NON MINTO E QUE ME PRESENTO COMO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE FORMA HONESTA E CON MOITAS GANAS DE TRABALLAR POR MASIDE.
Un saúdo.
Quedei apabullado ao atoparme coa petición de Nacho Ocampo. Tan novo e xa con mentiras para sacar rédito político? Pode que haxa veciños que son sepan que a famosa licencia da que tanto se fala non foi firmada polo actual alcalde, pero outros moitos si o sabemos. Foi firmada polo señor Botana. Rapaz, está mal contar mentiras.
podo entender que se oculte información para sacar rédito político, pero mentir non.
tamen está moi mal o que o grupo do PP de Maside estuvo facendo estes anos. Enfroutou veciños de toda a vida polo tema de ese famoso edificio. O que tiñan creo haber feito e buscar arreglo non buscar problemas, disgustos e follones. Maside é pequeno señores e señoras do PP, vale máis veciños arreglados que mal levados por unha trapallada. Ademáis coa atitude do sr Luis Jorge e do Nacho de seguir adiante coa sua barbarie, consiguen a ruina dunha familia. Pois vaya políticos!
Tampouco é certo que o Nacho sexa portavoz. É concelleiro. Seica tamen é o candidato desta volta. Que ainda que o asegura, non é licenciado pois non rematou a carreira. Pero debe aprender lle as mañas o verdadeiro portavoz ata que remate o mandato, que ben sendo p Señor das Velutinas. Outro que tamen ten mil carreiras e medallas!
Mal vades. Por favor. Maside quere xente honesta, traballadora. Non mentireiros. Iso non é política.
Deben estar ben nerviosos os do Psoe en Boborás que agora só atacan a alcaldesa. Que gracia me fai que se pregunten onde vai sacar a auga para a piscina que están construindo e non se preocupen de onde a sacan os do Carballiño, Maside, Cea, Amoeiro….será que a deles se enche de aire, non?
Estades picados porque o Goberno de Boborás non vende fume, e máis ben traballa con feitos.
Os veciños de Boborás non están preocupados, están encantados!
Aiiii se a envexa fose tiña….

O último "Estudio General de Medios" publicado esta semana e correspondente ao primeiro trimestre de 2023 volve sitúar a COPE O Carballiño como a emisora líder absoluta en audiencia no ámbito comarcal, onde consigue un "SHARE" (cuota de audiencia) do 90% da radio local, é decir, 9 de cada 10 persoas que escoitan a diario unha emisora de radio do Carballiño elixen COPE O Carballiño.
Ademais, de 13:00 a 14:00 horas, COPE O Carballiño consigue situarse como a terceira con máis audiencia nesta hora do mediodia entre todas as emisoras de radio con programación local en toda Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e áreas metropolitanas. A diario, 9.000 persoas infórmanse do que acontece no Carballiño e no resto dos nosos concellos no 91.9 da FM
Dende COPE O Carballiño, transmitimos os parabéns a toda a nosa audiencia , e reafírmámonos na nosa aposta diaria pola radio e a información ao servizo da nosa comarca, unhos datos deste EGM que nos obrigan a seguir traballando e tratando de mellorar cada dia para ofrecervos a mellor radio posible.
Recentemente a conselleira de Medio Ambiente estivo realizando un tour por Boboras, entre eles polas obras da flamante piscina que se esta a facer, todo parece moi bonito, pero que leva a pìscina ? Auga, efectivamente, non iba ser coca cola, pero recordades a alcaldesa dicindo en xuño do ano pasado que non hai auga, que hai que aforrala, ou sexa non hai auga e esta facendo unha piscina enorme, cantos metros cúbicos vai levar ? De onde vai sacar esa auga, vaina traer o seu amiguito de Esgos nunha cisterna ou vai disecar o Viñao ? Os veciños de Boboras estan moi preocupados por se o abrir a billa lles vai saír auga ou aire este verán

O Grupo do Partido Popular de Maside ven de coñecer o auto de execución forzosa que con data 17 de abril de 2023 ditou o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense "en virtude da Sentencia ditada o 10 de novembro de 2021, na que se anulaba a licencia de obra Nº7 do Concello de Maside e se condenaba o derribo de todo o construido ó amparo da mesma".
Neste Auto de execución forzosa o Xuzgado do Contencioso-Administrativo Nº2 de Ourense acordou ordear -indican os populares- ó Concello de Maside a executar a Sentencia firme de novembro de 2021 pola que se anula a licencia de obra Nº7 do Concello. Acordou tamén que se poidan adotar as medidas necesarias para a súa efectividade, así como a posibilidade de impoñerlle multas coercitivas de 150 a 1500€ ó alcalde. Por último, acorda tamén a posibilidade de deducir testemuño de particulares e “esixir responsabilidades penales” a quen lle correspondan, según poñen de manifesto desde o Partido Popular.
O voceiro popular na corporación masidá, Nacho Campo, resalta que “o alcalde foi coñecedor en todo momento de que a súa actuación non se axustaba a dereito xa que era ó mesmo tempo, redactor do proxecto, director da obra, firmante da licencia de obra anulada e por descontado alcalde do Concello de Maside.”
Asemade, os populares din sentir "un gran pesar polo desenlace deste caso no que un veciño vai a sufrir as consecuencias dunha actuación neglixente tanto no legal coma no moral levada a cabo polo alcalde.”
O Grupo do Partido Popular de Maside presentou na mañá deste xoves, unha petición de "dimisión automática e o recoñecemento dos feitos por parte do alcalde".
Estiven lendo atentamente a entrada da gran intervención de Sofía (que efectivamente foi boa) e estou gratamente sorprendido da evolución dos discursos pro Fumega. Porque baixo o título de gran intervención de Sofía, se lle da cera ao PP, a Espazo Común, e á propia Sofía insinuando que o seu discurso é copiado dos concellos onde goberna o BNG. E todo esto resulta moi pero que moi inxenioso.
Efectivamente o goberno de Argimiro recepciona a titularidade da rúa Ourense, que pasa a ser de titularidade municipal cando era de titularidade autonómica. E por moito que se faga unha permunta de titularidades públicas esto non é un exercicio de maxia e o estado da rúa segue sendo o mesmo que hai 10 anos, antes e agora. Os gobernos de Fumega tiveron oito anos para arranxar o seu pésimo estado, e a derradeira hora veu cunha estafa electoral.
¿Por qué estafa? Porque para que a CHMeS poda meter unha máquina nesta obra, a Secretaría do Concello ten que acreditar a titularidade pública de toda a zona de actuación da obra. E a Secretaria xa dixo que non vai facer tal cousa coa chapuza que lle propuxo Fumega. Un papel que diga que os bens afectados pertenzan a tal persoa e que esa persoa lles "ceda" o ben.
Nin a secretaria do Concello nin ningunha secretaria ou secretario de calquer concello que estea no seu sano xuizo pode facer tal cousa. Porque as secretarías dos concellos coñecen a lei e o dereito e esa chapuza que pide Fumega ni tan siquera acredita que o que asina a berza sexa o titular da propiedade e que por tanto poda "ceder" o seu uso. Existen cauísticas moi diversas que hai que ter en conta. Tercerías de dominio e de mellor dereito, parcelas sen declaracións de herdeiros, etc...
E o máis grotesco e alarmante é a mensaxe que está a lanzar Fumega: Que os que non "cedan" se atinxan ás consecuencias porque despois terían que urbanizar eles. Unha mensaxe coactiva, tamén repetida por algún tertuliano e que o único que pretende é xustificar a chapuza.
O instrumento máis áxil que ten Fumega é a expropiación dos bens afectados. Non é inmediato, pero é máis áxil que a escritura notarial e posterior rexistro da propiedade. E Fumega tivo 8 longos anos. Quen pense que a CHMeS vai por unha soa máquina antes de que alguén acredite a titularidade pública vive nos mundos de Yupi. E ningunha Secretaría vai facer tal cousa nos termos que propón Fumega, porque staría xogando a súa propia carreira pra agochar a inepcia do goberno Fumega que será quen teña que responder políticamente pola gran chapuza.
Todo esto o expuxeron con claridade meridiana no último Pleno tanto Espazo Común, como PP, como a propia Sofía. Polo tanto, señores e señoras pro Fumega: Tomaduras de pelo as xustiñas.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 147
- 148
- 149
- 150
- 151
- 152
- 153
- 154
- 155
- …
- seguinte ›
- última »