
Desde O Carballiño "onde decenas de familias están a reclamar profesionais especializados para atención sanitaria da veciñanza" deputados e deputadas provinciais xunto ao alcalde, esixiron esta mañá á Xunta de Galicia e á Deputación Provincial compromisos claros e fondos dabondo para “frear de inmediato o derrubamento controlado” do sistema público de saúde.
Concretamente, nunha iniciativa no próximo pleno provincial, pedirán á Xunta a elaboración e aprobación dun plan sanitario específico para a provincia, que permita reverter a preocupante situación da sanidade, suprimindo as decisións economicistas que están a precarizar a atención primaria e a colapsar as urxencias hospitalarias pola falta de medios humanos e materiais; a pechar unidades de hospitalización ou a desmantelar servizos especializados que acaban sendo tratados noutras provincias. Igualmente reclamarán unha xerencia específica de atención primaria na Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Ourense, Verín, e O Barco de Valdeorras, que inclúa recursos económicos e autonomía de xestión dabondo, para acadar unha administración máis eficiente e adaptada ás peculiaridades dos ambulatorios e centros da nosa provincia.
Os socialistas tamén esixirán a mellora global de recursos, coa incorporación progresiva de profesionais comezando polas especialidades con menor taxa de cobertura e maiores listas de agarda. Tamén queren rematar coa avultada eventualidade dos profesionais contratados abusivamente de maneira descontinua, dotándoos de estabilidade. Así mesmo demandan garantir por lei un máximo de 48 horas para ser atendido en atención primaria, así como convocar todas as prazas vacantes neste nivel básico, co fin de garantir a continuidade do servizo. Ás portas do centro de saúde carballinés, o voceiro provincial, Rafa Villarino, denunciou que a Xunta está a levar a cabo unha “política de desmantelamento na sanidade galega”, que pon en perigo o acceso universal, xa que “na tarxeta sanitaria non figura o noso patrimonio”, un logro do Estado do Benestar ao “permitir a construción dunha clase media robusta que non ter que facer fronte a uns gastos médicos inasumibles”. Villarino insistiu en que a falta de investimento e a precariedade na contratación, está a “aumentar a desigualdade” na atención sanitaria.
Desde o PSdeG-PSOE resaltan que as políticas da Xunta nos últimos 14 anos supuxeron unha perda de empregos e unha preocupante minoración da calidade dos servizos. No caso concreto da provincia de Ourense, un 25 % dos médicos e médicas que están colexiados poderán xubilarse durante o próximos cinco anos, o que pon de manifesto un grave problema, xa que sen persoal suficiente, non hai servizo posible. “Na atención primaria ourensá ata 135 facultativos e facultativas poderán xubilarse no próximo lustro”, advirten con fonda preocupación.
Pola súa banda, o rexedor da vila, Francisco Fumega, explicou como reclama “desde hai tempo” a solución a problemas manifestados pola veciñanza e polos propios traballadores e traballadoras do centro de saúde, como son a falta de atención pediátrica en urxencias; a imperante necesidade dunha segunda matrona; a recuperación total da atención presencial ou o incremento do servizo de xinecoloxía, xa que, na actualidade, só se presta unha xornada cada semana. Fumega tamén anunciou un inminente encontro co xerente da área sanitaria para tratar estas demandas.
“O sistema sanitario é unha roda que non está a funcionar”, resaltaron, xa que a atención primaria non funciona ben pola evidente falta de recursos, o que deriva en colapsos dos servizos de urxencias, provocando á súa vez un aumento dos ingresos hospitalarios e das listas de agarda. “Este carrusel de problemas creado polo empecinamento da Xunta en levar a cabo un esmagamento de servizos e profesionais, é ben coñecido na nosa provincia”, sinalaron os e as socialistas desde o ambulatorio do Carballiño.
“Os datos son tremendamente reveladores e destapan un derrubamento deliberado do sistema público, co obxectivo de deixar un solar no que o sector privado poida edificar”, concluíron desde o grupo provincial tras sinalar que “con cifras así é imposible prestar un servizo áxil e universal no Carballiño e calquera dos municipios ourensáns con problemas similares, “a pesar do enorme esforzo dos e das profesionais, xa que as eivas do sistema, derivadas desa política negacionista da Xunta, son demasiado grandes”.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por 265.614 euros as obras que culminarán a humanización da travesía da estrada autonómica OU-154 no Reino, no concello de Piñor.
Esta nova intervención para a mellora da seguridade viaria foi adxudicada á empresa Obras, Pavimentos e Instalaciones Industriales, S.L. Opain. O obxectivo da Xunta é poder iniciar os traballos na segunda quincena de abril, cun prazo de execución de 3 meses.
A intervención obxecto deste contrato consiste na mellora de dous treitos da OU-154 que suman 500 metros de lonxitude: entre os puntos quilométricos 1+450 e 1+741; e do 2+025 ao 2+235, que coinciden coa travesía do núcleo rural do Reino.
Deste xeito, a nova intervención do departamento de Infraestruturas da Xunta completará a remodelación xa executada no treito situado entre os quilómetros 1+741 e 2+025, para protexer a circulación dos peóns e rehabilitar o firme, que supuxo un investimento autonómico de 160.000 euros.
Máis en detalle, as obras consistirán na humanización do treito de travesía obxecto da actuación, incluíndo o soterramento das redes aéreas de electricidade, iluminación pública e telecomunicacións.
Para levar a cabo a intervención vaise proceder á demolición da beirarrúa e de parte da calzada, que se repoñerán mellorando a accesibilidade e a sección de firme afectada. Posteriormente realizarase unha rehabilitación superficial completa do firme da calzada.
Tamén se disporá unha nova rede de alumeado público con luminarias de tecnoloxía led, para unha mellora da eficiencia enerxética.
Destaca na intervención entre os puntos 1+686 e o 1+723 a elevación da beirarrúa sobre a plataforma da calzada, manténdose no mesmo nivel no resto desta zona.
Ademais, entre os puntos 1+723 e 1+740, coincidindo co cruce do Camiño de Santiago, disporase unha plataforma sobreelevada, quedando a calzada ao mesmo nivel que a beirarrúa.
Na intervención incluirase, ademais, a adaptación do sistema de drenaxe existente á nova sección da vía nas zonas afectadas.
Os traballos completaranse coa reposición da sinalización horizontal e vertical afectada e a colocación de nova sinalización.
As actuacións previstas non implican a realización de expropiación algunha, xa que as obras que se van executar están incluídas dentro da franxa de dominio público da estrada.
O departamento que dirixe Ethel Vázquez continúa traballando na mellora da rede viaria autonómica para proporcionarlles aos cidadáns unhas estradas cómodas e seguras.

Turismo de Galicia achegará unha nova subvención, desta vez por importe de 27.902 a favor do concello de Maside, e para dar continuidade ao proxecto para a continuación do estudo e revitalización do conxunto arqueolóxico de Santa Mariña de Maside.
O concello masidao encóntrase entre os concellos galegos de menos de 10.000 habitnates que veñen de resultar beneficiarios de axudas para a actuacións de mellora das infraestructuras turístas neste ano 2023, según a resolución que ven de asinar a directora de Turismo da Xunta de Galicia.
Lo q hizo Fumega en estos últimos cuatro años lo sabemos todos, está a la vista de todos, vendió humo , prometió lo q no cumplió, privatizó el servicio de limpieza recortando personal y aumentando el coste, despilfarro de dinero público en fiestas para beneficiar a algunos locales de hostelería ,no a la mayoría q me consta q está muy descontento con la gestión de Fumega. Lleno el pueblo de bolardos q hacen una decoración hermosa en contraste con la suciedad de las calles. Nunca el pueblo estuvo tan sucio. Seguro q nos llena el pueblo de chapuzas ahora q faltan dos meses para las elecciones y nos hace difícil el día a día.. pero el examen ya estay hecho. El gobierno de Fumega es el peor gobierno de la historia de Carballiño, mucho peor q el de Marnotes al q el pueblo suspendió en su momento retirándome la mayoría absoluta y mandándolo a la oposición. El pueblo es sabio y lo volverá a hacer el 28 de mayo retirándome la mayoría absoluta a Fumega y a su nefasto gobierno y mandándolo a la oposición.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo esta semana un encontro co alcalde de Beariz, Manuel Prado, no que avaliaron novas vías de colaboración para impulsar a actividade empresarial no municipio.
Na xuntanza abordáronse, entre outras cuestións, a adecuación dos accesos ao Parque Empresarial de Lebozán desde a OU-212, unha actuación que rematará nos próximos meses e á que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade destinou 450.000 euros. Ademais, o Concello solicitou unha axuda da Secretaría Xeral de Industria, que está nestes momentos en fase de estudo e valoración, para obras de pavimentación dun viario.
Beariz conta co distintivo de Concello Emprendedor, sumándose así ao obxectivo da Xunta de poñer facilidades ao investimento empresarial para impulsar a reactivación económica e, polo tanto, ofrecer máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais.
Era o que faltaba, ter que soportar cada día as astracanadas dos/as cheerleaders do que é sen dúbida o peor goberno da historia do Carballiño. Claro que hai unha inflación galopante provocada por unha presión fiscal desmedida pra manter os chiringuitos dos Titos Berni, oprímeme o rosa, Otegi é un home de paz, Cataluña é unha república, e o resto dos frijkis do goberno Frankenstein.
Suba brutal aos autónomos, que son os que teñen que manter a festa. Campaña de desprestixio a empresarios, e presión fiscal confiscatoria, pra manter a festa destes vividores. As grandes empresas comezan a fuxir desta república bananera.
Sobre a pandemia, o Tribunal Constitucional declarou ilegal o confinamento. Pedro Sánchez e os seus marichis confinaron ilegalmente a todo un país mentras fixeron unha xestión patética da crise.
E Fumega, si Fumega, o que se autoproclama como rei do asfalto, ben que emprega o aparato sanchinflas pra facer publicidade e autobombo de xeito que xa é o colmo que os/as cheerleaders deste goberno nefasto tenten comerlle o coco á xente cos presuntos logros deste funesto goberno.
Confederación Hidrográfica do Miño Sil, Zona Franca, e todos eses chiringuitos do aparato sanchista. Aos palmeiros desta lacra hai que lembrarlles que Fumega gasta máis de 250.000 euros cada ano dos orzamentos do concello pra que aparezcan titulares na prensa.
E mesturar Fumega, coa alcaldesa de Boborás, Pachi, e esa enumeración dos presuntos logros de Fumega si que é unha campaña de desinformación. Máis que campaña de desinformación semella unha lastimeira tentativa de darlle bombo ao peor goberno da historia do Carballiño. Constitue unha lastimeira apoloxía á mediocridade e o grave retroceso que está a sufrir O Carballiño, no social, no económico e en todos os eidos.
Señores e señoras cheerleaders do goberno vendefume: Máis feitos, máis argumentos, e menos relatos literarios.
Ola a todos queridos copernautas, agora que se achegan as eleccions hai moita desinformación e descoñecemento da situación real dos concellos, neste caso poño Unha comparación, entre Boboras e O Carballiño, no primero parece que todo fose maravillosa e señora alcaldesa fose a mesias da zona, e no Carballiño todo fose mal,será que a potente compañía de desinformación do señor Pachi está dando resultado, poñendo en Facebook cualquiera bache que salga por ahí, como se nos outros concello estuvese todo perfecto, senon que se pasen pola estrada da Fenteira, en Vecoña, durante anos tamen na Xesteira,pero claro eses aduladores da Patricia nin son de Boboras non pisaron mais adentro de Almuzara, tamen podríamos falar da discriminación de Deputación e a Xunta O Carballiño o que non lle dan mais ca migallas, ou lle sumamos a inflación,. A pandemia, a indemnización do tanatorio que nos deixou Argimiro, etc etc, ou a rua Ourense, para cuello arranxo a Xunta non quixo dar nada, a pesar de hablar transferido xa en mal estado tempo atrás, no Carballiño tamen se fan cousas, cambiouse a LED 5 parroquias e numerosas rúas do casco urbano, asfaltouse en varias parroquias,como Arcos, Seoane, Mesero, Modelos, Señorin, está licitado a mellora en Lobas e na Piteira,están arranxando Longoseiros, en breve a Carreira e varias rutas do entorno, a Margarita Tablada xa está en obras, todas as melloras na zona de Rapariz, a salida da rua Costa Rica, o novo parque infantil de Toscaña que xa esta en obras, e moitas mais que viran

A Fundación Insua dos Poetas celebrará este martes 21 de marzo o Día Mundial da Poesía e da Árbore a través dun programa de actividades no que terán especial protagonismo os escolares da comarca do Carballiño. A xornada, que terá lugar no parque cultural A Esgueva (Madarnás, O Carballiño), conta co patrocinio da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia, así como a colaboración do Concello do Carballiño.
O Día Mundial da Poesía e da Árbore na Insua dos Poetas dará comezo ás 10,30 horas coa recepción dos centros escolares da contorna, que achegarán a este espazo cultural a máis de 300 alumnos. A continuación, o programa recolle varias actuacións musicais e as intervencións de Luís González Tosar, escritor e presidente da Fundación Insua dos Poetas; César Fernández, vicepresidente segundo da Deputación; Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; e Francisco Fumega, alcalde do Carballiño.
O alumnado recitará poemas de Rosalía de Castro, Valentín Lamas Carvajal, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, figuras centrais da poesía galega que quedarán inmortalizadas en catro novos murais que se irán estreando durante o transcurso da actividade e que ficarán expostos na Galería da Literatura Galega. Estas pezas artísticas son obra dos artistas Yoseba MP, Raquel Germade, Novenoel e Delio RC.
De cara ao remate do acto, realizarase unha interpretación do Himno de Galicia e os escolares plantarán diversas árbores autóctonas.
O Día Mundial da Poesía é unha iniciativa da Unesco, impulsada en 1999, que se comezou a celebrar en todo o mundo a partir do 2000. Dende 2012, a Fundación Insua dos Poetas celebra na Insua dos Poetas cada 21 de marzo esta data, sempre co protagonismo do alumnado da comarca.
Nesta ocasión, a Insua dos Poetas acollerá ao alumnado dos seguintes centros de ensino públicos e privados da comarca: IES Nº1, IES Chamoso Lamas, Colexio Vila do Arenteiro, Colexio Sagrado Corazón, CEIP Calvo Sotelo, CEIP de San Amaro e CEIP do Irixo. Todos eles recibirán lotes de libros como agasallo.

Adolfo Nogueira Campo, que estes últimos catro anos exerceu coma voceiro do Grupo Municipal será o número 2 da candidatura que presentará Espazo Común ao Concello do Carballiño nas eleccións municipais do vindeiro 28 de maio.
Nogueira, nacido en 1975, leva moitos anos formando parte activa de numerosos colectivos de toda índole do tecido social do Carballiño: deportivos, educativos, culturais, empresariais. Entre outras cousas, pódese destacar que foi fundador e primeiro presidente do Centro Comercial Aberto.
Conta xa cunha ampla experiencia no tocante ás responsabilidades institucionais e de xestión.
“Afronto este reto moi agradecido a Pachi Vázquez e ao resto de compañeiros pola súa confianza. Temos moitas gañas de seguir traballando polo Carballiño. Faise moi necesario cambiar a dinámica actual ou cando acordemos será tarde. Este pobo merece ter un futuro, este pobo merece outro tipo de xestión: seria, transparente, ambiciosa” afirmou Nogueira.
“Adolfo ten unha inmensa capacidade de traballo e coñece este Concello e este pobo coma moi poucos. O Carballiño precisa xente coma él e coma outras persoas que irán conformando a candidatura de Espazo Común nas vindeiras semanas. Xente que lle quere e que está disposta a defendelo por riba de todo” aseverou o candidato Pachi Vázquez.

Varios veciños da zona achegaron o seu testimonio no Wassap de COPE O Carballiño, asegurando sentir un tremor de terra na noite deste pasado venres, minutos antes das 00.00 horas do sábado, un testimonio que ven de corroborar o Instituto Xeográfico Nacional, que da conta dun terremoto rexistrado ás 23:45 horas do dia 17 de marzo.
A magnitude do terremoto foi de 2,1 e a unha profundidade de 0.0 km, é decir á superficie da terra, o que explica que fose percibido por moitos veciños da zona e outros puntos da comarca, a pesar da súa escasa magnitude. Según as coordenadas xeográficas do IGN, o epicentro localizaouse entre as localidades de Grixoa e Porto de Eguas, entre os concellos de San Amaro de O Carballiño.
Trátase do segundo terromoto en apenas 5 dias que rexistra o IGN na comarca do Carballiño, o pasado dia 13 outro terremoto de magnitude 2.0 e unha profundidade de 5.0 km tivo o seu epicentro no Carballiño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 152
- 153
- 154
- 155
- 156
- 157
- 158
- 159
- 160
- …
- seguinte ›
- última »