28, Xaneiro 2023

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o presidente da Federación de Cineclubs de Galicia (Feciga), Manuel Precedo, mantiveron unha reunión na que acordaron renovar o convenio de colaboración entre as dúas entidades para continuar a garantir a proxección de películas durante todo o ano nas 13 localidades galegas, entre elas O Carballiño, da man do Cine-Club Carballiño que ofrece unha programación estable durante boa parte do ano, agás en verán.

Serán 30.000 euros os que se disporán desde a Xunta para que esta asociación sen ánimo de lucro, que traballa desde hai case que 40 anos a prol da cultura cinematográfica en xeral e con especial atención á defensa e apoio á produción galega, poida seguir ofrecendo ofrecendo o seu apoio a 13 entidades cineclubistas galegas, entre elas o Cine-Club Carballiño, que proxecta con carácter semanal a súa programación no auditorio do Carballiño, aínda que tamén organiza ciclos cinematográficos coincidindo cos datas concretas como o nadal, ou "Flores de Cine" durante o mes de xullo.

26, Xaneiro 2023

A casa da cultura do Carballiño acolleu o acto de presentación deste novo servizo de reparto de comida a domicilio, un acto que contou coa colaboración do Centyro Comercial Aberto do Carballiño. Roombo chega a Carballiño, os bares e restaurantes da localidade comezan a traballar coa súa aplicación de reparto a domicilio para pequenas cidades. Moitos dos locales xa decidiron sumarse a esta aplicación que ofrecerá servizo nun rango de 7 kilómetros dende o restaurante.

A súa aplicación é de uso fácil e intuitivo, onde inclúe os pratos dos conciñeiros dos restaurante de confianza de cada cliente. A app está pensada para un uso de acotío e está dispoñible para iOs e Android. No primeiro pedido, Roombo ofrece un desconto do 15% no primeiro pedido co código "carballiño" e, ademais, dende as redes sociais de @roombogalicia lanzan promocións semanais para os seguidores. Esta empresa naceu en plena pandemia no 2020, pensando nas necesidades dos pequenos establecementos das cidades e vilas de menor poboación.

O seu modelo de negocio está "comprometido co comercio local e os seus hostaleiros" e demostrou neste tempo a súa eficacia á hora de contribuír no aumento da facturación. Na filosofía de Roombo está "defender o ámbito local, apostando polas pequenas empresas e o fomento do traballo digno". Dende este compromiso, a empresa defende as condicións laborais dos seus repartidores, así coma as do resto de empregados da organización.

O seu compromiso pasa tamén polos proveedores, os bares e restaurantes, cos que negocian porcentaxes moito menores aos da competencia. As grandes franquicias traballan con beneficios que superan o 40% do prezo do pedido, mentres que Roombo manteno nun 18%. Estes datos supoñen un atrativo para empresarios da hostalaría, que se posicionan a favor da implementación deste modelo que xera riqueza nas comunidades grazas á redución dos "marxes abusivos".

26, Xaneiro 2023

Nas fotografias, unha mostra do estado no que se encontra o barrio de Flores. Sobran as palabras.

26, Xaneiro 2023

Por se é de utilidade,

Hoxe, xoves 26 de xaneiro as 17:30 acabo de pedir cita para o dentista no ambulatorio do Carballiño sen ningún tipo de problema.

Saúdo.

26, Xaneiro 2023

O concello do Carballiño -a través as concellerías de cultura e turismo- destinará este ano preto de 40.000 euros para as actividades do entroido e a Festa da Cachucha, que se desenvolverán entre os dias 14 ao 26 de febreiro. Os titulares de ambas concellerías, respectivamente, Diego Fernández e Manolo Dacal deron a coñecer a programación festiva que terémos no Carballiño.

Martes, 14

AUDICIÓN DO CMUS e ESMU DO CARBALLIÑO ás 20.00 h no Auditorio Manuel María

Venres, 17: CHARANGA CLK a partir das 20 horas S

Sábado, 18 ENTROIDO INFANTIL. De 11:30 á 13:30 h Obradoiro infantil de máscaras e complementos de entroido A partir das 16:30 Festa-Concurso infantil de disfraces . Animación DJ MELO . A partir das 19.00 h: - Batucada PERCUCAR.  A partir das 21.00 h: - Doctor Anchoa

Domingo, 19. De 11:30 a 14 h Animación do Grupo TOKAIDE. A partir das 19:00 h na Praza Maior: - OS LIBORIANOS - Coplas de Entroido 2023

Luns 20. De 20 a 23 h polas rúas da Vila: FANFARRIA FARRUXA.  De 23.00 h a 01.00 h: - GIN TONI´S

Martes, 21: GRAN DESFILE-CONCURSO DE COMPARSAS E CHARANGAS. A partir das 19:00 h Actuación da ORQUESTRA ALKAR

Mércores, 22. ENTERRO DA SARDIÑA.  A partir das 19:30 Representación do ENTERRO por ASPADISI – “QATARLLIÑO” Animación CHARANGA CASTRO BELLO e  CHOCOLATADA

Domingo, 26 XXVIII FESTA DA CACHUCHA

Ás 11:30 h DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS - Comparsas de Amoeiro - Arrieiros de Petín - Folión de Fradelo - Folión de Tameirón - Asoc. Cult Son da Pedra Meiga Ás 14 h XANTAR DA CACHUCHA - Charanga Feitizo de Pau - Charanga Doctor Anchoa - Charanga Europa - Charanga CLK - Charanga Castro Bello As 17:30 h GRAN DESFILE DE FOLIÓNS, COMPARSAS E CHARANGAS - Comparsa Os da Caña - Comparsas de Amoeiro - Folión Arrieiros de Petín - Folión de Fradelo - Folión de Tameirón - Comparsa Os Solfamidas - Asoc. Cult Son da Pedra Meiga - Comparsas gañadoras do Martes de Entroido. Ás 19.30 GRAN BAILE na Praza Maior ORQUESTRA GRAN PARADA

26, Xaneiro 2023

Dende fai unha semana hai algún tipo de incidencia técnica que impide pedir cita a través de internet, ben sexa na url do sergas ou a través da app sergas móbi, obrigándote a ir presencialmente ao centro de saúde a pedila. Estaría ben que o solucionasen o antes posible. 

25, Xaneiro 2023

Lamentan os socialistas que "mentres os pobos do Irixo esmorecen coa falta de servizos básicos o alcalde do Irixo salte de festa en festa como o xogo da oca e cada día festexa porque lle toca".

Manifestan que "o alcalde do Irixo se especializase en festas e propaganda que nada aportan a calidade de vida da veciñanza e dos pobos do Irixo pero si gastos que poderían ser destinados a outras actuacións, sobre todo a cubrir a falla de servizos básicos nos pobos".

O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia ademáis "a falta de transparencia do goberno municipal non dando acceso os expedientes e as facturas do concello dende fai mais de 5 meses".

Mentres o alcalde anda de festa en festa nega o acceso para que os socialistas coñezan como se gastou ou despilfarrou o diñeiro público do concello.

O grupo socialista afirma que non ten acceso a os xustificantes efacturas da conta xeral do ano 2021. A Compra/venta de castañas e comercialización, fabricación de fariña, a Feira do Tellado” e “Festa do Cabalo” 2022. Tampouco da “Marca Irixo” e “tenda da marca Irixo”, asi como da programación e concertos, actuacións e actividades verán 2022. Asemade, demandan información da contratación de persoal do concello e do obradoiro de emprego.

Finalmente, conclúen, que todo elo é "unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno".

24, Xaneiro 2023

Abanca e o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR12) Carballiño-Ribeiro veñen de asinar un acordo de colaboración que busca responder ás necesidades do tecido produtivo da comarca e da creación de emprego, ao tempo que sitúan a sostibilidade no foco principal. O convenio foi rubricado en Leiro polo director de zona de Abanca en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campo, e o presidente do GDR Carballiño-Ribeiro, Francisco José Fernández Pérez.

O convenio súmase ás recentes ofertas e convenios financeiros que Abanca suscribe practicamente a diario con colexios profesionais, empresas, asociacións e outras entidades presentes nos territorios nos que o banco ten presencia. Un dos obxectivos fundamentais deste acordo é a reactivación económica da comarca a través do impulso de novos proxectos e da mellora da competitividade e sostibilidade medioambiental dos actuais a través do crédito.

Con isto, os adheridos ao GDR poderán acceder a condicións vantaxosas na contratación de produtos e servizos como as pólizas de crédito, préstamos persoais, anticipos de subvencións e avais. Así mesmo, o texto detalla unha oferta con créditos e préstamos específicos para o sector agrogandeiro, liñas de comercio exterior, desconto comercial e confirming. Os membros do GDR tamén terán acceso ás vantaxes do Programa Servizos Abanca, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

Así mesmo, o banco ofrece xestores especializados en materia de seguros ou banca electrónica para os interesados. A maiores, desde as oficinas facilitarase información relativa ás opcións de financiamento mediante os convenios oficiais que o banco ten subscritos con diversos organismos públicos.

23, Xaneiro 2023

A Xunta outorgoulle 655.000 euros a Aspadisi, asociación de pais de discapacitados psíquicos da comarca do Carballiño, para a creación dunha residencia de atención á discapacidade. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Administración autonómica en Ourense, Gabriel Alén, visitou as instalacións desta asociación, no Carballiño

Aspadisi é unha das dez entidades de Galicia que se beneficiará da nova orde de axudas para a construción ou remodelación de centros para a atención a persoas maiores e con discapacidade de titularidade social, dotada de 13 millóns de euros. Con este apoio económico por parte do Goberno galego, Aspadisi creará un novo centro residencial con 24 prazas.

23, Xaneiro 2023

Efectivamente ten razón de base a "denuncia" que pretende corrixir á miña interpretación dos datos do INE. O meu erro non ven de confundir entre Padrón e Censo, Senón da metodoloxía aplicada polo INE. O meu erro era pensar que o INE publicaba a proxección dos concellos a un de xaneiro de cada ano. E o que publica o INE son os datos aprobados por RD relativos a 1 de xaneiro de 2022. 

Como así é,  e o ano electoral non ten que ver, teño que reconñecelo. E tampouco o polbo á brasa. Sigo pensando que un saldo positivo de 29 persoas non invita ao optimismo. Pero agardo que esto se consolide no tempo. De ser así sería unha nova esperanzadora. Estaremos aos datos dos seguintes anos.

Saúdos e grazas, estaba nun groso erro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS