Non podemos deixar de denunciar esta situación. Os usuarios do tramo de estrada OU-504 que une O Carballiño e Cea (neste caso) levamos varios meses percorrendo esta ruta nunhas condicións inaceptables e perigosas. Despois de que estuveran "arranxando" o pavimento, a estrada quedou sen pintar, polo que tanto os carrís e as incorporacións están sen delimitar, situación bastante perigosa xa que se lle sumamos as poucas horas de luz debido a época do ano e as condicións meteorolóxicas adversas actuais, fan que o percorrido non sexa seguro para a circulación, por iso SOLICITAMOS que dende o organismo pertinente se poña solución e pinten a calzada o antes posible para evitar calquera desgracia provocada por este motivo.

O PSdeG-PSOE de Punxín vén de dar a coñecer a que será a súa candidata á alcaldía de cara as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio. Lorena Peleteiro Vázquez repetirá como candidata, co obxectivo de acadar un goberno de progreso no municipio e de optar por políticas enfocadas a traballar a carón da veciñanza, escoitando as súas inquedanzas e resolvendo os problemas cotiás.
Dende o PSdeG-PSOE de Punxín destacan que “o traballo levado a cabo nos últimos 4 anos por Lorena Peleteiro, actual voceira municipal, é a mellor carta de presentación da nosa candidata e deixa claro que se trata dunha persoa que loita día a día na procura dun Punxín mellor e no que a veciñanza teña uns servizos dignos”.
A Agrupación Socialista de Punxín afirma que se presentan a estas eleccións municipais “cunha enorme ilusión e cun proxecto serio e pensado para que o noso municipio avance”, apuntan tamén que “é o momento de darlle un cambio ao noso concello, de volvelo a converter nun referente, polo que estamos convencidos de que 2023 será o ano de Punxín”.
Lorena Peleteiro Vázquez, actual voceira do grupo municipal socialista en Punxín, e candidata á alcaldía por segunda vez, afirma que “asumo novamente esta elección con moita responsabilidade, pero tamén con moita ilusión e disposta a traballar dende o minuto un por Punxín e as súas xentes, como levamos facendo estes catro anos”. A candidata do PSdeG-PSOE fai fincapé en que “temos un propósito claro, que é traballar os vindeiros 4 anos dende o goberno municipal”.
Peleteiro Vázquez destaca que Punxín “precisa dun cambio, un cambio na forma de gobernar, un cambio que implique escoitar á veciñanza e dar resposta aos seus problemas e inquedanzas, un cambio que traia dunha vez por todas un goberno de progreso para o noso concello”. Dende o PSOE de Punxín finalizan afirmando que Lorena Peleteiro “é a mellor candidata para propiciar o cambio en Punxín”.
Boas noites , facendo referencia a queixa anterior eu sempre pensei que pa amañar calquer papel ou solicitar informacion a cerca de algo administrativo ou de calquera outra indole, tiñamos que ir os bares de detrás do concello ou dos do lado izquierdo, e que xa nos atendian alí.
Eu aconsellovos que antes de perder o tempo indo o concello, pasedes primeiro por ditos bares que están pa atender ós empleados do concello, no que lles cumpra, como pode ser pa prepararlles unha tila para o estres laboral, ou unha valeriana para a carga de traballo que teñen etc. ( alí idelos topar seguro).

Neveu nas últimas horas deste mércores 18 de xaneiro nunha boa parte da xeografía comarcal, onde máis na zona máis alta da parroquia de Oseira, na que varias localidades estiveron durante horas incomunicadas por estrada ata que as máquinas quitaneves deixaron transitables os accesos a Confurco, A Cabana, Arenteiriño, O Gamoal ou Pobadura, onde a veciñanza tivo que quedarse nas casas esta mañá. Nesta zona chegou a acumularse ata 10 centímetros de neve.
A nevarada tamén foi protagonista esta xornada en numerosas localides dos concellos de San Cristovo de Cea, PIñor, O Irixo, Boborás, Beariz e Avión. A neve difuculta bastante a circulación de vehículos aínda que todas as estradas permanecen transitables, recoméndase en todo caso máxima precaución.
Na foto de José Dalama, a igrexa de Confurco, na parroquia de Oseira, na zona da nosa comarca onde a nevarada foi máis intensa.

O PSdeG-PSOE reclamou hoxe desde a zona cero da Arnoia, a implicación da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia na reparación dos danos causados polas inundacións e os corrementos de terras das últimas semanas. Como xa anunciaran o pasado 3 de xaneiro, os e as socialistas piden, mediante unha iniciativa que se votará no pleno provincial de xaneiro, a colaboración da institución cos concellos, xa que moitas destas entidades locais son incapaces de asumir unha desfeita deste calibre.
Concretamente, piden ao goberno de Baltar “fondos económicos para a colaboración cos concellos”, para a “reparación de infraestruturas como estradas, pontes ou camiños, así como para a restauración de edificacións, construcións ou instalacións de calquera tipo”. Tamén demandan “material e equipamento” para reparar os danos e para a “protección e seguridade de lugares en risco de sufrir episodios similares no futuro”. Igualmente esixen “colaboración loxística”, ofrecendo os seus vehículos e maquinaria.
A limpeza e mantemento de ríos e zonas próximas, segundo o acervo normativo español, corresponde ás entidades locais. Tamén é responsabilidade de seu a restauración da normalidade no caso destas emerxencias. Pero a inmensa maioría delas carecen de capacidade económica e loxística para afrontar en soidade estes traballos. A día de hoxe e a pesar do seu deber legal de cooperación, a deputación non ofreceu motu proprio acción algunha e por iso o PSdeG-PSOE desprazouse ata a área recreativa das Poldras (A Arnoia), para comprobar os destrozos, acompañados de edís deste municipio.
Axuda da Confederación Hidrográfica
O vicevoceiro, Nacho Gómez, asegurou que “non tería que ser o grupo socialista quen tivera que facer esta proposta porque é obvio” que a Deputación ten que axudar, pero “o presidente, en vez de facer fotos e cuestións que non axudan en nada aos concellos, se adicou a mirar cara outro lado”.
“Pedimos que todas as institucións asuman as súas responsabilidades”, destacou o deputado ourensán porque “necesitamos axudas dos que teñen os cartos” e por iso anunciou que, logo dunha solicitude do PSdeG-PSOE da Arnoia, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil visitará a zona afectada. “Nós somos responsables como para entender que todas as administracións públicas teñen que botar unha man”, insistiu antes de remachar que “non por ser dunha ou doutra cor política imos dicir o contrario”.
O edil no Concello da Arnoia, Emilio Alberte, sinalou que no seu municipio hai dúas áreas moi afectadas, polo que piden a todos os organismos –Xunta, Deputación e Confederación Hidrográfica– que “se mollen” porque estamos ante “un problema bastante gordo para o pobo”. O concelleiro puxo como exemplo que, no caso da área das Poldras, os traballadores e agricultores que, ata o de agora, empregaban a ponte arrasada, teñen que dar un rodeo de tres quilómetros para chegar ata os seus terreos. “É un problema bastante grave”, destacou.
Estes temporais deixaron múltiples danos na Arnoia, Baños de Molgas, Allariz, O Carballiño ou Ribadavia. “Resulta inaceptable a pasividade do goberno provincial ante esta situación extraordinaria, a pesar da petición pública de axuda e do clamor”, insisten desde o Grupo Socialista antes de denunciar que “polo de agora, Baltar só demostrou unha total falta de liderado e unha ausencia de compromiso coa veciñanza”. “Non podemos permitir que queden abandonados a súa sorte e por iso damos este paso a fronte”, resaltaron.
Situación de emerxencia de interese galego
Os e as socialistas ourensáns tamén reclaman á Xunta que declare a ‘situación de emerxencia de interese galego’, é dicir, a figura legal que ampara o reparto de axudas directas á veciñanza e aos concellos. “Concorren absolutamente todos os requisitos establecidos na Lei de Emerxencias de Galicia, para que o Consello da Xunta aprobe esta emerxencia e habilite as modificacións orzamentarias necesarias para afrontar unha necesidade económica que debería ser prioritaria”, destacan.
Igualmente resaltan que a Xunta de Alfonso Rueda debe aprobar de inmediato o decreto para establecer os criterios de reparto, evitando así que se fagan a dedo, como xa ten sucedido en ocasións anteriores. Estamos ante “unha desfeita de calado” que “cómpre emendar canto antes” e que a Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia “nin deben nin poden ignorar”.

Esto es la vergüenza de cualquier gobierno de Carballino son las 9:29 y no atienden a nadie y solo hay que mirar para el cartel vergüenza pura

O Grupo Municipal de Espazo Común vén de rexistrar unha moción para o seu debate no pleno da corporación municipal do Carballiño deste mes de xaneiro para que dende o Concello se elabore un Plan de Prevención e Arranxo de zonas inundables.
"Non son poucas as áreas do pobo que quedaron moi afectadas despois das derradeiras choivas e, como podemos comprobar, os danos e os perigos son cada vez maiores. Resulta moi chamativo o afundimento da rúa Alberte Vilanova (a carón do Centro de Saúde) pero a situación de rúas coma Aquilino Sánchez, o túnel que une Testeiro con 25 de xullo ou a Avenida do Balneario non é moito mellor", manifestan.
Engaden que "un deficiente mantemento, obras que só tapan baixo o asfalto os problemas sen resolvelos e moitos outros sendo ignorados durante anos, só levan consigo que a situación lonxe de mellorar sexa cada vez máis complexa".
Dende Espazo Común lamentan que "ver aos servizos de emerxencia desbordados en canto as precipitacións exceden un chisco do normal xa é costume sen que, ata o de agora se fixera nada por resolvelo".
Finalmente, consideran necesario e urxente tomar medidas. Polo que para comezar, popoñen a elaboración dun plan "que permita recoller tódolos puntos negros e un estudo pormenorizado de cada un deles para detallar nun cronograma o seu arranxo".

O Cine-Club Carballiño proxecta este venres no auditorio, ás 20:00 e 22:30 horas, a película galega "As Bestas", que tamén proxecta o Novocine de Leiro ata o próximo domingo a diario en sesión ás 21:30 hroas, ademáis o Novocine de Leiro continúa proxectando estes dias "El Gato con Botas" ás 16:00 horas e "Avatar" ás 18:00 horas.
No teatro, doble proposta esta fin de semana no auditorio do Carballiño. O sábado ás 19:00 horas a Agrupación Teatral Silvardeiras de Allariz trae a O Carballiño a súa versión do clasico de Castelao "Os vellos non deben namorarse", e o domingo ás 19:30 horas Tiruleque Teatro presenta os seus "Microtirulos".
O venres, tarde-noite, a ruta das tapas do Carballiño estará desta vez dedicada a "tapas do mundo".
O Magic Circus ten a súa carpa instalada na Uceira, cun espectáculo dedicado ao contos infantís e as súas cancións, ofrece funcións o venres ás 18:30 horas, o sábado ás 17:00 e 19:30 horas, o domingo ten programadas sesións ás 12:00 e 17:00 horas.
O domingo, o Centro de Estudios Chamoso Lamas invítanos a un Roteiro conducido polo historiador Carlos Montes que sairá ás 11:30 horas dende o patido do Asilo, no que explicará a configuración urbana do Carballiño a partir dos século XVIII, dando a coñecer algunhas das edificacións máis emblemáticas, e a historia dos seus moradores.

A previsión orzamentaria da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade para esta obra é de medio millón de euros, a esta cantidade deberá polo tanto adaptarse o proxecto que xa redacta o arquitécto municipal do Concello do Carballiño, según avanzou nesta emisora de radio o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega.
A conselleira Ethel Vázquez comprometeuse ante o rexedor municipal a licitar a obra este mesmo ano, despóis da súa execución a Xunta traspasará a titularidade deste vial a favor do concello carballiñés, tal como se acordou solicitar no pleno da corporación municipal, a instancias dunha proposta presentada polo grupo do Partido Popular.
O tramo no que se levará a cabo esta actuación é o que vai dende o casco urbano do Carballiño ata o cemiterio de Señorín, e incluirá a reposición das canalizacións do abastecemento de agua, saneamento e pluviais, asi como a construcción de beirarrúas das que carece unha boa parte deste vial, que constitúe unha das entradas a O Carballiño.

Os concellos asinantes deste documento bautizado como a "Declaración de Pedre", en referencia á localidade donde se rexistrou o tráxico accidente de autobús na pasada noiteboa- son os de Punxín, Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz e Cerdedo-Cotobade, tan so faltou a esta reunión a alcaldesa de Forcarei, que tamén atravesa esta estrada N-541 e tamén estaba convocada, pero non asistíu.
A delcaración manifesta que "despois de moitos anos de servizo e de soportar un volume de tráfico inxente, a N-541 atópase nun nivel de conservación preocupante e necesita dunha intervención integral que ademáis de renovar por completo a súa capa de rodadura, precisa de actualizar medidas de acceso seguro aos núcleos de poboación e dunha actuación en profundidade dende o punto de vista da mellora da seguridade vial".
Destacan, ademáis, a importancia que ten este vial para os concellos que decorre, no caso das comarcas do Carballiño e Terra de Montes constitúe unha das súas principais arterias de comunicación, vertebrando boa parte deste territorio e dando servizo a unha poboación de máis de 218.000 habitantes, xa que serve de conexión de parte importante das rias baixas co interior de Galicia e a Meseta "polo que é unha canle de comunicación vital dendde todo punto de vista estratéxico".
En definitiva, nace unha fronte común de todos os concellos para demandar do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana -titular da via- unha actuación integral de mellora desta estrada N-541 Barbantes-Pontevedra, que ademáis atravesa numerosos núcleos de poboación, incluida a urbe do Carballiño.
Os concellos asinantes desta declaración pedirán unha reunión colexiada cos grupos políticos do Parlamento de Galicia, O Congreso dos Deputados e o Senado, para demandar o seu apoio a esta reivindicación.
Tamén acordaron manter xuntanzas periódicas para o seguimento das xestións e actuacións realizadas para conseguir a mellora da Nacional-541.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 159
- 160
- 161
- 162
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- …
- seguinte ›
- última »