
Con orgullo, con moito orgullo, asi foi como despedíu Espiñedo a un Arenteiro que caeu con toda honra ante un Atletico de Madrid, que so ao final do partido foi quen de resolver a eliminatoria, despois de que o Arenteiro incluso se adiantase no marcador, e tras unha polémica arbitraxe moi protestada pola afección local. Espiñedo e O Carballiño vibraron cun arenteiro que foi aplaudido polas 3.000 persoas que abarrotaron Espiñedo e os locais da hostalaría local cheos ata os topes para seguir con emoción o partido.
Resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-aguanta-o-atletico-no-descanso-1-1-
Crónica do partido no diario "As":https://as.com/futbol/copa_del_rey/el-atletico-sufre-barrios-ilusiona-n/
Crónica do partido no diario "La Voz de galicia": https://www.lavozdegalicia.es/retransmision/deportes/2022/12/22/directo-...
Crónica do partido no diario "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/cronica-arenteiro-atletic...
Crónica do partido no diario "Marca": https://www.marca.com/futbol/copa-rey/cronica/2022/12/22/63a34d27268e3e9...

O orgullo de ser do Arenteiro, de ser do Carballiño, a nosa identidade de pobo representada no noso equuipo, no da nosa xente, neste Club Deportivo Arenteiro do que hoxe é todo O Carballiño, diferencias ideolóxicas ou doutra índole aparte, como tamén do Arenteiro é toda a nosa comarca, e hoxe -ademáis- o equipo que estará apoiando toda a España fútbolistica, todos oa afeccionados ao fútbol -agás os do Alético de Madrid- van hoxe do Arenteiro, no "David contra Goliat" desta histórica noite para O Carballiño.
Algo máis de 3.000 persoas -delas 200 seguidores do club madrileño- poderán vivilo en vivo no estadio de Espiñedo. O resto, pola televisión, a través da retransimisión en directo que a partir das 21:00 ofrecerá "Movistar+Liga de Campeones".
As portas do estadio abriránse con bastante antelación, para vivir e disfrutar da gran festa que se vivirá vendo a estrelas futbolísticas de primeiro nivel mundial no Carballiño, ás 18:45 horas abriránse os controis de acceso a Espiñedo. 90 efectivos integran o operativo de seguridade, entre Policia Local, Garda Civil e Seguridade Privada contratada polo Club.
Todo preparado para vivir outra noite máxica no templo fútbolístico carballiñés onde hoxe se vai escribir unha das páxinas máis relevantes da súa historia, xa case esquecimos que fai apenas un mes neste mesmo escenario o Arenteiro xa fixo historia eliminando desta Copa do Rei a outro equipo da primeira división, o Almería. Sexa cal quexa o resultado esta noite, o Arenteiro e O Carballiño este partido xa o gañaron.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por 162.820 euros as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño.
A Xunta prevé formalizar este contrato nos vindeiros días co fin de impulsar a instalación dunha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co obxecto de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte.
As obras, adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. comprenden os traballos necesarios para a posta en marcha da parada de autobús: a urbanización da zona, a reposición dos servizos afectados e o subministro e instalación do refuxio.
Máis en detalle, co fin de acadar unhas condicións óptimas de seguridade para a subida e baixada de viaxeiros, as obras obxecto do contrato adxudicado hoxe consistirán na execución dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma.
Na intervención inclúese a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio. Ademais, o refuxio protexerá aos usuarios do transporte público das inclemencias meteorolóxicas.
Esta actuación da Xunta fortalecerá a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño. Enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello, por importe de preto de 190.000 euros, nos que se inclúe a redacción do proxecto obxecto das obras licitadas hoxe.
Segundo o acordo asinado, a Xunta achegará integramente o financiamento para os traballos e executará as obras; mentres que a entidade local asume a posta á disposición dos terreos necesarios para a súa instalación e o mantemento e conservación da infraestrutura ao remate dos traballos.
Con este contrato, o departamento a Xunta dá resposta á solicitude do Concello para o acondicionamento dunha parada de autobús intermodal na parcela da estación ferroviaria do Carballiño, logo de asinar a entidade local o arrendamento co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).
A intervención ten por obxecto mellorar a calidade ambiental potenciando o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible, así como incrementar os usuarios do transporte público dos dous medios de transporte.

A gran cantidade de choiva que descargou nas últimas horas provocou o desbordamento do río Arenteiro nalgunhos tramos, mesmo ao seu paso polo Carballiño, inundando o paseo fluvial e varias fincas, e mesmo causando destrozos nalgunhos casos nos peches que delimitan este paseo do río Arenteiro, asi como das propias fincas. Tamén son importantes os danos da riada nas instalacións da Piscifactoria.e na terraza do Restaurante O Muiño das Lousas. Unha estampa impresionante que non se recorda dende o ano 2002.
Según a información recollida nos centros de recepción de datos de Meteogalicia, nalgunos puntos da comarca recollleronse ata 140 L/m2 nas últimas 24 horas, como na estación meteorolóxica da Serra do Faro, preto da parroquia de Oseira, onde precisamente nace o rio Arenteiro, asi como na zona de Piñor e San Cristovo de Cea onde nacen varios dos afluentes que recibe o rio Arenteiro no seu curso alto.
Na estación meteorolóxica uibicada en Amiudal, no concello de Avión, a cantidade de precipitacións acumuladas nas últimas 24 horas foi de 120 L/m2, mentres que no centro de recollida de datos sito no concello de Leiro, rexistráronse 90 L/m2. Datos que confirman que as ultimas horas foron as máis chuviosas en moitos anos nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Tamén o río Carrás desbordouse nalgunhas zonas nas últimas horas, e tamén o río Avia ao seu paso por Leiro presenta un imponente aspecto, inundando o parque do Salgueiral e desbordando a ponte das Poldras.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliñou que a homenaxe a Álvaro Cunqueiro na Insua dos Poetas, na carballiñesa parroquia de Madarnás, reforza este espazo como referente da lingua e a cultura galegas. O titular do Goberno galego asistiu ao acto de celebración do 111 aniversario do nacemento do autor mindoniense, onde inaugurou a peza escultórica realizada pola artísta carballiñesa Tatiana R. Fírvida que sitúa a Cunqueiro no universo dos clásicos creado pola Fundación Insua dos Poetas.
Alfonso Rueda quixo aproveitar ese aniversario para enxalzar a figura dun dos autores máis importantes da literatura galega e española do século XX con obras maxistrais tanto na poesía como na narrativa e que foi tamén un relevante xornalista cultural. De feito, resaltou que malia ser un escritor do século pasado, forma xa parte do elenco de clásicos da literatura galega, de aí o seu dereito a ocupar desde hoxe un espazo na Insua dos Poetas. “Temos que reivindicar moito máis a quen foi un autor universal recoñecido polos mellores”, declarou.
O presidente da Xunta gabou tamén o traballo da fundación presidida por Luís González Tosar, a quen agradeceu este particular Olimpo das letras galegas da man das figuras que contribuíron coa súa obra a engrandecer Galicia e a facer da súa lingua unha ferramenta de comunicación universal.

Este plan foi aprobado dentro da II Convocatoria Extraordinaria do programa Plans de Sustentabilidade Turística de Destino 2022, financiados na sua totalidade con fondos Next Generation procedentes da Unión Europea e integrados no Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia deseñado dende o Goberno de España.
Durante o proceso de tramitación foi incluído dentro Plan Territorial de Sostenibilidade Turística de Enogastronomía de Galicia onde se aprobaron de forma conxunta outros dez plan similares centrados en desenvolver o potencial turístico da gastronomia galega.
O obxectivo principal desta iniciativa é a promoción de O Carballiño como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas no horizonte 2023-2025. Os eixes de intervención están repartidos entre Transición verde e sostible; Mellora da eficiencia enerxética, Transición dixital e Competitividade. Os proxectos máis destacados buscan intervir e mellorar os espazos do Parque Municipal, o Parque Etnográfico e ampliar o paseo fluvial ata o Bañiño de Arcos. A renovación da iluminación do Templo da Veracruz tamén está incluida no plan así como instalación de sinalización turística intelixente, realidade aumentada e un plan de comunicación dixital turística.
Unha parte da accións buscarán reforzar a oferta de enograstromía e sobre todo visibilizar a labor de pulpeiros e pulpeiras e potenciar a festa do pulpo. A internacionalización da festa do pulpo e a vinculación do Carballiño co principal símbolo gastrómico de Galicia foi determinante para a consecución deste fondos.
O próximo paso do plan será a mediados de Xaneiro do 2023 durante a participación na Feira Internacional de Turismo FITUR onde a Alcalde, Francisco Fumega, e o Concelleiro de turísmo, Manolo Dacal, se reunirán cos responsables do Ministerio para inciar a operativa deste plan tan importante para O Carballiño.
Josefa Pérez e Manolo Amil, en representación da xunta directiva da Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos das Comarcas do Carballiño-Ribeiro, deron conta da evolución do proxecto que agardan culminar en 2023, cando está prevista a apertura da residencia para usuarios e familiares.
Aspadisi eleva, finalmente, ata 1,4 millóns de euros a inversión necesaria para facer realidade este espazo residencial, que se contrúe como unha ampliación do edificio Centro Ocupacional, no solar que cedera no seu dia o concello do Carballiño nas inmediacións do paseo do río Arenteiro.
Amil explicou que o incremento dos costes dos materiais de construcción obrigou a actualizar o orzamento previsto e agarda que coa aportación -aínda por concretar por parte da Xunta- como dos veciños e veciñas das comarcas do Carballiño-Ribeiro poidan cubrir os gastos, incluidos os relativos ao equipamento. Neste contexto, Manolo Amil fixo un novo chamento púbico para esta causa, recordando que están abertas cinco contas noutras tantas entidades do Carballiño para recoller estas doazóns, que ata os 150 euros poderán beneficiarse para obter unha desgravación fiscal do 80% no IRPF.

Asi a avanzou en COPE O Carballiño o alcalde Francisco Fumega, á espera de que se peche oficialmente o dato unha vez que o INE corrixa posibles erros, o padrón municipal de habitantes do concello do Carballiño volverá a superar a barreira dos 14.000 habitantes, nos que con lixeiras oscilacións ven movendose nos últimos anos.
O padrón de 2021 aínda en vigor reflicte unha poboación de 13.911, o dato máis baixo dos últimos catro anos no concello carballiñés. Non obstante, o padrón que se publicará con data do próximo 1 de xaneiro, e que fixará a poboación oficial para todo o ano que ven vai recoller un importante incremento, xa que según os datos do padrón continuo deste mes de decembro, e que confirmou o alcalde na súa intervención radiofónica, a cifra actúal sitúase nos 14.360 habitantes.
Fumega destacou a importancia deste dato, xa que a máis habitantes, máis recursos da Adminstración Xeral do Estado terá o concello, para o alcalde e preciso seguir animando aos non empadronados e residentes no municipio para que o fagan. Para o rexedor, o reto para O Carballiño sería alcanzar os 15.000 habitantes.

O PSdeG-PSOE aplaude as “históricas axudas” concedidas polo Goberno central para impulsar o sector turístico e o sector comercial de Ourense, tras unha “aposta transcendental” do executivo de Pedro Sánchez polo interior galego, que permitirá sumar investimentos por valor de 6,5 millóns de euros.
A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, anunciou hoxe estas axudas durante unha conferencia-coloquio no Foro La Región, na que puxo o foco, entre outros asuntos, na importancia do turismo de interior. Concretamente, Maroto referiuse a tres plans de sustentabilidade turística que desenvolverán a asociación Carballiño-Ribeiro; a asociación Grupo de Desenvolvemento Rural Valdeorras e o Concello do Carballiño, así como ao plan Ourense Termal, ao que o ministerio achegou 1,3 millóns.
A ministra do Goberno de España tamén anunciou que o Plan de Recuperación á Competitividade do Sector Comercial achegará case 2,5 millóns públicos para potenciar ás pemes e aos autónomos, dando un sólido pulo a súa transformación dixital, competitividade e sustentabilidade. Concretamente, o Concello de Ourense contará con 2 millóns de euros para potenciar os servizos dixitais do tecido comercial da cidade e para mellorar a mobilidade sostible de zonas comerciais. Pola súa banda, a Deputación Provincial obterá unha axuda de 474.000 euros para o proxecto ‘CROu Next Generation UE: Dixital, Verde e Social’, que subvencionará o comercio rural das comarcas Allariz-Maceda, A Limia, Baixa Limia e O Carballiño.
Os e as socialistas ourensáns destacan o “esencial e inaudito esforzo que o executivo presidido por Pedro Sánchez está a facer para protexer algún dos piares básicos da nosa economía”, como son o tecido comercial local, o sector turístico ou a industria de Ourense e do resto do Estado, loitando polos “postos de traballo e polas economías pequenas e medianas”, así como “axudando aos empresarios e empresarias do noso comercio e do turismo ourensán a afrontar os novos retos que traen consigo a dixitalización, a transición ecolóxica ou a apertura cara novos mercados”. Desde o PSdeG-PSOE de Ourense aplauden estas “políticas sociais e económicas” que permitirán “protexer e defender negocios, empresas e iniciativas da nosa veciñanza” e por iso anuncian que seguirán “reclamando máis e maiores iniciativas públicas como estas” para convertelas nun “referente”.
Boas! Perdón polo titular, pero é o que de verdade penso. Acaban de aceptarme nun curso que levo tempo querer facer e é en Santiago, vaise impartir de 9 da maña ata as 14:00 horas. Resulta que o único tren que sae do Carballiño sae as 17:06 horas e chega as 18:20 e o que hai de volta sae as 18:40 e chega a Carballiño as 19:55. Gustariame saber quen é o iluminado/a que pon e en base a que os horarios. Porque xa me dirán quen vai empregar o tren con eses horarios para ir a Santiago se somentes podes estar 20 minutos na capital de Galicia, que como comprenderá calquera é a diferencia entre a chegada a Santiago e a saida a Carballiño. Un sin sentido ningún. Ver pra creer. Así e imposible, nin pra estudiantes, nin pra funcionarios, nin pra traballadores, nin pra nada. Digo eu que haberá que ter polo menos un a primeira hora da mañá, para estar en Santiago polo menos as 8:30 da mañá e outro a última hora da tarde, que saia de Santiago as 20:00 horas para facer unha xornada laboral normal, xa non digo nada dun a mediodía porque eso sería moito perdir. Pero un a primeira da mañá e outro a última da tarde e de sentido común para calquera persoa. Xa non é cuestión de ter moitos ou poucos trens, polo menos os que haxa que teñan uns horarios acordes a vida real das persoas. Máis que lamentable.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 163
- 164
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- …
- seguinte ›
- última »