Los socialistas de Leiro acusamos al señor Alcalde y a su equipo de gobierno, de ocultar de manera sistemática la verdad de la gestión del servicio municipal del agua, tapando con subvenciones públicas las graves deficiencias en el servicio, por el nulo control y fiscalización que él y su equipo hacen de la gestión que la empresa concesionario.
Desde el grupo socialista queremos manifestar nuestra satisfacción por la mejora del sistema de abastecimiento en varios núcleos del concello, paliando así los problemas de arsénico y asegurando la calidad del agua, pero los vecinos de Serantes y su entorno deben saber que estos problemas debieran estar solucionados hace al menos veintidós años.
Hace veintidós años que el Instituto Geológico Minero de España registro en un informe la presencia de arsénico en los acuíferos de los que se abastecían de agua núcleos de población en la cuenca del Miño a su paso por Orense, informe que ha hecho llegar a las autoridades sanitarias y municipales.
No tiene perdón el señor Alcalde que, como tal, debería haber cumplido y hacer cumplir la normativa por la que se ha de exigir a las comunidades de vecinos que auto gestionan su suministro de agua, la realización puntual de analíticas, teniendo que depositar el resultado de las mismas en registros sanitarios y municipales para que las autoridades sanitarias y municipales puedan garantizar a los vecinos la calidad del agua, y como profesional el señor Alcalde conoce las consecuencias que se derivan para la salud de los vecinos cuando se ingiere agua con arsénico en un periodo largo de tiempo.
El señor Alcalde reconoció, no hace mucho tiempo a finales del 2021, haber conocido la presencia arsénico en el agua cuando los vecinos solicitaron la conexión a la red municipal del agua, es decir veintidós años permitiendo que los vecinos de Serantes y su entorno consumieran agua con arsénico.
Una vez más José Francisco Fernández con dinero público pretende tapar el abandono y el daño producido a la salud de los vecinos, presentando como un éxito de su gestión la mejora del sistema de abastecimiento de agua a Serantes y su entorno.
En relación a la fuga entre la captación y la E.T.A.P. del Viñao para la que la Xunta aporta la mayor parte de los 360.000,00 € facilitaremos solo tres datos:la fuga no tiene lugar en 2021, viene al menos desde el 2015 sin que la empresa concesionaria ni el Alcalde se enteraran.
Entre 2015 y 2021 los vecinos de Leiro han consumido 535.087 M3 y a la empresa concesionaria y al señor Alcalde se le fugaron 973.001 M3, con el consiguiente aceleramiento del desgaste, deterioro y vida útil de las piezas, maquinas e instalaciones.
En este periodo el contrato, firmado en 2015 entre el señor Alcalde y la empresa concesionaria, les costó a los vecinos de su bolsillo más de un millón de euros en tasas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións deseñadas co obxectivo de seguir mellorando os servizos públicos para os veciños deste concello.
Manuel Baltar avanzou a Manuel Cerdeira a "máxima implicación da Deputación co Irixo" para seguir reforzando as liñas de cooperación abertas entre ambas entidades: "Coma administración máis próxima ao territorio, cada alcalde ourensán sabe que pode contar con nós para debuxar novas propostas de colaboracións e sumar esforzos para a súa execución”.
Nesta reunión, o presidente do goberno provincial garantiu o respaldo a tres proxectos presentados polo rexedor: dous deles deseñados arredor de melloras enfocadas no abastecemento de auga e unha iniciativa de humanización no lugar de Nogueiroa.
O rexedor tamén sinalou como prioritaria a axilización dos convenios para a construción do complexo deportivo municipal, proxecto cofinanciado entre o Concello, Deputación e Xunta de Galicia.
Ademais, Manuel Baltar comprometeu o apoio do goberno provincial á cofinanciación dun proxecto de emprendemento local no sector primario a través de coworking, que recibiu unha achega de fondos europeos e que será, segundo o rexedor, un “paso máis na procura de emprego de calidade que permita fixar poboación no concello”.
O presidente da Deputación recoñeceu o traballo de Manuel Cerdeira a prol do Irixo, “con proxectos e iniciativas ben deseñadas, e sempre enfocadas cara o benestar dos veciños e a dinamización do territorio”.

A partir do próximo dia 11 de decembro Ourense e O Carballiño recuperarán as conexións que Renfe suspendeu no marco da pandemia, según ven de confirmar a operadora ferroviaria. Isto supón a recuperación dos servizos que se ofrecían antes da pandemia entre as estacións de Ourense e O Carballiño, en ambos sentidos para a circulación.
Ainda así, Renfe aclara que a posta en funcionamento destes servizos modificará algúns dos horarios da liña Ourense - O Carballiño - Santiago. Segundo explican nun comunicado informativo, a modificación farase en virtude de "cubrir ao longo do día máis franxas horarias". A conexión entre as estacións de Ourense e O Carballiño pasará así dun a tres trens por sentido de circulación, na liña de ferrocarril convencional Ourense-Santiago.
Os novos horarios entre Ourense e O Carballiño, e viceversa:
-Ourense con destino O Carballiño: 14,30, 16,40 e 21,10 horas
-O Carballiño con destino Ourense: 7,48, 15,00 e 19,56 horas
Hoxe coñeceuse a noticia da reposición de trens entre O Carballiño e Ourense, cousa que ben me alegra, aínda que tampouco e que sexa a panacea ter 3 trens por sentido a Ourense o día, pero bueno e unha mellora de agradecer certo e, a pesar de que o ideal sería ter 6 como había antes de que se fiexese a linea do AVE, e todo isto e posible gracias o moito inisistir dalgunhas persoas da Plataforma para a defensa do Transporte Público, os cales fixeronlle un favor a moita xente inmovilista que por desgracia hai neste pobo, e que so se moverían so sofa se lle falta a luz para ver a televisión, en especial os dous Nogueiras, Adolfo e Manuel que tanto interese parecían ter o principio, cando o ruido mediático era considerable, pero de súpeto sairon de escena cando viron que o rédito político se asemellaba a inexistente, renta mais o chapapote, por moito que lles pese a alguns.
E menuda imaxen de pobo, que deixou case solos a unhos rapaces na loita por algo universal como e o transporte público

Luis Boyano presenta este sábado dia 3 de decembro ás 7 da tarde no auditorio do Carballiño o seu espectáculo "Maxia...e Máis aló"
Pallaso de corazón, ilusionista e comunicador nato, un showman. Luís Boyano é moito máis que un mago, é un cómico, un mimo e sobre todo un gran ilusionista que sobre o escenario non deixa un segundo para a reflexión ou o descoido.
En “MAXIA...E MÁIS ALÓ”, o público gozará e participará activamente durante toda a actuación. Porque continuamente a sorpresa se lapela coa gargallada, e viceversa ata o final do seu show.
Ademais, como broche final contaremos co seu acto “A CABINA DOS ESPIRITUS”, co que foi galardoado co Premio Nacional e posteriormente o Mundial de Maxia no ano 2000.
"Coa cabina espiritista, Luís Boyano e Karla regresan aos escenarios o misterio e a intriga da maxia espectral de finais do século XIX e comezos do XX. É fermoso ver como aqueles efectos e manifestacións seguen emocionando e sorprendendo ao público do século XXI. A cabina é todo un clásico que se nos presenta cun estilo actual e renovado nesta versión".
Ademáis, na carteleira cinematográfica temos dúas películas para ver, no auditorio do Carballiño a película dos venres do Cine-Club, que proxecta "Utama" ás 20:00 e 22:30 horas. Mentres, o Novocine de Leiro proxecta ata o xoves dia 8 a nova película de Santiago Segura "A todo tren-2", en horarios diarios ás 16:00, 18:15 e 20:30 horas.
E dous espectáculos de teatro. O sabado 3 ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Boborás as actríces Estefi Llaryora e Pepa Barreiro presentan "Loló&Mamá", baixo dirección de Esther Carrodeaguas. E na tarde do domingo, ás 18:00 horas no auditorio do Carballiño, unha proposta de teatro infantil con "A Tartaruga Manola".

O Grupo Municipal Socialista de O Irixo lamenta "o incremento do gasto en enerxía eléctrica en 20.000 €, pasando dun presuposto de gasto no actual orzamento de 78.000 euros a 98.000 € segundo a modificación de crédito aprobada recentemente e apenas dous meses despois de aprobarse o presuposto municipal".
Lamentan os socialistas este incremento no gasto eléctrico cando o Concello do Irixo ven de acometer a renovación de instalacións de alumeado público exterior nas Parroquias de Campo, San Cosme, Cidá e Parada por importe de 410.991,08€ cunha subvención do Ministerio de Transición Ecolóxica do Goberno de España para colocar luminarias leds de baixo consumo en todas estas parroquias sumándose a renovación que xa se fixo en outras parroquias do Irixo en anos anteriores.
O portavoz socialista do Irixo Iago Fariñas Valiña, denuncia "o fraude no cambio de luminarias a leds feito polo concello, onde se mantiveron luminarias non necesarias antigas, e nalgúns casos, mantendo luminarias a escasos dous ou tres metros unhas das outras, un claro e sangrante despilfarro do consumo eléctrico que paga todala veciñanza".
Engade que "é autenticamente lamentable e descarado por parte do alcalde e do grupo de goberno, que concelleiros do grupo de goberno, teñan 3 e 4 farolas o arredor da súa propia casa, nalgún caso, nos galiñeiros ou farolas que non distan máis de 2 ou 3 metros unhas da outras , unha auténtica vergoña".
Finalmente, consideran os socialistas que todo elo "é unha mostra máis do desgoberno, do despilfarro e a mala xestión deste alcalde e o seu grupo de goberno, que non atende as peticións de veciños para a colocación de luminarias necesarias nos camiños dos pobos e si as coloca nos galiñeiros, nas leiras ou arredor das súas casas unhas de par das outras", remarcan.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, rematou as obras de mellora do sistema de abastecemento en varios núcleos do concello de Leiro, paliando os problemas de arsénico e asegurando a calidade da auga.
A Xunta executou unha nova conexión da auga de abastecemento desde o depósito municipal de Lebosende á rede existente que serve a auga aos veciños dos núcleos de San Tomé de Serantes, Sa e Paredes, na parroquia de Serantes. A intervención, que contou cun investimento autonómico de preto de 50.000 euros, incluíu a construción dun novo bombeo no depósito de Lebosende e unha nova condución de impulsión de 1.114 metros, soterrada, ata a conexión coa rede existente.
Dotouse tamén dun grupo electróxeno que se aloxa nunha caseta ao carón do depósito de Lebesende. Estas actuacións desenvolveron o proxecto construtivo redactado por Augas de Galicia e dan cumprimento ao compromiso de colaboración expresado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade na xuntanza mantida no mes de febreiro co alcalde de Leiro para solucionar os problemas que, en determinadas ocasións, xeraba o arsénico e asegurar a calidade do abastecemento aos veciños destes núcleos da parroquia de Serantes.

A Xunta licitou por importe de 90.857 euros a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra do novo centro de saúde de Boborás.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia ven de publicar a licitación destes traballos, aos que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 3 de xaneiro.
Os licitadores deberán incluír na presentación das súas ofertas a definición dunha idea global do edificio e da súa urbanización, coa súa concepción construtiva e de instalacións. Esta proposta determinarase de xeito que integre a tecnoloxía da madeira na súa definición e recolla unha resposta tecnolóxica que garanta un consumo enerxético o máis eficiente posible.
Una vez adxudicado e asinado o contrato, a empresa adxudicataria disporá dun prazo de 3 meses para entregar o proxecto básico e de 2 meses para presentar o proxecto de execución, unha vez que o proxecto básico sexa informado favorablemente.
O orzamento estimado para a execución das obras do novo centro de saúde de Boborás estímase en 1,24 M€, un investimento da Xunta que quedará determinado finalmente no proxecto de execución, obxecto do contrato licitado hoxe.
Os terreos para a construción do novo centro de saúde de Boborás teñen unha superficie de 6.247,31 m2 e foron postos á disposición da Xunta polo concello de Boborás.
A Deputación de Ourense achegará 186.000 euros para a urbanización dos terreos do novo centro de saúde, orzamento que inclúe un aparcadoiro con 70 prazas, unha parada de autobús, a construción de beirarrúas e a instalación de colectores para a xestión de residuos.
O propio Concello está a urbanizar esta parcela, dotándoa de servizos urbanísticos e beirarrúas e incorporando, tamén, na súa parte traseira, unha zona de estacionamento que servirá ao conxunto de equipamentos que se están a construír neste ámbito. Prevese, polo tanto, unha superficie de 2.100 m2 aproximadamente na súa fronte para a localización do centro de saúde do municipio ourensá.
De acordo co programa funcional e de espazos, o centro de saúde incrementará en case un 40% a superficie actual. Máis en concreto, o novo centro acadará unha superficie construída de 663,60 m² e unha superficie útil de 592,50 m2.
A área de asistencia sanitaria contará con 2 consultas de medicina xeral, 2 de enfermaría, zona de espera e 1 sala da muller con aseo propio. Contarase cun área de respiratorios, con sala polivalente e sala de espera independente, e un área asistencia polivalente adicional.
O novo centro de saúde disporá dun espazo cuberto para a ambulancia, vestíbulo, recepción con zona de espera e un despacho para atención ao usuario. O resto da superficie será para administración, servizos e instalacións
A execución deste novo centro de saúde é froito do acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Boborás en marzo deste ano.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, será a encargada de licitar e executar as obras, seguindo a encomenda da Consellería de Sanidade.

O Concello do Carballiño acenderá o seu alumeado das festas de Nadal o próximo día 1 de decembro. Nesta nova convocatoria o Concello apostará polo aforro enerxético e por potenciar as instalacións conmemorativas nos espazos públicos da vila.
Dende hai anos O Carballiño mantén a tradición de potenciar as festas de Nadal cun alumeado temático que ten por obxectivo animar a vila e contar cos espazos públicos ambientados cos motivos propios destas festas para que os veciños e os visitantes gozan dun O Carballiño a xeito cos días de celebración e de festas familiares que se organizan nestas datas. O Concello carballiñés aposta por incidir no aforro enerxético e para iso acordouse que neste 2022 o alumeado de Nadal reducirá o seu horario de funcionamento.
A diferenza doutros anos nesta ocasión as luces de Nadal apagaranse ás 00.30 horas para incidir neste compromiso co aforro enerxético.
Como en noutros anos, haberá instalacións temáticas, con motivos propios destas festas, en varios espazos públicos da vila. A caseta de Nadal xa está instalada na Praza Maior do Carballiño e na Praza Emilia Pardo Bazán estase a rematar a decoración que ten como motivo central a carroza e os renos. A grande árbore de luces da praza maior ou a caixa de agasallos xigante que protagonizaron as campañas anteriores tamén terán un protagonismo especial neste Nadal 2022.
Tamén se promoverá unha campaña de promoción das compras no comercio e haberá colaboración do Concello nas iniciativas que se organicen dende o propio Centro Comercial Aberto do Carballiño.
Nas vindeiras semanas tamén haberá unha ampla oferta cultural, que se dará a coñecer nos próximos días.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións. Na xuntanza tamén estivo presente César Fernández, vicepresidente segundo e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos da comarca do Ribeiro.
Manuel Baltar avanzou a colaboración do goberno provincial a varias iniciativas de cooperación propostas polo rexedor, entre as que se atopan a mellora da estrada entre Leiro e a parroquia de Santa María de Lamas (OU-0306) e o acondicionamento da rúa Real. Ademais, a Deputación tamén apoiará novos proxectos dinamizadores do territorio e colaborará na substitución das gradas do campo de fútbol de San Bartolomé.
"Estas iniciativas son fundamentais para Leiro ao permitir mellorar as infraestruturas públicas ao servizo dos veciños”, remarca Manuel Baltar, que incide na importancia da “acreditada capacidade da Deputación para recoller as demandas e necesidades dos concellos e implementar solucións dun xeito áxil e eficaz, para seguir construíndo Ourense”. Nesta mesma liña, o alcalde de Leiro destaca a “máxima cooperación da Deputación e do seu presidente para atender as nosas propostas e permitir seguir desenrolando proxectos”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 165
- 166
- 167
- 168
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- …
- seguinte ›
- última »