26, Decembro 2022

O concello do Carballiño deu a coñecer o fallo do xurado do concurso de decoración navideña no comercio e a hostalaría locais, destacando dende a concellería de cultura tanto o incremento de participantes como o alto nivel artistico alcanzado este ano, contribuíndo desta maneira á ambientación navideña no Carballiño.

Na categoria de comercio, o primeiro premio foi para "Kirschen", que se leva 200 euros; o segundo premio para "Centro do Calzado", dotado de 150 euros, e o terceiro premio -100 euros- para o Estanco nº 5.

No apartado da hostalaría, un dos establecementos máis antigos que continúa en activo, o "Hostal Casa Pituxo" é o gañador do primeiro premio, 200 euros. O segundo premio foi para "Roraima Cafetería", 150 euros, e finalmente, o terceiro premio na categoria da hostalaría para "Café Bar Castor", de Mesego, que recibe 100 euros.

26, Decembro 2022

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da concesión de axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro da Xunta de Galicia. Estas subvencións están destinadas á creación de novos centros de atención a persoas maiores, dependentes ou con discapacidade, e para a remodelación e adaptación de equipamentos xa existentes, xestionado por esta consellería.

Unha delas está destinada á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade do Carballiño (Aspadisi), por unha contía de 654.700 euros.
Esta será unha das principais fontes de financiación coas que conta a entidade, sumado á colaboración doutras administracións como a Deputación de Ourense e o concello do Carballiño, outros concellos das comarcas da contorna, empresas privadas e entidades, así como as aportacións persoas de todos os que quixeron colaborar.

Recordamos que esta nova residencia está na primeira planta do seu actual centro ocupacional e contará con 32 prazas, distribuídas en 16 habitacións dobres. As obras seguen o curso previsto, aínda que na última semana presentaron un leve retraso a causa das datas de Nadal.
Ademais de ser un soño a creación desta residencia, é unha necesidade, xa que os usuarios teñen unha idade avanzada que ronda os 40 anos, e por conseguinte, a idade dos seus proxenitores é tamén avanzada.

O seguinte paso unha vez rematen as obras será a adquisición de mobiliario e menaxe necesarios para o seu funcionamento. Todo será da mellor calidade, sen escatimar en gastos.

En canto á financiación, polo de agora temos suficiente para rematar a obra. Por iso, precisamos crear un fondo económico para o momento da posta en marcha da residencia, co custe de persoal que suporá e ca falla de ingresos ó non ter os suficientes usuarios ó inicio.
Por iso, aproveitamos para recordar que esta época é a mellor para facer doazóns e obter un beneficio, xa que todas as que se fagan antes de final de ano será retribuídas con beneficio fiscal na declaración da renda do vindeiro ano.

25, Decembro 2022

Unha profesora do IES nº 1 do Carballiño encóntrase entre as seis vítimas mortais do autobús accidentado na N-541 na noite deste pasado sábado dia 24 tras precipitarse nun viaducto de 29 metros sobre o río Lérez, a altura do concello de Cerdedo-Cotobade. 

Dende o instituto carballiñés, a través das súas redes sociais, móstranse as condolencias a familiares, amigos e compañeiros "Guadalupe Díaz González, sempre estarás con nós". A profesora, de 44 anos de idade, era natural de Lugo e residía na actualidade en Lalín, localidade da que se desplazaba a diario ata O Carballiño para exercer a súa actividade docente no IES nº 1.

25, Decembro 2022

Dende o pasado dia 23 deste mes de decembro abríuse a presentación de candidaturas no marco do proceso de renovación dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario galego, tutelado pola Consellería do Medio Rural, entre os que se encontran os Consellos Reguladores da Denominación de Orixe Protexida do Ribeiro e a Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea. No ámbito intercomarcal O Carballiño-Ribeiro tamén se inclúe á Indicación Xeográfica Protexida Pemento da Arnoia.

Poderán presentarse candidaturas ante cada consello regulador ata o 5 de xaneiro, ambos días inclusive, tal e como se recolle na orde, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado día 10 de novembro, pola que se convocaron as eleccións e se ditaron as normas pertinentes.

Segundo o previsto no calendario establecido, o día 27 de xaneiro a Xunta Electoral fará a proclamación definitiva das candidaturas presentadas. Unha vez que a Xunta Electoral proclame as candidaturas, se a totalidade das correspondentes a un censo ou subcenso chegan a un acordo na repartición das vogalías, darase por concluído o proceso electoral para ese censo ou subcenso e a Xunta Electoral proclamará como vogais os candidatos propostos. O dito acordo deberá presentarse ante a Xunta Electoral a máis tardar o 2 de febreiro e virá subscrito polos representantes de cada candidatura.

Ao respecto da campaña electoral, arrancará o 3 de febreiro e finalizará o día 17 dese mes, para dar paso ás votacións o 19. O 21 de febreiro proclamaranse os vogais electos pola Xunta Electoral e, tras a presentación e resolución dos eventuais recursos -se os houbese- a toma de posesión producirase entre os días 27 de febreiro e 10 de marzo de 2023.

Enlace á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221110/AnuncioG0426-261022-0...

24, Decembro 2022

A carballeira da Garrida acolle dende as 12 do mediodia a tradicional representación do Belén Viviente de Dacón, que chega neste 2022 á súa 35 edición, e na que 70 veciñas e veciños da localidade serán actrices e actores por unha horas.

A organización agarda que a choiva, que según os pronósticos imos ter neste domingo de nadal, non sexa motivo que obrigue a ter que suspenden as actividades previstas. Se fose asi, adaptaríase a representación á igrexa parroquial de Dacón.

22, Decembro 2022

Con orgullo, con moito orgullo, asi foi como despedíu Espiñedo a un Arenteiro que caeu con toda honra ante un Atletico de Madrid, que so ao final do partido foi quen de resolver a eliminatoria, despois de que o Arenteiro incluso se adiantase no marcador, e tras unha polémica arbitraxe moi protestada pola afección local. Espiñedo e O Carballiño vibraron cun arenteiro que foi aplaudido polas 3.000 persoas que abarrotaron Espiñedo e os locais da hostalaría local cheos ata os topes para seguir con emoción o partido.

Resumen do partido na Televisión de Galicia: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-aguanta-o-atletico-no-descanso-1-1-

Crónica do partido no diario "As":https://as.com/futbol/copa_del_rey/el-atletico-sufre-barrios-ilusiona-n/

Crónica do partido no diario "La Voz de galicia": https://www.lavozdegalicia.es/retransmision/deportes/2022/12/22/directo-...

Crónica do partido no diario "La Región": https://www.laregion.es/articulo/deporte-local/cronica-arenteiro-atletic...

Crónica do partido no diario "Marca": https://www.marca.com/futbol/copa-rey/cronica/2022/12/22/63a34d27268e3e9...

21, Decembro 2022

O orgullo de ser do Arenteiro, de ser do Carballiño, a nosa identidade de pobo representada no noso equuipo, no da nosa xente, neste Club Deportivo Arenteiro do que hoxe é todo O Carballiño, diferencias ideolóxicas ou doutra índole aparte, como tamén do Arenteiro é toda a nosa comarca, e hoxe -ademáis- o equipo que estará apoiando toda a España fútbolistica, todos oa afeccionados ao fútbol -agás os do Alético de Madrid- van hoxe do Arenteiro, no "David contra Goliat" desta histórica noite para O Carballiño.

Algo máis de 3.000 persoas -delas 200 seguidores do club madrileño- poderán vivilo en vivo no estadio de Espiñedo. O resto, pola televisión, a través da retransimisión en directo que a partir das 21:00 ofrecerá "Movistar+Liga de Campeones".

As portas do estadio abriránse con bastante antelación, para vivir e disfrutar da gran festa que se vivirá vendo a estrelas futbolísticas de primeiro nivel mundial no Carballiño, ás 18:45 horas abriránse os controis de acceso a Espiñedo. 90 efectivos integran o operativo de seguridade, entre Policia Local, Garda Civil e Seguridade Privada contratada polo Club.

Todo preparado para vivir outra noite máxica no templo fútbolístico carballiñés onde hoxe se vai escribir unha das páxinas máis relevantes da súa historia, xa case esquecimos que fai apenas un mes neste mesmo escenario o Arenteiro xa fixo historia eliminando desta Copa do Rei a outro equipo da primeira división, o Almería. Sexa cal quexa o resultado esta noite, o Arenteiro e O Carballiño este partido xa o gañaron.

21, Decembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por 162.820 euros as obras para a execución dunha parada de autobús intermodal na estación de ferrocarril do Carballiño.

A Xunta prevé formalizar este contrato nos vindeiros días co fin de impulsar a instalación dunha parada exclusiva para as liñas interurbanas de autobús de uso regular na parcela situada na explanada frontal da estación de ferrocarril, localizada na avenida O Vinte e Cinco de Xullo, co obxecto de favorecer a intemodalidade entre os dous medios de transporte.

As obras, adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. comprenden os traballos necesarios para a posta en marcha da parada de autobús: a urbanización da zona, a reposición dos servizos afectados e o subministro e instalación do refuxio.

Máis en detalle, co fin de acadar unhas condicións óptimas de seguridade para a subida e baixada de viaxeiros, as obras obxecto do contrato adxudicado hoxe consistirán na execución dunha parada de autobuses, configurada como illa, entre a citada avenida, a dársena de aparcamento da estación ferroviaria e os accesos á mesma.

Na intervención inclúese a incorporación dunha zona axardinada, mobiliario urbano e unha marquesiña a ambos os lados, xerando así dúas zonas de parada: a primeira en dirección de acceso á vila sobre a propia avenida; e a segunda, na marxe oposta do núcleo da parada para os autobuses que saen do municipio. Ademais, o refuxio protexerá aos usuarios do transporte público das inclemencias meteorolóxicas.

Esta actuación da Xunta fortalecerá a comunicación entre a estación ferroviaria e o transporte interurbano por autobús no concello do Carballiño. Enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Xunta e o Concello, por importe de preto de 190.000 euros, nos que se inclúe a redacción do proxecto obxecto das obras licitadas hoxe.

Segundo o acordo asinado, a Xunta achegará integramente o financiamento para os traballos e executará as obras; mentres que a entidade local asume a posta á disposición dos terreos necesarios para a súa instalación e o mantemento e conservación da infraestrutura ao remate dos traballos.

Con este contrato, o departamento a Xunta dá resposta á solicitude do Concello para o acondicionamento dunha parada de autobús intermodal na parcela da estación ferroviaria do Carballiño, logo de asinar a entidade local o arrendamento co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).

A intervención ten por obxecto mellorar a calidade ambiental potenciando o uso do transporte público en detrimento do vehículo privado e facilitar unha mobilidade urbana sostible, así como incrementar os usuarios do transporte público dos dous medios de transporte.

20, Decembro 2022

A gran cantidade de choiva que descargou nas últimas horas provocou o desbordamento do río Arenteiro nalgunhos tramos, mesmo ao seu paso polo Carballiño, inundando o paseo fluvial e varias fincas, e mesmo causando destrozos nalgunhos casos nos peches que delimitan este paseo do río Arenteiro, asi como das propias fincas.  Tamén son importantes os danos da riada nas instalacións da Piscifactoria.e na terraza do Restaurante O Muiño das Lousas. Unha estampa impresionante que non se recorda dende o ano 2002.

Según a información recollida nos centros de recepción de datos de Meteogalicia, nalgunos puntos da comarca recollleronse ata 140 L/m2 nas últimas 24 horas, como na estación meteorolóxica da Serra do Faro, preto da parroquia de Oseira, onde precisamente nace o rio Arenteiro, asi como na zona de Piñor e San Cristovo de Cea onde nacen varios dos afluentes que recibe o rio Arenteiro no seu curso alto. 

Na estación meteorolóxica uibicada en Amiudal, no concello de Avión, a cantidade de precipitacións acumuladas nas últimas 24 horas foi de 120 L/m2, mentres que no centro de recollida de datos sito no concello de Leiro, rexistráronse 90 L/m2. Datos que confirman que as ultimas horas foron as máis chuviosas en moitos anos nas comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

Tamén o río Carrás desbordouse nalgunhas zonas nas últimas horas, e tamén o río Avia ao seu paso por Leiro presenta un imponente aspecto, inundando o parque do Salgueiral e desbordando a ponte das Poldras.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS