
O programa EsquiOU, unha iniciativa da Deputación de Ourense para que nenos e nenas da provincia aprendan a esquiar na única estación de montaña de Galicia, Manzaneda, continúa o seu éxito coa segunda quenda de rapaces da provincia. Un cento de nenos das comarcas de O Ribeiro e O Carballiño iniciaron este lúns a súa aventura de esquí, piscina e xogos na estación de montaña, trala finalización da quenda dos menores de Celanova e Baixa Limia que xa gozaron das actividades do proxecto de promoción de ocio saudable.
Os rapaces que comezan hoxe as actividades do EsquiOU desfrutarán por un prezo simbólico de 30 euros dunha estancia de tres días e dúas noites, en réxime de pensión completa, dun curso de esquí e doutras actividades complementarias na estación de montaña Manzaneda. Un total de 105 nenos forman parte desta segunda quenda, na que desfrutarán de piscina, xogos lúdicos en interior e exterior e ata un momento nocturno de ocio na discoteca da estación de montaña.
O programa EsquiOU reforzou este ano a súa aposta, superando por primeira vez a barreira das mil prazas (1.050), cubríndose as quendas en apenas uns días. Ademais, tamén se apostou pola inclusión social, ao incorporar prazas para menores con discapacidade, unha novidade que tivo unha boa resposta das familias. O obxectivo é que estes rapaces poidan acceder ao deporte a diversión, sen barreiras de ningún tipo. O total de prazas está dividido en 10 quendas de 105 prazas cada unha. A seguinte quenda será do 3 de febreiro ao 5 de febreiro, para os rapaces de Verín e Viana. Continuarán do 10 ao 12 de febreiro, Valdeorras; do 17 ao 19 de febreiro, Allariz-Maceda-A Limia; do 24 ao 26 de febreiro, Terra de Caldelas e Terra de Trives; do 3 ao 5 de marzo, Ourense; do 10 ao 12 de marzo, Ourense rural: do 17 ao 19 de marzo, segunda quenda da zona de Ourense e, por último, do 24 ao 26 de marzo, a segunda quenda de Ourense rural.

A concelleira de Servizos Sociais nega que as traballadoras que traballan para a empresa que xestiona o Serizo de Axuda no Fogar estean abandonadas polo concello, como denunciaban estes dias atrás.
Silvia Baranda asegura que está a facer todo o que está nas súas mans, que o concello está ao dia no pago á empresa, e que os pregos para licitar o servizo "está a facerse con todas as garantías para que precisamente non pasen estas cousas cun contrato de máis de cinco millóns de euros".
Escoita aquí a entrevista íntegra da concelleira en COPE O Carballiño:

A Alerta Laranxa, nivel de risco meteorolóxico importante, no que a AEMET incluíu a toda a comarca do Carballiño para xornada deste domingo 26 de xaneiro, levou ao concello do Carballiño a decretar o peche das instalacións deportivas municipais, polo que se suspenden todas as actividades previstas, entre elas o partido de fútbol da Primeira Federación entre Arenteiro e Barakaldo, que estaba previsto para as 12 do mediodia no Estadio Municipal de Espiñedo.
A Real Federación Española de Fútlbol xa fixo oficial a suspensión deste encontro, que queda agora pendiente de nova data para a súa celebración.
O concello do Carballiño indica que adopta estas medidas "para preservar a seguridade tanto de deportistas como dos espectadores" nestes recintos ao aire libre, como tamén acontece co parque municipal do Carballiño e parques infantís, e recomendando á poboacion máxima precaución para calquera actividade ao aire libre.
A Alerta Laranxa para a comarca do Carballiño, vai desde as 6 ás 23 horas deste domingo 26 de xaneiro, debido a adversas condicións meteorolóxicas previstas por chuvias intensas, prevese 100 L m2 de precipitacións en 12 horas, e ventos con refachos de ata 80 km hora a partir das 12 do mediodia.

O gran potencial turístico do Xeodestino Turístico O Carballiño-Ribeiro, que outro ano máis ven de presentarse en FITUR, asi como as últimas polémicas políticas no concello do Carballiño, acaparan desta vez unha nova entrega da Tertulia de COPE O Carballiño, que cada semana presenta Xan Pinal.
Escóitaa aquí:

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, destacou “o potencial sen límite” do termalismo na comarca O Ribeiro – Carballiño, “onde afloran centos de mananciais de augas termais que están callando nas súas beiras os máis modernos balnearios de Europa que desenvolven as terapias máis innovadoras; concepto termal que cristalizou na feira de Termatalia”.
Así o fixo, na presentación deste xeodestino na Feira Internacional de Turismo, en Madrid, na que tamén louvou as súas singularidades enogastronómicas, as súas paisaxes indescritibles e o poder do seu patrimonio e da súa historia.
O delegado territorial puxo en valor a filosofía do Goberno de Galicia na insistencia dos xeodestinos, por compartir as potencialidades e recursos de municipios e comarcas para valorizar destinos e puntos de confluencia, e así, ser máis eficientes na organización turística, nas técnicas de chamada e os reclamos publicitarios.
Manuel Pardo lembrou que o polbo, o pan, o viño e os recursos termais dentro dun clima, unha orografía, e a biodiversidade do medio, conforman unha paisaxe singular na que conflúen os vales do Avia e do Miño. Na pel das súas augas é un privilexio practicar deportes como a vela, o remo e o piragüismo.
Novo Plan Termal
O representante do Goberno galego resaltou que a Xunta de Galicia presentou recentemente un novo Plan Termal, que se impulsará neste ano, co obxectivo de impulsar de forma definitiva este sector, e de potenciar a imaxe de Galicia como destino termal.
Galicia é a primeira potencia termal de España, en gran parte grazas a Ourense que é a segunda cidade europea con máis fontes termais, por iso a Xunta creou a Área de Turismo Termal, con sede en Ourense que ten como principal obxectivo a proxección exterior de Galicia como un referente no termalismo.
Salientou o delegado territorial que o turismo termal en Galicia é un dos produtos turísticos con maior grao de especialización e singularidade. “Con maior capacidade de desestacionalización da demanda e con poder para a captación de máis segmentos de público, cun gran atractivo para a articulación de oferta turística combinada con outros produtos ou servizos relacionados co patrimonio cultural, natural, enogastronómico e deportivo”; manifestou
Agora, co novo Plan preténdese afondar na consolidación do sector en Galicia. Entre outras medidas, esta folla de ruta incluirá unha liña de axudas de 8 millóns de euros para, segundo explicou Manuel Pardo, “crear novos establecementos ou para mellorar os actuais”; “un manual de boas prácticas” para establecer estándares de calidade claros; un observatorio que exercerá de ferramenta de investigación turística; unha aposta pola formación continua especializada; e, ademais, novos produtos turísticos e distintas accións de marketing.
Un Plan que, segundo o representante do Goberno galego, se enmarca na aposta da Xunta por un sector con moito potencial e gran “capacidade para seguir medrando”.
Por todo iso, -concluíu Manuel Pardo- “desde a responsabilidade e o compromiso de representar aquí en Madrid, na feira de turismo máis importante do mundo, á Xunta de Galicia; desexo apuntar as deidades, dunha terra sen complexos, nin vestimentas artificiais que sabe que pode ofrecer un destino singular e diferencial a quenes desexen visitarnos”.
Silencio. Eso é o que están a recibir as traballadoras do servizo de axuda no fogar por partedo grupo de goberno. É unha vergoña non so que non arranxen o problema se non que non den a cara, que non den unha explicación, que enfronten a realidade sen mentiras nin compromisos valeiros.
Dende o comité de empresa expresan a súa indignación e a súa decepción, engadida á impotencia de saber que esta situación estase a prolongar máis alá do que poden resistir. As traballadoras, non so están desprotexidas senón tamén abandonadas. Esos, que sabían, dende hai máis dun ano, que esto pasaría non se dan por aludidos. Non senten nin a máis mínima empatía.
Non teñen nin a delicadeza de contestar cando se lles solicita por escrito que se tomen medidas, que se lle rescinda o contrato a Gesmedical Dis SL por o incumprimiento do mesmo, e non so no pago dos salarios. O mínimo que se pode esperar é unha resposta. As traballadoras, que coidan dos nosos maiores, do seus maiores so reciben silencio. Hai que comprender que non so as traballadoras do servizo estanse a ver perxudicadas, os usuarios dependentes e mais as súas familias tamen.
Ademais dos usuarios que están nas listas de espera e aos que non se lles está a prestar servizo porque tampoco o concello da altas novas. Veciños que necesitan o servizo e que quizá nunca cheguen a telo.
Preguntámonos ¿será que o concello esta a favorecer a Gesmedical evitando dar novas altas, que a empresa, na situación na que se atopa, sería incapaz de asumir? ¿Qué interés podería ter o Alcalde en retrasar a solución a este problema? ¿Por qué servizos sociais o permite? ¿Por qué a Xunta foi capaz de arranxalo en pouco mais dun mes no Cornuval e o concello é incapaz? Por o de ágora so nos atopamos co silencio.

Fumega anunciou a inminente adxudicación dun novo contrato para a limpeza viaria no concello do Carballiño, cunha licitación de 350 mil euros anuais e para os próximos catro anos. Co novo contrato ampliaráse o número de barredores, pasando dos 3 que realizan este servizo na actualidade aos 7 que o farán no futuro.
O alcalde rexeitou as útlimas críticas á súa xestión feitas por Espazo Común, tanto sobre o acordo de incremento da taxa da auga en base ao incremento do IPC, asi como as convocatorias da Mesa de Contratación do Ciclo Integral da Auga, acusando ao rexedor municipal de mentiroso por afirmar que estas convocatorias son públicas.
Ademáis, Fumega tivo tempo para atender as queixas, suxerencias e preguntas da audiencia de COPE O Carballiño.
Aquí podes escoitar íntegra a súa intervención deste xoves 23 de xaneiro nesta emisora de radio:

A localidade de San Paio (12 veciños) no concello de Maside manteñen viva a tradición da festa-romaría de San Pablo que desde tempos inmemorais celébrase nunha capela que este ano cumple 300 anos da súa construcción.
Este sábado 25 de xaneiro, e cunha gran carpa para o público que se achegue, actuará a partir da medianoite unha das orquestras TOP de Galicia, a Paris de Noia. Ademáis, antes pola tarde, procederáse á inauguración dun cruceiro doado por unha familia oriunda do pobo ás 6 da tarde, coincidindo coa procesión a última misa da novena.
O domingo, ademáis haberá misas durante toda a mañá, e solemne ás 13 horas, despóis a tradicional subasta de productos da terra e a XIV edición da Festa do Cocido, cun prezo por comensal de 23 euros. Amenizarán a xornada o grupo de música tradicional Feitizo de Pau e o Dúo Os Trasnos.

Adrián Fernández leva dez anos traballando como vendedor da ONCE na comarca do Carballiño, cunha ruta diaria de cinco días á semana por distintos puntos nos concellos do Carballiño, Maside e San Cristovo de Cea.
Acumula premios certamente relevantes, o último fai unhos diás no Bar Bardelás de Maside, no que vendeu un boleto premiado con 120.000 euros. Antes, nos últimos anos, na súa relación de premios están dous rascas premiados ambos con 500.000 euros, no Carballiño e San Cristovo de Cea, respectivamente.
Escoita aquí a entrevista a Adrián Fernández en COPE O Carballiño:

Un home, veciño do Carballiño e de 73 anos de idade foi encontrado morto a última hora desta mañá de lúns nun camiño entre a estrada de Pontevedra e o paseo do río Arenteiro, a escasos metros do barrio de Toscaña.
Varias patrullas da Garda Civil e Policía Local achegáronse ata o lugar do achádego, á espera de que o fixera o médico forense e as autoridades xudiciais para a autorizar o levantamento do cadáver e proceder ao se traslado para a practicarlle a autópsia e aclarar as circuntancias da morte.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- …
- seguinte ›
- última »