
A programación cultural do mes de novembro do Carballiño inciábase esta pasada fin de semana coa celebración do samaín e a pasaxe do terror da compañía "Hipica Celta", o magosto cultural na Ïnsua dos Poetas e unha sesión de contancontos para bebés, e continuará no transcurso désta e das próximas semanas con novas actividades que prentenden "desestacionalizar o promama cultural no Carballiño", en palabras do concelleiro de cultura Diego Fernández.
A segunda Ruta das Tapas de novembro celebraráse este próximo venres dia 11(celébranse o primeiro e segundo venres de mes) e estará centrada no Magosto, coas castañas e os produtos de outono como os grandes protagonistas das tapas que se poderán degustar nos locais de hostalería que están vencellados á Ruta das Tapas. Para animar a fin de semana contarase con música. O venres, día 11, será o grupo Cantanascroas o encargo de animar as rúas do Carballiño. O sábado 12 será o grupo Tokaide o que animará a vila.
O Carballiño está ligado historicamente á figura de Carlos Velo (Cartelle, 1909 – Cidade de México, 1988). As Xociviga, certame organizado polo Cineclub Carballiño, renderon homenaxe ao director de cine no ano 1985 e foi a última estadía do realizador en Galicia e a derradeira viaxe á terra. Cineclub Carballiño e Fundación Carlos Velo colaboran nun ciclo especial que se lle dedicará ao director Carlos Velo na fin de semana do 11 ao 13 de novembro. O venres, día 11, proxectarase a película (20 e 22.30 horas). Para sábado, día 12, os títulos escollidos son e (sesión única ás 19 horas) e o día 13, domingo, está previsto o pase de e (19 horas).
Na súa proxección do día 18 de novembro o Cineclub Carballiño ofrecerá ao público, nas súas sesións do Auditorio Manuel María, a película (20 e 22.30 horas).
Un día despois, o sábado 19, será a xornada na que se poderá gozar co musical no Auditorio Manuel María. A actividade comezará ás 17.30 horas e as entradas poderanse mercar en Woutik.es ou no Café bar Solaina. O prezo da entrada é de 12 euros en anticipada (máis os gastos de xestión) e 15 euros na billeteira.
O Novembro Cultural 2022 do Carballiño tamén dará protagonismo á celebración da patroa dos músicos e farao con dúas iniciativas:
O sábado 19, ás 19 horas, a Coral Polifónica do Casino do Carballiño actuará na igrexa da Veracruz.
O martes 22, neste caso no Auditorio Manuel María e ás 20 horas, haberá unha audición do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño.
O Cineclub Carballiño ofrecerá unha sesión especial o día 24, xoves, na Libraría Escolma. Será un e a actividade comezará ás 20 horas.
Tamén vencellada co cine, aínda que nesta ocasión non sexa así, está a actriz Beatriz Rico, quen chegará o día 26 ao Auditorio Manuel María co seu monólogo . A actuación comezará ás 20.30 horas e o prezo da entrada será de 5 euros (á venda na billeteira do Auditorio).
O Novembro Cultural 2022 pecharase coa actuación de Paco Nogueiras. Estará no Carballiño coa súa obra . A sesión será o día 27, ás 18.00 horas, no Auditorio. (3,50 euros na billeteira).
As actuacións de Beatriz Rico e Paco Nogueiras chegarán ao Carballiño dentro do programa de actividades da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Asociación Fotográfica O Potiños, en colaboración co Concello do Carballiño, celebra durante os meses de outubro e novembro, o seu festival de fotografía. O Arenteiro Fotográfico amosa durante novembro as seguintes exposicións:
-, da A. F. O Potiños. Casa do Concello do Carballiño.
-, IES Chamoso Lamas. Rúa Principal.
-, A. F. O Potiños. Café bar Peñasco.
-, A. F. FotoSíntese. Principal 6, baixo.
-< - es +>, A. F. Os Negativos. Principal 6, baixo.
-, A. F. O Potiños. Principal 6, baixo.
-
-, Pepe Paz. Principal 6, baixo.
-<4 movimientos>, Marcelo Carballero. Principal 6, baixo.
-, José Miguel Martín Ordoño. Principal 6, baixo.
O horario de apertura ao público do local da rúa Principal 6 (o baixo do antigo Hobby Sport) abre os Venres e Sábados de 18.30 a 21.00 horas e os domingos en horario de mañá e tarde: de 12 a 14 e de 18.30 a 21 horas.

A Insua dos Poetas celebrou esta tarde a segunda edición do seu Magosto popular, para os “nenos e as nenas na lingua propia”, segundo remarca Luis González Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas, organizadora dun evento celebrado patrocinado pola Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia e a participación dos concellos do Carballiño, Maside, Boborás e O Irixo.
Centos de rapaces e as súas familias trasladáronse á Esgueva (Madarnás, O Carballiño) para participar nun magosto que repetiu o éxito da súa primeira edición, e que contou coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, xunto o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado da Xunta de Galicia, Gabriel Alén.
Nesta liña, o magosto, que comezou ás 16,30 horas, combinou o aspecto gastronómico máis tradicional -o menú estivo composto por chourizos, castañas asadas e bica- cunha programación marcada polos xogos infantís e as atraccións ecolóxicas, ademais de DJ Tibu e o concerto de Pele Pau. Os nenos asistentes participaron nun sorteo de varios lotes de libros e xogos didácticos.
O Club Deportivo Arenteiro, flamante campión de España da Copa Federación, ofreceu a todo o pobo do Carballiño o título conquistado en Valencia o pasado mércores, faciao no mediodia deste sábado dia 5 de novembro dende o balcón da casa do concello e ante unha moi numerosa representación da afección concentrada na Praza Maior.
Antes, no salón de sesións da casa do concello, celebrábase unha recepción institucional por parte do concello na que houbo intervencioóns da concelleira de deportes Silvia Baranda, o alcalde Francisco Fumega e o presidente do CD Arenteiro Argimiro Marnotes. Os tres mandatarios tiveron palabras de loubanza pola xesta protagonizada polo equipo logrando por vez primeira un título oficial de ámbito nacional para o club carballiñés e tamén coincidiron ao destacar que era un triunfo colectivo do equipo co apoio do corazón de todos os carballiñeses e carballiñesas.

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, constatou esta mañá nunha visita ao Concello de Maside que “o Plan de Recuperación do Goberno está a chegar a todo o territorio” e puxo en valor máis de 200.000 euros que recibirá este municipio de Maside para a rehabilitación do antigo Grupo Escolar da Alameda de Maside.
O subdelegado visitou as instalacións acompañado polo alcalde de Maside, José Manuel Iglesias Araujo. Esta actuación promovida polo concello de Maside é unha das beneficiarias da Liña 1 do Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos (Pirep local), incluído no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).
Despois de presentar alegacións á resolución provisional publicada polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma), o Concello recibirá máis de 200.000 euros para a súa rehabilitación e acondicionamento, con obras que inclúen actuacións de eficiencia enerxética e illamento do edificio ou substitución de cuberta e carpintería exterior illante.
O subdelegado felicitou o alcalde e os autores do proxecto arquitectónico por ser o único seleccionado na provincia, e que contempla actuacións de ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible) de sustentabilidade en concorrencia competitiva.
A rehabilitación financiada polo Plan de Recuperación permitirá crear un espazo de uso público, multidisciplinar e cultural, asociativo e formativo para uso e goce dos veciños de Maside.
O subdelegado destacou que “supón un investimento importante a través dos fondos PRTR e do programa PIREP local en concellos de menos de 5.000 habitantes”.
“Maside é un exemplo de como o Goberno está chegando co Plan de Recuperación a todo o territorio para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, manifestou o subdelegado. A obra deberá estar rematada en setembro de 2024.

O dia 2 de novembro de 2022 pasa a ser un dia que recordarán de por vida toda a gran afección do Club Deportivo Arenteiro, o dia no que o club carballiñés gañou no estadio de Luis Suñer Picó de ante o equipo local da UD Alzira a 30 edición da Copa Federación, grazas aos goles de Rafa Mella e Marquitos que marcaron o 0-2 xa no tempo da prórroga.
Descarga aquí o video do partido completo: https://www.youtube.com/watch?v=5yvaiYagLH0&ab_channel=RealFederaci%C3%B...
Crónica do partido da RFEF: https://rfef.es/es/noticias/el-cd-arenteiro-conquista-su-primera-copa-fe...
Crónica do partido en GolsMedia:https://golsmedia.com/copa-federacion/2022/11/02/cd-arenteiro-agua-fiest...

O Arenteiro cítase coa historia este mércores dia 2 de novembro, ás 19:30 horas saltará ao terreo de xogo do estadio Luis Suñer de Alzira para disputar a gran final da Copa Federación, por vez primeira nos 64 anos de historia do club carballiñés está ante a oportunidade histórica de facerse cun título nacional. O partido será retransmitido en directo pola G2, a segunda canle da Televisión de Galicia.
O equipo partíu na noite deste pasado lúns dende O Carballiño, numerosos seguidores agardaban o paso do autocar á altura da rotonda da Alameda, onde os fútbolistas e corpo técnico foron despedidos entres vítores e aplausos. A expedición está aloxada nun hotel da capital valenciana, preto da cidade deportiva de Paterna, onde o equipo adestrou na tarde do martes e volverá facer outro lixeiro adestramento este mércores pola mañá, nas instalacións cedidas polo Valencia CF.
A UD Alzira, igual que o Arenteiro milita na Segunda Federación, no grupo 3, e o seu estadio ten unha capacidade para 5.000 espectadores, curiosamente o club celebra este 2 de novembro o seu centenario, prevese un ambiente de gala. A cidade de Alzira, a 40 quilómetros de Valencia, é a capital da comarca da Ribeira Alta do Júcar e conta cunha poboación de 45.000 habitantes.
O Arenteiro non estará só neste partido histórico a pesar dos 900 quilómetros que separan O Carballiño de Alzira. O grupo máis numeroso -55 afeccionados- viaxa nun autocar da Empresa Rodríguez con chegada prevista a Alzira ao mediodia do mércores, e emprenderán viaxe de volta despóis de que remate o partido, pero son moitos máis os que optaron por outros medios, vehículos propios, no AVE e mesmo en Avión, de feito o club valenciano xa despachou preto de 200 entradas a afeccionados do Arenteiro.
A RFEF organizou un xantar de confraternización ao que asisten os responsables da Federación Galega de Fútbol, Federación Valenciana, e directivas de ambos clubes. O premio para o campión desta Copa Federación é de 90.000 euros, mentres que o subcampión recibe unha compensación económica de 30.000 euros.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, mantivo un encontro de traballo no Pazo Provincial coa alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, para abordar novas iniciativas de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas, eficiencia enerxética e no ámbito cultural.
“Unha xuntanza moi satisfactoria", segundo valorou o presidente do goberno provincial, que garantiu o respaldo da Deputación a varios proxectos propostos pola rexedora, entre os que se inclúen actuacións de asfaltado en estradas do municipio. “Un proxecto necesario co que melloraremos a circulación entre os núcleos de Boborás e se reforza a seguridade dos veciños”, remarca Patricia Torres, que tamén sumou o apoio da Deputación para obras de humanización, “seguindo coa liña marcada polo goberno municipal deste comezo do mandato, neste caso con actuacións en Xurenzás e Brués”.
Nesta reunión, a rexedora prantexou a Manuel Baltar o proxecto de rehabilitación dos lavadoiros de Sonelle e Boborás, que contarán coa achega dun goberno provincial que no futuro tamén cofinanciará o DUS 5000, un proxecto de renovación do alumeado público -co seu paso a LED- activado a partir da obtención, por parte de Boborás, dunha subvención con cargo a fondos europeos do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE).
Ademais, a Deputación tamén colaborará coa financiación da festa histórica “1809. A Batalla”, que volve despois do obrigado parón pola pandemia.
“Proxectos e iniciativas importantes para Boborás, que permiten seguir mellorando as infraestruturas e servizos públicos á vez que se potencia o seu patrimonio e a súa capacidade turística”, valora Manuel Baltar antes de aplaudir o “liderado de Patricia Torres e o seu equipo de goberno municipal, permanentemente na procura de melloras para o concello, un traballo diario no que sempre terán a Deputación de Ourense ao seu carón”.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou por 318.090 euros a execución das obras de mellora do sistema municipal de abastecemento do concello de Leiro.
O contrato, adxudicado á empresa Proyecon Galicia, S.A. e cun prazo de execución de 4 meses, ten como obxectivo resolver os problemas de funcionamento na rede de subministración de auga deste municipio, coa renovación do treito da tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no concello de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro.
Esta intervención forma parte do convenio asinado entre a Xunta e os Concellos de Boborás e de Leiro. Segundo ese acordo, a administración autonómica cofinanciará a actuación nun 80%, comprometéndose as entidades locais a realizar os trámites e a poñer á disposición os terreos necesarios, ademais de cofinanciar o 20% restante do importe das actuacións que corresponden cos seus respectivos servizos municipais.
Máis en detalle, a través da adxudicación deste contrato renovarase a tubaxe desde Pazos de Arenteiro, no municipio de Boborás, á estación de tratamento de auga potable de Leiro, co fin de resolver os frecuentes problemas de funcionamento que se producen neste treito de condución que abastece a potabilizadora e o depósito de Leiro.
O Concello de Leiro abastécese dunha captación situada no concello de Boborás, na canle de derivación do encoro de Albarellos. A auga trátase nunha estación de tratamento de auga potable existente no municipio de Leiro e distribúese a través dunha condución cunha lonxitude aproximada de algo máis de 7 quilómetros, dos cales máis de 4,7 se sitúan no termo municipal de Boborás e preto de 2,4 no municipio de Leiro.
Debido á antigüidade da condución que conecta a captación coa potabilizadora, son moi frecuentes as roturas, o que provoca faltas no subministro de auga á poboación.
Coas obras adxudicadas, executaranse as actuacións deseñadas por Augas de Galicia, coa renovación da rede municipal mediante a substitución da tubaxe existente e a instalación de ventosas para a eliminación do aire que se acumule na rede e válvulas de baleirado nos puntos baixos, coa finalidade de garantir o abastecemento á poboación.
As fotografias correspóndese coa ambientación feita por veciñas da Rúa Caridade, que outro ano máis, decoraron a praciña de entrada as súas vivendas. Tamén son numerosos os establecementos de hostalaría e comerciais do Carballiño que se sumaron a esta tradicional celebración do Samaín decorando os seus locais.
Ademáis, para este próximo venres dia 4 de novembro, e coincidindo coa ruta das tapas que promove a concellería de turismo do concello do Carballiño, están programadas actividades de animación, entre elas os pasarrúas da Charanga CLK.
Na Pista Roxa, instalaráse na xornada do venres a "Pasaxe do Terror", unha representación parateatral a cargo da compañía "Hipica Celta", que poderá visitarse en horario de 17:00 a 19:00 para o público infantil ata os 12 anos, e para os maiores desta idade e maiores en horario de 19:30 a 23:00.

A Deputación de Ourense impulsará a actividade dos pulpeiros do Carballiño e Arcos, para “axudar a reforzar o que son dende sempre: uns referentes e embaixadores da nosa gastronomía e dinamizadores do noso territorio”, segundo resaltou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala reunión co presidente e o vicepresidente da Asociación de Pulpeiros do Carballiño - Arcos, Roberto Pereira e Jesús Pereira.
“Esta liña de cooperación”, destaca Manuel Baltar, “permitirá á asociación e aos seus asociados avanzar no seu posicionamento, reforzando a súa proximidade coa clientela a través das novas tecnoloxías e cunha importante aposta pola imaxe e a comunicación para referendar o carácter xenuíno dos pulpeiros desta comarca, auténticos símbolos de Ourense e de toda Galicia”. “Este é un novo exemplo da nosa forma de traballar. Estamos en permanente contacto coas asociacións e entidades da provincia nunha relación absolutamente clave para Ourense”, valora Manuel Baltar, que reivindica a alianza do goberno provincial co tecido asociativo ourensá: “A Deputación confía na capacidade estimuladora e creadora de riqueza das asociacións e entidades que operan no noso territorio; e o tecido asociativo confía na Deputación pola nosa probada fortaleza para tecer colaboracións que permitan seguir favorecendo o crecemento de Ourense”.
En nome da Asociación Pulpeiros do Carballiño - Arcos, Roberto Pereira quixo agradecer o apoio da Deputación de Ourense: “Para nós é importantísimo. Este é un empuxe moi importante nun momento complicado, trala saída dunha pandemia na que case non puidemos traballar e no actual contexto de inflación. Agardamos poder devolver este apoio a todo Ourense e á comarca do Carballiño”. O presidente da entidade resalta que a través desta colaboración, “a primeira pública que recibimos en 14 anos”, as máis de 30 familias pulpeiras asociadas poderán avanzar no seu plan conxunto, con fitos como “unificar a imaxe do centenar de vehículos e carpas que empregamos, mellorar as nosas infraestruturas, seguir progresando na modernización da asociación e reforzar a nosa presenza en eventos de toda Galicia e tamén fóra”.
Segundo explican, a Asociación de Pulpeiros do Carballiño -Arcos naceu baixo “a protección do saber facer dun pobo que dende o século XVIII se dedica a cociñar o ‘Polbo á feira’, de xeito artesanal e tradicional, na parroquia carballinesa de Santa María de Arcos”. Nesta entidade agrúpanse, remarcan, “as familias que dende entón traballan o polbo día tras día en toda a xeografía de España e no estranxeiro do mesmo xeito, ata hoxe, sen cambiar a esencia da súa elaboración e tradición, pasando ese bo traballo de xeración en xeración”. A Asociación de Pulpeiros do Carballiño - Arcos sitúa como obxectivo principal “poñer en valor a figura dos pulpeiros, mellorando o seu coñecemento e posicionamento como símbolo da gastronomía”.
Entre os pasos deseñados pola entidade están fitos como redeseñar e reposicionar a imaxe da asociación; fortalecer e difundir unha imaxe única en todos os elementos vinculados á asociación; adaptarse e facer uso dos novos canles de comunicación para chegar aos potenciais clientes -internet, redes sociais, mailing, realizar eventos con impacto social ou innovar con proxectos vinculados ao mundo do pulpo, como unha aplicación de xeolocalizador para “localizar ao teu pulpeiro máis próximo”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 169
- 170
- 171
- 172
- 173
- 174
- 175
- 176
- 177
- …
- seguinte ›
- última »