Porque tamen vexo cero publicidade nese tema. A tarxeta Xente Nova e para menores de 18 ou 20 años se non me falla a memoria. ¿Que pasa enton cos demais? Non se informa de nada por parte do Concello.
O que comenta o Copenauta de ir estudar a Ourense é certo pero tamén pasaba o mesmo hai 20 anos cando estuba eu (mi madriña, xa choveu) e seguimos igual ou pior. Na miña época había algún tren máis a primeira hora da maña pero para volver non había nada despois de rematar as clases. Algún compañeiro estaba de alquiler en Ourense, ou vivía na casa dalgún familiar. eu tiven bastante sorte e consiguín plaza no CRD que está na Cuña en Mariñamansa e pasei alí os tres mellores anos da miña vida.
As clases comezan as 8 ou as 8 e media e o primeiro autobus da maña chega a estación intermodal de Ourense pasadas as 8 e vinte e ainda hai que ir en carrito ou andando ao centro educativo. Do tren millor non falar. Moita propaganda esta semana Fumega e o señor da Xunta co tema dos descontos pero logo os horarios non sirven para o día a día.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar as obras de mellora do firme na estrada OU-504, ao paso polo concello de Cea, que suporán un investimento de 1,1 millóns de euros. Esta mesma actuación tamén se leva a cabo a altura do municipio de Ribadavia
Os traballos, cun prazo de execución de seis meses, consistirán na rehabilitación do firme da OU-504 -coñecida como o Eixo do Ribeiro- entre a intersección coa estrada N-120 en Ribadavia e a intersección coa OU-901 en Cea, en concreto, entre os puntos quilométricos 1+460 ao 1+800; e do 2+900 ao 28+080.
Segundo o treito e o estado actual do firme, realizaranse fresados e reposicións de 5 e 10 cm de espesor, e disporase unha nova capa de rodaxe mediante o estendido dunha mestura bituminosa en frío, tipo microaglomerado.
As obras incluirán a habilitación de cunetas de seguridade de formigón, incluíndo tubo dren e recheo co material de fresado da propia obra para reforzar a seguridade viaria.
Tamén se mellorarán os camiños, mediante estendido do material de fresado da propia obra e o selado mediante unha rega asfáltica. Ademais acometerase a limpeza e o reperfilado das marxes.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo esta mañá no Pazo Provincial un encontro de traballo co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, no que se analizaron as novas propostas de cooperación formuladas polo rexedor arredor do reforzo dos servizos públicos e a mellora das infraestruturas para os veciños,
A xuntanza foi definida como “moi satisfactoria” polo presidente do goberno provincial xa que, como resalta Manuel Baltar, os acordos acadados permitirán fortalecer a cooperación con San Amaro, e seguir avanzando “en cuestións absolutamente centrais na folla de ruta deste goberno provincial”.
Manuel Baltar avanzou o apoio da Deputación a dous novos proxectos presentados polo alcalde: a implicación do goberno provincial na reforma do centro de saúde de San Amaro, asumindo a parte que lle corresponde ao Concello no convenio coa Xunta de Galicia e, por outra banda, a axilización da reforma integral da estrada OU-0303 ao seu paso por San Amaro.
“Proxectos importantes, básicos para os veciños de San Amaro e cos que a Deputación está implicada ao 100%”, resaltou Manuel Baltar, que destaca a “capacidade propositiva e o liderado de Fernando Redondo en San Amaro”.

‘Mercar non teu comercio ten premio’ é o nome desta nova campaña que esta mañá presentouse na sede da CEO. Esta iniciativa promocional, que pretende dar visibilidade ao pequeno comercio e dinamizar as compras nel, foi explicada pola presidenta da Federación de Comercio de Ourense, Beatriz Gómez, que estivo acompañada por outros membros desta entidade, os vicepresidentes Enrique García e Margarita Díaz, e o secretario Jesús de Deus.
A campaña desenvolveráse nas principais poboacións da provincia e no caso do Carballño a inciativa terá lugar entre os dias 21 e 27 de outubro, este último dia faráse o sorteo na Praza Maior do Carballiño
O funcionamento é sinxelo e accesible a calquera cliente. No período de vixencia da campaña en cada localidade, o cliente que comprase no comercio local e queira probar sorte, ten que gardar as súas tickets para trocalos por participacións o último día de campaña nunha carpa que se habilitará para este fin durante 2 horas, e na que se realizará, a continuación, o sorteo que será presencial e cunha urna onde se depositarán as participacións. Cada 10 euros de compra poderanse trocar por unha participación no sorteo e o gañador ou gañadora ha de estar presente na carpa no momento da extracción das papeletas premiadas.
En total, repartiranse 12.000 euros en formato de tarxeta prepago para gastar no pequeno comercio. En Ourense cidade póñense en xogo 2.100 euros repartidos en 4 premios de 300 euros e 18 de 50 euros; mentres que a cantidade para cada vila é de 900 euros, distribuídos en 2 tarxetas para gastar 300 euros cada unha, e outras 6 por valor de 50 euros. Esta repartición obedece ao censo tanto de poboación como de comercios da capital con respecto ás localidades participantes.
A presidenta do colectivo en Ourense aproveitou para comentar a difícil situación que atravesa o pequeno comercio, que trata de seguir resistindo #ante o panorama de crise que atravesa o sector. Por iso sinalou que campañas deste tipo son moi positivas, así como ‘necesarias para darlle visibilidade ao pequeno comercio, que é fundamental para a creación de riqueza, emprego e dinamización das cidades’.
Finalmente, Gómez cualificou de boa noticia a proposta do Concello de repartir 100 euros a cada habitante da cidade para a campaña do Nadal para destinar a comercio, hostalería e actividades profesionais, unha formulación que espera que sexa aprobado polo pleno e poida levar a cabo. Tamén confía en que a Xunta volva convocar en breve a campaña Bonos Activa Comercio, lanzada hai un ano para reactivar as compras no pequeno comercio despois das restricións ocasionadas pola pandemia.
Ultimamente vexo moitas reaccions sobre o tema, en primeiro lugar hay que decir a cousa esta que bota fume, nunca mellor dito, alguns din que Fumega lle cortou as alas a Adolfo,cousa coa que discrepo, xa que se o alcalde quixera como din alguns no 2016 frear a Adolfo non lle houbese dado fai tan so uns meses atras a portavocia do grupo de goberno, sentando o seu lado nos plenos e sendo o concelleiro con mais competencias, seguridade, emerxencias, persoal, emprego, promocion economica, etc levando unha moi boa xestion ata case finais da lexislatura, aprobando tres presupostos con tres partidos diferentes e cun goberno en minoria, o alcalde beneficiaballe ter no seu equipo a alguen da valía de Adolfo, a quen demostrado esta, non e nada sinxelo nin agradable ter coma rival, todos sabemos que Adolfo tarde ou cedo acabaría sendo o sucesor de Fumega na alcaldía, asi coma deputado provincial, onde a sua retórica, se se fixese tecnicamente o auparía a portavocia do grupo socialista, outra cousa ben distinta e que algunha man negra poderosa o desplazase a fin de deixar o camiño libre a outra persoa de cara a Maside, quen a pesar de ser ben querido por min, non goza da todopoderosa dialectica do de Zafra, pero quen sabe o que realmente pasou ?

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, mantiveron unha reunión na que estudaron a posibilidade de levar a cabo actuacións de humanización en varias rúas do municipio.
Este proxecto levaríase a cabo no marco do plan Hurbe, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta en 2010 para promover o desenvolvemento das vilas e dos núcleos rurais con criterios de sustentabilidade económica, medioambiental e social; así como mellorar os equipamentos e dotacións, aumentando a variedade e elevando os niveis de servizos co fin de incrementar o atractivo das vilas e dos núcleos rurais galegos.
De feito, ao abeiro desta iniciativa, no concello de Beariz xa se levaron a cabo melloras nas rúas do núcleo de Alvite, nas prazas de Alvite e Lebozán, e nas contornas da casa consistorial e da igrexa de Doade.
Penso que algún tertuliano anda bastante equivocado co tema da presunta deslealtade a Fumega. Curiosamente no ano 2016 tiven coñecemento por un concelleiro do PSOE de Maside que Fumega tiña pensado cortarlle as alas a Adolfo porque pensaba que destacaba demasiado. No ano 2016!!!
Hai algún que outro tertuliano que debería seguir este relato historiográfico pra non meter a pata nas tertulias porque queda moi feo cargar contra un correlixionario con infundios. Corría o ano 2011 e Fumega preséntase como alcalde de cor verde VOX fuxindo das cores socialistas habida conta do claro declive do zapaterismo. Adolfo, que me cae fatal, por esa dialéctica contundentemente brillante, por esa capacidade incansable de traballo, e porque está nas antípodas da miña ideoloxía, facía de fiel escudeiro de Fumega.
Obtivo unha maioría absoluta o PP. O insolente rapaz Adolfo, protagoniza a oposición máis prolixa na historia do Carballiño dende que eu recordo. Mocións e iniciativas a tutiplén, participacións coas plataformas a gogó (lembremos o tema da incineradora no Irixo). Constantes notas de prensa, denuncias incansables nesta páxina, ben redactadas, ben fundamentadas. Fumega seguía sendo un gran descoñecido salvo polo traballo do seu gregario de luxo (o impertinente rapaz). E dormitaba agardando tempos mellores.
Unha errática xestión da maioría absoluta do PP con erros garrafais como tentar facer un PXOM mal explicado un ano antes das eleccións, poñen máis fácil ao insolente rapaz brillar na oposición. Fumega cheira tempos mellores e fai un gran fichaxe estrella, o fillo dun exalcalde de Maside, que pese a seguir empadroado en Maside no 2015 pra apoiar ao seu pai, tiña moitísimo que ofrecer á política carballiñesa.
En todo o ano 2015 e no ano 2016 sígueme caendo fatal o señor Adolfo, pero teño que rendirme a súa infatigable capacidade de traballo, e comeza a encenserse unha luceciña de admiración pola súa dialéctica cada vez máis brillante. Incluso comezo a ler todos os seus artigos de oponión no diario La Región, porque aínda que non comulgo con casi ningunha das súas ideas, comezo a sentir gusto por ese estilo tan desenfadado e sinxelo de defender a ultranza a súa ideoloxía nun diario. Lealdade absoluta coa ideoloxía socialista. Xa quixeran moitos do cónclave que citarei ter a mesma lealdade.
Mediados do ano 2016, coméntolle esta admiración a un concelleiro do PSOE de Maside. Dime que a Adolfo vanlle recortar as alas.
Finais do ano 2018, celébrase un cónclave de alcaldes socialistas no concello de Maside. O presidente provincial o ex alcalde de Amoeiro, o alcalde de Coles, e o alcalde de Maside saen pola porta de atrás do concello. Quince días despois, Fran o exalcalde de Piñor, deixa de ser o voceiro do PSdeG na Deputación.
Concluo: Se un simple veciño de Maside coñecía no ano 2016 o que acontecería con Adolfo, porque un concelleiro do PSOE de Maside faillo saber. Se no 2018 é defenestrado outro compañeiro do PSOE, que agora milita no Espazo Común, o relato da deslealdade non o traga nin o máis parvo, a non ser que ande totalmente desinformado. A min caeme moitísimo mellor Fumega que Adolfo, pero teño a fea costume de seguir os cartos e os postiños pra enterarme do que realmente acontece. Fago como os ingleses: Follow the money... En non podo evitar establecer unha causa efecto entre o relato historiográfico, e quén ocupa agora a portavocía da Deputación. E Fumega caeme mellor quizáis porque comparte conmigo peluqueiro en Maside, porque quizáis é más accesible (aínda que non recurriría ao ciruxano máis accesible senon ao máis eficiente), e porque fai chascarrillos dun home masidao que pasea un gato como se fora un can.
Pero non lle perdoarei a Fumega privarme do exquisito espectáculo dun merecente Adolfo Nogueira como voceiro na Deputación. Será porque non trago a baltar... E penso que algún tertuliano lle debe algunha disculpa ao insolente Adolfo Nogueira, quizáis porque ideolóxicamente está moi por riba dos: Follow the money...
Como veciño de Maside quero denunciar o trato inxusto que recibimos os veciños que temos domiciliados no banco os distintos recibos do concello. Acabo de ver na sede electrónica do meu banco que esta semana me van cobrar o recibo da contribución, cando os que van pagar o concello en efectivo teñen ata fin de ano. Non me parece unha situación para nada xusta, que cobren o recibo con tres meses de antelación con respecto a quen a paga de contado no concello. Noutros concellos polo menos fan algún tipo de desconto, aqui nada de nada. Se non queren dar descontos que cobren a 30,60,90 polo menos durante o periodo de recadación do imposto. Pois nada, que sigan asi botando unha man, ca que nos está e vai seguir caendo. Que a mín noutra non me pillan. Haberá que volver a ir pagar en efectivo vispera de fin de ano.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 174
- 175
- 176
- 177
- 178
- 179
- 180
- 181
- 182
- …
- seguinte ›
- última »