14, Setembro 2022

A Garda Civil levou a cabo unha operación na xornada deste mércores dia 15 de setembro que saldouse coa detención de alomenos catro detidos, un veciño do Carballiño e outras tres persoas veciñas do concello de Pontevedra e no marco dun operativo contra a compra venda de imaxes de arte sacro de procedencia ilegal.

A operación está dirixida polo Xulgado nº 2 do Carballiño, ademáis da detención e posta a disposición xudicial destas catro persoas, a Garda Civil levou a cabo varios rexistros domiciliarios tanto no Carballiño como en Pontevedra.

De momneto, non trascenderon máis datos relativos a esta causa xudicial que foi declarada como secreta, aínda que podería estar relacionada coa vaga de roubos rexistrados meses atrás en varias igrexas dos concellos de Boborás, San Amaro, Maside e Punxín.

14, Setembro 2022

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou esta MOCIÓN PARA Á “CONVOCATORIA DE AXUDAS ÓS/ÁS ESTUDANTES DO IRIXO instando ó Concello a adopción dos seguintes acordos:

1º.- Que o Pleno do Concello de O Irixo aprobe a elaboración dunha convocatoria e/ou ordenanza municipal para a concesión anual de axudas económicas directas a estudantes e/ou as súas familias para a adquisición de libros de texto e material escolar para pais, nais ou tutores de alumnos escolarizados e/ou residentes no noso concello, que cursen estudos nos niveis de educación infantil, primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou universidade, cuxos ingresos mensuais non sexan superiores ó Salario Mínimo Interprofesional, ou sendo superiores existan circunstancias que debidamente reguladas fagan preciso a concesión da axuda proposta segundo o caso.

2º.- Que se invite a participar na elaboración e desenrolo desta convocatoria e/ou ordenanza das axudas ó centro escolar e ás asociacións de pais e nais no caso das axudas a escolares de dito centro e outros axentes sociais do concello.

3.- Que se consensúe a elaboración da referida convocatoria e/ou ordenanza municipal entre tódolos grupos da corporación para entre todos acadar a mellor convocatoria e/ou ordenanza para o noso concello ó respecto e garantir así o éxito da medida.

13, Setembro 2022

A previsión de chuvia para a xornada deste mércores dia 14 de Setembro levou á Comisión de Festas a suspender a que teria que ser a primeira verbena das festas patronais do Carballiño.

Desta maneira, a actuación da orquestra Solara será, na Praza Maior o xoves dia 15, polo tanto compartindo verbena coa orquestra Panorama, na Praza da Veracruz.

11, Setembro 2022

Nin as persoas máis maiores recordan algo asi, tampouco dende que hai rexistros hídricos o río Arenteiro presentou un caudal tan baixo ao seu paso polo Carballiño, como o que pudo observarse durante este verán de 2022, nunha situación que continúa crítica e pode ser dramática se non chegan as chuvias.

O caudal ecolóxico, practicamente inexistente nalgunhos tramos do río coincidindo co seu recorrido urbano, cun evidente perxuizo para a vida da fauna piscícola, como confirman dende a Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro, cunha elevada mortandade de peixes e troitas que pon en serio perigo a supervivencia da fauna piscícola no río.

A imaxe que ofrece o río é tan deprimente que podemos ver como é totalmente transitable a pe en varios tramos, como pode observarse nas fotografías que se corresponden coa zona entre a ponte medieval de Veiga e a presa do Cuco, no que o cauce é un areal polo que pode camiñarse sen mollar os zapatos.

Afortunadamente para O Carballiño, o caudal hídrico na parte alta do rio Arenteiro é bastante mellor, e elo permitíu ata o momento manter a normalidade no abastecemento de agua, sen ningún tipo de restriccións, que sí poderían chegar no caso de que continúe a prolongada seca que estamos padecendo no transcurso deste ano. 

9, Setembro 2022

A pasada fin de semana foi no Concello de San Amaro, e chega agora o protagonismo deste 1º Festival Céltico ao concello do Irixo, con 3 concertos entre o venres e o domingo, que terán lugar na Praza do Concello, os 3 gratuítos, e dentro deste programa organizado conxuntamente por ambos concellos coa colaboración da Deputación de Ourense.

Abre o programa no Irixo o venres dia 9 ás 22:00 horas coa agrupación Leirabuxo. O sábado 10 tamén ás 22:00 horas actuará o mítico grupo do folc galego Milladoiro. E xa finalmente, o domingo 11 ás 19:00 horas o público infantil gozará coas cancións de Uxía Lambona e a Banda Molona.

8, Setembro 2022

Diante das últimas informacións saídas nos medios nas últimas horas, desde o BNG de Leiro queremos manifestar:

1. Se a empresa concesionaria do Mosteiro de San Clodio non está garantindo os servizos mínimos acordados no prego de condicións, tanto Xunta de Galiza como Concello de Leiro teñen que iniciar os trámites precisos para a retirada da concesión.

2. Desde o BNG de Leiro entendemos que a principal culpábel desta situación é Hotusa, porén tanto Xunta de Galiza como Concello de Leiro son cómplices da situación actual por non ter unha fiscalización e unha auditorización da concesión asinada.

3. Parécennos irresponsabeis e lamentabeis as declaracións do alcalde do concello de Leiro, afirmando que sabe do problema, que é coñecedor de que a empresa non está cumprindo co acordado. Diante desta situación ,a posición do rexedor debe ser activa. É obriga del contactar à
Xunta de Galiza para obrigar a Hotusa a cumprir o acordado.

4. Este é un exemplo máis do desleixo e abandono que a nosa comarca ven sufrindo tanto por parte da Xunta de Galiza como por parte dos diferentes gobernos do Partido Popular, que demostran non ter unha proposta clara e estratéxica de crecemento e desenvolvemento para as nosas vilas e aldeas.

8, Setembro 2022

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou as obras para dotar de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporán un investimento de 445.000 euros.

A intervención, que conta cun prazo de execución de 4 meses e prevé o seu remate a comezos do vindeiro ano 2023, ten como obxectivo que o futuro parque empresarial dispoña dun acceso cómodo e seguro desde esta vía autonómica, para reforzar a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio.

Esta actuación é o resultado dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta está recollida no Plan Especial de Creación de Solo Industrial do Concello de Beariz, desenvolvéndoa segundo o previsto no informe de sustentabilidade ambiental dese plan.

Actuarase, concretamente, ao longo duns 250 metros na estrada OU-212 pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permitirá todos os movementos, en especial dos vehículos pesados que se acheguen ata o polígono.

A obra comprende a habilitación de cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e tamén a saída cara ao polígono en condicións de seguridade, ademais de carril central de espera para favorecer os xiros desde esta estrada cara á área empresarial, pensando en ofrecer maiores facilidades aos camións.

Na zona onde se executa a nova conexión o trazado está formado por unha recta duns 400 metros de lonxitude que, aproximadamente no seu punto medio, conta cunha estrutura de vigas prefabricadas que permite o paso sobre o regato existente.

A intervención incluirá a instalación de canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación do parque empresarial, de forma que só sexa necesario a instalación de báculos e de cableado.

7, Setembro 2022

Péchase a parentese da pandemia e o barrio de Flores recupera a Feira Festa da Pepa Loba, que regresa coa súa 26 edición os dias 9, 10 e 11 de setembro, co mercado tradicional de artesanía e arte, e un diverso programa con actividades de animación os 3 dias,

O programa comeza o venres 9 ás 6 da tarde coa apertura da feira, exposición e venda de mercadorías. A mesma hora, xogos populares a cargo do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo da Deputación de Ourense.

Ás 8 da tarde, na Eira de Flores, será a homenaxe ás menciñeiras e curandeiros, e a medianoite na Fonte de Flores, faráse o conxuro, queimada `popular e ofrecemento da auga máxica de Flores.

O Sábado 10, ás 12 do mediodia será a apertura da feira e demostración en vivo de vellos oficios. A mesma hora, Os Serandeiros comezarán a animar o dia coa súa música tradicional e iniciaráse  ao lado da fonte a lectura continuada de "La Juventud de Pepa Loba" de Aurelio Miras Azor.

Ás 5 da tarde, Obradoiro de Estampación Creativa para nenos e maiores, e as 7 da tarde será un dos momentos culminantes da Feira-Festa coa Baixada de Pepa Loba e a súa gavilla, unha representación parateatral a cargo do grupo Dar Trela. Dende as 8 da tarde en adiante, continuarán as actividades, e comezarán a escoitarse o cantar do Cego na feira.

O domingo 11, tras a apertura da feira ás 12 do mediodia, iniciaráse o Obradoiro de Oleiros "Alén das Olas", na fonte do concello, que terá continuidade durante toda a xornada. Ás 12:30 horas volverá amenizar o barrio a música dos Serandeiros e celebraráse o Campionato de Chave na Eira. Este mesmo dia terá lugar o tradicional xantar popular desta Feira-Festa da Pepa Loba, que se clausurará ao caer a noite do domingo.

6, Setembro 2022

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño informa da posta en marcha da quinta edición dos talleres de estimulación cognitiva denominados Entrenando as cabeciñas, dada a acollida e o éxito que tiveron durante as pasadas edicións.

Trátase dunha actividade destinada a persoas maiores de 50 anos, moi importante para fomentar as capacidades cognitivas e un envellecemento activo e saudable.

Esta iniciativa será impartida polo Programa de Educación Familiar; e serán as 3 educadoras familiares que forman o equipo as que se desprazarán a cada un dos 4 concellos que participan deste programa, e que son os de Beariz, Boborás, O Irixo e San Amaro, para traballar áreas tan importantes como a linguaxe, a memoria, o cálculo, a atención e as funcións executivas.

A actividade dará comezo o 19 de setembro e, facendo os descansos correspondentes ó calendario escolar, está previsto continuar co seu desenvolvemento ata o mes de xuño, sempre e cando se manteña a demanda da actividade.

Toda persoa interesada en participar debe comunicalo no seu concello, onde formalizará a inscrición nesta actividade, totalmente gratuíta.

Os talleres terán lugar os martes de 10:00 a 11:00 no salón de actos da casa do concello do Irixo, os mércores de 10:00 a 11:00 h. na casa do concello de San Amaro, os xoves de 10:30 a 11:30 na casa do concello de Beariz, e finalmente os venres de cada semana no centro social da Almuzara de 10:00 a 11:00 h. para a veciñanza do concello de Boborás.

5, Setembro 2022

O grupo Municipal no Concello considera que esta edición da festa da Vendimia estuvo moi desaproveitada e anquilosada, para os intereses xerais de Leiro, destacan que sendo a primeira, na que se estrea a Declaración de Interes Turístico, foi tamen a primeira logo de moitos anos na que menos xente pasou por Leiro.
Non se pode en definitiva organizar esta Festa baixo o criterio de que a mesma camiña sola, cando o pasotismo e a Lei do mínimo esforzó nos leva a ver como a festa da vendimia en vez de ir a máis, se queda estancada e vai a menos.
Por todo o expresado anteriormente, e no animo da critica constructiva e que outra forma de gobernar, e posible, facemos as seguintes propostas:
1/ Que o cartazo da Festa da Vendimia sexa realizado mediante un concurso polos veciñ@s aficionados que temos varios tanto a pintura, dibuxo como a veciñanza en xeral, así como os propios cativ@s do noso Concello, e non pagarle a unha persoa foránea e allea o noso Concello, un verdadeiro pastizal.
2/ O pregoeiro ter que ser dá zoa, e primordialmente que tivera relación co tema do viño, dá cultura ect….
3/ No palco de autoridades dando o pregón quen tiñan que estar e os veciñ@s, unha representación colleiteiros, adegueiros, viticultores, veciñ@s en xeral que son artífices e protagonistas, pregoeiro e o rexidor do momento, o resto asistir como público, referindonos os políticos de calquer cor, que e o que non está acontecendo nestes momentos.
4/ Crear unha Coordinadora de voluntari@s Festa da Vendimia que aglutinara a toda a veciñanza en xeral, desde asociacions, colleteiros, adeguieiros, colectivos xuvenis, ect… e que se traballara todo o ano para levar acabo todo tipo de programación, promocionar, innovar, crear, reseñar ect…a próxima festa da vendimia.
5/ Incentivar, activar e animar a participación de toda a veciñanza das nove Parroquias do noso Concello no desfile de Carrozas, e non como esta edición que pasamos de ter vinte e pico carrozas en anteriores edicions a tan solo nove e para eso con unha participación de tres parroquias de nove.
6/Levar acabo un irmanamento con outras zoas, denominacions de orixen ect… relacionadas co tema do viño tanto en Galicia, como tamen no resto do territorio español para potenciar a imaxen dos nosos viños, cultura, patrimonio, natureza, aguas termais do noso termo municipal.
7/ Xestionar para traer un grupo de gaiteiros da zoa e senón houbera, pois que viñeran de outra lugar, xa que lle daría o enxebrismo que se merece a festa da Vendimia.
8/ Tamen levar acabo unha gran queimada, no SALGUEIRAL, como se facía con anterioridade e que lle da ese toque festivo e de parranda da nosa Galicia.
9/ Que a xente en xeral viñera vestida coas roupas, como se fai de antaño a vendimia, aparte dos veciñ@s que participan no desfile das carrozas, que xan veñen con ese vestiario a modo de exemplo un estilo festa da historia de ribadavia, que lle daba ese toque enxebre.
10/ Oficiar no Campo da Feira unha misa, como se facia nos seus anos de inicio no ano 1963 e 1974 coa bendición das viñas e uvas.
11/ Promocionar a nosa festa da vendimia atraves de venta de merchandasing (camisetas, tazas, copas, chaveiros ect…) .
12/ Crear un Festival de Musica Folk o propio día da Festa.
13/ Levar acabo una integridad total das diferentes bodegas e colleiteiros do noso Concello na Mostra dos Viños de Leiro, cousa que non aconteceu nesta edición, con tan solo seis bodegas do propio termo municipal.
14/ Contar con Xogos Populares desde a billarda, carreira de sacos, carreira de pipotes, o pano, a pita cega, os zancos ect….
15/ Unhas xornadas de exposicions, charlas, coloquios, seminarios, catas na semana da festa da vendimia todo elo, relacionado con tema da viticultura.
16/ Crear unhs premios para recoñecer a labor dos nos@s veciñ@s que se dedicaron e se dedican o mundo da viticultura e do viñedo no noso concello, así como un recoñecemento os impulsores ou familiares dos veciños da festa da vendimia.
17/ A Festa infantil tanto a celebrada o venres na Praza Rey de Viana, como tamen a do propio domingo día da Festa da Vendimia, pasarían o lugar do Campo da Feira, mesmo o caron do Salgueiral, debido a que ai máis sombra, e @s cativ@s no terian que soportar as altas temperaturas e serían máis levadeiras.
18/ Dotar de carpas plegables as bodegas para a Mostra de Viños e Licores totalmente independientes, e non como esta edición estaban debaixo de unhs inchables e soportando un calor infernal.
19/ Un concurso de ideas para levar acabo un monumento (escultura) a Vendimia de Leiro e a sua ubicación.
20/ Compre xa facer un estudio económico para saber o retorno económico que ten a Festa da Vendimia no noso pobo e que aportará os datos necesarios para fixar as novas iniciativas.
E finalmente a Festa dá Vendima ten que ser a exaltación dos nosos viños e costumes do noso Concello, como tamen dá Comarca do Ribeiro, nunha palabra un referente e non como pretenden os actuais gobernantes, xa que parece mais unha pasarela de políticos do Partido Popular, que unha festa de unión de toda a veciñanza. Por todo elo a política ten que quedar totalmente ou marxen dá nosa festa, a festa e de toda a veciñanza de Leiro, que son os verdadeiros protagonistas e os que teñen que levar a batuta, desde a pluralidade e a integración de todas e cada unha dás ideas, veñan onde veñan.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS