
O Concello do Carballiño acometeu a limpeza e restauración do Cruceiro Eira de Flores, que foi obxecto de actos vandálicos. Emprazado no corazón da vila, este elemento patrimonial sufriu pintadas que afeaban a súa imaxe, polo que se levou a cabo esta actuación que pretende devolver a beleza a este ben patrimonial.
Máis en concreto, os vándalos realizaron pintadas que foron borradas despois de que Patrimonio autorizase unha solicitude. O procedemento para levar a cabo a restauración iniciouse cando o Concello do Carballiño elaborou un informe e se contratou a unha restauradora que eliminou os graffitis. O alcalde, Francisco Fumega, encargou á concelleira de Servizos Públicos, Rosa Fuentes, este proxecto para a recuperación do elemento patrimonial.
Fuentes lamentou este tipo de accións contra o patrimonio: “Condenamos estes actos vandálicos que atacaron a unha figura emprazada nunha das zonas con máis historia da vila”. Non é a primeira vez que o cruceiro Eira de Flores é obxecto do vandalismo. Hai uns anos os veciños e veciñas da zona detectaron a desaparición dunha das figuras que forman parte deste elemento patrimonial que data do ano 1900. Os actos vandálicos foron sucedéndose no tempo, xa que a zona é frecuentada polo ocio nocturno.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de resolver a declaración de nova aldea modelo, no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Trátase de Cortegazas, no concello de Avión, que abrangue 15,11 ha, repartidas en 727 parcelas de 99 propietarios.
A nova aldea modelo de Cortegazas decláranse en colaboración co concello de Avión, encóntrase situada nunha zona de alto risco de incendios (ZAR) e adherido ao sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.
Cabe lembrar que o obxectivo principal desta figura -a aldea modelo- recollida na Lei de recuperación é devolver á produción terras con boa aptitude agronómica que se atopen en estado de abandono ou infrautilización, impulsando deste xeito nova actividade económica agroforestal que non só fixe poboación e xere riqueza na contorna, senón que -ao tempo- reduza o risco de incendios forestais e mellore a calidade de vida dos veciños dos núcleos que se busca poñer en valor.
Son veciño do chamado rural carballines, e teño que dicir que non se están a facer as cousas nada ben no referente as franxas de protección e a limpeza e mantemendo das parcelas afectadas. Calquera que queira cumprir as normas sabe que ten que ter limpas as fincas a 31 de maio. Este ano nin viñeron poñer o cartel informativo o pobo. Se queres que a cidadania cumpra as normas hai que dar exemplo. Non pode ser que a 22 de agosto se estea limpando por primeira vez neste ano viais e zonas públicas que tiñan que estar limpas a 31 de maio. Non hai escusa que valga, se hai que cumprir esa data haberá que empezar antes a limpar e ter persoal pra elo. Que máis ten que pasar aquí, na comarca ou en Galicia para que nos poñamos en serio con este tema. Ese famoso plan anticiendios, cas parcelas e donos identificados que teñen que estar limpas cando se vai aprobar e facer cumprir en serio. É ben sinxelo, comuniquen a tódolos implicados dunha soa vez que esas fincas a 31 de maio de cada ano teñen que estar limpas, senón multa o canto sen apercibimento con data do 1 de xuño. Unha vez feito o listado de parcelas e ben sinxelo facer un seguemento e mandar o municipais ou quen corresponda ver en que estado están. Se eu teño o coche correctamente aparcado en vial público pero sen itv e seguro o día, xa verás como se unha patrulla se para a comprobar e ver a matrícula na central, xa verás como me chega unha sanción por cada unha das duas infraccións cometidas. Como veciño non vou deixar de votar a unha opción política ou outra porque dende o concello me puxeron unha sanción por incumprir a lei. Xa non digo nada da inexistencia de tomas de auga ou hidrantes nos pobos de mal acceso para os bombeiros. o outro día en Longoseiros os camións tiveron que marchar do punto de actuación por mor de non poder cargar auga no sitio, iso implica desconectar as mangueiras e deixar avanzar o lume mentras no volve cargado. Hai moitos pobos nos que nin sequera entra un camión de bombeiros, e teñen que estirar as mangueiras dende o punto de acceso do camión (pasou inda non hai moito nun incendio en Porto de Eguas). Quen di Longoseiros, di Sagra, Banga, Cabanelas, o Barón..., todos núcleos rodeados de extensa arboreda. Por favor fagan ben as cousas dunha vez e tomen en serio este problema antes de que teñamos que lamentar perdas irrecuperables coma ocorre noutros lugares.
Pidoó por favor!!

O PSdeG-PSOE denuncia que o Concello de Punxín será o único da provincia de Ourense que, no ano 2022, non recibirá fondo algún do Ministerio de Igualdade para o desenvolvemento das actividades e accións incluídas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero –subscrito por todos os grupos políticos a excepción de Vox– xa que, no 2021, non empregou nin un só euro do importe concedido para ese exercicio.
As e os socialistas de Punxín recordan que estes fondos están destinados aos ámbitos de sensibilización e prevención, así como axuda e protección das vítimas de violencia de xénero, actividades de vital importancia que deben desenvolver as entidades locais. Concretamente, deben servir para “mellorar a resposta ás mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos menores a través da atención, información, asesoramento, asistencia social integral, aloxamento e recuperación”. Segundo salienta a voceira, Lorena Peleteiro, “parece que o goberno local vive completamente alleo a esta lacra que afecta a toda a sociedade e, por suposto, tamén á veciñanza de Punxín”, unha actitude “vergoñenta”.
Desde o PSdeG-PSOE deste municipio denuncian que executivo local –formado polo PP e un concelleiro non adscrito– “deixou escapar 1.647,52 euros que perfectamente se puideron ter investido no noso municipio” sobre todo cando, insisten, “estamos a falar dun tema tan relevante como é a sensibilización, formación e prevención ante a violencia de xénero”. “A violencia contra as mulleres, ademais de ser unha vulneración dos seus dereitos fundamentais, tamén é a expresión máis cruel da discriminación e das situacións de desigualdade”, advirten desde o PSOE polo que “aínda se entende menos que o PP e o edil non adscrito amosen un desprezo e unha insensibilidade tan grande contra esta discriminación”.
“Así amosa o grupo de goberno de Punxín o seu compromiso coas mulleres e os seus fillos e fillas menores e contra a violencia de xénero, convertendo ao noso municipio nun referente dentro da provincia, pero nun referente absolutamente negativo unha vez máis”, asevera Peleteiro antes de concluír recordando que “cada vez temos máis claro que a nosa veciñanza merece un equipo de goberno moito mellor, con capacidade dabondo para xestionar os recursos de todas e todos da forma máis eficiente”.
O Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, ademais de medidas xerais para todas as administracións públicas, inclúe accións específicas para as entidades locais. Para promover a súa realización a este nivel administrativo, contempla un compromiso económico consistente en que os orzamentos xerais do Estado destinen, vía transferencias aos concellos, un fondo anual de vinte millóns de euros, co fin de garantir a efectividade do conxunto de medidas a todos os niveis.
Entendo que a evidente suciedade do pobo pode inclinar a críticas e a botarlle as culpas a uns ou outros políticos, xerándose conflitos e debates que non levan a ningún lado. Eu quero invitar a unha reflexión: O pobo está sucio porque a xente non quere ser limpa. Por exemplo, non hai rubor por deixar excrementos de cans nas beirarrúas nin en permitir que as mascotas mexen en calquer sitio, non existe vergoña por tirar basura fóra das papeleiras, que semellan inservibles, pois a xente tira bolsas, latas de refrescos, cabichas... no chan. Outros deixan o lixo fóra dos contedores e a horas a destempo, o que coa calor do verán xera cheiros desagradables... Como se me fai difícil pensar que é por falta de información, por descoñecemento e sen mala fe, porque a estas alturas todos sabemos as mínimas reglas de respecto, educación, limpeza e convivencia, e o analfabetismo está -creo- erradicado, non queda máis remedio que pensar que os habitantes -ás veces tamén os visitantes- son uns porcos. A limpeza tería que empezar por un mesmo.

A Xunta ven de adxudicar por un importe de 150.000 euros o servizo para a obtención da cartografía e para poder redactar o Plan Básico Municipal en seis concellos galegos, entre eles o de San Amaro.
A partir de agora, a empresa adxudicataria disporá de 6 meses a contar dende a sinatura do contrato para obter a base cartográfica do concello de San Amaro, información que se utilizará como o punto de partida para a elaboración do Plan Básico Municipal, que pasará a regular o futura ordenación urbanística neste concello de San Amaro.
Ademáis, outros 3 concellos da comarca, os de Punxín, Beariz e San Cristovo de Cea, están rematando a redacción do borrador do Plan Básico Municipal e o documento ambiental estratéxico para poder iniciar o procedemento de avaliación ambiental, con vista á aprobación e entrada en vigor deste instrumento para a ordenación urbanística nos 3 citados concellos.
agora que xa temos a declaración internacional do pulpo imos a intentar conseguir a do pobo máis sucio e porco? poñerán unha escultura en honra a suciedade de todas a rúas? non pode ser...creo que nunca estivo o carballiño tan sucio, as rúas cheas de mexadas de cans, pasas por onde hai colectores de lixo e cheira que apesta, todo cheo de colillas, non hai beirarúa que non este chea de marcas....é unha pena que tanto queremos que veña xente de fora e logo que cheguen aquí e vexan o pobo máis sucio que eu lembro....e o parque xa non digamos
As obras das aceras que se están facendo en Brués iban ben hasta que chegou a chapuza.Según sabemos a empresa que se encarga de renovar toda a acera,tubos e demais, traballa fino deixando todo ben feito.Resulta que do pavimento encárgase outra empresa.O pavimento era para quedar pulido sin verse os coios,pois aquí está a chapuza que quedará para siempre.Anduveron apurando e quedou o pavimento en sitios perfecto,noutros véndose os coios,nalgúns lados medios soltos,mal rematado contra o bordillo,con pequenos buratos,mal rematado nas entradas...resumindo unha chapuzada.Onde está o director de obra, encargado, alcaldesa e demás para parar esta chapuza,porque se fan todo así vai quedar ben feo, terán que falar coa empresa e poñerlle remedio a este tema porque e unha obra que vai quedar para moitos anos e se queda mal o pavimento vai ser para siempre.
Vista a triunfal resposta do grupo de goberno ante as críticas da oposición pola festa do pulpo, solo se me ocurre preguntar en que mundo viven. Da festa do pulpo, o único que vai ben, é a festa para os mozos a tarde noite do domingo no parque, organizada por algún hosteleiro local. E alégrome que sexa así, polo menos alguén ten iniciativa. Pero o resto... ¿Que propón este grupo de goberno? Dende a época de Montes e de Marnotes, nada de nada. Con Montes se fixo o tema da tapa xigante, con Marnotes a semana do pulpo, as actividades culturais e gastronómicas ó redor da festa... ¿Agora? O combo dominicano o venres e a descansar.. ¿Canta xente vai agora comer o pulpo o parque? ¿Cantas pulpeiras hai no parque? ¿Que animación hai no parque o domingo? E falo de música tradicional, de ter ambiente de romeria, non de festival techno ou regaetton... ¿Que pasou co desastre das camisetas? Un desorden total, horas esperando, nin música nin nada... Co que esto era outros anos... Os postos no parque o domingo ven parecen unha feira barata que unha festa tradicional... En fin, que señores do grupo de goberno, en breve hai eleccións... E poñanse as pilas, por que o pobo é un desastre... O único ó que se adicaban era a organizar festas, ¿e agora ata eso lles da pereza?

O portavoz do grupo de goberno asina un comunicado no que Diego Fernández sae ao paso "ante as inxustificadas críticas do PP do Carballiño á última edición da Festa do Pulpo, o grupo municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Carballiño manifesta o seguinte:
-Contrariedade porque o PP do Carballiño se amole ante a que foi unha das mellores fins de semana da historia de Carballiño, tanto en canto a afluencia de persoas como a volume de negocio para a hostalería en particular e o comercio en xeral. De feito, O Carballiño rexistrou cifras récord durante toda a semana, como dan fe deles os propios veciños e veciñas, tanto en número de visitantes como de actividades programas polo Concello. O dato dos miles de visitantes é especialmente relevante tendo en conta a coincidencia da Festa do Pulpo coa ponte do 15 de agosto, con festas tamén importantes en toda Galicia.
-Sorpresa porque o PP de Carballiño considere como algo negativo que a Festa do Pulpo recuperase o volume previo á pandemia, cando iso é algo do que todos deberiamos estar orgullosos e satisfeitos, pois supón cuantiosos ingresos para moitísimas familias da nosa vila e para a economía local. Contrasta coa relevancia que sí lle deron á festa tantos os medios nacionais (con amplas reportaxes en TVE, TVG, Telecinco, Antena 3, La Sexta ou Cuatro) como a repercusión internacional que tivo, que superou a de edicións anteriores a raíz da declaración de festa de interese turístico internacional.
-Perplexidade ante a alianza tácita e a pinza entre o PP do Carballiño, Espazo Común e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para atacar á Festa do Pulpo e ao Carballiño con exactamente os mesmos argumentos, reflectidos nas redes sociais, algo que non parece nin improvisado nin casual.
-En calquera caso, o goberno local de Carballiño e o PSdeG desta vila seguirán defendendo a Festa do Pulpo e a Carballiño por encima de calquera interese partidista e oportunista, ademais de traballar para que siga sendo unha referencia gastronómica xa non só nacional senón mundial.
-De feito, nada máis acabar esta edición, xa empezou a traballar na seguinte, que, non nos cabe ningunha dúbida, volverá ser a mellor edición da historia, por moito que lle pese ao PP, a Espazo Común e ao alcalde de Ourense.
Son os argumentos cos que o portavoz socialista rexeita as críticas da oposición e defenda a xestión do grupo de goberno socialista na organización da 60 edición da Festa do Pulpo celebrada a pasada semana.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 180
- 181
- 182
- 183
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- …
- seguinte ›
- última »