
A Insua dos Poetas acolle este venres, día 5 de agosto, o concerto gratuíto do grupo de folk arxentino-galego Sete Netos. A cita, na que colabora a Deputación de Ourense e a Consellería de Cultura a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, comezará as 20,30 horas na Esgueva (Madarnás - O Carballiño).
Sete Netos é unha banda de música folk, tradicional galega con fusión de folclore arxentino e iberoamericano- formada en 1998 en Buenos Aires. A maioría dos seus integrantes proceden do Grupo de Música e Danza do Centro Galicia de Buenos Aires.
O grupo está formado por netos de emigrantes galegos -de aí o nome da banda- que se formaron dende rapaces na música tradicional de Galicia. Teñen colaborado con grupos de prestixio internacional como Milladoiro, The Chieftains, Carlos Núñez, Luar na Lubre, Berrogüetto e outros grandes que visitaron Bos Aires, sendo eles mesmos unha referencia neste tipo de música en toda Latinoamérica.
A crítica resalta o traballo de Sete Netos combinando instrumentos tradicionais con outros máis contemporáneos, establecendo interesantes conexións entre a música do universo celta e a música tradicional de América. Son os difusores na República Arxentina e noutros países de forte emigración galega -Uruguay, Chile, Brasil, Venezuela, México e Panamá- dunha mestizaxe entre a música dos seus ancestros, dándolle un matiz moderno e innovador, con expresións tradicionais da Arxentina e toda Iberoamérica.
A Insua dos Poetas, un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas que xa ten acollido no Anfiteatro Nós concertos de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre ou Iván Ferreiro
A Insua dos Poetas, unha iniciativa levada a cabo ao longo de quince anos de actividade cultural inintorrompida, constitúe un referente no mundo literario e no campo das artes plásticas. E desde a inauguración en 2020 do Anfiteatro NÓS, conmemorativo do centenario da revista Nós, ten acollido importantes concertos musicais como o de Sés, Milladoiro, Luar na Lubre, A banda da Loba, Iván Ferreiro ou Xisco Feijóo.
"E agora, fiel aos nosos principios de ter en conta a Galicia do alén, o quefacer a prol da nosa lingua e a nosa cultura na diáspora, a Insua dos Poetas será o escenario natural do Grupo Sete Netos de Bos Aires", explica o presidente da Fundación Insua dos Poetas, o poeta Luís González Tosar.
Longa traxectoria dun grupo de referencia na difusión da música tradicional galega
Sete Netos lanzou o seu primeiro disco -homónimo- o 20 de abril de 2002, nun concerto no auditorio de Belgrano, en Bos Aires, diante de máis de 5.000 persoas. O 10 de maio de 2008 presentaron o seu segundo traballo discográfico, "Fogaxe". Esta vez no Teatro del Globo, unha das principais salas porteñas. Pouco despois levarían a cabo a súa primeira xira por Galicia, con concertos en Santiago, A Coruña, Vigo ou Pontevedra.
Nesta segunda andaina de Sete Netos por Galicia estarán presentes por primeira vez na provincia de Ourense.
Integran Sete Netos Gabriel Alberto Ponte -gaita, flautas, tin whistle e percusión-, Alberto López Barros -gaita, flautas, saxo, low whistle, ocarina, acordeón e teclados-, Jorge Alberto Sisto Mellid -guitarra, bandurria, laúd, batería, tambor e derbake-, Hugo Edgardo Reverditto Antúnez -pandeireta, bombo, cunchas, bodhran, djembe, derbake e percusión-, Marcelo Olveira Cambeiro -batería, djembe, derbake e guitarras-, Pablo Rouco -teclados, gaita, acordeón e arpa- e Nicolás Pérez -gaita, flautas, tin whistle, guitarras, violín e acordeón-.

O Concello do Carballiño vén de adxudicar o proxecto de musealización da Fábrica de Papel “A Labandeira” á empresa valenciana Ingeniería Interactiva del Ocio s.XXI S.L., despois de levarse a cabo a correspondente Mesa de Contratación. Tal e como informou o alcalde, Francisco Fumega, ao tratarse dun proceso aberto ao que se presentaron tres empresas conseguiuse unha rebaixa de 30.000 euros. Así, foi adxudicada de forma provisional por 170.000 euros e as empresas teñen un prazo de 15 días para presentar alegacións.
O proxecto ten como principal obxectivo potenciar a cultura e a economía local do concello. A Fábrica de Papel conta cun proxecto redactado polo arquitecto Manuel Gallego Jorreto. A súa rehabilitación levouse a cabo en distintas fases e con este contrato preténdese levar a cabo a musealización para a dar a coñecer a historia do proceso de industrialización decimonónica da comarca do Carballiño.
As obras de musealización levaranse a cabo en diferentes espazos. Así, na área de recepción de visitantes realizarase a elaboración artesanal dun mostrador a dúas alturas para a recepción, tallos e cadeiras, armarios de almacenamento e estantes. No andar semisoto, cunha superficie de 45,2 metros cadrados, instalarase o taller de elaboración de follas de papel e fabricaranse, en madeira de piñeiro, elementos a escala real como unha bañeira grande para a pasta de papel. Tamén se elaborarán outros a escala reducida e incluso un batán que, aproveitando o curso da auga, transmitirá un movemento alterno en un mazo para o prensado e satinado dos pregos de papel. Tamén haberá nesta zona paneis explicativos con gráficas correspondentes a cada proceso que se dará a coñecer na sala.
No andar de abaixo haberá tres zonas diferenciadas: A de encolado, onde irán aquelas follas de papel que recibirán tinta para facelas máis impermeábeis; a de brunido, onde o papel recibe outros tratamentos como o prensado e a zona de clasificación e preparación para o mercado.
O primeiro andar, cunha superficie útil de 115 metros cadrados, estará dedicado ao sequeiro de papel, cos tendais e mesas de colocación e o resto da sala a documentos históricos.
Un auditorio para 40 persoas será acondicionado no segundo andar (89 metros cadrados) e dotarase de medios audiovisuais e informáticos relacionados con elementos temáticos do mundo do papel. Tamén dará cabida a un mirador sobre o resto do conxunto da fábrica de papel, instalada nas marxes do río Arenteiro. O proxecto terá un prazo de execución de 9 meses e a financiación corre a cargo da Consellería de Cultura.
O alcalde, Francisco Fumega, destacou a importancia destas obras “para que a fábrica se converta no Museo do Papel de Galicia e colaboraremos coa Xunta para integralo na Rede Galega”.
Hola, lo peor no es poner muchas mesas si estan autorizadas, lo peor es pagar 5 y poner 30. Abusar sobre todo en la calle principal y algun sitio con carpas los dias de feria.
Tranquilos que no moveran ni un dedo, por eso abusan .
Una verguenza

Na praciña da porta darriba da Praza de Abastos, hai unha polleria, un local de embasado o vacio, unha Churreria, a que eu acudo todas as mañanciñas, e unha carniceria, carcuteria. Pois hai un cable que pasa pola fachada destes establecementos que leva descolgado a altura da cabeza dende as primeiras obras de remodelacion da praza xa fai varios anos, segun os donos destes estabrecementos.
Poi ahora inda se descolgou mais e esta a altura da nariz dos clientes e comerciantes, unha vez mais co perigro que entraña.
Señores concelleiros da época das obras e posteriores concelleiros ata a actualidade; As inauguracions son moi bonitas saen na prensa e ata dan votos, pero estas obras hai que rematalas e non deixar elementos colgando, afeando e o que e peor sendo un perigro potencial, e que non e cousa de unhos dias ou meses, hai 4 ou 5 anos, que este cable esta asi e xa se avisou en varias ocasions o señor alcalde rexidor.
Un esforzo, pois as empresas cobraron as obras pero dos remates, quen se fai cargo. Arriba Carballiño !!!

Os incendios forestais declarados na tarde deste domingo 31 de xullo no municipio de Boborás, xa estabilizados ao caer a noite, chegaron a poñer en risco vivendas na localidade de Moreiras, e tan so a rápida e afortunada intervención dos servizos de extinción de incendios da Consellería de Medio Rural evitaron unha catástrofe.
No operativo mobilizado neste lume en Moreiras participaron ata 6 brigadas, 4 motobombas, unha pala, 8 hidroavións e 5 helicópteros, coordenados por un mando integrado por 3 axentes forestais.
Éste de Moreiras foi o segundo incendio forestal rexistrado no concello de Boborás na tarde deste domingo, xa que anteriormente o lume afectou a montes da parroquia de Xurenzás, onde realizaron as labores de control 5 birgadas, 3 motobombas, 4 helicópteros e un axente. Ademáis, tamén foi requerida a intervención dos bombeiros do parque intercomarcal O Carballiño-Ribeiro, toda vez que o lume amenzaba a vivendas nas localidades de Prado e Balboa.
Está pendiente a avaliación da superficie queimada en ambos lumes, aínda que neste caso máis que a extensión dos incendios, o principal motivo de preocupación foi a próximidade do lume ás vivendas.
Llevo años oyendo que se va a poner en cada bar un cartel con el numero de mesas en la terraza que puede poner.
Mi pregunta es porque no se pone.
Los bares pueden hacer los que les da la gana y los demas tenemos que respetar las normas.

Con motivo da celebración dun evento promovido por Abanca, que reuníu a 500 clientes este pasado sábado, desde o BNG denuncian "unha nova agresión cometida co consentimento e correspondente autorización do equipo de goberno do Concello".
O BNG do Carballiño "pon unha vez máis en cuestión a utilización do parque municipal como lugar idóneo para a celebración de macro eventos que conlevan unha gran infraestrutura, co perxuizo que iso ocasiona para o mantemento do espazo e a conservación do ecosistema".
Segundo relatan os nacionalistas, é sabido que na cidadanía do Carballiño o parque municipal e máis concretamente o seu uso e mantemento, segue a ser motivo de preocupación e de debate, "algo que parece non importar ao actual Goberno Local", subliñan.
Para o BNG trátase dun episodio no que se pon de manifesto como "un espazo públicoé cedido neste caso a unha entidade privada coa autorización e aprobación do goberno municipal. O sábado, 30 de xullo do 2022, cando se celebrouse un evento, de carácter privado, nun espazo público".
Esta celebración levouse a cabo na entrada principal do parque, na explanada en torno ao monumento dos irmáns Prieto. No BNG pregúntanse se non hai outros espazos onde se minimizasen as agresións ao entorno. O asfaltado da avenida do Arenteiro ou as Barcias son algunhas das alternativas propostas polos nacionalistas ao tempo que denuncian de novo que unha vez máis non se regula o uso dos espazos.
Consideran os nacionalistas que existe descontrol nos usos do entorno, transito de camións, instalación de grandes carpas e eventos masificados.
Critican que seegue sen existir un proxecto sustentable para co medio ambiente. Neste caso un proxecto que regule o uso do espazo natural no parque e que sexa respectuoso para co medio.
No BNG Denuncian pois, "a agresión que se esta a cometer coa natureza e demandan do equipo de goberno o respecto e a dedicación necesaria para o mantemento e coidado do parque".
Finalmente, manifestan que "apostan decididamente pola conservación e polo mantemento do espazo e do ecosistema, así como da súa posta en valor, para uso e desfrute da cidadanía".

A Festa do Pulpo do Carballiño medra cada ano que pasa, ao mesmo tempo que o fai o interese da programación cultural que a acompaña. Estréase este ano a declaración de interese turístico internacional e a Semana Grande para Pequenos inaugurará os festexos. Do 1 ao 5 de agosto ofreceranse actividades en dous escenarios: de luns a xoves na a Praza Maior e o venres na Praza Veracruz. Será en horario de 19.00 a 21.00 horas e nesta edición agárdase un éxito de participación, xa que a acollida por parte das familias vai en aumento.
O programa foi presentado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, que estivo acompañado por Hugo Suárez, representante de empresa Avatel Telecom, operadora de fibra óptica.
O edil anunciou que haberá inchables, obradoiros, maxia e música, entre outras propostas. Ademais, programouse unha festa da escuma para a última xornada. Tamén subliñou que “a Semana Grande para Pequenos colleitou un gran éxito nos últimos anos e así será nesta nova edición”. Fernández tamén agradeceu á empresa a súa colaboración para que os nenos e nenas poidan participar nun amplo programa de actividades.
O programa detallado é o seguinte:
Luns, 1 de agosto: Inchable, obradoiro.
Martes, 2 de agosto: Inchable, coches a pedais, mini obradoiro.
Mércores, 3 de agosto: Obradoiro de maxia.
Xoves, 4 de agosto: Inchable, obradoiro.
Venres, 5 de agosto: Festa da escuma.
Os socialistas de Leiro vimos de presentar un escrito, ante o que consideramos unha discriminación en toda regra, por parte do Goberno Municipal do Partido Popular, a unha veciña que leva reclamando ante as autoridades municipais durante tres meses, que se cambie unha bombilla, de un punto de luz que ten o lado do seu domicilio, e que o grupo de goberno pasa de cambiala ante por desidea e pasotismo que todo lles da igual, e mais si depende da condición politica de cada veciñ@, si e das ideas do Partido Popular ou si e da oposición neste caso do PsdeG-PSOE ou BNG, se lle fai ou non, e triste decilo, pero a realidade e esta no noso termo municipal.
Por desgracia e utilizamos este termo porque non todos os veciñ@s son iguais, xa que ai de primeira categoria e segunda categoría como e este caso que nos ocupa, que un veciño teña que esperar que lle cambien unha bombilla despois de avisar no Concello, e pasen mais de tres meses, despues de varias reiteracions, de que foran arranxalo, debido a perigrosidad pola noite, xa que non se ve nada de nada, e cando son sabedores que teñen a obrigación de prestar este servicio, xa que o dice a propia ley e que un dereito que temos como ciudadans e non unha obrigación de pedir como un favor, esto e o que ten o cacisquismo que temos instaurado no noso Concello, e que esperemos os socialistas que adique nas proximas eleccions municipais, que se van a celebrar o proximo ano 2023.

Espazo Común asegura que "dous anos despois de levar unha moción ó pleno do Concello de Piñor, na que se demandaba a limpeza e tratamento inmediato das sépticas do Concello que se atopaban nun estado lamentable a situación non deixa de empeorar. Cada vez son máis as fosas que se atopan nunha situación deplorable: invadidas pola maleza, rodeadas de xurros de augas fecais, vertendo para ríos, camiños e fincas particulares, cun cheiro fedorento nas inmediacións e rodeadas de mosquitos e outros insectos posibles transmisores de enfermidades".
Engaden dende este grupo da oposición no concello piñorense que "a situación calamitosa non ten máis ca un responsable o alcalde de Piñor, que coñece perfectamente o problema, pois ademais de ser a súa obriga, son numerosos os veciños que relatan que o avisaron dos vertidos das fosas sépticas sen que fixera máis ca poñer escusas, cada vez máis difíciles de entender".
Espazo Común manifesta ademáis que "a imaxe non pode ser máis deplorable para un concello que gasta importantes cantidades de diñeiro en organizar numerosos e variados eventos que seica teñen a intención de promover ó Concello de Piñor coma un destino do turismo de natureza".
Consideran que con ser grave o da imaxe que ofrece ese abandono, moito peor son os problemas de contaminación que están causando nas augas e no entorno medioambiental do municipio, xerando focos de infección que constitúen un risco severo para a saúde pública.
“Esixímoslle que limpe as fosas sépticas sen máis espera. Xa estamos fartos de escusas peregrinas, a xestión do saneamento é unha competencia municipal, e xa leva máis de sete anos de alcalde dicindo que lle dedica ó concello as 24 horas ó día dos 7 días da semana; pero non é quen nin de manter as fosas sépticas como é debido” sinala o voceiro do grupo municipal de Espazo Común Francisco Fraga, ó tempo que engade que non pararán ata que estean as fosas limpas e co mantemento axeitado. Indica que “ se o alcalde non o soluciona de xeito inmediato este problema de contaminación e de saúde pública acudiremos á Confederación Hidrográfica, ós organismos de sanidade, medioambientais, e onde faga falta.”
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 184
- 185
- 186
- 187
- 188
- 189
- 190
- 191
- 192
- …
- seguinte ›
- última »