10, Xullo 2022

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, abordaron no transcurso dunha reunión a humanización da contorna do colexio e do polideportivo municipais.

Este proxecto enmarcaríase na liña de subvencións do plan Hurbe, que xa financiou con anterioridade a rexeneración do conxunto de Santa María do Campo, por un importe de case 100.000 euros.

Hai máis dunha década que o Goberno galego impulsa o plan Hurbe co obxectivo de brindar o seu apoio ás entidades locais na execución de actuacións dirixidas a habilitar ou recuperar equipamentos municipais e poñer en valor as contornas urbanas, e que este ano conta cun orzamento reservado de 7 millóns de euros.

Ademais, este concello tamén levou a cabo a humanización da travesía do Irixo ao abeiro da orde de axudas da Xunta destinadas á creación ou mellora de infraestruturas en concellos cunha poboación inferior a 20.000 habitantes. Esta obra contou cunha subvención de máis de 67.000 euros.

8, Xullo 2022

No dudo ni un segundo que la persona que se queja de las molestias y abusos de la hosteleria tiene razon, no es de ahora, el incumplimiento de ordenanzas y licencias en este concello.

Que si coches mal aparcados para parar "un segundo".

Perros meando en fachadas. 

Niños jugando donde "no deben".

Bicis y patinetes 

Pedir algun favor...a veces.

Vados ilegales. 

Lavadoras a las tantas porque quieren ahorrar...

Etc etc 

Y ahora nos volvemos protestones y exquisitos, sobre todo cuando los demas intentan ganar su pan con las pocas oportunidades que tiene despues de una pandemia con muchas consecuencias economicas.

Entiendo el derecho a dormir, descansar o simplemente porque "tengo derecho". Pero deberiamos pensar que ante una situacion ecomica cubierta,sea un sueldo o una pension, es facil reclamar, olvidandose quizas, de que mucha gente aqui antes de estar bien situado y querer o poder dormir placidamente, tuvieron que emigrar en un caso unos y ptros esperar mejor suerte, con poco mas que pan que llevarse a la boca . 

Encomendemonos a San Bernardo, si es santo de nuestra devocion y concede los favores pedidos. 

La tolerancia empieza por cerca y las buenas obras y no por frases bonitas ni filosofia barata. 

Y siempre ante la razon, hay sitios oficiales donde ponen la oportuna "queja" para su solucion . 

Mucho apoyo y aplauso en el covid y despues.....

El caso es "FUNGAR"

 

 

 

 

 

8, Xullo 2022

A través deste escrito quero denunciar as malas prácticas da hostalería do Carballiño, sobre todo, a dos bares e cafeterías da rúa Príncipal. Onte xoves pola noite fumos testemuñas ddos abusos aos que, lamentablemente, nos teñen acostumados os propiertarios destes establecementos na rúa do Paseo. Supoño que haberá algunha ordenanza que regule o horario de abertura e peche dos locales de hostelería, pero polo que aconteceu na madrugada do xoves 7 ao venres 8 sobrepasa tódolos límites, pois mentras que a maioría destes bares e cafeterías xa estaban cerrados e tiñan as terrazas recollidas, respetando, deste xeito, os horarios establecidos de apertura e peche, un par de locales tiñan as terrazas sen recoller e un deles seguía en plena actividade e coa terraza chea de clientes ate, alomenos, as 3 da madrugada.

Ben se ve que no Carballiño algúns establecementos de hostalería interpretan a súa maneira os horarios vixentes de apertura e cerre e pechan cando lles da a gana. Señores hostaleiros as ordeanzas e os horarios están para respetalos e non para incumplilos permanecendo abertos ata ben entrada a madrugada. O que pasa neste pobo coa hostelería é un escándalo e unha vergonza: incumprimento de horarios, terrazas que ocupan a vía pública restando aparcamento os vehículos, terrazas que impiden pasar os peóns, establecementos que piden licenza para instalar terrazas cun número determinado de mesas e logo poñen máis mesas das que lle otorga a licenza, locales que se adican a poñer a certas horas da madrugada música a todo volume, etc..

O dito esto é un escándalo e unha vergonza. E digo ben, xa que esto é un escándalo porque certos establecementos comenten semellantes abusos sen que ninguén lles poña freo e así levamos bastantes anos e falo de vergonza porque, por desgraza, quenes teñen que facer respetar e cumprir as ordeanzas miran para outro lado e permiten estas malas prácticas.

Unha mágoa que Bernardo non gañase as eleccións para poñer fin a estos excesos. ¿Ata cando teremos que aturar esta situación?.

 

 

8, Xullo 2022

Dende o Concello do Carballiño animan á veciñanza a que saia disfrazada nesa xornada e tamén a que comerciantes e hostaleiros colaboren en crear un ambiente festivo que,de seguro, vai encher as rúas da vila. Cabe recordar que esta xornada de sábado contará con varios eventos previos, como a festa do programa da Radio Galega “Pensando en ti” de Marcial Mouzo, que ten congregado a máis de 20.000 persoas e que arrincará ás 10h no parque municipal ou a actuación dunha das mellores orquestas de Galicia como é a Gran Parada, tamén no parque urbán do Carballiño ás 18h.

Así, o desfileo carnavaleiro deste sábado dia 9 de xullo comezará ás 20:30 no templo da Veracruz, pasando pola rúa Curros Enríquez, Xulio Rodríguez soto, Partido Carballiñés en Bos Aires e Rúa Principal. No mesmo, participarán famosas comparsas da comarca como os Arrieiros de Dacón, Os nevadiños, Os Silleiros de Maside, a Asociación Entroula e Anpa da Uceira ou a comparsa de Partovia. Tamén estarán presentes os inxeñiosos veciños de Amoeiro cas súas carrozas ou os espectaculares Solfamidas de Campo Lameiro.

Unha vez rematado o desfile, tres charangas animarán as rúas do Carballiño e continuarán ca festa de disfraces. A Charanga CLK, Castro Bello e Dr. Anchoa percorrerán as rúas da vila ata entrada a madrugada como peche da programación. Por todo esto e, unha vez asegurado o bo tempo, agárdase que O Carballiño viva unha nova e intensa xornada festiva cunha gran participación.

8, Xullo 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia un novo capítulo de “recortes”, “precarización” e “desmantelamento” sanitario levado a cabo polo Partido Popular na provincia de Ourense. Desta vez, tocoulle a Punxín que veu reducido o horario de atención do centro de saúde, onde se presta servizo unicamente dende as 12:00 horas. Unha situación que os e as socialistas denuncian que chegou “sen previo aviso”, máis aló dun cartel colocado no centro de saúde e que provoca que os usuarios e usuarias se atopen coas portas totalmente pechadas.

Para o PSdeG-PSOE este é un “novo episodio” do capítulo de “desleixo” e “abandono” co que o Partido Popular de Galicia e Alfonso Rueda tratan á provincia de Ourense. Os e as socialistas esixen “solucións inmediatas” a esta problemática, xa que segundo apuntan “están rematando coa sanidade do rural e obrigando á veciñanza a marchar a outros municipios para poder ter uns servizos dignos”. Neste senso, tamén destacan que “de pouco vale traer un autobús polos municipios prestando servizos sanitarios se a veciñanza non dispón dunha atención sanitaria digna no seu día a día”.

A voceira do PSdeG-PSOE de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, reivindica unha atención sanitaria de “calidade” para a veciñanza, xa que segundo explica “reducíronse os servizos sanitarios e en moitas ocasións, tan só se prestan os mesmos durante dúas ou tres horas”. Neste senso, a edil socialista manifesta que dende o PSOE “imos a loitar para que esta situación non continúe, para que se cubra a praza da médica xubilada fai uns meses coas mesmas condicións e para que a veciñanza sexa atendida dignamente”.

Peleteiro Vázquez critica a postura do PP e afirma que “falan de defender o rural, pero a realidade é que os servizos no rural están cada vez máis esquecidos”. No vindeiro pleno municipal, as concelleiras socialistas presentarán unha moción neste senso, na que agardan contar co respaldo do resto de forzas para a “defensa da sanidade pública en Punxín”, xa que tal e como apuntan “a nosa veciñanza así o merecen”.

Pola súa banda, a deputada autonómica do PSdeG-PSOE de Ourense, Marina Ortega Otero, afirma que os e as socialistas “reclamamos unha sanidade pública de calidade e proximidade para a veciñanza”. A parlamentaria socialista puxo o foco en que dende o PSOE “reivindicamos que en Valdeorras, Verín, no CHUO e nos centros de saúde das aldeas, que están a sufrir a falta de previsión por parte da Xunta, xa que non ten contempladas as xubilacións, se aposte por reforzar os servizos”. Neste senso, fixo fincapé en que Punxín “é o reflexo desta premisa e o que está a suceder é que dende que a médica se xubilou existe unha deficiencia na atención, non só de horario, senón que ademais comparten facultativo con outro concello, algo que non podemos permitir”.

Ortega Otero acusa ao goberno galego do Partido Popular de “vender a lei de demografía a bombo e platillo e con moito marketing, que non serve para nada se realmente non se blindan servizos básicos no rural como a sanidade, a educación e os servizos sociais”. Neste senso, apunta a que “seguiremos cos mesmos problemas demográficos e cos peores datos vexetativos do conxunto de Galicia e do Estado, namentres non se aposte de xeito decidido por políticas positivas e que non discriminen o rural”. Por último, afirma que “non podemos permitir que Ourense siga á cola e que o goberno galego siga a discriminar a provincia e por iso levaremos ao Parlamento de Galicia esta reivindicación”.

O secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, fixo fincapé en que o que está a ocorrer en Punxín “é un caso máis do que está a pasar nunha provincia que padece a desatención da veciñanza e das persoas maiores”. O voceiro dos socialistas ourensáns na Deputación de Ourense tamén se pregunta “que destino lle queda á xente que desexa establecerse e vivir nos pequenos concellos?” e sinala que “parece que para o PP ningún, posto que levan a cabo un recorte constante e masivo de recursos sanitarios, e iso leva a unha situación case sen saída”.

Villarino aféalle ao PP que “bote as culpas a Madrid dunhas competencias que son autonómicas, en lugar de poñer máis prazas de médico a dispor da cidadanía”. O líder dos socialistas ourensáns destaca que “queremos que o rural sexa un lugar digno para vivir e non imos permitir que a Xunta se esqueza de Punxín, nin de Ourense, polo que vimos de solicitar esa sensibilidade que precisamos con recursos e con feitos”. Por último, sinala que “no caso de non mellorar a situación, a xente rematará por marchar de todos os pequenos núcleos rurais que nutren esta provincia, algo que será letal para Ourense”.

7, Xullo 2022

O PSdeG-PSOE de Ourense destaca o “importante” pulo levado a cabo polo Concello de O Carballiño e a Secretaría de Turismo do Goberno de España para que a Festa do Polbo pase a ser de Interese Turístico Internacional. Os e as socialistas salientan que con esta declaración “potenciarase” unha das festas de maior relevancia da provincia, “atraendo” un maior número de visitantes e dando “maior visibilidade” ao traballo dos carballiñeses e carballiñesas por potenciar esta cita cultural, festiva e gastronómica.

A Festa do Polbo que chegará neste ano a súa 60ª edición, vense celebrando o segundo domingo de agosto dende 1962 e atrae cada ano a máis e máis persoas a vila do Carballiño. Cabe lembrar que en 2012, xa foi declarada como Festa de Interese Turístico Nacional, por parte do Ministerio de Industria e coa declaración Internacional “potenciase aínda máis unha festa de gran relevancia no municipio, na comarca e na provincia”. Foi este mes de abril, cando o goberno municipal encabezado polo socialista, Paco Fumega, presentou a solicitude ao Goberno central, que finalmente apostou por concederlla. O deputado no Congreso polo PSdeG-PSOE de Ourense, Adolfo Pérez Abellás, salienta que con esta declaración “potenciamos non só a vila do Carballiño, senón a provincia de Ourense, dándolle maior visibilidade a nivel internacional e promocionando a nosa cultura e gastronomía, que son únicas, por todo o mundo”.

O parlamentario ourensán, que exerce como voceiro da Comisión de Industria, Comercio e Turismo dende febreiro de 2020, tamén pon de manifesto que esta declaración “é unha oportunidade única para atraer un maior número de visitantes a nosa provincia, potenciar o turismo de interior e pór en valor o rural ourensán e o interior de Galicia”. Pérez Abellás destaca que para esta concesión “tívose en conta non só o interese real dende o punto de vista do turismo, senón tamén a antigüidade da celebración, a súa continuidade ao longo do tempo, na que se celebrou de forma interrompida, ou o arraigo da Festa do Polbo entre a sociedade, e que se pode comprobar ano tras ano cos milleiros de persoas que se desprazan ata O Carballiño para desfrutar desta cita marcada en vermello no calendario de festas e celebracións da provincia”.

Un feito que para o parlamentario socialista “é histórico e amosa o compromiso que o Goberno central, encabezado polo PSOE ten coa nosa provincia”. A Festa do Polbo convértese na segunda de recoñecemento internacional, tralo Entroido de Xinzo e os deputados e deputadas do PSdeG-PSOE de Ourense seguirán traballando para acadar novos recoñecementos para a provincia no futuro. “Temos que seguir remando por impulsar Ourense e as súas citas gastronómicas, culturais e festivas como un reclamo para potenciar o turismo na nosa terra”, destacan os parlamentarios Adolfo Pérez Abellás, Uxía Tizón e Miguel Bautista.

6, Xullo 2022

A Secretaría de Turismo do goberno de España ven de comunicarlle oficialmente ao alcalde do Carballiño que a Festa do Pulpo xa foi declarada como "Festa de Interese Turístico Internacional".

"Un verdadeiro orgullo para O Carballiño", proclamou o rexedor municipal nunha interveción en COPE O Carballiño, na que tivo un recoñecemento "para todos os alcaldes que durante estes 60 anos contribuiron a que cheguemos a este dia, para toda a xente do Carballiño e tamén moi especialmente para os pulpeiros e pulpeiras de Arcos-O Carballiño", como grandes artífices da tradición do pulpo á feira.

Fumega destacou o gran paso que con esta declaración da a Festa do Pulpo, que a partir de agora contará con maior promoción e maiores subvencións, e avanzou que coincidindo coa estrea da internacionalidade para o próximo dia 14 de agosto agarda poder inaugurar o gran monumento ás pulpeiras que se ubicará na rotonda do cruce da N-541 coa avenida do Balneario e a rúa Martínez Avellanosa.

5, Xullo 2022

Para eso é útil a política local, pra loitar polos servizos públicos no rural cada vez máis desatendidos e degradados. E non pra traer tal ou cal orquesta e encher unha festa de xente que non consume, e de lixo que hai que recoller.

Todo o pobo de Punxín debería estar coas concelleiras nesta causa. Elas protestan por algo que chama ao ceo. Pero os que tamén deben protestar son os veciños, porque neste caso concreto pouco se pode esperar dos representantes do goberno local sometidos aos caprichosos e propagandísticos designios ou ben do nunca ben ponderado presidente da Deputación, ou ben do presidente da Xunta, corresponsable da máxima degradación da atención primaria.

E no resto dos municipios debemos estar ollo avizor porque a paulatina degradación da atención primaria irá a máis se non protestamos.

5, Xullo 2022

ABANCA e a Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto veñen de asinar un novo convenio financeiro de colaboración que busca dar apoio ao comercio de proximidade a través do acceso ao crédito de alternativas creadas para mellorar a competitividade dos negocios actuais.

O documento foi asinado  polo director de zona de ABANCA en Ourense oeste, Carlos Alberto Díez Campos, e polo presidente da Asociación Carballiño Centro Comercial Aberto, Julián Garriga Crespo. Tras a rúbrica, ambos representantes compartiron impresións sobre a situación actual á que se enfrontan os negocios de proximidade. A través deste acordo, os comerciantes adheridos terán acceso a vantaxes, como un plan de financiamento creado polo banco e a agrupación de comerciantes para dar resposta ás necesidades do colectivo.

No documento detállanse produtos e servizos creados para realizar investimentos e reforzar a competitividade dos negocios. Así, terán acceso a préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos. Para adaptarse ás necesidades máis inmediatas da actividade diaria do comercio, o documento recolle outros produtos e servizos como as pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais ou confirming .

O banco tamén activa as liñas de financiamento oficiais do ICO e as SGR galegas para reforzar o apoio ás necesidades dos comercios e proporcionar solucións eficientes ante a crise. Os asociados poderán beneficiarse de condicións melloradas na contratación de dispositivos TPV físicos e virtuais . Estes últimos aumentaron notablemente o seu uso nos últimos tempos debido ao incremento do comercio por internet. Os adheridos tamén terán acceso ás vantaxes que lles ofrece o Programa Servizos ABANCA, que permite aforrar no pagamento dos servizos bancarios máis habituais.

4, Xullo 2022

As Concelleiras Socialistas de Punxín califican de vergoñento o que está a suceder no Centro de Saúde de Punxín, que esta mañá se atopaba totalmente pechado e sen ningún tipo de información ao respecto.

Dende o Grupo Municipal Socialista en Punxín, esixen a solución inmediata desta problemática, para Peleteiro “esta non é a forma de defender o rural nin a sanidade pública”, indica ademais, “de pouco vale traer un autobús polos municipios prestando “servicios sanitarios” si a veciñanza non dispón da atención sanitaria no día a día”.

Dende o PSdeG de Punxín indican que xa en datas pasadas se reduciu o horario de atención no Centro de Saúde, prestando servicio unicamente dende as 12 horas, e sen aviso previo máis que un cartel no propio Centro de Saúde, pero esta vez, os usuarios e usuarias atopáronse coa porta pechada e sin ningún tipo de aviso.

A voceira socialista en Punxín, Lorena Peleteiro comunica que, “levaremos esta situación ao próximo pleno da corporación municipal, defender a sanidade pública e unha atención de calidade no Centro de Saúde de Punxín debe ser unha prioridade de todos e todas, e condeamos que unha vez máis o grupo de goberno mire para outro lado e non sexa quen de defender á veciñanza de Punxín”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS