30, Xuño 2022

Asi ha estado estacionada este mediodia una furgoneta en la avda. 25 de Julio. A quien corresponda, tomen medidas para tratar de atajar estos comportamientos incivicos. Como se puede apreciar impide totalmente el paso en una acera de mas de cuatro metros de ancho.

30, Xuño 2022

A Concelleira do PP de Maside Luisa Barreiro cesou recientemente a sua actividade comercial, é decir: pechou o bar que rexentaba. Curiosamente sempre ten na boca e tamen nas formas un motivo para sinalar todo aquelo que considera inxusto cara a sua propia persoa e non dubida apuntar con dedo acusador todo canto feito lle parece desatinado sempre e cando claro, veña de quenes ela considera alleos ao PP. Tan exemplar pretende ser que onte fixo parte de limpeza no que ven sendo o bar que tiña e en lugar de facelo de xeito pulcro e medianamente ordenado, que é o que se espera dunha persoa como ela tan exemplar….que non soamente encheu un contenedor veciñal, senon que tamen ocupou parte da estrada e da beirarrua con o seu refugallo. Concelleira que se siente por enriba das normas que todolos veciños de Maside debemos cumplir, a ver si imos aprendendo a facer Ben as cousas. A sua atitude é vergoñenta e para mostra este primeiro boton.

29, Xuño 2022

A Festa de Exaltación do Pan de Cea chega á súa vixésimo novena edición agardando superar un novo récord de vendas. “Hai dous anos quedamos a mediodía sen existencias, polo que nesta ocasión poremos á disposición do público preto de 2.000 pezas”. Así o indicou o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan de Cea, Carlos Rodríguez, esta mañá na presentación da XXIX Festa de Exaltación do Pan de Cea, que se desenvolverá esta fin de semana no Campo da Saleta.

Rodríguez anunciou tamén que a XXIX Festa de Exaltación do Pan de Cea contará como pregoeiro con Jose Manuel Vázquez Rodríguez, xefe de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e nado en San Cristovo de Cea, quen será presentado por Marisa Crespo Leiro, recentemente nomeada filla predilecta deste concello é que tamén é unha cardióloga e investigadora destacada.

Na rolda de prensa tamén participaron o presidente da Deputación provincial de Ourense, José Manuel Baltar, e o alcalde de San Cristovo de Cea, José Luís Valladares. Ambos gabaron as cualidades deste produto con indicativo de calidade e auguraron un novo éxito de convocatoria para esta exaltación gastronómica.

O presidente do Consello Regulador desglosou o programa de actividades para esta fin de semana. A xornada grande, o domingo 3 de xullo, comezará a partires das 10.00 horas cun pasacalles a cargo de diversas charangas. Xa ás 12.00 horas terá lugar a recepción de autoridades no Campo da Saleta.

A continuación, Jose Manuel Vázquez Rodríguez e Marisa Crespo Leiro pronunciarán o pregón da Festa de Exaltación do Pan de Cea. Unha vez finalizada a súa intervención, ofrecerase unha degustación de produtos galegos con distintivo de calidade. A Charanga CLK e Feitizo de Pau e Troula Group encargaranse da amenización musical.

Xa ás 14.30 horas terá lugar o tradicional xantar organizado. “Temos a previsión de que acudan unhas 400 persoas”, concretou Carlos Rodríguez. Ás 19:00 horas haberá unha degustación gratuíta de chourizos ao viño con Pan de Cea. O final de festa comezará a partires das 20.00 horas, con orquestra.

Durante toda a xornada, haberá un espazo expositivo no que participarán unha vintena de empresas de diversos sectores. Artesanía e gastronomía daranse cita nesta mostra feiral, que se complementará co stand institucional onde se exporán produtos amparados por distintos Consellos Reguladores agroalimentarios galegos e co expositor do Instituto Ourensano de Desenvolvemento Económico (Inorde).

VIII Ruta dos Fornos e animación musical, o sábado 2

Aínda que a xornada grande do Pan de Cea será o domingo 3 de xullo, o sábado 2 de xullo terá lugar a oitava edición da Ruta dos Fornos. “O público poderá visitar os 6 fornos antigos, un máis ca en edicións anteriores, gozando de experiencias gastronómicas singulares en cada un deles”, concretou o presidente do Consello Regulador.

A VIII Ruta do Fornos poderase percorrer este sábado 2 de xullo, entre as 18.00 e as 22.00 horas. As propostas gastronómicas nos seis fornos participantes son as seguintes:

A) Forno do Lodairo: pepito de IXP Ternera Gallega, embutidos tradicionais, DOP pementos de Herbón, viño branco e tinto, cervexa Estrella Galicia e auga
B) Forno do Parapeta: queixos das DOP de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
C) Forno do Santo: empanada de Pan de Cea, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
D) Forno do Abade: mexillóns ao vapor, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga
E) Forno da Cebola: tortilla de IXP Pataca de Galicia, embutidos tradicionais, viño branco e tinto (apto para persoas celíacas)
F) Forno da Eira: xamón a corte, embutidos tradicionais, viño branco e tinto e auga

A VIII Ruta dos Fornos combinarase coa animación musical das agrupacións Charanga CLK, Candaira, Feitizo de Pau, Pandereteiras de Cea, Pandereteiras de Celavella e Pratos Mornos. O concerto final da oitava edición desta ruta correrá a cargo do grupo Movilla y los Irresistibles, ás 22:45 horas, e Gin Toni’s, ás 0:30horas; ambos os dous na Praza Maior de San Cristovo de Cea,.

Incremento da produción

Con respecto á comercialización de produtos da IXP Pan de Cea, Carlos Rodríguez indicou que “aumentamos a produción un 3% con respecto ao ano 2020, chegando case as 700.000 pezas”. Este incremento débese a “unha maior demanda dos nosos produtos amparados por parte doutras rexións españolas, como Comunidade Valenciana e Andalucía, aínda que seguimos mantendo presenza nos nosos mercados habituais en Madrid, País Vasco e Cataluña”, explicou o presidente. Na actualidade, son 13 os fornos tradicionais inscritos no Consello Regulador, os mesmos que o ano pasado.

28, Xuño 2022

Os concelleiros de turismo e cultura do Carballio, Manolo Dacal e Diego Fernández, presentaron o programa de actividades que oferta o concello carballiñés para os meses de xullo, agosto e setembro de 2022.

Son máis de 100 actividades pensadas para todos os públicos e idades, e a maioria delas teñen carácter gratuíto, unha programación que representa un desenvolvoso económico para o concello do Carballiño que supera os 150.000 euros.

Abrindo o arquivo adxunto podes consultar toda a programación, con datas, lugares e horarios para a súa celebración.

24, Xuño 2022

A Xunta de Galicia e concello de Beariz colaboraron nas obras de mellora levadas a cabo no centro social da asociación de veciños de Alvite, un pobo singular e que fai apenas unhos anos quedou deshabitado, e constitúe hoxe en dia todo un exemplo de recuperación e rehabilitación.

A través dunha axuda do Plan específico de acción comunitaria, destinadas a asociacións, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños de Galicia, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais, o Goberno galego colaborou con esta entidade veciñal do núcleo de Alvite no acondicionamento exterior do local social, así como na dotación de equipamento informático e audiovisual cunha achega de máis de 31.000 euros nas convocatorias de 2020 e 2021.

As obras incluíron a colocación de lousas de pedra no acceso a algunhas estancias, a plantación de árbores tipo camelia no xardín, así como a colocación de valado na parte traseira e a habilitación dun espazo para realizar proxeccións de cine ao exterior en verán. Tamén se realizou a acometida da instalación eléctrica e das redes de abastecemento e de saneamento.

Ademais, a colaboración da Xunta permitiu dotar ao centro social de mobiliario e equipamento audiovisual cun novo proxector de imaxe, unha pantalla para o proxector, equipo de son, ordenador portátil, impresora láser e cadeiras abatibles.

N

24, Xuño 2022

O grao de decadencia do mercado municipal carballiñés é evidente nas últimas décadas, foi diminuindo a oferta e o número de postos, cando Espazo Común recorda como "a Praza de Abastos do Carballiño é todo un símbolo da nosa historia, en torno á figura de grandes emprendedores e dunha instensa vida comercial".

Espazo Común lanza esta reflexión "hoxe en dia é tamén un símbolo e un triste reflexo da decadencia de moitos dos ue deberan ser os eixos troncais da vida diaria da economia do noso pobo", e fai unha fotografía da actúal praza de abastos do Carballiño "case baleira, cunha oferta limitada case por completo á carne e ao peixe, que queda a anos luz das outras vilas semellantes que foron recuperadas con gran éxito".

Recordan que no periodo 2015-2018 fixéronse inversións para mellorar a imaxe das instalacións, creouse unha imaxe de marca e leváronse a cabo campañas promocionais, asi como outras moi diversas actividades de dinamización deste espazo comercial, non obstante -manifestan- que dende o ano 2018 non houbo novas iniciativas promovidas dende o concello e na actualidade tan so 10 postos do interior teñen actividade e "varios destes pecharán pronto  por xubilacións".

Con este panorama, conclúe Espazo Común,  no caso de non tomarse medidas urxentes "a situación pode ser irrecuperable, cando se conta cun edificio senlleiro e cheo de posibilidades, é indiscutible que con algo de traballo e ilusión a Praza de Abastos do Carballiño ten futuro".

Desta maneira, Espazo Común levará o próximo pleno que celebre a corporación municipal unha moción na que esta formación política propón un Plan de Recuperación da Praza de Abastos do Carballiño.

24, Xuño 2022

Leia en un articulo pasado sobre O Carballiño, que este concello se "inunda de eventos" sera ese el motivo por el que los negocios de hosteleria estamos "ahogados". 

Una verguenza que a estas alturas no haya programacion, o si la hay, no se haga publica, para organizarse, para saber como afrontar el verano, sobre todo despues de una pandemia que dejo a todos muy afectados economicamente.

No valen excusas, no valen actividades de otros colectivos para rellenar y que itros hagan el trabajo, no vale con ver movimiento en una calle decir que "hubo gente". 

Es decir no vale nada, esta visto que este grupo de gobierno esta aun en confinamiento y no es consciente de la realidad de este pueblo, por mucho q digan que si y salgan en muchas fotos. 

Se pierde economia, ilusion por todo, ganas de irse, como se van los vecinos a donde si hay actividades, eso tambien fija, pero despoblacion . 

Un concello de este tamaño, tiene que tener presupuesto mas que suficienre para hacer frente a eventos, pero de peso, no carpas, dia de lluvia y semana del spol. Inventos....

Habra que empezar a exigir y protestar, y para que salga un pareado, en la elecciones ......cambiar.

 

23, Xuño 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro vén de presentar unha moción para o seu debate na sesión plenaria municipal do vindeiro 27 de xuño na que insta ao Concello á posta en marcha do servizo coñecido como “familias madrugadoras” no colexio público Emilia Pardo Bazán e coincidindo co inicio do curso escolar 2022/2023. Os socialistas explican que con esta moción pretenden “facilitar” a conciliación laboral e familiar e atraer poboación ao municipio cun servizo “esencial nos tempos que corren”.

Dende o Grupo Municipal Socialista destacan que esta medida consistiría na “ampliación” do horario de apertura durante os días lectivos, é dicir que o servizo desenvolveríase no período anterior o comezo das actividades docentes. Os socialistas consideran de “vital importancia” instaurar un sistema que permita facer “compatibles” as diferentes facetas da vida, o emprego, a familia e o tempo persoal. Apostan por un servizo que segundo afirman “permitiría atraer novas parellas ao noso municipio, que non teñan que marcharse as que contan con crianzas en idade escolar” e subliñan que “sairiamos gañando todos, tanto so pais e nais, como as crianzas e o municipio que podería aumentar a súa poboación”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, fai fincapé en que coa implantación do programa familias madrugadoras “melloraríase a conciliación tanto no laboral como no persoal, contribuíndo a que as persoas con fillos a cargo puidesen deixar aos mesmos no centro escolar antes de ir a traballar”. O edil socialista afirma que con esta iniciativa “pretendemos dar as mesmas oportunidades aos veciños e veciñas de Leiro e beneficiar a súa calidade de vida, gozando dun servizo que atenda aos seus fillos e fillas antes do comezo das horas lectivas”. Rodríguez Vázquez salienta que o Concello de Leiro “non pode mirar para outro lado e debe levar a cabo este servizo de conciliación” e destaca que “o PP non pode ser alleo a esta problemática e ten que afrontar un problema que padecen moitas familias do noso termo municipal e que lles impide que poidan realizar unha correcta conciliación familiar, laboral e persoal”.

O PSdeG-PSOE de Leiro tamén presenta outra moción na que insta ao goberno municipal a que se estableza de xeito “mensual” unha feira popular no municipio, con data preferente para a súa celebración o día 24 de cada mes, xa que tal e como explican “era cando se celebraba anteriormente, ata a súa desaparición nos anos 1963 e 1964”. Os socialistas explican que están abertos a un posible cambio de data en caso de “consenso” dos diferentes grupos políticos, pero argumentan que o 24 “serviría como recoñecemento aos nosos antepasados, xa que era a data na que se celebraba dita feira”. Os socialistas de Leiro tamén piden “consenso político” para seleccionar o lugar no que se celebrará e a organización para “garantir” o seu correcto desenvolvemento.

Dende o PSOE de Leiro destacan que “dende sempre na nosa comunidade, as feiras populares serven para promover, difundir e rescatar valores e tradicións da nosa cultura, tanto a través da gastronomía, como da artesanía e dos produtos locais”. Manuel Rodríguez afirma que un evento desta magnitude “contribúe a romper a estacionalidade e a fortalecer ao municipio como destino turístico, cunha identidade propia e que ademais xere un impacto social”. O edil socialista considera que a feira popular serviría como iniciativa para “impulsar” o desenvolvemento económico do territorio e “mellorar” a calidade de vida dos veciños e veciñas de Leiro. Os socialistas avogan por unha feira que serva de pulo para os produtos de Leiro, xa sexan ecolóxicos, maquinaria agrícola, produtos naturais, maquinaria das adegas, comestibles, artesanía ou agro.

No pleno municipal do vindeiro luns, 27 de xuño, o PSdeG-PSOE de Leiro defenderá dúas mocións máis. Na primeira delas instan a que o Concello “leve a cabo un plan de sinalización xeral das diferentes aldeas e dos accesos aos núcleos de poboación e lugares de interese”. Na segunda piden a creación dunha comisión de traballo, representada por todos os grupos políticos da corporación municipal, na que “se elabore unha liña de apoio a emprendedores para a creación de novos negocios no noso municipio”.

23, Xuño 2022

Recordo que fai un tempo (non sei canto exactamente) os autobuses da empresa Monbus sí paraban tanto para subida de viaxeiros sentido Ourense fronte as casas dos ferroviarios como para baixada dos que viñan de ourense fronte ao Fuchela. Pero xa non é así. .Como digo desconezo desde cando pasa isto xa que normalmente uso os servicios da Montañesa pero o outro día tiven que ir nun Monbus e sorprendeume negativamente esta circunstancia. Ahí o deixo para información e denuncia xeral.

PD: Dicir que para os funcionarios que veñen no autobus das catro e media da tarde sí os deixan baixar na estación de tren pero non deixan igualmente subir a ninguén nesa parada.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS