
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao presidente do Club Deportivo Arenteiro, Argimiro Marnotes, ao que confirmou a renovación do patrocinio do equipo carballiñés a través do programa Ourense, provincia termal, “pois ninguén mellor que este club para promocionar o termalismo da provincia e, de modo singular, da vila termal por excelencia”, afirmou Baltar. Un apoio que se estende á renovación integral do céspede que xa se está a executar no estadio de Espiñedo.
O presidente do goberno provincial felicitou a Argimiro Marnotes “pola fenomenal tempada dun club cuxo futuro se escribe con maiúsculas”, recoñecemento que trasladou tamén a unha afección “que mostrou durante todos estes meses unha gran ilusión, converténdose nos seguidores do club máis representativo da provincia”.
O presidente do CD Arenteiro expresou en nome do club o agradecemento ao presidente provincial e á Deputacion pola renovación do patrocinio, destacando o impacto que tivo no partido da Copa do Rei ante o Valencia en decembro pasado: “O lema Ourense, provincia termal foi visto por máis de 700.000 espectadores e por máis de 2 millóns de internautas que accederon ata o momento ás imaxes do partido a través da redes”.
Tamén se referiu Marnotes á renovación integral do céspede de Espiñedo, “que permitirá contar ao equipo cunhas renovadas instalacións deportivas nun dos aspectos clave para un equipo de fútbol como é o propio campo, que agora será o axeitado para un club da Segunda Federación”.

Considera Espazo Común que trátase "dun dos mellores exemplos da errática xestión do autonomeado rei do asfalto, que segue sen concretar cal vai ser o fin exacto das instalacións", e mesmo reprochan ao alcalde do Carballiño que "chapuzas como o edificio de recepción que afea notoriamente o proxecto de Gallego Jorreto definen como se xestiona o diñeiro público", o da antiga fábrica de papel da Lavandeira, onde o concello carballiñés proxeca a creación do museo de papel.
A formación política liderada por Pachi Vázquez considera que "é un exemplo moi esclarecedor do tempo e cartos perdidos para O Carballiño, dende o ano 2015 van alá 1 millón de euros sen que a dia de hoxe haxa data para a súa apertura nin tan xiquera unha idea clara de a que se van dedicar as instalacións", polo que demandarán que se dea conta da inversión realizada e tamén, que se fixe unha data para a súa apertura.
Espazo Común manifesta que "despois dos cartos investidos e o tempo sen abrirse, podemos falar do Gaiás do Carballiño, ironizan.

Desta maneira, repítese esta dedicatoria ao Camiño Xacobeo, que xa fixera o concello carballliñés no ano 1993, tal como se aprecia no cartaz daquel ano, obra do cartelista histórico da "Festa do Pulpo", Felipe Luis López.
Agora, 29 anos despóis o concello do Carballiño decide que a festa deste ano 2022, que se celebrará como é tradicional o segundo domingo de agosto, sexa dedicaca ao Xacobeo. Os responsables municipais ultiman estes dias a programación de actividades, que recuperá practicamente o seu formato tradicional prepandemia,
Pola comarca do Carballiño percorre o Camiño Mozárabe, tamén coñecido como a Vía da Prata, a través dos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor. Ademáis, o concello do Carballiño forma parte da Asociación do Camiño Miñoto-Ribeiro, que ten como finalidade o recoñecemento oficial desta ruta xacobea que partindo do norte de Portugal percorre polas comarcas do Ribeiro e O Carballiño, mesmo cun tramo dentro do termo municipal do Carballiño.

En poucos dias estará operativo o novo portal dixital do concello do Carballiño na nova dirección www.carballino.gal que presentaron hoxe os responsables municipais, o alcalde Paco Fumega e o concelleiro de cultura Diego Fernández, acompañados do autor do deseño Luis Baños e o técnico municipal Cristian López.
Un proxecto no que o concello do Carballiño investíu 14.000 euros para "unha nova web que mellora moito a accesibilidade, tamén a visibilidade e a súa calidade, permitindo unha navegación máis sinxela", dixo no acto de presentación Diego Fernández.
A nova páxina web estará dispoñible tan pronto se complete o proceso do envorcado de todos os contidos á nova dirección na internet.

O presidente do C. R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara, presentou o programa de actividades da Semana da D.O Ribeiro que se celebra desde onte e ata o próximo día 17 na capital herculina. Fíxoo acompañado de Juan Ignacio Borrego, primeiro tenente de alcaldesa e concelleira de Relacións Institucionais do Turismo e Seguridade Cidadá, que confirmou o apoio do Concello a unha entidade que representa a uns 5.500 viticultores e que está moi presenta na cidade.
E precisamente desa longa relación entre o Ribeiro e A Coruña falou Casares na súa intervención, lembrando que “xa entre os séculos XII e XIV embarcábanse no porto coruñés miles de litros de Ribeiro con destino a Inglaterra”, e incidindo na importancia que a cidade, _“unha das grandes de Galicia”_, e a propia provincia teñen para a D.O., xa que ademais da súa situación estratéxica son tamén grandes consumidoras destes viños.
Con respecto ao programa, o presidente do Consello Regulador convidou a gozar das actividades programadas na Semana da D.O. Ribeiro, que se repartirán entre o salón Planta -1 de Afundación, onde esta mesma mañá inaugurouse o Túnel dos Viños da D.O. Ribeiro, e o Centro Ágora, que acollerá varias catas e a gala de entrega de premios.
O Túnel dos Viños, que rexistrou gran afluencia de visitantes nas súas primeiras horas, poderase ver de 12.00 a 14.30 e de 19.00 a 21.15 h (excepto xoves e venres, que estará aberto só en horario de mañá) con entrada libre, e en palabras de Casares “resume o que se está facendo nos tres vales que articulan o territorio da nosa denominación, Miño, Arnoia e Avia, e farán que calquera que se achegue vai saír de alí coa idea exacta de cómo son os nosos viños, e apreciar tanto da calidade da súa elaboración, como a súa variabilidade”.
Estuvo moi ben a tertulia do outro día. Moi variada e entretenida. Non entendo por que a alguna xente lles molesta que o señor Gonzalo estuvera ali e falara con libertad do que pensa.
En vez de queixarse por que falou deberian dar argumentos e razonar. Eu non vin que o señor Gonzalo levantara a voz en ningun momento nin que faltara o respeto a nadie.
Si que se puxo moi nervioso o señor que sempre fala en nombre do PP cando lle mencionaron o Pachi. Xa se ve que prefieren o Fumega por mal que o faga antes que Pachi volva a ser alcalde.
Eso de que lles parezca mal que se escoiten outras opiniós deberian miralo con calma.

O PSdeG-PSOE de Punxín cualifica a visita do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar a Punxín como un acto “partidista” e “electoralista” do Partido Popular. As socialistas consideran que a “performance” do presidente provincial só tiña como obxectivo dar a coñecer á nova candidata dos populares, Diana Sulleiro, empregando, unha vez máis, as institucións para un uso do seu partido político.
Para o Grupo Municipal Socialista, a decisión de non avisas as concelleiras da oposición da visita do presidente da Deputación Provincial a Punxín “é un exemplo máis da falta de respecto do grupo de goberno municipal, xa non só as concelleiras, senón á metade da veciñanza de Punxín”. Consideran que esta situación “amosa que ao PP tan só lle preocupan os intereses persoais dos seus membros e namentres desleixan e abandonan a unha veciñanza farta da parálise e o retroceso que vive o municipio da man do bipartito conformado polo PP e un concelleiro non adscrito”.
A voceira do PSdeG-PSOE de Punxín, Lorena Peleteiro Vázquez, apunta que José Manuel Baltar “veu a Punxín máis en calidade de presidente do Partido Popular, que de máximo representante da Deputación, co único obxectivo de presentar a que será a nova candidata dos populares á alcaldía, Diana Sulleiro”. A edil socialista considera que “Baltar e o PP empregan as institucións públicas sen ningún tipo de reparo, co único fin de sacar rédito político”, xa que tal e como apunta “non ten ningún tipo de sentido vir a promocionar un investimento dunha obra que leva 3 meses comprometida e que foi aprobada por unanimidade no pleno municipal”.
Peleteiro Vázquez tamén subliña que o PP “non ten escrúpulos a hora de empregar o que é de todos no seu propio beneficio” e fai fincapé en que no Partido Popular “están moi nerviosos ante a situación de desleixo que se vive en Punxín, despois de 3 anos de goberno municipal no que o Concello non evolucionou, senón que retrocedeu, debido principalmente a nefasta política e a pésima xestión do equipo de goberno”.
As concelleiras socialistas insisten en que Punxín “precisa un cambio de forma urxente, que remate co abandono que vive á veciñanza e dun novo goberno municipal que aposte, dunha vez por todas, por escoitar suxestións e reclamacións dos veciños e veciñas nos seus problemas cotiás, algo que o PP non fixo ao longo de todo o mandato”.
Bueno bueno bueno, señor Gonzalo, artificiero del señor Pachi, que tanto es usted presidente de una asociación de vecinos de Carballiño, como concejal de San Amaro, como candidato a concejal en Carballiño, alcalde pedáneo da calle principal, lo que sea, pero siempre eso sí perteneciente al cuerpo especial de inteligencia del ejercito de Pachi, se lució usted en la última tertulia de Cope en Carballiño.
El señor Fumega será el Rey del Asfalto, pues ciertamente lo dijo el mismo, pero usted más bien parece la Sota de Bastos, pues va dando palos en defensa de su Rey Pachi allá donde haga falta, según usted el mejor en todo, no sé eso es a criterio de cada uno, lo cierto es que con él siempre está lo peor, y usted demostró ser uno de ellos pues como faltón, incisivo, alterado y rencoroso, demostró sus cualidades.

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro de traballo co alcalde do concello de Beariz, Manuel Prado, para coñecer de primeira man as necesidades e demandas dos veciños deste municipIO relativas ao agro. Así, ambos dirixentes analizaron a posibilidade de mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais mediante o acondicionamento das principais vías de comunicación e doutras infraestruturas.
Así, o conselleiro lembrou que a través do Plan Marco 2022-2023, que contempla preto de 18 millóns de euros en axudas para que os concellos galegos poidan mellorar os seus camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, o concello de Beariz foi beneficiario dunha contía de algo máis de 40.000 euros, que se suma aos preto de 33.000 euros da convocatoria anterior.
Os socialistas de Leiro, dame a min como veciño que son, que perderon o norte e a razon, despois de ler neste medio queixas imprecisas non se sabe xa si de temas que son necesarias ou dunha tirria mais que visible contra o grupo de goberno que acertada ou desacertadamente outras veces e o que durante anos goberna.
Os socialistas pensan que a eleccions vista esta forma de facer daralle bo resultado, escribindo testamentos sin orden nin xeito, movidos por o rencor, olvidando que ese grupo de goberno, esta posto por os veciños que o votaron, faltandolles o respeto tamen a eles.
Claro que se pode facer oposicion, pedir, esixir, pero penso que non asi, da pena e solo se consigue unha mala publicidade para o concello e para o psoe xa non digamos, risss e burlas.
Un veciño.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 191
- 192
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- …
- seguinte ›
- última »