
O salón do Aparthotel Arenteiro acolleu a convocatoria pública promovida por Pachi Vázquez coa finalidade de constituir unha asociación "na defensa do asilo", unha chamada á que asistiron arredor dun cento de persoas.
O líder de Espazo Común reiterou varias veces, que este este proxecto asociativo nace "en positivo, e non pretende ir cotra ninguén, senón velar polo legado dos irmáns Prieto e que se cumpla o espíritu dos estatutos fundacionais". Vázquez defende a creación desta asociación porque "o patronato do asilo está en perigo, e o pobo do Carballiño ten que saber que a Fundación non é da igrexa nin do concello, senón do Carballiño", tamén asegurou que "durante 120 anos non houbo motivo de preocupación, pero sí dende que marcharon as monxas fai dous anos".
A celebración desta reunión coincidíu nunha xornada na que o sindicato da CIGA e as traballadoras que están enfrontadas á dirección da Residencia Irmáns Prieto levaron a súa protesta ata Ourense, cunha concentración ás portas do Bispado, na que pediron "a readmisión das traballadoras despedidas".
Pola súa parte, a directora do xeriátrico carballiñés defendou nesta emisora de radio a política de persoal e lamentou que "unha minoría das traballadoras non entendesen os cámbios que houbo que levar a cabo, adaptandose ao que nesta e calquera residencia de maiores esixe a Xunta". Nuria Iglesias dixo que o cadro de persoal é na actualidade de 62 persoas e tan so "unha minoria non se adaptou, lamentablemente houbo que tomar decisións porque non estaban facendo ben o seu traballo, e o verdadeiramente imporante son as persoas que coidamos".

Xunta publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria, para xuño e setembro, dos actos expropiatorios para dotar de acceso o parque empresarial de Beariz desde a estrada autonómica OU-212.
Esta intervención de mellora da mobilidade e reforzo da competitividade e das potencialidades empresariais do municipio suporá un investimento autonómico de 445.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que avanza na contratación das obras, prevé iniciar os traballos en outono. A actuación conta cun prazo de execución de 4 meses.
Os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 20 de xuño, das 11:00 ás 13:00 horas, na Casa do Concello de Beariz. A formalización das actas de ocupación levarase a cabo o 1 de setembro, tamén na sede do Concello, das 9:30 ás 10:00 horas. No seguinte enlace ao DOG pode consultarse a información: https://cutt.ly/1JATTJR.
Esta actuación é o resultado dun estudo onde se analizaron seis alternativas, tendo en conta a xeometría da estrada OU-212, a funcionalidade e a seguridade viaria. A solución concreta a proposta recollida no Plan Especial de Creación de Solo Industrial do Concello de Beariz.
Así, o departamento de Infraestruturas da Xunta actuará na estrada OU-212 ao longo duns 250 metros, pola marxe esquerda da vía, executando unha intersección que permitirá todos os movementos, en especial, dos vehículos pesados que se acheguen ata o polígono. A intervención inclúe a habilitación de cuñas de aceleración e desaceleración de 30 metros de lonxitude para facilitar a incorporación á estrada e tamén a saída cara ao polígono en condicións de seguridade, ademais de carril central de espera para favorecer os xiros desde esta estrada cara á área empresarial, pensando en ofrecer maiores facilidades aos camións.
Na zona onde se realizará a nova conexión o trazado está formado por unha recta duns 400 metros de lonxitude que, aproximadamente no seu punto medio, conta cunha estrutura de vigas prefabricadas que permite o paso sobre o regato existente. Tamén se procederá á instalación de canalizacións de servizos baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación do parque empresarial, de forma que só sexa necesario a instalación de báculos e de cableado.

"Que actúa ou se comporta sen poñer atención no que di ou fai, sen decatarse do que pasa arredor"
Nesta rúa había un punto de recollida de lixo con dous contedores amarelos e dous verdes.
Debido ás molestias que causaban, ruído, malos cheiros, ... algúns veciños solicitaron ó concello a súa reubicación. Agora están a menos de cen metros.
O asunto é, que hai algún ou algunha que está en desacordo. Deixan o lixo no chan e logo os animais, pegas, cans, .... císcano pola rúa.
Ós veciños quédannos dúas opcións, collelos na allada e tramitar a correspondente denuncia ou agardar que lles veña o entendemento: "Bo xuízo, aptitude para xulgar e obrar de maneira correcta".
BOAS.
-COMO XA SE DIXO HAI UNS DÍAS , OS ILUMINADOS DO CONCELLO , SABENDO OS PROBLEMAS DA AVDA. DE COMPOSTELA A ALTURA DA RÚA PIÑOR, POIS MANDARON AÍNDA MÁIS AUGA DENDE ESTA RÚA PIÑOR HACIA O ALCANTARILLADO DA AVDA. DE COMPOSTELA, E CLARO Á PRIMEIRA ......POIS OUTRA INUNDACIÓN....NON SABEMOS CÓMO SE PODE SER TAN CHAPUZAS E COMO LLE IMPORTAN UN BLEDO OS VECIÑOS. O IMPORTANTE É GASTAR CARTOS Ó TOLO PARA QUE PAREZA QUE SE FAI ALGO, AÍNDA QUE SEXA Á COSTA DE FASTIDIAR ÓS VECIÑOS. TEMOS O QUE MERECEMOS.
UN SAÚDO A TODOS

Os días 9, 16 e 23 de xuño ( das 16.00 ás 19;30) terá lugar un Obradoiro de Dixitalización, impartido pola Fundación Amigos de Galicia, nos que todos os participantes, mellorarán os seus coñecementos e habilidades no manexo de CAIXEIROS AUTOMÁTICOS ( a traves dunha réplica cuasi real dun caixeiro), USO DO MÓVIL, E DOMINIO DE APLICACIÓNS TAN BÁSICAS COMO A DO SERGAS (debe traer cadaquén o seu móvil particular).
Todos os interesados poden apuntarse na conserxería do Centro Sociocomunitario da Xunta, sito na avda Julio Rodriguez Soto,37. Asimesmo, vaise celebrar un microobradoiro de mellora da psicomotricidade fina a través do entretenemento con fieltros, os días 8, 15, 22 e 29, en horario de mañás. Tamén o día 15, a Escola galega de Saúde Pública impartirá nas dependencias do centro unha charla sobre alimentación saudable, ás 16:30. O 23 de xuño o Centro Sociocomunitario do Carballiño retomará a tradición do facho das herbas de San Xoán.
E por último, recordar que está aberta a inscrición para o programa: Mantente Activ@; Ximnasia de Verán; Para todas as persoas interesadas, polas mañáns dos meses de xullo a setembro. En outubro retomaranse as clases de Teatro, Canto e Pandereta, Estimulación Cognitiva, Ioga, Pilates e Ximnasia de Mantenemento entre outras.

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos alcaldes do Irixo, Manuel Cerdeira, e San Amaro, Fernando Redondo. Unha reunión na que os rexedores presentaron ao presidente do goberno provincial unha proposta que contará co apoio da Deputación: a celebración da primeira edición do Festival Céltico.
O evento celebrarase no mes de setembro en dous fines de semana consecutivos -primeiro en San Amaro entre o 2 e 4 de setembro, e despois no Irixo, entre o 9 e o 11-, buscando fomentar a cultura galega e música folk e celta, apoiándose na tradición da cultura castrexa representada en estes municipios -con máis de 12 castros catalogados- e fitos referenciais como o castro de San Cibrao de Lás. Nesta liña, dende ambos concellos observan “fundamental”, a promoción da cultura celta para a promoción cultural de San Amaro e O Irixo.
O presidente da Deputación mostrouse convencido de que o festival “será a semente dun gran evento que o longo do tempo se irá consolidando, sendo este un proxecto cultural que ten un gran futuro”. Manuel Baltar felicitou ós alcaldes do Irixo e San Amaro pola iniciativa nun lugar que “é terra de castros e onde tivo a súa orixe a nosa civilización, presumindo con orgullo das nosas raíces”. “Para a Deputación de Ourense é un pracer colaborar con estas formulacións, lembrando a nosa historia e ós nosos alicerces a través da musica” engadiu o presidente do goberno provincial, avanzando que toda a xente que visitará estes concellos “levarán a mellor imaxe e o maior recordo do festival”.
O alcalde do Irixo, Manuel Cerdeira, agradeceu a disposición da institución provincial e o seu apoio, “estando sempre a carón dos concellos para podermos levar a cabo proxectos que sen a súa colaboración serían imposibles”.
Pola súa banda, o alcalde de San Amaro, Fernando Redondo, salientou que “para min, a mellor forma de entender a política é a través da colaboración interadministrativa. Neste caso, a través dela acadamos que dous concellos do rural teñan unha maior promoción turística”.
Segundo explican dende a organización do festival, a programación busca “poñer en auxe o galego e dar recoñecemento ós artistas propios de Galicia”. Para iso, invitarían á primeira edición do Festival Céltico a artistas “referentes da música folk e celta, con longos anos de andanzas recompilando tradicións”, posibles nomes, apuntan dende os concellos, do nivel de Treixadura ou Milladoiro, combinados neses dous fin de semana de setembro cunha proposta musical para os máis pequenos.

O PSdeG-PSOE atraves do seu Portavoz Municipal lle propon o Grupo de Goberno do Partido Popular de Leiro, que se leve acabo unha señalizacion xeneralizada tanto do nome dos pobos como tamen dos accesos os mesmos xa que ai pobos no noso Concello, que non teñen ningún tipo de señalización e os que a teñen estan en moi malo estado.
O noso portavoz xa fixo referencia no ultimo pleno, a esta problemática de señalización o Goberno Municipal, na que lle indicou o rexidor municipal que alguns pobos do noso termo municipal, non dispoñian de ningun tipo de señalización e lle puxo o exemplo de A GROVA, VILAVERDE, EIRA DE MOUROS, BARZAMEDELLE ect… polo que e necesario e imprescindible señalizar os pobos, polos perxuicios que acarrea os veciñ@s que viven neste pobos, o non dispor de nome tanto nos pobos como tamen nos accesos, “xa que e moi importante facilitarlle a labor a toda persona que veña de afora e non coñece o noso termo municipal” e tamen se da unha imaxen de abandono, o non habendo unha señalización dos pobos e accesos, como tamen os que dispoñen de unha señalización pois esta en moi mal estado que apenas se percibe o nome do pobo, e todo debido a desidea e a deixadez das suas funcións de mantemento do Grupo de Goberno, que lle “interesa mais ven pouco que os nosos pobos non teñan señalización e os que a teñen que estea nun estado totalmente lamentable”, por eso desde o Grupo Municipal dos Sociaistas de Leiro lle propoñemos un PLAN DE SEÑALIZACION XERAL dos nosos pobos, para que se vexa que existen. Esperamos e desexamos que o grupo de goberno non poña excusas, para no levar acabo este plan que tanto demanda a veciñanza e se utilice o remanente de tesoreria o fin llo cabo e diñeiro de todos os veciños que pagan relixiosamente dos seus impostos e tributos e debe ser utilizado nas suas demandas como neste caso, e outras moitas.
Remitido: PSdeG-PSOE de Leiro.

A Carteleira do Novocine de Leiro reúne esta fin de semana 3 películas: "Top Gun: Maverick", "Downton Abbey: Una nueva era" e "Escribir lo imposible", en horarios de 16:00, 18:15 e 20:30 horas.
O Auditorio do Carballiño acolle o sábado 4 ás 20:00 horas a representación do grupo de teatro Fontevella do Porriño titulada "Balneario a Condesiña", primeira representación do Circuíto de Teatro Amador patrocinado pola Xunta coa colaboración da Federación de Teatro Affecionado e a organización de Tiruleque Teatro, un festival que terá continuída en semanas próximas.
O Centro de Estudios Chamoso Lamas invítanos ao roteiro urbano "lugares e personaxes históricos do Carballiño", un percorrido de varagiño polos séculos XVIII, XIX, e de inicios do século XX. O punto de encontro será o patio do Asilo ás 10 da mañá do domingo 5, un roteiro que será guiado por Xosé Luis Sobrado, Juan Manuel Rodríguez e Alicia Graña.
Outro roteiro cultural para a matinal dominical é o que nos ofrece o concello de Maside, neste caso dende o Barbantiño ao conxunto arqueolóxico de Santa Mariña, tamén con visita guiada. O punto de encontro ás 10:00 horas en San Fiz.
O espectáculo do automobilismo lévanos esta fin de semana ata o concello de Piñor, onde terá lugar o "6º Rally Mix Concello de Piñor", o sábado 4 dende as 12:15 do mediodia e o domingo 5 dende as 10:00 horas.
E finalmente, Cenlle celebra a "Festa do Viño Tinto", con pregón de Xosé Lois "Carrabouxo" ás 19:00 horas do sábado 4, de seguido iniciaráse a ruta das adegas, onde os participantes teñen ocasión de degustar o viño tinto de Cenlle en 5 adegas da localidade, acompañando con pinchos e tapas. O domingo, a apertura de adegas será a partir das 11 da mañá, e haberá xantar popular con polbo, churrasco e carne cocida. Tamén unha exposición de maquinaria agrícola e atraccións infantís.
Muchas gracias hombre (o mujer) responsable. Todos los días a las 8 de la mañana toda la acera anegada de agua. Igual que el asfalto de la calle Martinez Avellanosa. Y dicen que hay sequía, que no llueve, pero este responsable municipal tirando el agua que todos pagamos con nuestros impuestos a la alcantarilla. Hay que regar más a mano racionando y dejarse de sistemas como éste que desperdician el agua y aún por encima crean incomodidad a peatones y conductores. Sentidiño por favor.
Gracias.

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe o Concello de San Cristovo de Cea acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, para comprobar as actuacións que se levan a cabo na defensa do medio ambiente coa axuda dun vehículo adquirido cunha achega do Goberno galego.
A través dunha axuda de 26.250 euros do Fondo de Compensación Ambiental (FCA), o Concello de San Cristovo de Cea adquiriu un vehículo tipo pick-up para a protección do medio ambiente e de espazos naturais, incluídas aquelas actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de sinistro ou risco.
O Concello xustificou a súa adquisición na necesidade de coidar e protexer o patrimonio natural dun municipio que conta cun espazo incluído na Rede Natura como é Pena Veidosa. Ademais, dispón dunha gran riqueza arqueolóxica e paisaxística, así como lugares de interese turístico como o Mosteiro de Cea. Atractivos todos eles que se ven incrementados por formar parte o concello do Camiño de Santiago, particularmente da Vía da Prata. A administración local carecía ata o de agora de recursos suficientes para facer fronte as actuacións necesarias para a conservación e protección de ditos espazos.
O Concello de San Cristovo de Cea beneficiouse nos últimos anos de achegas por valor de máis de 463.000 euros procedentes das diferentes liñas de axudas habilitadas polo Goberno galego a través da Dirección Xeral de Administración Local, o que permitiu ao municipio ourensán levar a cabo actuacións a favor do medio ambiente, melloras no saneamento, obras nas infraestruturas municipais ou inversións a favor da eficiencia enerxética, entre outras.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 193
- 194
- 195
- 196
- 197
- 198
- 199
- 200
- 201
- …
- seguinte ›
- última »