
Os concelleiros do PSdeG-PSOE de Leiro, Pedro José González González e Manuel Rodríguez Vázquez, veñen de rexistrar un escrito dirixido ao alcalde solicitando a colocación urxente da rede de protección lateral na pista polideportiva situada xunto ao Campo da Feira, a carón do río Avia.
Trátase dunha medida que se vén aplicando anualmente nestas datas para garantir a
seguridade das persoas usuarias, especialmente nenos e mozos, e evitar que os balóns
escapen ao leito do río, co risco que iso supón tanto para a integridade física como para a conservación do material deportivo.
“Este ano a rede aínda non foi colocada, e xa nos teñen trasladado varias familias a súa
preocupación. Non se pode esperar a que haxa un susto para actuar. Pedimos que o Concello actúe con responsabilidade e resolva esta situación de inmediato”, sinalaron os concelleiros socialistas.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro insisten na importancia de manter en boas condicións as
instalacións deportivas municipais, facilitando un uso seguro e digno para toda a veciñanza
Cando Espazo Común di que os 10 anos de alcaldía de Francisco Fumega "Foron anos perdidos para O Carballiño difíciles de recuperar".¿Esquecense de que en 4 dises anos iles estiveron o seu carón? Ocupando tenencias de alcaldía e concellerías,máis postos nos órganos de dirección do PSOE carballiñés e ourensán.¿Ou están facendo Unha autoenmenda sobre ises anos que gobernaron xunto Fumega?
Se é o primeiro,sería algo normal pois os humáns tendemos a esquecer con facilidade.Pero se é o segundo,iles mesmos recoñecen que non están capacitados para gobernar iste pobo.
¿Ou somentes hai un culpable nista historia?
Quero decirlle o señor da anterior queixa, que ata que limpen Arcos e parroquias colindantes non se limpará ningún outro sitio antes.

Os vindeiros venres 30 e sábado 31 de maio, a Praza Maior do Carballiño converterase no epicentro da solidariedade con “AMORAS CON CAUSA a favor de I’TICS”, un evento cheo de sabor e corazón que marcará a estrea da FRUITRUCK AMORAS STREET, a nova proposta sobre rodas da Furtaría Amoras, dirixida por Ana Rodríguez García.
A cita celebrarase ambos días en horario de 18:00 a 21:00 horas, e non só presentará esta innovadora Fruitruck de froita saudable, senón que o fará cun fin solidario: apoiar á entidade sen ánimo de lucro I’TICS, Institución Turística Inclusiva Cultural e Social, no seu inspirador e transformador proxecto WeddingPack Solidario Cásate no Camiño.
Co apoio do Concello do Carballiño e a implicación de empresas locais e galegas, este evento invita a veciños e visitantes a gozar de dúas tardes únicas, repletas de actividades para todos os públicos:
-Degustacións solidarias de vasos de froita Amoras.
-Photocall con recordo fotográfico personalizado.
-Música en directo con artistas locais.
-Xogos populares e actividades infantís.
-Sorpresas e propostas lúdicas con fin solidario.
Todo o recadado destinarase integramente a impulsar WeddingPack Solidario Cásate no Camiño, o proxecto que transforma a experiencia da organización dunha voda nun acto de compromiso coas persoas, coa inclusión, a diversidade, a sustentabilidade e o turismo responsable no Camiño de Santiago.
“Amoras con Causa” é máis ca un evento, é unha invitación a transformar momentos cotiáns en oportunidades para axudar e construír unha sociedade máis xusta.
Desde Amoras anímase a toda a veciñanza do Carballiño e da súa contorna a sumarse a esta festa solidaria, onde cada froita compartida será un paso máis cara a un mundo con máis igualdade, máis cultura... e máis amor.

O Club Deportivo Arenteiro prolonga a mellor etapa dos seus 67 anos de historia e por terceira temporada consecutiva seguirá competindo na categoria de bronce do fútbol español, na Primeira RFEF.
Tras certificar a súa permenencia na categoria, Espiñedo continuará a vivir na máxima categoria da RFEF, na antesá da liga de fútbol profesional, para a próxima temporada 2025-26, que arrancará no próximo mes de agosto, e co Arenteiro inmerso no proceso para a súa reconversión en SAD.
A falta de coñecer a composición do grupo no que competirá, sí que xa sabemos que entre os 20 equipos estarán 6 galegos, os 4 que se quedan na categoria: Arenteiro, Celta B, Ourense CF e Lugo, ademáis do Racing de Ferrol descendido de Segunda División e o Pontevedra, ascendido da Segunda RFEF. O Arenteiro continuará por terceiro ano consecutivo entre os mellores equipos galegos, que completan Celta en Primeira División e Deportivo en Segunda División.
Si ya era poco la escasa iluminación q hay en la curva del Cornuval hacia el pabellón, farola q lleva apagada desde hace meses, ahora la maleza del cruce con salida de la Fuente hacia Carballiño no tiene visibilidad suficiente para incorporarse.
estarán esperando a q haya un accidente para limpiar las isletas llenas de hierba q mide más de 50cm al igual q pasa en mas zonas del pueblo, como aceras… todo una selva , aunque no sé por q me sorprende si es lo mismo de todos los años.
Vergüenza de pueblo como está abandonado.
Outra vez volve a romper a mesma tubería na Avenida Calvo Sotelo de O Carballiño inundando o segundo sótano do edificio sito no número 44.
Quen é o responsable? Quen se vai facer cargo dos desperfectos e da limpieza? Van a arranxalo outra vez con "pegamento"?

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Leiro denuncia o estado de abandono absoluto no que se atopa o Salgueiral, unha das principais zonas verdes e de lecer do municipio, e critica a pasividade do alcalde, Francisco José Fernández, así como do seu tenente de alcalde, ambos plenamente coñecedores da situación pero sen tomar medidas efectivas.
O Salgueiral, con máis de 30.000 m² á beira do río Avia, é un espazo de referencia para a veciñanza e visitantes, especialmente nos meses de verán, xa que conta cunha área de baño, zonas de xogos infantís e amplas áreas arboradas. Actualmente, presenta un aspecto lamentable: a herba invade toda a superficie, incluídas as zonas de xogo, hai bancos rotos, papeleiras cheas e inutilizadas, e unha evidente falta de mantemento xeral.
O voceiro socialista, Manuel Rodríguez, e o voceiro adxunto, Pedro José González González, lembran que “na actualidade hai dúas persoas contratadas polo Concello ao abeiro do programa Aprol Rural 2025, cun contrato de catro meses a xornada completa para a obra ‘LIMPEZA DE ZONAS VERDES DE LEIRO’. Polo tanto, non é admisible que o alcalde siga dicindo que está esperando polas brigadas. As persoas xa están contratadas, e o Salgueiral segue igual ou peor”.
Desde o PSdeG-PSOE de Leiro esiximos unha actuación inmediata para recuperar este espazo público, coa roza da vexetación, reparación dos elementos deteriorados e unha planificación seria do mantemento das zonas verdes, sen depender unicamente de contratos temporais.
“O Salgueiral é unha xoia natural e social de Leiro, e non pode seguir neste estado de abandono. A veciñanza merece espazos coidados, seguros e accesibles durante todo o ano”, conclúen Rodríguez e González.

A oposición municiapl do Concello de Maside, represntada polo grupo do Partido Pouular (con 5 concelleiros) súmase ás criticas pola xestión do problema detectado coa auga da rede municipal, manifestando que "despois de 20 días de espera, na que consideramos que o Concello tería que ter un prazo para liquidar ou problema, seguimos sen ter novidades sobre a situación dá auga en Maside".
O portavoz do Partido Popular, Nacho Campo mosra a postura do seu grupo “sorpréndenos que o Alcalde diga que é apta para o consumo cando realmente non se publican as analíticas que ou referenden”.
Considera "moi pouco serio que un problema que afecta á saúde pública do pobo non teña solución nun prazo tan dilatado non tempo"
Nacho Campo engade que "no Partido Popular quixemos facer unha oposición leal, na que entendemos que compre tempo para dar solución aos problemas, pero isto xa parece unha tomadura de pelo”.
Finalmente, considera o portavoz popular "imprescindible que ou Concello aclare esta situación e comunique á veciñanza a realidade que está a acontecer, con analíticas e coa información que dende Sanidade se lle está a transmitir". Os populares de Maside esixen "responsabilidade unha vez esgotado ou tempo de respecto que quixemos brindar".

Sebas Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira, comentan sobre algunhas das informacións relevantes da semana no ámbito comarcal, na tertulia de COPE O Carballiño conducida por Xan Pinal, correspondente ao venres 23 de maio de 2025.
Escóitaa aquí:
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »