
Espazo Común convoca a toda a veciñanza carballiñesa a participar nunha reunión aberta para tratar diversos asuntos que son considerados de especial relevancia para o futuro do Carballiño, entre eles o derrubo da estación de autobuses para construir nesa parcela o futuro Centro Integral de Saúde do Carballiño que proxecta a Xunta no Plan de Infraestructuras Sanitarias de Galicia.
No PODCAST podes escoitar a entrevista nesta emisora de radio a Pachi Vázquez:

O motivo desta advertencia está no resultado da analítica realizada e na que se confirmou unha incidencia "na rede de distribución relativa ao parámetro dos Ácidos Haloacéticos (HAH).
Desta maneira, o bando manifesta que "en cumprimento do Real Decreto 3/2023 do 10 de agosto, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, faise saber que se restrinxe o uso da auga de consumo a calquera actividade, de xeito que a auga non se debe inxerir nin utilizar para o uso alimentario mentres no se normalicen os valores do parámetro".

O Concello do Carballiño colabora na primeira Papanoelada Solidaria de coches e motos clásicas da Comarca do Carballiño, organizada por Clásicos Irixo, Club Clásicos Arenteiro e Club Clásicos Dacón. O salón de plenos do Concello acolleu esta mañá a presentación da actividade, que busca axudar ás familiais máis vulnerables a desfrutar do Nadal a través da doazón de comida e mantas á Cruz Vermella e Cáritas Carballiño. O reto desta primeira edición, que se celebrará o domingo 21 de decembro, é alcanzar 200 quilos de comida non perecedoira e 100 mantas.
O concelleiro de Cultura, Diego Fernández, puxo en valor esta iniciativa, “que permitirá que desfrutemos dos coches e motos clásicas, ademais de axudar ás persoas máis vulnerables”. Nesa liña, o edil recordou o importante traballo que levan a cabo Cruz Vermella e Cáritas durante todo o ano na inclusión e acompañamento das familias en risco de exclusión social. “As persoas que colaboren na Papanoelada sacando do garaxe as súas motos e coches clásicos deben recordar que as portas de Cáritas e Cruz Vermella están abertas todos os días do ano á colaboración cidadá”, apuntou.
O punto de encontro será a Praza da Veracruz, onde se recepcionará aos vehículos. “Desde as 10,00 ata as 11,45 horas estaremos recibindo aos vehículos e recollendo a comida e as mantas”, detallou Álvaro Núñez, de Clásicos Irixo. Cada participante debe aportar dous quilos de comida e unha manta, que serán entregados a Cruz Vermella e Cáritas. “Ás 12,00 iniciaremos o percorrido pola comarca para volver á Praza da Veracruz sobre ás 14,00 horas”, engadiu. Santiago Ruibal, do Club Clásicos Arenteiro; Óscar Crespo, do Club Clásicos Dacón, e Juan Estévez e Rosa González, de Cáritas Carballiño, tamén participaron na presentación.

A comarca do Carballiño e máis en concreto o concello de San Cristovo de Cea xa contan cunha das súas localidades entre os pobos máis bonitos de España, Oseira ven de incoporarse á "Asociación Pueblos máis Bonitos de España".
A comisión de calidade, encargada de avaliar minuciosamente as candidaturas que recibe a asociación ao longo do ano e de realizar visitas técnicas aos pobos que xa pertencen á rede para verificar que seguen cumprindo os estándares esixidos, resolveron favorablemente a incorporación de catro novas localidades repartidas por toda a xeografía española, como foi o caso de Oseira e Vilanova dos Infantes, que se suman a Castro Caldelas, as tres únicas localidades da provincia de Ourense.
A "Asociación Pobos máis Bonitos de España" destaca que "Oseira é coñecida por albergar o Mosteiro de Santa María, un dos grandes referentes do Císter en España. Este conxunto monumental, construído entre os séculos XII e XVI, impresiona pola súa sobriedade arquitectónica e a súa relevancia histórica. O pequeno núcleo que o rodea intégrase nunha serena paisaxe de montaña, conformando un destino onde espiritualidade e beleza natural danse a man".
A Asociación "Pobos máis Bonitos de España", que reúne a 122 localidades en 2024, naceu co obxectivo de dar a coñecer pobos únicos pola súa beleza, o seu patrimonio e a súa identidade cultural. Baixo una mesma marca de calidade, a rede impulsa accións de promoción e actividades culturais dentro e fóra de España, contribuíndo así ao desenvolvemento sostible do medio rural.
Integrada na Federación dos Pobos máis Bonitos do Mundo, a iniciativa española forma parte dun movemento internacional presente en Francia, Italia, Suíza, Bélxica ou Xapón, entre outros países. Desde a súa creación en 2010 e a súa presentación oficial en 2013 con só 14 pobos, a rede creceu ata converterse nun referente nacional e internacional de prestixio e excelencia.

O Concello do Carballiño acende a iluminación de Nadal o próximo luns, 1 de decembro, para dar inicio á época máis máxica do ano. A vila contará cun total de 220.000 luces LED e, como novidade, nove enclaves da vila terán decoracións especiais para desfrute da poboación. “Ampliar a iluminación redunda nun maior número de visitas e, polo tanto, na dinamización do comercio e da hostalaría locais”, apunta Diego Fernández, concelleiro de Cultura.
Deste xeito, ademais da iluminación de Nadal, a Praza Juan Corral Paxariño contará cun xardín con bonecos de neve; na Praza de Abastos haberá un xardín con soldadiños de chumbo; a Praza do Concello terá un trineo con renos; a Praza Emilia Pardo Bazán contará cunha carruaxe con agasallos; na Praza Irmáns Prieto colocaranse os buzóns dos Reis Magos; o Balneario terá piruletas de Nadal; na rúa Ourense haberá un boneco de xenxibre; a Uceira estará decorada cun reno con agasallos, e na Veracruz estará a casiña de Laponia de Papá Noel.
O acendido da iluminación suporá o inicio da programación de Nadal impulsada pola Concellería de Cultura, que inclúe propostas musicais e teatrais para todas as idades. A próxima actividade é o concerto “Las guerreras K-Pop”, que se levará a cabo o xoves 4 de decembro no Auditorio Municipal.

Escoita aquí a tertulia deste venres dia 28 de novembro, coa participación nos estudos de COPE O Carballiño de Fátima Gómez, Manuel Nogueira, Gonzalo Rodríguez e Sebas Lamazares, moderados por Xan Pinal.
Mañana es día de Tertulia en Cope Carballiño, y ante todo me gustaria felicitar a Manuel Nogueira por lo bien que habla, lo bien que se experesa, la educación que tiene con sus compañeros de Tertulia y siempre habla con conocimiento, nunca habla por hablar.
Me gustaria que hablarais de nuestras Aldeas olvidadas como por ejemplo Porto de Eguas,aún estamos esperando por las aceras que Don Fumega nos prometio en las últimas elecciones, y por el cemento que nos prometio que nos echarian en el fuchando enorme que hay en la entrada de la aldea, tener que pasar con el coche por dicho fuchando es horrible.
Tambien me gustaria saber si se puede hacer algo con las casas en Ruinas, que son un peligro para los vecinos que tenemos que pasar a diario por delante de ellas, cualquier dia hay una desgracia y despues ,¿quién se hace cargo?.

Trátase dunha publicación promovida pola Agrupación Local do PSdeG-PSOE, e na que o historiador carballiñés Carlos Montes fai unha aproximación aos grandes persoeiros e persoeiras da vida política e social do Carballiño desde 1835 en adiante, e que foron represaliados en distintos momentos históricos.
Aquí podes escoitar a entrevista en COPE O Carballiño na que Montes fala do seu traballo de investigación histórica:

A Policía Local do Carballiño inicia unha campaña de concienciación entre a veciñanza para dar a coñecer a normativa sobre Vehículos Personais Lixeiros (VPL) -patinetes eléctricos, bicicletas con asistencia, segways e similares-, que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2026.
Os axentes reforzarán nas próximas semanas os controis sobre este tipo de vehículos co obxectivo de garantir a seguridade viaria e mellorar a convivencia de peóns e conductores nas rúas do Carballiño. Nese sentido, cabe destacar que a Policía Local xa denunciou e retirou varios patinetes nos últimos meses por non cumplir coa actual normativa.
O uso de VPL é cada vez maior entre a poboación, o que está a causar certas dificultades de convivencia en estradas, beirarrúas e zonas peoniles. A campaña da Policía Local permitirá achegar a conductores e peóns información sobre as obrigas dos VPL a partir de xaneiro, tales como circular unicamente pola calzada, contar cun seguro de responsabilidade civil, respetar as sinais de tráfico e os semáforos, utilizar chalecos reflectantes en condicións de pouca visibilidade ou non circular baixo os efectos do alcohol ou de substancias estupefacientes.
Os axentes tamén revisarán que os VPL conten co correspondente certificado de uso, o que asegura que cumpre as normas de homologación e que pode circular polas vías públicas. Ata o de agora xa se detectaron varios vehículos comprados como patinetes eléctricos pero que polas súas características eran ciclomotores, o que obriga a contar dun permiso de condución AM para poder utilizalos.

O Festival Internacional de Curtametraxes Xociviga pecha con éxito de participación de público a segunda edición desde o cambio do formato impulsado en 2024. De mércores a sábado, o Auditorio Manuel María do Carballiño acolleu a proxección de 32 curtametraxes de 22 nacionalidades que foron valoradas polo xurado e polos espectadores. A organización do festival recolleu ao longo das 9 sesións máis de 500 papeletas do voto do público, o que dá conta da boa resposta por parte da poboación.
Os directores artísticos, os irmáns Mario e Daniel Fernández Filloy, valoran moi en positivo os datos de participación acadados nesta segunda edición, tanto nas proxeccións coma nas actividades paralelas. “Xa estamos pensando na edición do ano que vén, que promete seguir amosando as mellores curtas internacionais e sumando asistentes nun certame que recuperou o seu lugar como evento cultural de relevancia no Carballiño e na rede de festivais de cinema galegos”, apuntan.
Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Diego Fernández, pon en valor o traballo realizado polos directores e dá conta da importancia deste tipo de festivais para o concello. “É un orgullo que O Carballiño acolla obras inéditas a nivel estatal e galego, incluso estreas mundiais como ‘As maos da pulpeira’, que levará o nome do Carballiño por festivais de todo o mundo”, explica.
As proxeccións incluíron a estrea de 18 curtas internacionais en Galicia e 4 en España. O edil tamén destaca o papel do festival para os novos creadores e creadoras, que o valoraron “moi en positivo” como plataforma para dar a coñecer o seu traballo.
Curtametraxes premiadas
Mellor videoclip: “Equilibrar” (Hugo Guezeta e Guadi Galego) dirixido por Adrián Diaño.
Mellor dirección de fotografía xove patrocinada por Rc Service: Aaron Vilariño por “Romance de la Luna Luna” de Jimena Herrero
Mellor curta Xénese patrocinada por Gadis: “Furia” de Fran Moreno e Santi Pujol Amat. Mención de Honra: El príncipe Nigeriano de Marcel Sespulgues.
Mellor curta galega patrocinada por Rc Service: ·Algo novo que contar· de Paula Pereira.
Premio do público: ·Les dernières neiges” de Sarah Henochsberg (cun 8'68).
Mellor curta internacional Xentes: “Nothing Happens After That” de Ibrahim Omar.
Mencións de honra para de Marta Reis Andrade e "The Man Who Could Not Remain Silent" de Nebojša Slijepčević.
O palmarés desta segunda edición conta con seis filmes premiados. “Equilibrar” (Hugo Guezeta e Guadi Galego), dirixido por Adrián Diaño, resultou vencedor na categoría de mellor videoclip con 204 votos a través de redes sociais.
Aaron Vilariño levouse o galardón a mellor dirección de fotografía xove por “Romance de la luna luna” de Jimena Herrero.
“Furia”, de Fran Moreno e Santi Pujol levouse o premio a mellor curta Xénese, na que tivo mención de honra “El príncipe Nigeriano” de Marcel Sespulgues.
“Algo novo que contar”, de Paula Pereira, resultou gañadora na categoría de mellor curta galega. “Les dernières neiges”, de Sarah Henochsberg levouse o premio do público, que lle otorgou un 8,68.
Por último, “Nothing Happens After That” de Ibrahim Omar gañou o premio a mellor curta internacional Xentes. “Cao Sozinho” de Marta Reis Andrade e "The Man Who Could Not Remain Silent" de Nebojša Slijepčević.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »