27, Abril 2022

Os responsables da Xunta Directiva da Asociación de Nais e Pais de Discapacitados Psíquicos das Comarcas do Carballiño e O Ribeiro deron conta do estado actúal deste proxecto e das obras, que están xa moi avanzadas e, de cumplirse as previsións, estarán rematadas no próximo mes de setembro, e o equipamente a finais de ano.

A futura residencia para usuarios e familiares de Aspadisi contará con 32 prazas, repartidas en 16 habitacions dobles e o resto de dependencias propias dun espazo destas características, no que farán vida diaria aqueles socios que o precisen, según as necesidades personais e familiares dos futuros residentes.

O portavoz da Xunta Directiva, Manolo Amil, recordou que se trata dun proxecto promovido pola asociación con axuda pública e privada, cun orzamento de 1,2 millóns de euros e explicou que "a dia de hoxe faltarían 200.000 euros para cubrir a financiación", na que se incluiría todo o equipamento necesario.

Amil tivo palabras de recoñecemento para as persoas que colaboraron na campaña de doazón levada a cabo a finais do ano pasado, e que supuxo unhos ingresos para este proxecto de 23.788 euros "con donativos que foron dos 5 aos 150 euros, e unha aportacion de 4.000 euros por parte dun doante", en total foron 126 doazóns recibidas. Calquera persoa que o desexe pode contribuir económicamente con esta obra social "de igual maneira que esperamos que agora o fagan os concellos das dúas comarcas, O Carballiño e O Ribeiro", dixo.

27, Abril 2022

O xefe da Policía Local, Francisco Valeiras xunto ao alcalde Franscisco Fumega e o concelleiro de seguridade Manuel Sotelo, presentaron no salón de sesións do concello do Carballiño aos 3 novos axentes que a finais deste ano 2022 incorporaránse á plantilla da Policia Local carballiñesa.

Antes, deberán completar aínda a súa formación na Academia Galega de Seguridade e o periodo de prácticas, que realizarán xa na propia Policia Local do Carballiño.

Con estas 3 novas incorporacíons quedaría completa a plantilla de axentes, e tan so sería posible incrementar os recursos cubrindo as prazas de oficiais. Asi pois, o corpo de Policia Local do Carballiño pasa a estar integrado por un Xefe de Policia, 14 axentes e outros dous que están xa en situación de segunda actividade.

27, Abril 2022

O PSdeG-PSOE reclama á Deputación de Ourense e á Xunta de Galicia unha batería de medidas urxentes, para facer fronte a situación económica e social derivada da invasión de Ucraína ordenada por Vladimir Putin. Os e as socialistas piden á institución provincial, entre outras medidas, unha liña de axudas directas para o sector primario e do transporte dotada con 2 millóns de euros, pero que poda ser ampliada en caso de necesidade, ou un plan enerxético dun 1 millón para axudar aos concellos, co fin de afrontar os desaxustes económicos derivados do encarecemento de enerxía durante os últimos meses.

Á Xunta esíxenlle un plan social de axudas ás familias máis vulnerables que permita triplicar o financiamento do bono social eléctrico; a reformulación da tarxeta básica autonómica para incorporar ás persoas refuxiadas; habilitar un fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas afectadas polo peche de mercados en Rusia e Ucraína ou un plan galego de axudas directas aos autónomos e profesionais afectados directamente por esta crise.

Na iniciativa tamén reclaman ao Goberno central unha rebaixa da imposición sobre hidrocarburos e un cambio na regulación do mercado eléctrico, que permita desvincular o prezo da enerxía dos prezos maioristas do gas, unha medida para toda a península ibérica que esta mesma semana foi referendada pola Unión Europea e os gobernos de España e Portugal.

O voceiro do grupo provincial, Rafa Villarino, asegura que “cómpre actuar de maneira urxente a todos os niveis administrativos” e, para iso, ao igual que a UE e o Goberno de Pedro Sánchez “están a adoptar numerosos acordos para facer fronte á inestabilidade económica que afecta a todo o continente, desde o PSdeG-PSOE reclamamos medidas inmediatas nos ámbitos autonómicos e provincial, que son os máis próximos aos nosos veciños e veciñas”.

O líder socialista resaltou que tanto a Xunta como a Deputación “contan con fondos e remanentes orzamentarios dabondo que deben ser investidos de forma xusta e equitativa canto antes”. “No caso desta institución provincial estamos ante un aforro histórico que alcanzou en 2021 os 48 millóns de euros, polo que nós defendemos que as institucións públicas non somos bancos onde gardar un diñeiro que é de todos e todas”, advertiu antes de recordar que eses cartos deben “axudar ás persoas e ás empresas de Ourense en situacións de necesidade e non servir para o pago a dedo de favores políticos”.

No caso concreto da Xunta hai que recordar que o 58 % dos impostos dos carburantes son transferidos á comunidade autónoma galega, polo que, aseveran, o goberno de Alberto Núñez Feijóo “debe facer moito máis” e non “quedar só de brazos cruzados sinalando ao Goberno central”. “A Xunta ten responsabilidades non ámbito social que non pode evitar”, insisten.

Desde o PSOE recordan que “estas excepcionais circunstancias internacionais dos últimos meses, evidenciaron aínda máis a importancia do custo da enerxía e das materias primas” como “elementos determinantes” da competitividade empresarial e das economías familiares, polo que “é perentorio” que todas as administracións “actúen para facer fronte a unha situación inédita” nas últimas décadas, unha situación que “sumada aos dous anos de pandemia, afonda nesta afronta contra o crecemento e a sustentabilidade do Estado e, particularmente, da nosa provincia”.

Esta é a relación completa de medidas que o PSdeG-PSOE de Ourense reclama para facer fronte á situación de emerxencia derivada da invasión de Ucraína:

Á Deputación de Ourense:
- Aprobación dun plan enerxético dotado cun 1 millón de euros, para crear un sistema de axudas a concellos ourensáns co fin de afrontar os desaxustes económicos que sofren ou sufrirán polo encarecemento de enerxía.
- Creación dunha liña de axudas directas para o sector primario e do transporte, obrigado a facer fronte a un maior gasto económico relacionado co abrupto encarecemento da enerxía, o combustible e determinadas materias primas, dotado inicialmente con 2 millóns de euros, pero que podería ser ampliado en caso de necesidade.
- Habilitar unha partida económica que permita actualizar os prezos das obras en execución ou licitación da propia institución provincial ou dos concellos de Ourense, para compensar así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das materias primas e combustibles.
- Establecemento dun sistema de coordinación e colaboración dos labores de axuda ofrecida polas entidades locais da provincia á poboación de Ucraína.

Á Xunta de Galicia:
- Aprobar un plan social de axudas ás familias máis vulnerables, que permita triplicar o financiamento do bono social eléctrico.
- Reformulación da Tarxeta Básica para incorporar a persoas refuxiadas.
- Plan autonómico de axudas directas aos autónomos e profesionais, co fin de compensar o aumento de custes do transporte.
- Redución no tramo autonómico do IRPF.
- Habilitar un fondo de avais e de liquidez que garanta a viabilidade de empresas afectadas polo peche de mercados en Rusia e Ucraína.
- Rebaixa real nas taxas da ITV.
- Impulso lexislativo para determinar, por parte da Xunta de Galicia, os proxectos estratéxicos dirixidos a elevar a autosuficiencia enerxética.
- Aprobar a habilitación legal correspondente, en aplicación do decreto do 30 de marzo de 2022, para que as entidades locais da provincia de Ourense poidan habilitar unha partida co fin de actualizar os prezos das obras en execución ou licitación, compensando así a subida de prezos debido á situación de encarecemento das materias primas e combustibles.

Ao Goberno de España:
- Aprobar, da man da Unión Europea, un cambio na regulación do mercado eléctrico para toda a península ibérica, que faga posible desvincular o prezo da enerxía eléctrica dos prezos do gas, facendo posible unha rebaixa significativa do custe final.
- Rebaixar a imposición sobre hidrocarburos.

26, Abril 2022

A Xunta destina 75.000 euros ao ano para o funcionamento dunha casa niño e dúas casas do maior no concello de San Amaro. A conselleira de Política Social, Fabiola García, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá as instalacións destes tres centros que, apuntou, supuxeron unha revolución para as veciñas e veciños deste municipio.

A conselleira sinalou que Galicia viviu unha transformación dos servizos sociais durante os últimos anos coa creación de 83 casas do maior repartidas por toda a Comunidade e outras 89 casas niño. A través destes centros, destacou, é posible ofrecer recursos de conciliación e atención naqueles concellos máis pequenos do rural. Deste xeito, as familias que residen neles teñen as mesmas oportunidades que as que viven nunha cidade.

Fabiola García concretou que o Goberno galego axuda no equipamento e no mantemento anual destas instalacións. Destina 15.000 euros para a adecuación de cada centro e outros 25.000 euros anuais para o seu funcionamento diario. Así, no Concello de San Amaro a Xunta investiu 45.000 euros para a adecuación da casa niño e as dúas casas do maior e 75.000 euros ao ano para o desenvolvemento de actividades nestes tres centros.

26, Abril 2022

Como dice la juventud, yo flipo.  O sea, suspendemos el carnaval, suspendemos las procesiones, hay 60 contagiados de COVID en Carballino y se anuncia a bombo y platillo la actuación de la orquesta PANORAMA para el jueves dia 5 que seguro va a reunir a cientos de personas en la plaza de la Veracruz sin distancia de seguridad, ni mascarillas obligatorias,  ni nada de nada.  Pues, pásmensen, ésto se organiza con la colaboración del Concello y nada más y nada menos que una ONG como Cruz Vermella, aunque éstos últimos lo aprovechan con el ánimo de recaudar. Esto es una provocación y una falta de respeto para todo el pueblo que no debiéramos de consentir. Que lo trasladen para después del verano, ahora no es el momento.  Ogea.

25, Abril 2022

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse esta no Pazo Provincial co alcalde de San Amaro, Fernando Redondo. Entre outros proxectos de colaboración, abordaron o compromiso da Deputación para reformar a OU-0303 a seu paso por San Amaro, unha infraestrutura viaria clave por comunicar este municipio coa AG-54.

Manuel Baltar valorou esta reunión como “unha oportunidade para felicitar ao alcalde de San Amaro despois dos seus primeiros seis meses de xestión -Redondo tomou posesión o 25 de outubro de 2021-, unha xestión planificada con proxectos reais que van a contar co apoio da Deputación. Algúns deles xa forman parte da modificación de crédito que aprobaremos neste pleno do día 29 de abril e outros que irán no futuro”.

Ademais da reforma da estrada, que contará este ano cun investimento de 210.000 euros da Deputación, no encontro tamén se avanzou o apoio da institución provincial á mellora da eficiencia enerxética para todos os puntos de luz pública do municipio, un proxecto de máis de 700.000 euros presentado polo equipo de Fernando Redondo ao Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) para obter financiación. De conseguir esta axuda, a Deputación aportaría o 15% restante dun proxecto de máis de 700.000 euros. Manuel Baltar garantiu a cooperación con “proxectos e plans estratéxicos para San Amaro, nos que a Deputación ten que estar”.

O presidente da Deputación recoñeceu o traballo do alcalde: “Estamos vendo unha xestión proactiva, en defensa dos intereses xerais de San Amaro e unha boa oportunidade para saudar estes seis meses de xestión pero tamén para comprobar que hai capacidade dabondo para seguir planificando, proxectando e executando a prol dos veciños”.

Fernando Redondo remarcou como este compromiso supón cumprir unha promesa adquirida cos veciños de San Amaro: “A reforma da OU-303 foi unha das cousas coas que me comprometín no pleno de investidura. Nese momento tiven todo o apoio do presidente da Deputación e hoxe temos 210.000 euros comprometidos para esta obra. E a semana que ven, enxeñeiros da Deputación visitarán a zona”.

O alcalde de San Amaro tamén sinalou que en xuño comezarán os proxectos da reforma integral da travesía urbana de Cruceiro e do alumbrado deste núcleo: “Proxectos cos que me comprometín fai seis meses e que se farán realidade antes do verán”. E no horizonte, explica, está o mencionado proxecto de eficiencia enerxética, redactado polo actual equipo de goberno durante xaneiro e febreiro e presentado ao IDAE en marzo: “Un plan ambicioso dentro da nosa aposta por mellorar a calidade de vida dos veciños. Porque os veciños do rural queremos seguir vivindo no rural pero con servizos de primeiro nivel”.

25, Abril 2022

Continúan sucedendose os actos de gamberrismo no Carballiño, que se incrementan coincidindo coas fines de semana, aínda que o responsable da Polica Local Francisco Valeiras, aclarou en COPE O Carballiño que os casos tamén se rexistran noutros dias da semana.

Desta vez, foi nas instalacións municipais do campo de fútbol da Uceira onde actúaron os vándalos, causando un estropicio no terreo de xogo deste recinto deportivo, con danos importantes no terreo de xogo de céspede artificial, xa que empregando obxetos cortantes ou punzantes cortaron e levantaron varios anacos da superficie deportiva.

Dentro das instalacións, deixaron numerosos restos de envases de bebida. A Policia Local investiga os feitos, mentres a concelleira de deportes, Silvia Baranda lamentou o sucedido e avanzou que o concello do Carballiño traballa para poder levar a cabo un proxecto de reforma integral do terreo de xogo e outras melloras para esta instalacion deportiva municipal da Uceira.

25, Abril 2022

As comarcas do Carballiño e O Ribeiro son as que contan con maior representación entre as empresas da provincia que están presentes no Stand do Inorde e que desde hoxe están a promocionar a súa calidade agroalimentaria na 35ª edición de Salón Gourmets. O Inorde participa, por primeira vez, nesta feira de alimentación e bebidas de calidade, con 12 micro empresas como coexpositores que estarán ata o 28 de abril expoñendo os seus produtos.

A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe en IFEMA, Madrid, na inauguración deste Salón, no que participamos co obxectivo “de promover accións que impulsen os produtos agroalimentarios que xeran valor engadido ao territorio e facilitar plataformas de promoción aos produtores que lles permitan diversificar as canles de comercialización”.

Ademais, a xerente do Inorde incidiu en que é “unha oportunidade idónea para dar a coñecer a enogastronomía da nosa provincia continuando coa estratexia marcada polo goberno provincial de que, a través do Inorde, apóiese ás pequenas empresas deste sector, un dos que máis creceu durante a pandemia na provincia”.

Na caseta do Inorde, deseñado con doce módulos para que cada unha das empresas participantes poidan expoñer e promocionar os seus produtos, está pensado tamén para que os produtores ourensáns poidan manter reunións de traballo, facilitándolles a posibilidade de que establezan novas relacións comerciais.

As empresas que están co Inorde en Salón Gourmets 2022 como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios e son as seguintes: a adega Sameirás de Ribadavia, Adegas Celme de Castrelo de Miño; Adegas Sampayolo de Petín; Viña Eduardo Bravo de Leiro; Irmáns Ferradás Irixo, baixo a cal se promocionarán diferentes produtos locais que se atopan dentro da “Marca O Irixo”; Cumes de Trevinca do sector lácteo a través da cal se darán a coñecer os “Sabores de Trevinca” que aglutina os produtos que se elaboran no municipio da Veiga; A Central Heladera cos seus xeados artesáns; Solucións Técnicas Esdinela con Nela Gourmet de San Cristovo de Cea coas súas marmeladas creativas; Doce Bágoa de Boborás co seu mel; A Vaquería de Baltar coa súa carne de tenreira 100% galega; Postoiro SCG de Vilar de Santos con produtos de horta; e, por último, Patacas Ama de Xinzo de Limia.

Na inauguración tamén estiveron os alcaldes do Irixo, Manuel Cerdeira; e da Veiga, Juan Anta, para apoiar a promoción dos produtos que se elaboran nos seus municipios baixo as marcas “O Irixo” e “Sabores de Trevinca”, respectivamente.

Salón Gourmets, a Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade número uno de Europa, está aberta en IFEMA ata o 28 de abril para congregar neste edición a máis de 1.600 expositores con 40.000 produtos e 70.000 profesionais que participan para informarse das novidades do sector na súa 35 edición, a terceira máis importante da súa historia.

24, Abril 2022

A programación festivo arrancou o sábado cunha verbena amenizada pola orquestra Garibaldi e a disco-móbil Chocolate, e tivo continuidade este domingo coas celebracións na honra do Santo Wintila, que foron seguidas dun xantar popular con aires de romaría na que veciños e visitantes degustaron un menú organizado pola comisión de festas.

A charanga Europa en sesións de mediodia, tarde e noite, e a orquestra Saudade na verbena encheron de música o campo da festa nesta segunda xornada festiva, algo deslucida polo mal tempo.

O lúns 25,  festivo local no concello de Punxín, coincidindo coa festividade de San Wintila, celebraránse misas na igrexa parroquial a partir das 9 da mañá, cada hora ata as 13:00 h. que será cando se celebre a procesión e misa solemne co acompañamento do grupo de gaitas Terras do Arenteiro e o Orfeón do Carballiño. A  partir das 17:00 horas no adro da igrexa terá lugar a tradicional subasta de productos da terra doados ao santo. Xa a partir ds 20:00 h haberá pinchos no campo da festa e verbena co grupo musical "Pégate".

24, Abril 2022

A Insua dos Poetas acolleu na tarde deste sábado dia 23 de abril a celebración do día do libro, unha tarde na houbo agasallo de libros, a música en vivo de Xisco Feijóo e o seu grupo, e ata unha degustación de productos da marca gastronómica "O Irixo".

Ademáis, o acto foi unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido. No encontro estiveron, entre outros, o vicepresidente da Deputacón César Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS