
A quen corresponda tomar medidas,
Bravo polo profesional que cortando madeira no barrio do Ribeiro en San Fiz de Barón tirou o chan a liña de electricidade do alumeado público. Agradécese polo menos que recollera o cable o redor do poste pero non estaría de máis que protexera as puntas que quedaron sen protección algunha. No horario no que funcionan as luces públicas eses cables teñen electricidade. Os fin de semana hai bastantes rapaces no pobo, co perigo que iso conleva.

Fai máis de dous meses que os de Aviaqua se lles ocorreu facer un burato no camiño que vai a Fontentiga e o Pazo Ludeiro, pensando que alí había unha fuga de auga. Penso que xa transcorreu tempo dabondo para ser tapado. Xa temos o camiño nun estado bastante lamentable como para que nos veñan facer buratos innecesarios e inda por riba non nos tapan.

A Xunta mantén aberto -deica o vindeiro luns 2 maio- o prazo para solicitar as axudas deste ano á reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Contan cun orzamento de 3 millóns de euros para os exercicios de 2022, 2023 e 2024.
O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado. Deste xeito, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas. Cabe recordar que cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual ou bienal. Os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata un 80% da axuda aprobada, no caso de que precisen efectuar pagamentos inmediatos dado o investimento proxectado, sempre e cando constitúan unha garantía por un importe cando menos igual ao do pago anticipado.
Enlace á orde no DOG, publicada o pasado 30 de marzo:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220330/AnuncioG0426-280322-0...

Pois resulta que ésta céntrica rúa da Saleta, recentemente axeitada, ten duas direccions, una pra subir e outra pra baixar, pero como as suas características o permiten, deben pensar os nosos mandatarios , pois, ademais, puxénrolle aparcamiento en línea no tramo de abaixo, e por si fora pouco tamén en diagonal no tramo de arriba. Hala, si señor, ben feito e todos contentos. Pero como por alí non deben pasar ningén, nin siquera os municipais, pois non se diron conta , vaya por Deus, que non hay forma de aparcar, subir un coche e coincidir con outro que baixa porque non hay sitio, si, non se cabe, el algún ten que retroceder. Pra buscar una solución a tamaño problema, acudín a un estudiado experto e díxome, dille os técnicos de tráfico do concello que poñan dirección unica e resolto o problema. Será verdad..?

O Teatro Principal acolleu a estrea do dumental do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un proxecto apoiado pola Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Deputación de Ourense.
O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, interviu nun acto no que estiveron presentes, entre outros, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén e alcaldes dos municipios polos que percorre este Camiños, mentres que no caso do concello do Carballiño a institucion estivo representada polo concelleiro de turismo Manolo Dacal.
O documental é un percorrido polos 265 kilómetros de maxia separan e unen as cidades históricas de Bracara Augusta-Braga e Santiago de Compostela, e que dentro do noso ámbito atravesa diversos concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

A iniciativa conta coa colaboración económica da pizzería carballiñesa "Cacho Pizza" que celebra o 30 aniversario e cubre unha gran parte dos gastos de organización desta xornada musical e solidaria que terá lugar no Carballiño o xoves dia 5 de maio próximo.
Tamén colabora co concello do Carballiño a Cruz Vermella, que se encargará do operativo preventivo e de seguridade, asi como de recadar os donativos que queiran aportar as persoas que acheguen ese día ata a Praza da Veracruz, onde instalará o seu escenario móbil a orquestra Panorama, o acceso á praza será gratuíto aínda que pide as persoas que acudan que dean un donativo de 3 euros.
Toda a recadación será canalizada a través da Cruz Vermella e destinaráse tanto ás persoas ucraínas refuxiadas como ás familias carballiñesas que están en situación de emerxencia social, tal como aclarou o presidente do comité provincial desta ONG, Felipe Ferreiro, que acompañou no acto de presentación deste evento a José Manuel Rodríguez, de Cacho Pizza, e os concelleiros Manolo Dacal e Diego Fernández.
O programa abriráse ás 19:30 horas na Praza do Emigrante co Dj. Tibu, A orquestra Panorama ofrecerá dous pases na Praza da Veracruz, en horarios de 21:00 a 22:00 h. o primeiro, e de 00:00 a 02:00 o segundo. Ademáis de 22:00 a 00:00 horas animará as rúas do Carballiño a Charanga Castro Bello, e de 23:15 a 00::00 na Praza da Veracruz fará de teloneiro da Panorama o Dj. Tibu.

Asi o anunciou nunha entrevista nesta emisora de radio a directora do xeriátrico carballiñés, Nuria Iglesias, a apertura dun Centro de Día nas dependencias do Residencia Irmáns Prieto é un dos proxectos prioritarios para levar a cabo ao entender que é unha demanda real "está a opción de ofrecer prazas de centro de dia porque a xente do propio Carballiño trasládanos esa necesidade, persoas que queren durmir na súa casa e que queren comer e pasar o dia con nós", manifestou.
Tamén comentou que este proxecto estivo paralizado pola pandemia e agora "gustaríanos nos próximos meses poñelo en marcha", desta maneira a residencia ofrecerá en breve un novo servizo a O Carballiño e comarca.
Nuria Iglesias fíxose cargo da dirección do centro por encargo da Fundación Irmáns Prieto en agosto de 2020 tras a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados", o que deu lugar a diversos cámbios na xestión en plena pandemia, mesmo motivando algunhos conflictos laborais e dando lugar a un debate social e tamén político no concello do Carballiño entorno á Fundación impulsada polos filántropos carballiñeses, os irmáns Prieto Pereira nas primeiras décadas do século 20.
Na actualidade, a residencia -aínda hoxe chamada popularmente o Asilo do Carballiño- conta con 106 prazas de residentes e "se cumplimos as previsións serán 111 a finais de mes, polo que estariamos xa cubrindo a capacidade total", avanzou a directora, que tamén dixo que a lista de espera é de 30 persoas, e que que o actual cadro de persoal está integrado por 62 persoas "o 90% mulleres".
Pódese escoitar íntegra a entrevista a Nuria Iglesias no audio do programa do dia 20 de abril de 2022, no PODCAST de COPE O Carballiño que encontrarás nesta mesma páxina WEB.

O PSdeG-PSOE de Leiro considera que "a xustiza deulle un portazo na cara ao alcalde do municipio e senador do Partido Popular, Francisco José Fernández Pérez, no seu intento de reprimir” e coartar a liberdade de expresión da veciñanza con falsas enuncias. A sentenza do xulgado de 1ª instancia e instrución nº 1 de Ribadavia vén de decretar o sobresemento libre e o arquivo das dilixencias ao constatar que non existe ningún tipo de delito nas declaracións realizadas por un veciño e militante socialista en redes sociais sobre o alcalde de Leiro", manifestan.
Os socialistas denuncian que o “intento” do rexedor de “amedrentar” á poboación a base de denuncias “carentes de total fundamento” levou unha “sonora labazada” por parte da xustiza, "ao entender que as actuacións practicadas acreditan que os feitos obxectos da causa que iniciou o alcalde de Leiro contra un veciño, non son constitutivos de delito",afirman. O Grupo Municipal Socialista sinala que o rexedor do Partido Popular “debería centrarse máis en escoitar as queixas, reclamacións e denuncias da veciñanza, en lugar de tratar de reprimir a súa liberdade de expresión, con accións impropias da democracia”.
Consideran que "o modus operandi de Fernández Pérez esconde espurios intereses por tratar de silenciar a voz da veciñanza, co obxectivo de que ninguén discuta o desleixo e o abandono que vive o municipio e deste xeito tapar a súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.
O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, congratúlase de que a xustiza “dea a razón a veciñanza nas súas reclamacións e que desestime que hai un delito nas declaracións feitas por un militante socialista e veciño nas redes sociais”. Neste senso, o edil socialista lembra que “a crítica política e da xestión administrativa, non poden integrar nunca un delito, aínda que o xuízo sexa acerbo, apaixonado ou esaxerado, tal e como quedou probado na sentenza xudicial”.
Rodríguez Vázquez tamén afirma que o alcalde do Partido Popular “debería centrarse en traballar por mellorar o municipio, en lugar de estar molestando a xustiza con denuncias sen fundamento algún, que non fan máis que demostrar que o único que busca e tapar as súas vergoñas e que non se fale do seu desleixo cara a veciñanza de Leiro”.
Neste senso, o voceiro do PSdeG-PSOE na localidade subliña que o rexedor “ten o deber de escoitar á veciñanza, en lugar de ignorala, como nos ten acostumados ao longo do seu mandato” e esíxelle a Francisco José Fernández que “deixe de molestar a xustiza con asuntos sen relevancia e asuma a crítica como parte do cargo de alcalde de Leiro, presidente da mancomunidade do Ribeiro e senador”.
Os socialistas aseguran que na sentenza xudicial queda de manifesto nos fundamentos do dereito que “non pode deducirse das actuacións que os feitos denunciados poidan ser constitutivos de delito, polo que non se pode establecer un límite de permisibilidade tan baixo á crítica política e social, que implique non poder realizar manifestacións acerca da opinión que merecen as actuacións levadas a cabo por persoas que ostentan cargos públicos ou electos”.
A sentenza tamén confirma -remarca o PSOE- que Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, ostenta un cargo público e as expresións foron vertidas nun grupo de Facebook do partido contrario, polo que se estima que non hai nin calumnias, nin inxurias, xa que non se imputa ningún delito concreto.
Boas tardes , son unha veciña de PORTO DE EGOAS, CONCELLO DO CARBALLIÑO, e quero denunciar os dous incendios ocurridos en duas vivendas en dito pobo. Unha das casas estaba pegada a unha vivenda ocupada por un familia, por sorte ás 3 da madrugada, debido o fume que lles entraba na casa despertouse a filla e pudo sacar a nai e chamar os bombeiros. O segundo incendio era unha vivenda recien reformada con moito esforzo e traballo polo seu propietario , e quedou bastante destruida, por sorte a familia estaba en A CORUÑA pasando a Semana Santa.
Según a POLICIA LOCAL o primeriro incendio foi un corte circuito( era un alpendre donde gardaban a leña) non tiña luz.
O segundo incendio seica tamen foi un corte circuito ,( a casa ainda non tiña instalada a corriente electrica, estaban utilizando un generador de gasolina ) por tanto non tiñan luz.
Os dous incendios tiveron lugar pola noite cando os veciños estabamos durmindo. e os dous moi seguidos. Ós veciños esto parecenos moita casualidad.
A POLICIA DO CARBALLIÑO realmente sabe en que consiste o seu traballo, cales son as súas obligacións. ou é que nos queren tomar por tontos.
Rogolle ós pirómanos que cando planten lume a unha casa , que se queden no lugar dos feitos pa que a policia do carballiño poda decir algo máis que foi un: CORTE CIRCUITO e se molesten en investigar.
As aldeas existen, e tamén necesitamos que velen por nós e polas nosas casas que pa eso pagamos impostos como o resto.

Deespóis de tocar fondo no ano 2020, O Carballiño recuperou o mercado inmobiliario en 2021, cun incremento do 25,61% no número de transaccións inmobiliarias en relación ao ano anteriror, alcanzándose a cifra das 103 opereracións de compra-venda de vivendas, das que 88 foron vivendas de segunda man, según os datos que recolle o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, que se ocupa da vivenda.
Nos demáis concellos, e durante o ano 2021, tamén se aprecia un leve incremento no número de operacións de compra-venda formalizadas, destacando Leiro con 19 vivendas. En Maside e San Cristovo de Cea leváronse a cabo 13 transaccións inmobiliarias, respectivamente en cada un dos concellos.
Despóis, aparece Boborás con 10 transaccións inmobiliarias realizadas, Punxín con 9, tamén foron 9 as operacións de compra-venda de vivenda no concello do Irixo, 6 en Avión, 5 en San Amaro, 4 en Beariz e completa a relación o concello de Piñor, onde tan so se formalizaron dúas transaccións durante o ano 2021.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 200
- 201
- 202
- 203
- 204
- 205
- 206
- 207
- 208
- …
- seguinte ›
- última »