BOAS. POR DICIR ALGO.....
OU SEXA, NON FAN NADIÑA PARA SOLUCIONAR OS GRAVES PROBLEMAS QUE HAI A ALTURA DA RUA PIÑOR, DE INUNDACIÓNS CANDO CAEN TRES GOTAS, E POR RIBA VAN OS ILUMINATI E ENGADEN UN COLECTOR MAIS DE PLUVIAIS DESA RÚA Ó ALCANTARILLADO DA AVD. DE COMPOSTELA.....GRACIAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO MENTAL.....CANTAS NÓMINAS TIRADAS.....
Queria manifestar o meu malestar pola decision da Xunta de Galicia de querer ubicar o futuro centro de saude na actual estacion de autobuses. Pareceme un desacerto de gran magnitude. Digan o que digan os do PP do Carballiño ahi non colle o que estan facendo en Lalin e noutros puntos de Galicia. Por non falar dos problemas de aparcamento e conxestion do trafico que ocasionaran na contorna. Eso para os vaian en coche. Para os que vaian a pe teran que subir costas pronunciadas nas ruas que baixan cara a avenida do balneario. Algo que para a xente maior pode ser un suplicio. Por non dicir que os dias de feira ou cando haxa un evento no auditorio aquelo sera peor ca un festival. Ademas hai dos negocios coma a cafeteria ou a reparteria de paqueteria que salerian perxudicados xa que terian que marchar de ali. A casa da xuventude que? Non estaba comprometido que iria para ali. En fin. Todo un despropósito. Que asesora aos da Xunta? Parece todo unha decision partidista xa que era a proposta do partido local que goberna en Galicia. Pero aqui ninguen pensou nas consecuencias.

Fin ao culebrón dos últimos meses na vida municipal do concello do Carballiño, os técnicos da Xunta consideran que a parcela que ocupa a actúal estación de autobuses na avenida do balneario é opción máis viable entre as propostas remitidas por parte do concello carballiñés.
Desta maneira, ademáis, o concello do Carballiño aforra o gasto que tería que afrontar para comprar caquera das outras parcelas de titularidade privada que foran propostas polos grupos políticos de Espazo Comun, BNG, Podemos ou o propio grupo de goberno socialista. A ubicación agora considerada polos técnicos do Sergas fora proposta dende un principio polo grupo municipal do Partido Popular.
Agora, concello e Xunta deberán levar a cabo os trámites para a cesión da propiedade, e mesmo resolver algunhas cuestións como a concesión da explotación da cafeteria da estación de autobuses que está en vigor, e tamén deberá o concello prever a creación dunha zona de aparcamento para vehículos tanto para os profesionais como para os usuarios do futuro centro sanitario carballiñés. Ademáis, concello, Xunta e Adif, terán que concretar o convenio para a reconversión da actúal estación de ferrocarril en futura estación intermodal do Carballiño.
O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que Xunta e Concello están dacordo nesta decisión e que agora toca avanzar na formalización do protocolo para axilizar as xestións e que o proxecto poida executarse dentro da fase 1 do plan de novas infraestructuras sanitarias da Xunta, que fixou unha previsión de 8 millóns de euros para este novo centro no Carballiño.
En canto ao proxecto de futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia. No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública. Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.
Boas tardes, estou farta de ver o analfabeta que é a xente, e unha vez máis acabase de demostrar, co aceite de girasol, a xente escoitou nos telediarios que o aceite ia encarecerse, e que cada vez haberia menos, que non se lles ocurriu otra cousa, que ir en masa os supemercados e mercar canto máis acetite mellor( o prezo daba igual o importante era ter moiiiito aceite na casa, aida que non se necesitase) esto que provocou, que o aceite que tiñan e teñen de sobra nos almacens os supermercados as grandes superfices comerciales, os proveedores, o subiran de precio, cando eles o mercaron moito antes da guerra a un precio moito máis baixo, e ahora subennolo a nós por IDIOTAS, BORREGOS, ANALFABETOS, E EGOISTAS. En resumidas cuentas o aceite de girasol está tan caro, pola culpa da XENTE, NON DA GUERRA, nos mesmos tiramos as pedras no noso tellado. Aqui os grandes beneficiados son os que venden o aceite de girasol que viron un gran negocio pa encher as suas sacas a conta dos BURROS/AS DE DUAS PATAS.
O SER HUMANO É O ANIMAL MÁIS BURRO DO PLANETA
O SER HUMANO É O ANIMAL QUE TROPEZA SEMPRE NA MESMA PEDRA
O SER HUMANO É O NIMAL MAIS EGOISTA DO PLANETA
ETC
ETC

Dende primeira hora da mañá deste martes o po sahariano xa chegou a O Carballiño, cubrindo con cor de tonalidade laranxa o ceo, un excepcional episodio o que pode verse.
Un fenómeno que non se producía con esta intensidade dende facía varias décadas, e que ademáis se traduce nun repentino aumento das temperaturas que mañá volverán desplomarse, según os pronósticos.

Cáritas Parroquial do Carballiño fai un chamamento a aquelas persoas que poidan axudar con aportacións en diñeiro para costear os elevados gastos do transporte do material solidario para o pobo ucraíno enviado dende O Carballiño.
Para elo, Cáritas Parroquial do Carballiño ten aberta unha conta bancaria, que é a seguinte: ES66 0182 0635 5102 0153 8409
A pasada semana saía un primeiro envio, e hoxe mesmo parte un cargamento con 30 palés con destino a Polonia, e xa traballan para facer un terceiro envio, para elo continúa aberta a recepción de enseres, comida e alimentos, que se recolle no local da rúa Evaristo Vaamonde en horario diario de 6 a 8 da tarde.

Dous xóvenes protagonizaron a primeira hora deste lúns un novo episodio violento nas rúas do Carballiño, ambos discutiron nos soportais da Alameda portando un coitelo de cociña, unha pelexa que foi presenciada por varias persoas que alertaron á Policia Local.
Tres patrullas acudiron á chamada e procederon á detención dos dous xóvenes, que trasladaron a dependencias policiais, agora o atestado policial será trasladado á sede xudicial.
Dende a Policia Local recoñecian a COPE O Carballiño un repunte dos casos de violencia nas rúas do Carballiño nos últimos meses "estamos moi por riba dos casos que viñan sendo habituais noutros anos, sobre todo coincidindo coas fines de semana, e maioritariamente entre xente moza, aínda que falamos dun fenómeno que non está sendo exclusivo do Carballiño, senón de moitas outras localidades de toda España", unhas declaracións do responsable da PL Francisco Valeiras que avalan o incremento da violencia na rúas carballiñesas nos últimos meses.

A Garda Civil corfirma o achádego dunha muller morta no Punto Limpo do Carballiño, ao parecer, trátase do cadáver dunha muller de nacionalidade brasileña de 38 anos de idade, residente no Carballiño.
O cadáver xa foi trasladado para practicarlle a autopsía, que determinará a causa da morte. A Policia Xudicial investiga as circustancias que rodean a este suceso.

Na mañá deste domingo chegaba a destino o autocar conducido polos tres chóferes de Empresa Montañesa que partira do Carballiño o pasado venres, transportando o primeiro envio con material solidario recollido por Cáritas Parroquial do Carballiño, con doazóns das comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e doutras zonas da provincia.
Agora, na viaxe de volta, no mesmo autocar -con 48 prazas dispoñibles- traerán a persoas ucraínas refuxiadas -nenos e nenas e mulleres- que transportarán ata Madrid, onde serán atendidas pola Fundación Madrina.

Este martes dia 15 de marzo está previsto o segundo envio que fai Cáritas Parroquial do Carballiño, en total serán 30 palés de material solidario que xa está debidamente clasificado e etiquetado para o seu transporte ata Polonia, do que se encargará un camión da flota de Acar Operadora, con sede no parque empresarial de Xinzo de Limia.
A iniciativa para trasnportar o material partíu da Asociación de Empresarios do Polígono de Xinzo de Limia, e xa están feitas as xestións para a descarga no punto de destino, nunha zona próxima á fronteira entre Polonia e Ucrania.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 207
- 208
- 209
- 210
- 211
- 212
- 213
- 214
- 215
- …
- seguinte ›
- última »