25, Abril 2022

As comarcas do Carballiño e O Ribeiro son as que contan con maior representación entre as empresas da provincia que están presentes no Stand do Inorde e que desde hoxe están a promocionar a súa calidade agroalimentaria na 35ª edición de Salón Gourmets. O Inorde participa, por primeira vez, nesta feira de alimentación e bebidas de calidade, con 12 micro empresas como coexpositores que estarán ata o 28 de abril expoñendo os seus produtos.

A xerente do Inorde, Emma González, estivo hoxe en IFEMA, Madrid, na inauguración deste Salón, no que participamos co obxectivo “de promover accións que impulsen os produtos agroalimentarios que xeran valor engadido ao territorio e facilitar plataformas de promoción aos produtores que lles permitan diversificar as canles de comercialización”.

Ademais, a xerente do Inorde incidiu en que é “unha oportunidade idónea para dar a coñecer a enogastronomía da nosa provincia continuando coa estratexia marcada polo goberno provincial de que, a través do Inorde, apóiese ás pequenas empresas deste sector, un dos que máis creceu durante a pandemia na provincia”.

Na caseta do Inorde, deseñado con doce módulos para que cada unha das empresas participantes poidan expoñer e promocionar os seus produtos, está pensado tamén para que os produtores ourensáns poidan manter reunións de traballo, facilitándolles a posibilidade de que establezan novas relacións comerciais.

As empresas que están co Inorde en Salón Gourmets 2022 como coexpositores pertencen a diferentes sectores agroalimentarios e son as seguintes: a adega Sameirás de Ribadavia, Adegas Celme de Castrelo de Miño; Adegas Sampayolo de Petín; Viña Eduardo Bravo de Leiro; Irmáns Ferradás Irixo, baixo a cal se promocionarán diferentes produtos locais que se atopan dentro da “Marca O Irixo”; Cumes de Trevinca do sector lácteo a través da cal se darán a coñecer os “Sabores de Trevinca” que aglutina os produtos que se elaboran no municipio da Veiga; A Central Heladera cos seus xeados artesáns; Solucións Técnicas Esdinela con Nela Gourmet de San Cristovo de Cea coas súas marmeladas creativas; Doce Bágoa de Boborás co seu mel; A Vaquería de Baltar coa súa carne de tenreira 100% galega; Postoiro SCG de Vilar de Santos con produtos de horta; e, por último, Patacas Ama de Xinzo de Limia.

Na inauguración tamén estiveron os alcaldes do Irixo, Manuel Cerdeira; e da Veiga, Juan Anta, para apoiar a promoción dos produtos que se elaboran nos seus municipios baixo as marcas “O Irixo” e “Sabores de Trevinca”, respectivamente.

Salón Gourmets, a Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade número uno de Europa, está aberta en IFEMA ata o 28 de abril para congregar neste edición a máis de 1.600 expositores con 40.000 produtos e 70.000 profesionais que participan para informarse das novidades do sector na súa 35 edición, a terceira máis importante da súa historia.

24, Abril 2022

A programación festivo arrancou o sábado cunha verbena amenizada pola orquestra Garibaldi e a disco-móbil Chocolate, e tivo continuidade este domingo coas celebracións na honra do Santo Wintila, que foron seguidas dun xantar popular con aires de romaría na que veciños e visitantes degustaron un menú organizado pola comisión de festas.

A charanga Europa en sesións de mediodia, tarde e noite, e a orquestra Saudade na verbena encheron de música o campo da festa nesta segunda xornada festiva, algo deslucida polo mal tempo.

O lúns 25,  festivo local no concello de Punxín, coincidindo coa festividade de San Wintila, celebraránse misas na igrexa parroquial a partir das 9 da mañá, cada hora ata as 13:00 h. que será cando se celebre a procesión e misa solemne co acompañamento do grupo de gaitas Terras do Arenteiro e o Orfeón do Carballiño. A  partir das 17:00 horas no adro da igrexa terá lugar a tradicional subasta de productos da terra doados ao santo. Xa a partir ds 20:00 h haberá pinchos no campo da festa e verbena co grupo musical "Pégate".

24, Abril 2022

A Insua dos Poetas acolleu na tarde deste sábado dia 23 de abril a celebración do día do libro, unha tarde na houbo agasallo de libros, a música en vivo de Xisco Feijóo e o seu grupo, e ata unha degustación de productos da marca gastronómica "O Irixo".

Ademáis, o acto foi unha homenaxe ao escritor e investigador literario Arcadio López-Casanova, recentemente falecido. No encontro estiveron, entre outros, o vicepresidente da Deputacón César Fernández, o delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a alcaldesa de Boborás, Patricia Torres, e o presidente da Fundación Insua dos Poetas, Luís González Tosar.

23, Abril 2022

A quen corresponda tomar medidas,

Bravo polo profesional que cortando madeira no barrio do Ribeiro en San Fiz de Barón tirou o chan a liña de electricidade do alumeado público. Agradécese  polo menos que recollera o cable o redor do poste pero non estaría de máis que protexera as puntas que quedaron sen protección algunha. No horario no que funcionan as luces públicas eses cables teñen electricidade. Os fin de semana  hai bastantes rapaces no pobo, co perigo que iso conleva. 

23, Abril 2022

Fai  máis de dous meses que os de Aviaqua se lles ocorreu facer un burato no camiño que vai a Fontentiga e o Pazo Ludeiro, pensando que alí había unha fuga de auga. Penso que xa transcorreu tempo dabondo para ser tapado. Xa temos o camiño nun estado bastante lamentable como para que nos veñan facer buratos innecesarios e inda por riba non nos tapan.

23, Abril 2022

A Xunta mantén aberto -deica o vindeiro luns 2 maio- o prazo para solicitar as axudas deste ano á reestruturación e reconversión da viña en Galicia. Contan cun orzamento de 3 millóns de euros para os exercicios de 2022, 2023 e 2024.

O obxecto desta liña de achegas é aumentar a competitividade dos produtores vitivinícolas, mellorar os sistemas de produción sustentables e a pegada ambiental deste sector produtivo. Así, preténdese diminuír os custos das explotacións e apostar polo seu redimensionamento ao levar a cabo reaxustes estruturais. Tamén se fomenta a adaptación das variedades ás demandas do consumidor, ao tempo que se preservan as viníferas autóctonas galegas, de menores rendementos e elevada calidade diferenciada, aproveitando así a gran vantaxe competitiva que supón a súa diferenciación no mercado. Deste xeito, a través destas achegas aumenta o grao de profesionalización do sector vitícola galego, ao tempo que se potencia a remuda xeracional e un desenvolvemento rural socialmente viable facilitando o acceso ás explotacións de persoas viticultoras mozas e capacitadas, en particular das mulleres viticultoras de Galicia.

Poderán beneficiarse destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación, cunha superficie máxima subvencionable de 10 hectáreas por persoa viticultora e ano. Estas achegas aplicaranse ás superficies vitícolas onde se leven a cabo operacións de reimplantación de viñas, reconversión varietal e/ou melloras das técnicas de xestión das viñas. Cabe recordar que cada viticultor deberá seleccionar o seu propio calendario de execución, escollendo entre unha execución anual ou bienal. Os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata un 80% da axuda aprobada, no caso de que precisen efectuar pagamentos inmediatos dado o investimento proxectado, sempre e cando constitúan unha garantía por un importe cando menos igual ao do pago anticipado.

Enlace á orde no DOG, publicada o pasado 30 de marzo:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220330/AnuncioG0426-280322-0...

22, Abril 2022

Pois resulta que ésta céntrica rúa da Saleta, recentemente axeitada, ten duas direccions, una pra subir e outra pra baixar, pero como as suas características o permiten, deben pensar os  nosos mandatarios , pois, ademais, puxénrolle aparcamiento en línea no tramo de abaixo, e por si fora pouco tamén en diagonal no tramo de arriba. Hala, si señor, ben feito e todos contentos.  Pero como por alí non deben pasar ningén, nin siquera os municipais, pois non se diron conta , vaya por Deus, que non hay forma de aparcar, subir un coche e coincidir con outro que baixa porque non hay sitio, si, non se cabe, el algún ten que retroceder.  Pra buscar una solución a tamaño problema, acudín a un estudiado experto e díxome, dille os técnicos de tráfico do concello que poñan dirección unica e resolto o problema. Será verdad..?

 

 

22, Abril 2022

O Teatro Principal acolleu a estrea do dumental do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, un proxecto apoiado pola Asociación Camiño Miñoto Ribeiro e a Deputación de Ourense.

O vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, interviu nun acto no que estiveron presentes, entre outros, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González Afonso; o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén e alcaldes dos municipios polos que percorre este Camiños, mentres que no caso do concello do Carballiño a institucion estivo representada polo concelleiro de turismo Manolo Dacal.

O documental é un percorrido polos 265 kilómetros de maxia separan e unen as cidades históricas de Bracara Augusta-Braga e Santiago de Compostela, e que dentro do noso ámbito atravesa diversos concellos das comarcas do Ribeiro e O Carballiño.

21, Abril 2022

A iniciativa conta coa colaboración económica da pizzería carballiñesa "Cacho Pizza" que celebra o 30 aniversario e cubre unha gran parte dos gastos de organización desta xornada musical e solidaria que terá lugar no Carballiño o xoves dia 5 de maio próximo.

Tamén colabora co concello do Carballiño a Cruz Vermella, que se encargará do operativo preventivo e de seguridade, asi como de recadar os donativos que queiran aportar as persoas que acheguen ese día ata a Praza da Veracruz, onde instalará o seu escenario móbil a orquestra Panorama, o acceso á praza será gratuíto aínda que pide as persoas que acudan que dean un donativo de 3 euros.

Toda a recadación será canalizada a través da Cruz Vermella e destinaráse tanto ás persoas ucraínas refuxiadas como ás familias carballiñesas que están en situación de emerxencia social, tal como aclarou o presidente do comité provincial desta ONG, Felipe Ferreiro, que acompañou no acto de presentación deste evento a José Manuel Rodríguez, de Cacho Pizza, e os concelleiros Manolo Dacal e Diego Fernández.

O programa abriráse ás 19:30 horas na Praza do Emigrante co Dj. Tibu, A orquestra Panorama ofrecerá dous pases na Praza da Veracruz, en horarios de 21:00 a 22:00 h. o primeiro, e de 00:00 a 02:00 o segundo. Ademáis de 22:00 a 00:00 horas animará as rúas do Carballiño a Charanga Castro Bello, e de 23:15 a 00::00 na Praza da Veracruz fará de teloneiro da Panorama o Dj. Tibu.

20, Abril 2022

Asi o anunciou nunha entrevista nesta emisora de radio a directora do xeriátrico carballiñés, Nuria Iglesias, a apertura dun Centro de Día nas dependencias do Residencia Irmáns Prieto é un dos proxectos prioritarios para levar a cabo ao entender que é unha demanda real "está a opción de ofrecer prazas de centro de dia porque a xente do propio Carballiño trasládanos esa necesidade, persoas que queren durmir na súa casa e que queren comer e pasar o dia con nós", manifestou.

Tamén comentou que este proxecto estivo paralizado pola pandemia e agora "gustaríanos nos próximos meses poñelo en marcha", desta maneira a residencia ofrecerá en breve un novo servizo a O Carballiño e comarca.

Nuria Iglesias fíxose cargo da dirección do centro por encargo da Fundación Irmáns Prieto en agosto de 2020 tras a marcha das "Hermanitas dos Anciáns Desamparados", o que deu lugar a diversos cámbios na xestión en plena pandemia, mesmo motivando algunhos conflictos laborais e dando lugar a un debate social e tamén político no concello do Carballiño entorno á Fundación impulsada polos filántropos carballiñeses, os irmáns Prieto Pereira nas primeiras décadas do século 20.

Na actualidade, a residencia -aínda hoxe chamada popularmente o Asilo do Carballiño- conta con 106 prazas de residentes e "se cumplimos as previsións serán 111 a finais de mes, polo que estariamos xa cubrindo a capacidade total", avanzou a directora, que tamén dixo que a lista de espera é de 30 persoas, e que que o actual cadro de persoal está integrado por 62 persoas "o 90% mulleres".

Pódese escoitar íntegra a entrevista a Nuria Iglesias no audio do programa do dia 20 de abril de 2022, no PODCAST de COPE O Carballiño que encontrarás nesta mesma páxina WEB.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS