17, Marzo 2022

A Deputación de Ourense integrarase como socia en cada unha das asembleas dos seis Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) existentes na provincia, achegando a capacidade técnica e xurídica dos seus servizos, así como tamén abrindo unha liña de colaboración económica para contribuír á realización dos proxectos que levan a cabo por todo o territorio. Este é o resultado da reunión que esta mañá mantivo no Pazo Provincial o presidente, Manuel Baltar, cos representantes dos seis GDR ourensáns (Ourense-Adercou, Carballiño-Ribeiro, Limia-Arnoia, Monteval, Sil Bibei Navea, e Valdeorras) e que supón o cumprimento dunha das propostas aprobadas pola corporación no debate sobre o estado da provincia de novembro pasado.

A iniciativa partiu dunha proposta trasladada polos GDR á Deputación, referendada posteriormente no debate sobre o estado da provincia, no que aprobouse esta colaboración para “impulsar diferentes vías de colaboración cos seis GDR da provincia de Ourense (…) Solicitaremos a adhesión en cada un dos GDR e poder integrarnos nas respectivas asembleas en calidades de socio”. Un punto cumprido agora con este acordo. Manuel Baltar lembra que a iniciativa para impulsar vías de cooperación con estes grupos aprobouse “por acordo unánime” e implicará a adhesión da Deputación como socia a cada GDR “para achegar todo de nós non só como goberno provincial, senón tamén a través do Inorde”. Así, e xunto cos servizos técnicos e xurídicos que se porán a disposición destas entidades, a Deputación “realizará unha primeira achega económica que este ano será de, aló menos, 10.000 euros, que se aprobarán na modificación de crédito prevista para o pleno do mes de abril”, anunciou o presidente.

“O noso discurso é de acompañamento e apoio nas reivindicacións e proxectos que formulen os GDR”, dixo Manuel Baltar, destacando que a Deputación de Ourense “é a primeira institución provincial en participar en todos e cada un dos grupos que operan no seu territorio e que engloban a todos os concellos da provincia”. Unha alianza que toma forma nun momento no que a defensa do rural ten un gran protagonismo, en particular para unha provincia que “xunto con Lugo, foi clave na chegada a Galicia de tantos fondos europeos durante tanto tempo, fondos que non van deixar de vir, pero sobre os que, en pe de igualdade con outras provincias, temos que falar en termos de equilibrio territorial”.

Apoio da Deputación e o horizonte dos fondos europeos

A proposta de colaboración dos GDR á Deputación avanza futuras liñas de traballo coma a promoción dos “produtos de calidade agrarios e artesáns da provincia”, o traballo conxunto na promoción turística da provincia ou a colaboración co Inorde. No encontro desta mañá con Manuel Baltar estiveron Manuel Seoane, alcalde da Peroxa e presidente do GDR Ourense-Adercou; Manuel Dacal, tenente alcalde do Carballiño e representante do GDR Carballiño Ribeiro; Gumersindo Lamas, alcalde de Sarreaus e presidente do GDR Limia-Arnoia; Luciano Rivero, alcalde de Cualedro e vicepresidente de Monteval; Francisco Magide, tenente alcalde de Parada de Sil e presidente do grupo Sil Bibei Navea e María del Carmen González, alcaldesa de Carballeda de Valdeorras e presidenta da GDR Valdeorras.

Como voceiro dos GDR ourensáns, Francisco Magide cualificou a reunión como “moi positiva”, tanto pola achega económica comprometida como polo feito de que a Deputación se implique nas súas actividades, “o que significa entender na práctica o importantes que son os GDR promovendo moitos proxectos de desenvolvemento e en contacto moi próximo co territorio”. Para Francisco Megide, tenente alcalde de Parada de Sil, está é “unha idea excelente porque é unir esforzos na consecución dun mesmo obxectivo que ten como beneficiario o mundo rural”.

Magide expresou a preocupación dos grupos polo próximo programa financeiro plurianual da Unión Europea (201-2027), subliñando a necesidade “de que se dote a Ourense con máis fondos dos que ten agora, xa que a maior parte dos concedidos a Galicia veñen polas provincias de Lugo e Ourense, unha demanda que tamén asume o presidente o que nos parece moi importante”.

Grupos de xestión de fondos europeos para o medio rural

Os GDR teñen como principal función xestionar fondos europeos para desenvolver programas de dinamización local, contando para este fin coa colaboración de organismos públicos e colectivos de representación empresarial, social e veciñal nos territorios que abarca cada grupo. Están dotados cun equipo técnico (xerencia, técnicos e administrativos), ademais de órganos decisorios como unha asemblea xeral, xunta directiva ou equivalentes. Cada un dos grupos, dos que en Galicia existen 24, elabora una estratexia de desenvolvemento para o seu territorio, dentro dos criterios establecidos no Plan Leader da Unión Europea, programa que ten como obxectivos axudar ás pemes agrícolas no medio rural a mellorar a súa produtividade e competitividade, financiar novas iniciativas económicas e medioambientais e formar á poboación en labores específicas e sostibles.

16, Marzo 2022

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, comprobou hoxe as obras de pechamento, formigonado e humanización do soportal do local social da Asociación de Veciños Partovia no Carballiño, que recibiu o ano unha axuda de preto de 5.500 euros.

A organización foi unha das 41 entidades beneficiarias da provincia de Ourense o ano pasado, que recibiron máis de 600.000 euros no marco da convocatoria de axudas do Plan específico de Acción Comunitaria. No conxunto da comunidade, o Goberno galego destinou 2,5M€ para apoiar as iniciativas e 173 asociacións.

Natalia Prieto, lembrou que a Xunta vén de renovar esta orde, na que o Goberno galego incrementa o orzamento nun 20%, ata acadar os 3 millóns de euros, na súa aposta polo asociacionismo veciñal e a xestión conxunta de bens e servizos por parte da poboación galega.

A orde de subvencións para este ano inclúese no plan específico de acción comunitaria, destinado a asociacións veciñais, confederacións, federacións ou unións de asociacións de veciños, comunidades de usuarios de augas e asociacións de mulleres rurais de Galicia.

Os investimentos van destinados ao acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e a compra de equipamentos básicos para o seu funcionamento, como mobiliario, equipos informáticos e audiovisuais ou material non básico específico para levar a cabo determinadas actividades. Ademais, son subvencionables proxectos de mellora, reforma e reparación das instalacións das traídas de auga promovidas por comunidades de usuarios de augas para garantir o abastecemento

16, Marzo 2022

BOAS. POR DICIR ALGO.....

OU SEXA, NON FAN NADIÑA PARA SOLUCIONAR OS GRAVES PROBLEMAS QUE HAI A ALTURA DA RUA PIÑOR, DE INUNDACIÓNS CANDO CAEN TRES GOTAS, E POR RIBA VAN OS ILUMINATI E ENGADEN UN COLECTOR MAIS DE PLUVIAIS  DESA RÚA Ó ALCANTARILLADO DA AVD. DE COMPOSTELA.....GRACIAS A TODOS POLO VOSO ESFORZO MENTAL.....CANTAS NÓMINAS TIRADAS.....

16, Marzo 2022

Queria manifestar o meu malestar pola decision da Xunta de Galicia de querer ubicar o futuro centro de saude na actual estacion de autobuses. Pareceme un desacerto de gran magnitude. Digan o que digan os do PP do Carballiño ahi non colle o que estan facendo en Lalin e noutros puntos de Galicia. Por non falar dos problemas de aparcamento e conxestion do trafico que ocasionaran na contorna. Eso para os vaian en coche. Para os que vaian a pe teran que subir costas pronunciadas nas ruas que baixan cara a avenida do balneario. Algo que para a xente maior pode ser un suplicio. Por non dicir que os dias de feira ou cando haxa un evento no auditorio aquelo sera peor ca un festival. Ademas hai dos negocios coma a cafeteria ou a reparteria de paqueteria que salerian perxudicados xa que terian que marchar de ali. A casa da xuventude que? Non estaba comprometido que iria para ali. En fin. Todo un despropósito. Que asesora aos da Xunta?  Parece todo unha decision partidista xa que era a proposta do partido local que goberna en Galicia. Pero aqui ninguen pensou nas consecuencias.

16, Marzo 2022

Fin ao culebrón dos últimos meses na vida municipal do concello do Carballiño, os técnicos da Xunta consideran que a parcela que ocupa a actúal estación de autobuses na avenida do balneario é opción máis viable entre as propostas remitidas por parte do concello carballiñés.

Desta maneira, ademáis, o concello do Carballiño aforra o gasto que tería que afrontar para comprar caquera das outras parcelas de titularidade privada que foran propostas polos grupos políticos de Espazo Comun, BNG, Podemos ou o propio grupo de goberno socialista. A ubicación agora considerada polos técnicos do Sergas fora proposta dende un principio polo grupo municipal do Partido Popular.

Agora, concello e Xunta deberán levar a cabo os trámites para a cesión da propiedade, e mesmo resolver algunhas cuestións como a concesión da explotación da cafeteria da estación de autobuses que está en vigor, e tamén deberá o concello prever a creación dunha zona de aparcamento para vehículos tanto para os profesionais como para os usuarios do futuro centro sanitario carballiñés. Ademáis, concello, Xunta e Adif, terán que concretar o convenio para a reconversión da actúal estación de ferrocarril en futura estación intermodal do Carballiño.

O delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, manifestou en declaracións a COPE O Carballiño que Xunta e Concello están dacordo nesta decisión e que agora toca avanzar na formalización do protocolo para axilizar as xestións e que o proxecto poida executarse dentro da fase 1 do plan de novas infraestructuras sanitarias da Xunta, que fixou unha previsión de 8 millóns de euros para este novo centro no Carballiño.

En canto ao proxecto de futuro Centro Integral de Saúde para O Carballiño, Sanidade propón un edificio de 4.500 metros cadrados de superficie, que estará dividido en 22 consultas de adultos, área bucodental, despacho de traballador social, área de infecciosos, 4 salas polivalentes, toma de mostras, e área pediátrica con 4 consultas, área da muller con 2 consultas, área de fisioterapia, sala de docencia. No PAC: 6 consultas. No COF: 3 consultas. Na área de saúde mental: 3 consultas e despacho de saúde pública. Con respecto ao centro de saúde actual increméntase: en 8 consultas na área de adultos, sala de educación sanitaria, área bucodental con 2 consultas, sala de xuntas No PAC: 2 consultas e sala de críticos e de observación.Un área de saúde mental con 3 consultas.

15, Marzo 2022

Boas tardes, estou farta de ver o analfabeta que é a xente, e unha vez máis acabase de demostrar, co aceite de girasol, a xente escoitou nos telediarios que o aceite ia encarecerse, e que  cada vez haberia menos, que non se lles ocurriu otra cousa, que ir en masa os supemercados  e mercar canto máis acetite mellor( o prezo daba igual o importante era ter moiiiito aceite na casa, aida que non se necesitase) esto que provocou, que o aceite que tiñan e teñen de sobra nos almacens os supermercados as grandes superfices comerciales, os proveedores,  o subiran de precio,  cando eles o mercaron moito antes da guerra a un precio moito máis baixo, e ahora subennolo a nós por IDIOTAS, BORREGOS, ANALFABETOS, E EGOISTAS. En resumidas cuentas o aceite de girasol está tan caro,  pola culpa da XENTE, NON DA GUERRA, nos mesmos tiramos as pedras no noso tellado. Aqui os grandes beneficiados son os que venden o aceite de girasol que viron un gran negocio pa encher as suas sacas a conta dos BURROS/AS  DE DUAS PATAS.

O SER HUMANO É O ANIMAL MÁIS BURRO DO PLANETA

O SER HUMANO É O ANIMAL QUE TROPEZA SEMPRE  NA MESMA PEDRA

O SER HUMANO É O NIMAL MAIS EGOISTA  DO PLANETA

ETC

ETC

 

15, Marzo 2022

Dende primeira hora da mañá deste martes o po sahariano xa chegou a O Carballiño, cubrindo con cor de tonalidade laranxa o ceo, un excepcional episodio o que pode verse.

Un fenómeno que non se producía con esta intensidade dende facía varias décadas, e que ademáis se traduce nun repentino aumento das temperaturas que mañá volverán desplomarse, según os pronósticos.

15, Marzo 2022

Cáritas Parroquial do Carballiño fai un chamamento a aquelas persoas que poidan axudar con aportacións en diñeiro para costear os elevados gastos do transporte do material solidario para o pobo ucraíno enviado dende O Carballiño.

Para elo, Cáritas Parroquial do Carballiño ten aberta unha conta bancaria, que é a seguinte: ES66 0182 0635 5102 0153 8409

A pasada semana saía un primeiro envio, e hoxe mesmo parte un cargamento con 30 palés con destino a Polonia, e xa traballan para facer un terceiro envio, para elo continúa aberta a recepción de enseres, comida e alimentos, que se recolle no local da rúa Evaristo Vaamonde en horario diario de 6 a 8 da tarde.

 

14, Marzo 2022

Dous xóvenes protagonizaron a primeira hora deste lúns un novo episodio violento nas rúas do Carballiño, ambos discutiron nos soportais da Alameda portando un coitelo de cociña, unha pelexa que foi presenciada por varias persoas que alertaron á Policia Local.

Tres patrullas acudiron á chamada e procederon á detención dos dous xóvenes, que trasladaron a dependencias policiais, agora o atestado policial será trasladado á sede xudicial.

Dende a Policia Local recoñecian a COPE O Carballiño un repunte dos casos de violencia nas rúas do Carballiño nos últimos meses "estamos moi por riba dos casos que viñan sendo habituais noutros anos, sobre todo coincidindo coas fines de semana, e maioritariamente entre xente moza, aínda que falamos dun fenómeno que non está sendo exclusivo do Carballiño, senón de moitas outras localidades de toda España", unhas declaracións do responsable da PL Francisco Valeiras que avalan o incremento da violencia na rúas carballiñesas nos últimos meses.

13, Marzo 2022

A Garda Civil corfirma o achádego dunha muller morta no Punto Limpo do Carballiño, ao parecer, trátase do cadáver dunha muller de nacionalidade brasileña de 38 anos de idade, residente no Carballiño.

O cadáver xa foi trasladado para practicarlle a autopsía, que determinará a causa da morte. A Policia Xudicial investiga as circustancias que rodean a este suceso.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS