20, Abril 2022

O PSdeG-PSOE de Leiro considera que "a xustiza deulle un portazo na cara ao alcalde do municipio e senador do Partido Popular, Francisco José Fernández Pérez, no seu intento de reprimir” e coartar a liberdade de expresión da veciñanza con falsas enuncias. A sentenza do xulgado de 1ª instancia e instrución nº 1 de Ribadavia vén de decretar o sobresemento libre e o arquivo das dilixencias ao constatar que non existe ningún tipo de delito nas declaracións realizadas por un veciño e militante socialista en redes sociais sobre o alcalde de Leiro", manifestan.

Os socialistas denuncian que o “intento” do rexedor de “amedrentar” á poboación a base de denuncias “carentes de total fundamento” levou unha “sonora labazada” por parte da xustiza, "ao entender que as actuacións practicadas acreditan que os feitos obxectos da causa que iniciou o alcalde de Leiro contra un veciño, non son constitutivos de delito",afirman. O Grupo Municipal Socialista sinala que o rexedor do Partido Popular “debería centrarse máis en escoitar as queixas, reclamacións e denuncias da veciñanza, en lugar de tratar de reprimir a súa liberdade de expresión, con accións impropias da democracia”.

Consideran que "o modus operandi de Fernández Pérez esconde espurios intereses por tratar de silenciar a voz da veciñanza, co obxectivo de que ninguén discuta o desleixo e o abandono que vive o municipio e deste xeito tapar a súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.

O voceiro do PSdeG-PSOE en Leiro, Manuel Rodríguez Vázquez, congratúlase de que a xustiza “dea a razón a veciñanza nas súas reclamacións e que desestime que hai un delito nas declaracións feitas por un militante socialista e veciño nas redes sociais”. Neste senso, o edil socialista lembra que “a crítica política e da xestión administrativa, non poden integrar nunca un delito, aínda que o xuízo sexa acerbo, apaixonado ou esaxerado, tal e como quedou probado na sentenza xudicial”.

Rodríguez Vázquez tamén afirma que o alcalde do Partido Popular “debería centrarse en traballar por mellorar o municipio, en lugar de estar molestando a xustiza con denuncias sen fundamento algún, que non fan máis que demostrar que o único que busca e tapar as súas vergoñas e que non se fale do seu desleixo cara a veciñanza de Leiro”.

Neste senso, o voceiro do PSdeG-PSOE na localidade subliña que o rexedor “ten o deber de escoitar á veciñanza, en lugar de ignorala, como nos ten acostumados ao longo do seu mandato” e esíxelle a Francisco José Fernández que “deixe de molestar a xustiza con asuntos sen relevancia e asuma a crítica como parte do cargo de alcalde de Leiro, presidente da mancomunidade do Ribeiro e senador”.

Os socialistas aseguran que na sentenza xudicial queda de manifesto nos fundamentos do dereito que “non pode deducirse das actuacións que os feitos denunciados poidan ser constitutivos de delito, polo que non se pode establecer un límite de permisibilidade tan baixo á crítica política e social, que implique non poder realizar manifestacións acerca da opinión que merecen as actuacións levadas a cabo por persoas que ostentan cargos públicos ou electos”.

A sentenza tamén confirma -remarca o PSOE- que Francisco José Fernández, alcalde de Leiro, ostenta un cargo público e as expresións foron vertidas nun grupo de Facebook do partido contrario, polo que se estima que non hai nin calumnias, nin inxurias, xa que non se imputa ningún delito concreto.

19, Abril 2022

Boas tardes , son unha veciña de PORTO DE EGOAS, CONCELLO DO CARBALLIÑO, e quero  denunciar os dous incendios  ocurridos en duas vivendas en dito pobo. Unha das casas estaba pegada a unha vivenda ocupada por un familia, por sorte ás 3 da madrugada, debido o fume que lles entraba na casa despertouse a filla e pudo sacar a nai e chamar os bombeiros.  O segundo incendio era unha vivenda recien reformada con moito esforzo e traballo polo seu propietario , e quedou bastante destruida,  por sorte a familia estaba en A CORUÑA pasando a Semana Santa.

Según a POLICIA LOCAL o primeriro incendio foi un corte circuito( era un alpendre donde gardaban a leña)  non tiña luz.

O segundo incendio seica tamen foi un corte circuito ,( a casa ainda non tiña instalada a corriente electrica,  estaban utilizando un generador de gasolina ) por tanto non tiñan luz.

Os dous incendios tiveron lugar pola noite cando os  veciños  estabamos durmindo. e os dous  moi seguidos. Ós veciños esto parecenos moita casualidad.

A POLICIA DO CARBALLIÑO realmente sabe en que consiste o seu traballo, cales son as súas obligacións. ou é que nos queren tomar por tontos.

Rogolle ós pirómanos que cando planten lume a unha casa , que se queden no lugar dos feitos pa que a policia do carballiño poda decir algo máis que foi un: CORTE CIRCUITO e se molesten en investigar.

As aldeas existen, e tamén necesitamos que velen por nós e polas nosas casas que pa eso pagamos impostos como o resto.

 

 

 

 

 

 

19, Abril 2022

Deespóis de tocar fondo no ano 2020, O Carballiño recuperou o mercado inmobiliario en 2021, cun incremento do 25,61% no número de transaccións inmobiliarias en relación ao ano anteriror, alcanzándose a cifra das 103 opereracións de compra-venda de vivendas, das que 88 foron vivendas de segunda man, según os datos que recolle o Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana, que se ocupa da vivenda.

Nos demáis concellos, e durante o ano 2021, tamén se aprecia un leve incremento no número de operacións de compra-venda formalizadas, destacando Leiro con 19 vivendas. En Maside e San Cristovo de Cea leváronse a cabo 13 transaccións inmobiliarias, respectivamente en cada un dos concellos.

Despóis, aparece Boborás con 10 transaccións inmobiliarias realizadas, Punxín con 9, tamén foron 9 as operacións de compra-venda de vivenda no concello do Irixo, 6 en Avión, 5 en San Amaro, 4 en Beariz e completa a relación o concello de Piñor, onde tan so se formalizaron dúas transaccións durante o ano 2021.

 

18, Abril 2022

Son numerosos os vehiculos que apareceron esta pasada fin de semana con diversos desperfectos intencionados, fundamentalmente coas rodas pinchadas, asi o manifestaron en COPE O Carballiño varios dos propietarios afectados por estes actos vandálicos, todos eles na contorna da rúa Alberto Vilanova

Os feitos rexistráronse no garaxe do edificio dunha comunidade, onde practicamente non se salvou ningún vehículo, asi como tamén foron varios os vehiculos danados que estaban estacionados na vía pública, Tamén se contabilizaron roubos en algún dos automóbiles e outros desperfectos nunha moto, nesta mesma zona.

Algúns dos veciños afectados confirmaron a esta emisora de radio que xa presentaron, e outros van facélo nas próximas horas, denuncias ante a Garda Civil.

18, Abril 2022

A xunta de goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 18 de abril conceder unha subvención de 61.000 euros para o concello de Beariz para contribuir ás obras de reforma no centro de saúde desta localidade.

Tamén dentro deste mesmo capítulo en materia de cooperación cos concellos, a entidade provincial aprobou unha achega económica por importe de 48.000 euros para o concello de Avión, neste caso para financiar a reparación do firme do vial que comunica as localidades de Espiñeiro e Vilariño.

Finalmente, tamén nesta xunta de goberno telemática presidida por Manuel Baltar, a Deputación acordou unha subvención de 18.000 euros a favor do concello de Punxín, como aportación ao servizo de arquitectura municipal deste concello.

17, Abril 2022

"Os socialitas alegrámonos de que as nosas reivindicacións foran atendidas pola Consellería de Sanidade, xa que no seu dia tanto os compañeir@s no Parlamento Galego Marina Ortega e Julio Torrado, asi como tamén o noso portavoz municipal Manuel Rodríguez, puxeron en coñecemento das autoridades sanitarias a problemática do centro de saúde de Leiro, que debido as restricións pola pandemia, os doentes tiñan que agardar en numerosas ocasións fora das instalacións ata ser atendidas", relatan nun comunicado dende o PSOE de Leiro.

Explican que foron moitos os usuarios que pediron aos socialistas que trasladasen esta problemática ao Sergas "unha solución para protexerse do frio, da choiva e na época estival das altas temperaturas" polo que se demandaba unha actuación para acondicionar o espazo para a espera externa", unha demanda que agora asume a Consellería de Sanidade, congratúlanse os socialistas.

16, Abril 2022

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández Pérez, veñen de asinar un convenio no que se establecen as bases para o financiamento de varias melloras no centro de saúde da localidade, entre as que destaca un sistema de climatización. No acto estiveron acompañados polo delegado Territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén.

Este acordo tramitouse tomando como base unha memoria arquitectónica achegada polo alcalde de Leiro o pasado novembro despois de manter unha reunión co conselleiro na que lle garantiu o apoio para abordar esta reforma.

Segundo a dita memoria, as obras a executar terán un importe total de 38.562 euros, correspondendo a meirande parte á instalación dun sistema de climatización do centro, con grandes problemas de calor no verán. A instalación desde sistema, con dúas unidades exteriores e oito interiores, requirirá a desmontaxe ou demolición de varios falsos teitos e a súa posterior reposición.

Por outra banda, a obras de reforma incluirán tamén outras dúas actuacións: un pintado interior completo das estancias do centro e a instalación dunha marquesiña metálica acristalada na porta de acceso ao edificio, para protexer da choiva aos pacientes que desembarquen dun vehículo privado ou dunha ambulancia na entrada do centro.

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste modo, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Leiro contarán cun centro de saúde mellor e máis confortable.

15, Abril 2022

O Novocine de Leiro proxecta "Animáles Fentásticos: Los Secrteos de Dumbledore" o venres 15 e o sábado 16 en horario de mediodia, trátase dun novidoso horario para esta Semana Santa 2022, unha película que tamén ofrece en horario de tarde, do venres ao domingo, ás 17:30 horas.

Ademáis, a carteleira do Novocine presenta a diario outras dúas películas: "Los Tipos Malos" ás 15:30 horas, e "Sonic 2, La Película" ás 20:00 horas.

A entrada no Novocine de Leiro ten un prezo de 5 euros. Poden adquirise en taquilla ou en venda anticipada para calquera das sesións programadas.

13, Abril 2022

Asi a acreditan os últimos datos oficiais de poboación do INE, as de Maside, Amarante, Cea, Beariz e O Campo son as cinco parroquias que máis poboación manteñen no territorio comarcal, evidentemente deixando ao marxe desta relación a de San Cibrán do Carballiño, á que o INE outorga unha pobación de 11.266 habitantes.

A parroquia de Santo Tomé de Maside, con 802 persoas, é a máis populosa da comarca, e mesmo incrementou en 5 os habitantes no último ano, a esta parroquia pertence o núcleo da vila de Maside. Outra parroquia tamén do concello de Maside é a segunda con máis poboación, a de Santa María de Amarante con 740 habitantes, nesta parroquia sobresaen os núcleos de Dacón e A Fontela, que reúnen a maior parte da súa veciñanza.

Na terceira posición deste ranking comarcal manténse a parroquia de San Cristovo de Cea, con 636 habitantes, na súa gran maioría residentes na vila de Cea.  A cuarta parroquia máis habitada da comarca é a de Santa María de Beariz, que reúne a 606 persoas no seu territorio, no que figura a capitalidade municipal do concello de Beariz. E xa finalmente, completan este TOP 5 das parroquias máis habitadas da comarca a de Santa María do Campo, no concello do Irixo, na que viven 465 persoas.

No conxunto dos nove concellos da comarca do Carballiño son 87 as parroquias existentes, algunhas delas chegaron a ter unha poboación no século XX rondando ou mesmo alcancanzando os 1.000 habitantes, como aconteceu con Oseira -con 284 habitantes según os últimos datos do INE- ou Santa Uxía de Lobás, con apenas 178 habitantes na actualidade.

12, Abril 2022

O centro multiuosos do concello de San Cristovo de Cea acollerá esta semana santa unha boa parte das actividades das I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego, organizadas pola Federación Teatral Afeccionada de Galicia (Feteagal) e co patrocinio da Deputación. Unha iniciativa na que se mestura a aprendizaxe con actores, actrices e directores profesionais máis o coñecemento da provincia con visitas a destacados enclaves patrimoniais. O programa foi presentado esta mañá no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández; o presidente de Feteagal, David Vázquez; e a subdirectora das xornadas, Manuela Casal.

A combinación da formación co coñecemento da provincia foi un dos aspectos destacados por César Fernández, que felicitou aos organizadores das xornadas “por unha iniciativa que, ademais, xurde impulsada por ourensáns, polo que a Deputación tiña que estar tamén presente como patrocinadora”. O vicepresidente segundo agradeceu e celebración de actividades deste tipo en tanto “permiten pulsar o movemento cultural nunha provincia onde o teatro é referencia”, citando neste contexto a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia ou o Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega).

David Vázquez agradeceu pola súa banda a colaboración da Deputación para levar a cabo unha actividade que, segundo explicou, “nace con vocación de continuidade e logo da fundación, o pasado ano, de Feteagal”. Subliñou tamén a “excelente acollida” que tivo esta proposta, pois se cubriron as cincuenta prazas dispoñibles con inscricións de toda Galicia, Asturias, Cantabria e ata Estremadura.

“Os próximos catro días van ser unha gran oportunidade para convivir, intercambiar experiencias, opinións, necesidades e para saber que non estamos sós”, destacou Manuela Casal explicando ao mesmo tempo as razóns que lles levaron a constituír a federación. Ademais, puxo en valor aos “amadores que levan o teatro a todos os recunchos da provincia, grazas tamén á rede de auditorios da Deputación”.

Actores, actrices e directores no equipo docente

As I Xornadas Formativas do Teatro Amador Galego comezarán o día 14 no Centro Cultural Marcos Valcárcel, para continuar despois en San Cristovo de Cea e Vilamarín, rematando o domingo 17 no Liceo de Ourense. Nesta primeira edición o equipo de formadores estará integrado pola actriz e docente da Real Escola Superior de Arte Dramático de Madrid, Mariana Carballal; o intérprete e colaborador do programa da TVG "Land Rover", Miguel Canalejo; a responsable da Aula de Teatro de Ribadavia, Rosa Puga; e o dramaturgo Afonso Becerra.

O alumnado poderá combinar a formación con visitas ao casco histórico e monumentos da capital, ao mosteiro de Oseira, o museo etnográfico Olimpio Liste, e á Ribeira Sacra, concluíndo a actividade coa asistencia á obra Neve en Outono, que porá en escena no Liceo o grupo THE-Sastre Teatro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS