28, Decembro 2021

Nunca antes desde que se declarou a pandemia a comarca carballiñesa rexistrou un número tan elevado de contaxios, con cifras record en varios concellos. 

No Carballiño son hoxe 154 casos activos, de momento aínda por debaixo das cifras do Outubro negro de 2020, cando chegaran a alcanzarse os 188 contaxios activos nun dia.

Pero sí estamos en números record en varios concellos, como en Maside que ten xa 38 contaxios activos, tamén son cifras record as de Punxín, con 15 contaxios hoxe, e San Amaro que permanece con 11 casos. Tamén 11 casos son os que manteñen os concellos de Cea e Leiro.

Boborás é o único concello que baixa o número de contaxios en relación a onte, pasando dos 17 aos 16 casos activos, polo tanto 1 menos. 

Sen datos reseñables no resto de municipios, que manteñen casos illados.

 

27, Decembro 2021

A proposta partíu do alcalde de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, e foi refrendada no transcurso dunha intervención en COPE O Carballiño polo rexedor municipal carballiñés, Francisco Fumega. Tamén manifestaron xa o seu incondicional apoio os alcaldes de Piñor e Maside, José Luis González e José Manuel Iglesias, asi como Julio Yebra, alcalde do concello lucense de Carballedo.

Na actualidade, a autovía Lugo-Ourense coñecida como a A-56 tan so ten un tramo operativo, entre A Barrela e San Martiño de 8,8 quilómetros de extensión, mentres que o resto do trazado manténse en fase de proxecto. Este trazado, dende o límite entre as provincias de Lugo e Ourense ten continuidade nos tramos San Martiño-Cambeo, e Cambeo-Ourense Norte, a través da localidade de Cudeiro, un proxecto que conta con moita contestación social.

O alcalde de Cea teno claro "a alternativa que imos defender entre San Martiño e a conexión coa AG-53 ten un impacto medio ambiental moito maís asumible, e dende logo un menor coste económico, trátase de simple sentido común, aínda que se lle chame a autovia Lugo-Ourense, tamén se chama á AG-53 a autovia Santiago-Ourense, e en realidade acaba en Barbantes, o que nos propoñemos é a conexión da autovia de Lugo coa de Santiago, e consideramos que técnicamente podía facerse a altura da rotonda da Ariz", explica Valladares.

A proposta dos alcades da comarca carballiñesa non está exenta de lóxica, se pensamos que a futura autovia A-56 está chamada a canalizar o tráfico procedente do sur de Galicia e o norte de Portugal cara o norte peninsular, un tráfico procedente en gran parte da autovia de Vigo, que aforraría tempo e quilómetros respecto a alternativa a través de Ourense-Cambeo-San Martiño.

Pola súa parte, o alcalde do Carballiño incide na importancia estratéxica desta conexión directa coa autovia de Lugo "que reforzaría a nosa posición privilexiada como nudo de comunicacións, e sería de moita importancia para o desenvolvemento das áreas industrias de Cea e O Carballiño -Maside", subliñou Fumega.

Os alcaldes agardan sumar máis apoios a esta proposta, presentarán iniciativas institucionais nos concellos, e entrevistaránse co Subdelegado do Goberno para demandar que o Ministerio de Transporte, Movilidad y Agenda Urbana, estude esta posiblidade de construcción desta conexión entre as autovias de Lugo e Santiago.

 

 

 .

 

 

27, Decembro 2021

O Carballiño suma hoxe 143 contaxios activos de covid, dos que 92 son novos positivos diagnósticados na última semana.

Maside alcanza os 34 casos activos, dos que 22 correspóndense con diagnósticos notificados nos últimos 7 dias. Boborás ten 17 contaxios activos, dos que 10 son novos positivos diagnósticados na última semana. Con 11 contaxios activos están Punsín, Cea, San Amaro e Cea.

Non hai variacións no resto de municipios. Piñor e Beariz están libres de virus.

26, Decembro 2021

Este Nadal o Cine Club Carballiño organiza un ciclo de cine de animación infantil os día 26, 27 e 28 de decembro, en horario de 18:00 horas, no Auditorio Municipal Manuel María. A primeira película, o domingo día 26, Canciones para peques y animalitos, vai dirixida aos máis pequeniños da casa, son 12 contos que tratan sobre os animais, a solidariedade, a amizade, o amor...Está especialmente pensada para nenos xa a partir de 2 anos, unha forma de incialos no mundo do cine. A súa duración está pensada para os máis pequenos, xa que o filme durá só 30 minutos. Neste proxección o prezo da entrada será só de 2 euros, e o adulto que entre acompañando aos nenos o fará de balde.

O segundo filme do ciclo, o día 27, é unha estrea recente de fai un mes, que está todavía en cartelera en moitos cine o país e que está sendo un éxito de taquilla. Ratones y zorros xa viña avalada polo seu paso por numerosos festivais e pola súa nominación como Mellor película de animación do cine europeo.

O ciclo pecharase o día 28 con unha das mellores películas de animación dos últimos dous anos, Las vidas de Marona, da directora romanesa Anca Damian. A historia conta os recordos dunha cadeliña acerca dos diferentes donos que tivo ao longo da súa vida. Estreada no noso país neste verán, vai ser a primeira vez que se proxecte en Ourense. Con unha estética visual expresionista e unha fermosa banda sonora, é un filme recomendable para todas as idades, non só para o público infantil. As entradas para estes dous filmes será a 3 euros.

Durante as proxeccións haberá que gardar todas as medidas de seguridade vixentes, ademáis do protocolo establecido polo cine club para a entrada e saida do Auditorio (desinfección, entrada e saída diferenciadas e escalonadas) e para permanecer na sala (mascarilla, distancia de seguridade de 2 asientos entre os non convivintes e filas alternas).

25, Decembro 2021

O Carballiño suma 130 novos positivos nos últimos 14 dias, e deles 93 foron correspóndense cos diagnosticados na última semana, o que representa o record de contaxios no municipio de todo este ano 2021. Aínda asi, O Carballiño presenta mellores datos cos outros concellos da provincia de idéntica poboación, xa que tanto Verín como O Barco de Valdeorras superan a O Carballiño tanto en número de contaxios como en incidencia acumulada.

Maside continúa sendo o concello da comarca cunha máis alta incidencia dacorde á súa poboación, con 33 casos nos útimos 14 dias, deles 22 na última semana. Tamén comeza a ser siñificativa a incidencia en Boborás. con 16 novos contaxios nos últimos 14 dias, dos que 11 foron diagnosticados na úlitma semana. Tamén son  relevantes os datos en Leiro, que presenta 12 novos positivos nos úlitmos 14 dias dos que 8 correspóndense aos diagnosticados esta semana, e  de San Amaro, con 11 novos positvos no indicador a 14 dias, deles 7 diagnosticados na última semana.

Non se observan incrementos no resto de municipios, con tan so Piñor, que permanece libre de virus e sen que houbese notificado ningún contaxios nas últimas dúas semanas.

24, Decembro 2021

O Concello do Carballiño deu a coñecer o fallo do xurado dos concursos navideños no comercio e a hostelería locais.

Entre os establecementos comerciais o primeiro premio correspondeu a un clásico neste concurso navideño, Floreria Flor de Lis, da Avenida 25 de Xullo. O segundo premio para o Estanco nº 5, e o terceiro premio para a tenda de roupa Ébano.

Xa no apartado da hostalaría, Ernesto Patio Bar lévase o primeiro premio, Cafetería Roraima o segundo, e Café-Bar Castor de Mesego, o terceiro.

 

23, Decembro 2021

Máis de 10.500 compras acreditas por outras tantas papeletas, o que representa un novo record de participación, entraron no sorteo da campaña navideña na Praza de Abastos do Carballiño. O praceiro Eligio González "Quini" e a concelleira de comercio do concello do Carballiño Silvia Baranda exerceron como mestres de ceremonio no sorteo celebrado a primeira hora da tarde no mercado carballiñés.

A caixa de viño de Pazo Tizón foi para Luisa. E as 10 cestas de nadal surtidas con productos do comercio local, premiaron as compras realizadas por Xulio Álvarez Crespo, Maria José, Andrea Fernández Álvarez, Carmen, Nancy Aumada Muñoz, Concepción López García, Peregrina Álvarez, Rosa, Isabel Dapena e Mª Carmen.

Os premiados recibirán unha chamada no seu teléfono móbil para comunicarlle a boa nova.

22, Decembro 2021

Tras unha semana de alivio, na que O Carballiño conseguíu ralentizar ao coronavirus, o certo é que en apenas dous dias volve pegar un acelerón con 22 novos positivos diagnosticados nos dous úlitmos dias no municipio carballiñés. Son 106 novos casos de covid contabilizados no Carballiño nos últimos 14 dias, o que representa unha incidencia acumulada nese intervalo de tempo de 752 casos por cada 100.000 habitantes.

Maside tampouco mellora, e suma xa 28 novos casos de coronavirus nos últimos dias, e unha incidencia acumulada que xa rebasa por 1.000 casos por cada 100.000 habitantes.

Sen variacións no resto dos nosos municipios, que manteñen a estabilidade no número de contaxios según esta última actualización de datos feita polo Sergas.

21, Decembro 2021

Terceira edición do programa de tarxetas "O Carballiño Contigo" que financia o concello carballiñés en colaboración co Centro Comercial Aberto para a dinamización do comercio e a hostelería locais.

Desta vez, son 1520 as tarxetas que se van activar, en horario de 10 a 14 horas, e de 16 a 21 horas, os dias xoves 22 e mércores 23, na oficina de turismo da Alameda, as tarxetas unha vez recargadas poderán consumirse con data límite o dia 31 deste mes de Decembro no que andamos.

Como nas outras dúas edicións anteriores, o cliente paga 25 euros e o concello aporta outros 25 euros, polo que a tarxeta quedará cargada con 50 euros.

Para poder facer a recarga das tarxetas, os clientes terán que achegarse de maneira presencial co seu DNI orixinal ou Tarxeta de Residente orixinal, e asi poderán reactivar calquera das 4.000 tarxetas que foron repartidas nas dúas anteriores campañas, podendose cargar dúas tarxetas por persoa.

21, Decembro 2021

O concello do Carballiño conta cunha nova ferramenta para a promoción turística, unha nova iniciativa da concellería de turismo que dirixe o concelleiro Manolo Dacal.

Baixo o slogam "Ven  e vive o Carballiño" o novo portal WEB do concello carballiñés ofrece unha aproximación aos diversos recursos turísticos do municipio, ocio, gastronomia, cultura e patrimonio tanto natural como artístico, de utilidade tanto para os visitantes como mesmo para os propios veciños e veciñas do Carballiño e Comarca, que inclúe máis de 300 fotografias.

Pode encontrarse no enderezo:http://turismo.carballino.gal/

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS