
O concello do Carballiño conta cunha nova ferramenta para a promoción turística, unha nova iniciativa da concellería de turismo que dirixe o concelleiro Manolo Dacal.
Baixo o slogam "Ven e vive o Carballiño" o novo portal WEB do concello carballiñés ofrece unha aproximación aos diversos recursos turísticos do municipio, ocio, gastronomia, cultura e patrimonio tanto natural como artístico, de utilidade tanto para os visitantes como mesmo para os propios veciños e veciñas do Carballiño e Comarca, que inclúe máis de 300 fotografias.
Pode encontrarse no enderezo:http://turismo.carballino.gal/

A incindencia acumulada (IA) a 14 dias dispárase no concello de Maside, que alcanza hoxe os 925 casos por cada 100.000 habitantes, con 26 contaxios que permanecen activos, record no concello masidao nesta sexta onda da pandemia.
O Carballiño, cunha IA de 610 por cada 100.000 habitantes, rexistra hoxe 97 casos activos, dos que 38 foron diagnosticados na última semana.
No resto de municipios, temos 8 contaxios en Boborás, seguido de Cea e San Amaro, que teñen 7, respectivamente. Despóis aparece Beariz con 6, e xa por debaixo de 5 o resto de municipios, agás Piñor, que consigue colarse entre os poucos concellos galegos que a estas alturas da sexta onda da pandemia consiguen estar libres de virus.

O Carballiño baixa a incidencia acumulada tanto a 14 como a 7 dias, e continúa con 102 contaxios activos, igual que onte e 18 menos en relación a fai unha semana atrás.
Maside continúa a tendencia ascendente e xa ten 21 contaxios activos, según esta última actualización de datos do Sergas. Tamén incrementan hoxe os contaxios activos Boborás, que chega aos 7 e San Amaro, que ten 6. Non hai variacións no resto de municipios, con Cea que permanece con 9 contaxios e Beariz con 6. Por debaixo dos 4 casos están o resto de municipios do noso ámbito comarcal.

Espiñedo vivíu unha tarde-noite histórica de ambiente festivo neste partido da Copa do Rei no que 2.000 afeccionados vibraron cos verdes, e na retrasmisión de CUATRO o Arenteiro recibiíu os piropos dos espectadores e dos propios comentaristas da retransmisión
O Arenteiro realizou un gran partido e puxo ao Valencia contra as cordas durante os 95 minutos de partido antes de chegar á prorroga, na que o Valencia resolveu o partido con dous goles.
E eso que case se pode decir que este partido en vez que comezar 0-0 fixoo xa cun 0-1, xa que aos 30 segundos adiantouse o Valencia, pero o Arenteiro non se amedrentou e moi pronto Espiñedo veuse abaixo cando Joni marcou o empate. Despóis o Arenteiro foi mellor que o equipo da primeira división, a gran ocasión perdida foi apenas a dous minutos de cumpilirse o tempo regulamentario, cando unha gran xogada de Victor Eimil a punto estivo de rozar a sorpresa. A afección verde saíu moi disgustada da arbitraxe do internacional José Luis Munuera, ao que por dúas veces reclamaron un penalti na área do Valencia.
En definitiva, que o Arenteiro aprobou con boa nota sobre o terreo de xogo, e tamén fora do terreo de xogo, xa que a organización da xornada por parte do club tamén estivo á altura das circustancias. Para o recordo quedan as miles de fotografías e vídeos, antes, durante e despóis do partido, que xa é historia para o Arenteiro e para O Carballiño.
Aquí tes o enlace no que podes ver o golazo do Arenteiro que puxo ao Valencia contra as cordas:
https://eldesmarque.com/valencia/valencia-cf/noticias/327673-el-golazo-p...
As crónicas na prensa falan dun "inmenso Arenteiro":
https://www.marca.com/futbol/copa-rey/arenteiro-vs-valencia/cronica/2021...
Dentro de todas las desgracias que nos toca vivir y nos ha tocado, tanto de salud, como economicas, y siempre pensando que se hacen las cosas dentro de las normas establecidas a dia de hoy, se celebra hoy un partido de futbol.
Pero evidentemente, no es un partido cualquiera, es "el partido" fruto de unos resultados deportivos , que por suerte generan euforia, ilusion y alegria, en un momento que tambien se necesita.
Euforia de jugadores, socios, aficionados e incluso de vecinos ajenos al futbol wue ven como su pueblo sale en medios de comunicacion, se da a conocer para sacar ese orgullo de ser carballiñes, de sentirse sin serlo.
Basta ver la euforia desatada por el concello, el apoyo mediatico, la decoracion para apoyar en las calles y como aprovechan la ocasion para promover este pueblo que esta parado y necesita vida....
Uyyy, perdon, estaba soñando, si no se ve nada., Como teaiciona,la mente y la incredulidad si es lo que se hace siempre....nada.
VAMOS ARENTEIRO!!! Q ese sueño si es realsuerte
Boas tardes, eu xa non sei se estou vivindo en o Carballiño Santiago, Coruña, vigo, etc. ando a mirar un piso pa alquilar pa unha familia con tres fillos e o piso máis barato (que cumpla cas prestacions que necesita unha familia numerosa) é de 470 euros e o máis caro é de 700 euros. Dios mio en que mundo vivimos. Os propietarios de estes pisos, que sueldos pensan que cobra un traballador aqui no carballiño, e en que condicions creen que traballamos. Os sueldos dignos non existen, ahora traballamos máis horas e cobramos menos. Coa miseria que ganamos temos que pagar LUZ, AGUA, GAS, GASOLINA, ALQUILER, COMIDA, ROUPA, GASTOS ESCOLARES, etc. É imposible, solo pido un pouco de sentido común, como seres racionales que somos deixemos de ser tan capitalistas e un pouco máis humildes. Estamos aqui de paso e o marchar non levamos nada.
NACEMOS SEN NADA E SEN NADA MARCHAMOS

Chegou o día do partido máis importante e mediático nos 63 anos de historia do Club Deportivo Arenteiro, este xoves 16 de Decembro de 2021, independiente do resultado que se dea no marcador, pasa a formar parte da historia do club carballiñés, que por vez primeira enfróntase en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol profesional, ao Valencia CF, un dos equipos con máis títulos do fútbol español, con seis ligas e oito Copas do Rei, tamén con varios títulos europeos.
Arenteiro e Valencia enfróntase dentro da segunda ronda da Copa do Rei, o Arenteiro con licenza para soñar, o Valencia coa obriga de gañar e pasar a eliminatoria que se xoga a partir das 7 da tarde no estadio de Espiñedo, con aforo completo, arredor de 2.000 persoas que sen dúbida serán o xogador número 12 do Arenteiro. Un dia para que un pobo faga causa común arredor do fútbol, un pobo identificado cun sentimento común, o orgullo que todos os carballiñeses e carballiñesas levamos dentro, o orgullo de ser do Carballiño.
A expectación é grande no contexto dunha xornada que se prevé sexa de ambiente festivo, e tamén de moita repercusión mediática para O Carballiño, neste caso a través do fútbol. O partido poderáse seguirse en directo a través da televisión, en aberto, xa que será retransmitido en directo por CUATRO, que desprazou a O Carballiño un equipo que levará a cabo un amplo despliegue técnico, coa narración de José Antonio Luque e os comentarios dos exfutbolístas Kiko Narváez e Morientes.
SUEÑOS DE COPA, ARENTEIRO-VALENCIA, CON FRAN JUSTO: https://www.youtube.com/watch?v=YlO8R-HpU14

A campaña arranca este xoves dia 16 de Decembro e culminará o 6 de Xaneiro co reparto de premios por importe de 1500 euros en vales de compra, os números premiados serán os que coincidan cos premiados na Lotaría do Neno que se celebra ese dia.
O Carballiño Centro Comercial Aberto ten programadas diversas actividades de animación de rúa, durante algunhas das datas centrais de ambiente comercial e navideño. Asi, o 22 de Decembro de 16:30 a 18:30 horas terémos pasarrúas con trineo de Papá Noel, que logo situaráse na Praza Maior ata as 20 horas para recibir as cartas que persoalmente queiran entregarlle os cativos.
Na véspera de noiteboa, o dia 23 de Decembro haberá novos pasarrúas de 16:30 a 20 horas, e de novo con Papá Noel e unha tarde "especial de neve" na Praza Maor. Aínda quedará para o dia 3 de Xaneiro, apurando as compras de reis, o tren do CCA, que ofrecerá percorridos en horarios de 10 a 14, e de 16 a 20 horas.
Tanto o presidente do CCA, Julián Garriga, como a xerente Noelia Mares, resaltaron o compromiso da asociación co comercio e a hostelería locais durante todo o ano, e tamén "con estas datas de nadal, coa posta en marcha da campaña que máis ilusión desperta cada ano".

O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación dun traballo de investigación recollido no libro Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro, no que se reúne unha ampla documentación e datos históricos que avalan este vía de comunicación entre a cidade portuguesa de Braga e Santiago de Compostela como ruta de peregrinación. “Unha achega importantísima para conseguir que sexa recoñecida de forma oficial como ruta xacobea”, destacou o vicepresidente da Deputación, César Fernández, durante a presentación do libro, na que tamén participaron o presidente da Asociación de Concellos do Camiño Miñoto Ribeiro, Avelino de Francisco, e os investigadores Castor Pérez, José Ramón Estévez e Jorge Bértolo.
César Fernández transmitiu os seus parabéns aos responsables dunha publicación “que permitirá demostrar que este camiño é unha das rutas de peregrinación máis antigas que enlazaban o norte de Portugal con Compostela, o que de seguro vainos axudar a conseguir en pouco tempo esa oficialidade que perseguimos, obxectivo que seguirá a contar co total apoio da Deputación de Ourense e que suporá un antes e un despois para os concellos polos que transita esta ruta e por extensión ao resto da provincia”.
Avelino de Francisco subliñou pola súa banda o importante labor realizado pola asociación desde 2014 en torno a esta ruta, “que agora se complementa cun amplo compendio histórico que achegaremos ao traballo que a Consellería de Cultura vai realizar sobre este camiño a través dun convenio co Centro Superior de Investigacións Científicas e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento”
Castor Pérez, entre tanto, defendeu a “rigorosidade dunha investigación histórica exquisita, avaliada por institucións portuguesas e galegas, nun proxecto xacobeo apoiado polas seis cámaras portuguesas e os 17 concellos galegos por onde transita esta vía, ademais da Deputación de Ourense e o propio goberno de Portugal. Un labor “que conta non só co recoñecemento da Oficina do Peregrino de Compostela senón da propia xerarquía católica, xa que a emisión da Compostelana foi referendada en setembro polos arcebispos de Braga e Santiago”.
O libro Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro fundamenta o carácter xacobeo dunha vía que parte de Braga e atravesa as terras miñotas de Vila Verde, Ponte da Barca, Arcos de Valdevez, Monçáo e Melgaço, entrando en Galicia por Lobios para continuar por Entrimo, Padrenda e Pontedeva nas terras do Ribeiro e do Ulla ata rematar en Compostela. No ámbito das comarcas do Ribeiro-O Carballiño, esta ruta xacobea atravesa os municipios de Cortegada, A Arnoia, Castrelo de MIño, Ribadavia, Leiro, O Carballiño, Boborás e Beariz.
A investigación recolle como esta ruta engloba tres elementos diferenciais que lle confiren un carácter específico: a natureza, o termalismo e viño. Durante séculos, o viño destas terras era transportado á cidade de Santiago polos arrieiros, compartindo ruta cos peregrinos, proliferando ao longo do camiño institucións hospitalarias e zonas de augas quentes onde os viaxeiros atopaban alivio para a súa fatiga.

O sector termal será o primeiro en contar cunha estratexia singular "orientada ao aproveitamento das vantaxes que ofrecerá a alta velocidade ferroviaria, axudando así a optimizar a competitividade dos nosos balnearios", anunciou hoxe o presidente da Deputación, Manuel Baltar, trala reunión que mantivo no Pazo Provincial cos representantes dos balnearios da provincia. Unha estratexia de "Alta velocidade termal" que xa estará incluída no programa de Termalismo Social 2022 e que ademais contempla un acordo con Renfe para unha nova modalidade de estancias termais de fin de semana, a loxística necesaria para facilitar o desprazamento dos viaxeiros do AVE ata os establecementos e unha campaña de promoción do termalismo provincial nos trens.
A chegada da alta velocidade "é un punto de inflexión na colaboración que a Deputación de Ourense mantén desde hai sete anos con RENFE no ámbito do sector termal, a través da sinatura de convenios que facilitan a mobilidade desde 50 estacións de tren de toda España ata Ourense, de maneira dixital e con paquetes de estancias e tratamentos", lembrou Manuel Baltar, destacando que este todo este tempo "xestionáronse máis de 15.000 pernoctacións nos balnearios de persoas procedentes doutras provincias".
A estratexia "Alta velocidade termal" é o resultado de meses de traballo entre o goberno provincial e Renfe para adaptar o actual modelo ao novo xeito de comunicación ferroviaria, con más frecuencias, menor tempo de desprazamento no eixo Madrid-Ourense, novos horarios de conexión e unha nova política de prezos.
Neste sentido, no presente mes de decembro a Deputación publicará o Programa de Termalismo Social 2022, no que xa estará incluída a "Alta velocidade termal". Así, as estancias semanais, de luns a sábado, veranse favorecidas pola redución de tempos non só entre Madrid e Ourense, senón tamén nas conexións con máis de 30 estacións.
Outro dos aspectos clave é a mobilidade entre a estación de Ourense a os balnearios. A alta velocidade facilitará a chegada de persoas á capital da provincia, pero para que este factor de competitividade sexa aproveitado polos balnearios do Carballiño, Cenlle, Arnoia ou Lobios cómpre ter en conta o desprazamento desde la estación AVE a estes centros. Con este fin seleccionáronse unha serie de frecuencias, de entre as dez dispoñibles desde Madrid, para centrar a loxística necesaria que inclúa a estación de orixe, a estación de Ourense e o balneario.
A Deputación, Renfe e os balnearios tamén estudan a posta en marcha dunha nova modalidade de estancias termais de fin de semana, que incluiría o AVE unido a un sistema de "mobilidade á carta", tanto desde a estación ao balneario como desde o balneario aos principais recursos do territorio. Nesta liña estase a deseñar para o mes de xaneiro un proxecto piloto con algunha comarca, ampliándose despois a máis zonas da provincia.
Entre os acordos alcanzados con Renfe figura ademais unha campaña de promoción dos balnearios ourensáns coincidindo co inicio das viaxes comerciais da alta velocidade, coa emisión dun vídeo sobre o programa "Ourense, la provincia termal" e outras campañas publicitarias a desenvolver no primeiro trimestre de 2022.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 224
- 225
- 226
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- …
- seguinte ›
- última »