10, Decembro 2021

Xa é oficial, o club acaba de recibir a comunicación do comité de competición da RFEF que confirma que o partido de copa do próximo xoves ante o Valencia xogaráse no estadio municipal de Espiñedo.

Os socios do Arenteiro terán preferencia para retirar a súa entrada, dende hoxe venres e ata o próximo domingo dia 12 nas taquillas de Espiñedo, en horario de 17 a 20 horas e polas mañás de 10 a 13:30 horas. A partir do lúns a venda será libre, tanto para socios como público en xeral. Os prezos das entradas son 15 euros para socios e 30 euros para os non socios.

9, Decembro 2021

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou o concello de San Amaro, onde mantivo un encontro co seu alcalde, Fernando Redondo, para analizar e facer repaso dos grandes proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia, entre elas, a cuberta do Centro de Saúde.

Tras a reunión, o delegado territorial visitou as obras de mellora do abastecemento e do sistema de depuración que se están a desenvolver grazas ás axudas concedidas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, por importe superior aos 70.000 €. Concretamente, a Xunta concedeu ao Concello de San Amaro unha axuda de máis de 21.000 euros para a mellora do abastecemento no municipio; e outra por importe de 49.210 euros para a conexión da rede de saneamento e depuración do lugar das Viñas á rede das Casas Novas.

9, Decembro 2021

O Carballiño sumou 115 novos positivos nos últimos 14 dias, o que representa unha incidencia acumulada de 816 casos por cada 100.000 habitantes.

En canto a contaxios activos, O carballiño alcanza hoxe os 120 contaxios activos, un incremento que tamén afecta a outros concellos da contorna, que tamén soben o número de contaxios activos: San Cristovo de Cea ten 8 casos, Maside tamén rexistra 8 contaxios, O Irixo 4, con 3 casos -respectivamente- figuran os municipios de Beariz e Boborás, con 1 contaxio están San Amaro e Piñor, polo que o único concello comarcal que resiste sin notificar casos nesta sexta onda da pandemia é o de Punxín.

7, Decembro 2021

A banda ancha ultrarrápida chegará a seis dos nove concellos da comarca carballiñesa durante os dous próximos anos no marco do plan de ampliacion do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital para beneficiar a empresas e fogares, asi o acredita a resolución definitiva da convocatoria do Programa de Universalización de Infraestruturas Dixitais para a Cohesión ÚNICO-Banda Ancha, que forma parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno.

Desta maneira, os primeiros proxectos desenvolveranse nas chamadas "zonas brancas", é dicir, aquelas áreas que non dispoñen de cobertura de redes de velocidade de polo menos 30 megabits por segundo, nin plans para a súa dotación no próximos tres anos. A data límite para a súa execución é o 31 de decembro do 2023, de modo que a cobertura de banda ancha comezará aextenderse a partir do próximo ano nestes concellos con problemas de conectividade. Os plans son plurianuais, polo que as tarefas contempladas na convocatoria do 2022 poderanse executar ata o 2024 e os do 2023 ata o 2025, para chegar así á totalidade da poboación en tres anos.

Na comarca do Carballiño, son en total 132 as áreas na que Telefónica desplegará redes de banda ancha ultrarrápida, figuranda á cabeza o concello do Irixo con 46 zonas brancas, seguido de O Carballiño con 29, Beariz con 18, Boborás con 18, San Amaro con 14 e Maside con 6. Quédanse fora deste plan do goberno os concellos de San Cristovo de Cea, PIñor e Punxín, nos que non se contempla ningún tipo de actuación deste deste programa. Dentro do noso ámbito tamén se quedan fora os municipios de Avión e Cenlle, mentres que no de Leiro contemplanse 3 zonas brancas.

7, Decembro 2021

Nos últimos 14 dias, diagnosticaronse no Carballiño 110 positivos (cunha incidnecia acumulada a 14 dias de 780 casos por cada cen mil habitantes), mellorando o indicador da IA  da última semana, que suma 47 positivos, onte eran 56 novos casos nos últimos 7 dias.

En canto contaxios activos, O Carballiño rexistra 107. No resto de municipios temos 7 casos activos en Maside, 4 en San Cristovo de Cea, 3 no Irixo, 2 en San Amaro, Boborás, Leiro e Avión, e 1 en Piñor. Finalmente, os municipios de Beariz e Punxín continúan co marcador do coronavirus a cero.

5, Decembro 2021

O concello do Carballiño sigue sendo o epicentro comarcal do coronavirus nesta sexta onda da pandemia, aínda que de momento a alta incidencia que presenta O Carballiño apenas afecta aos concellos da contorna, que siguen todos eles aguantando ben esta fase expansiva, con casos illados en todos os municipios da comarca e mesmo en dous deles con nula incidencia, xa que Beariz e Punxín manteñen o contador de casos do coronavirus a cero.

Asi pois, é no concello do Carballiño onde a situación é preocupante, cunha incidencia acumulada a 14 dias que alcanza os 745 casos por 100.000 habitantes, xa que suma 105 positivos diagnosticados nos últimos 14 dias. Se nos fixamos na última semana, observamos que O Carballiño rexistrou 56 novos contaxios, según os datos publiciados pola Consellería de Sanidade.

 

3, Decembro 2021

O Arenteiro continúa facendo historia e tras eliminar ao Logroñés  na primeira ronda da Copa do Rei, agora por vez pirmeira dende a súa fundación en 1958 enfrontaráse en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol español, a un dos grandes entre os grandes, o Valencia C.F.

Será a partido único e o Arenteiro actuará como local. Unha vez ceñecido o resultado do sorteo, o presidente do club, Argimiro Marnotes, manifestou en COPE O Carballiño que "o Arenteiro vai facer todo o posible e máis para que o partido poida xogarse no estadio de Espiñedo, queremos que esa foto históricia ante o Valencia sexa en Espiñedo, que é a nosa casa, o Arenteiro é do Carballiño e queremos xogar no Carballiño", subliñou.

O partido xogaráse o xoves dia 16 deste mes de Decembro, as 7 da tarde. O equipo, que tras completar o adestramento matinal coñeceu en Espiñedo ao seu rival, recibiu o resultado do sorteo con satisfacción "estamos felices e contentos, o Valencia era un dos preferidos", dixo o capitán Daniel Portela. 

 

2, Decembro 2021

Se queres coñecer o próximo rival do Arenteiro na segunda ronda da Copa do Rei, non tes máis que sintonizar COPE O Carballiño, xa que esta emisora de radio retransmitirá en directo o sorteo que se celebra na sede da Real Federación Española de Fútbol este venres dia 3 de Decembro, desde as 12 do mediodia.

Será a primeira vez nos 63 anos de historia do club carballiñés que se enfronte en partido oficial a un equipo da máxima categoria do fútbol profesional español.

2, Decembro 2021

Como "un soño que hai que facer realidade", asi se referíu Manuel Amil ao proxecto de contrucción da residencia para usuarios e familiares de Aspadisi, de feito as obras xa están en marcha na mesma parcela na que se ubica o Centro Ocupacional que xestiona xa dende fai algunhos anos esta asoación no Carballiño.

Nunha comparecencia na que Amil -directivo e portavoz da Asociación de Pais e Nais de Discapacitados Psíqucos da Comarcas do Carballiño-O Ribeiro- estivo acompañado pola presidenta da asociación, Josefa Rodríguez, deron conta do estado de desenvolvemento no que se encontra este proxecto, que contempla un espazo residencial con 16 habitacións e capacidade para 32 prazas. Na actualidade, o centro acolle a 24 usuarios de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

A construcción do edificio e posteriomente, o seu equipamento e mobiliario, ten un orzamento de 1,2 millóns de euros. A asociación ten comprometido aportacións intitucionais do Concello do Carballiño, Deputación e Xunta de Galicia, asi como de empresas privadas, que suman arredor dun millón de euros,faltarían polo tanto unhos 200.000 euros para completar o presuposto total, e aquí é onde os responsables de Aspadisi agardan a resposta solidaria da cidadanía comarcal "trátase de ser solidarios con quen máis o necesita", subliñou Amil.

Abrindo o arquivo adxunto, encontrarás a información detallada tanto da asocicaicón como deste proxecto, asi como as contas bancarias nas que podes facer unha doazón, que terá unha bonificación fiscal do 80% no IRPF, en cantidades ata 150 euros.

2, Decembro 2021

O concello do Carballiño continúa o incremento diario de contaxios activos e alcanza hoxe xoves os 89 casos, que son 8 máis dos que había onte no municipio carballiñés.

A situación no resto de concellos do noso ámbito continúa sendo boa, sen transmisión comunitaria e tan so con casos illados. Mesmo, Maside logra xa rebaixar o seu número de contaxios activos, resta dous casos e quédase con 6, dous menos que onte. Beariz e Punxín resisten como concellos libres de virus.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS