Onte a noite a eso das 12:00 máis ou menos ata as 12:145, aproximadamente, unha cafetería situada na rúa Mosquera do Carballiño puxo música a todo volume como se foran as festas do setembro. A cousa non quedou ahí, pois un grupo de mozos puxéronse a bailar na rúa principal diante deste local cantando, berrando e tocando silbatos a pesar da choiva que caía neses momentos.
Non sei se neste local había algún tipo de celebración, aunque semella que si, O que si sei, sen dúbida algunha, é que este desplegue musical acompañado polo griterío dos mozos que estaban de troula na rúa molestaron a base de ben aos veciños que viven nesta rúa, os cales teñen dereito a gozar de tranquilidade nas súas casas sen necesidade de ser incordiados por este tipo de celebracións festivas espóntaneas a unhas horas impropias para andar de esmorga.
Desgraciadamente, esta non é a primeira vez que pasa, pois nesta rúa xa se teñen producido incidentes similares. O que pasa é que hoxe é un local X o que se adica a poñer a música a todo volume e despois é outro local, chamélloslle Z, o que se adica a alterar a tranquilidade dos veciños poñendo a música alta como se fose unha berbena.
Hay certas horas que son para descansar e non para andar de carallada. ¿Non lles parece?.

O Carballiño ralentiza hoxe o incremento de contaxios activos, que viña rexistrando unha media de incremento de 11 contaxios a diario dende o venres da pasada semana, hoxe o aumento quédase en 5 contaxios activos, ao pasar dos 76 de onte aos 81 que Sanidade notifica hoxe para o concello do Carballiño.
Non hai variacións nos datos do resto de municipios, que continúan resistindo con casos illados nesta sexta onda da pandemia, tan so Maside continúa con 8 casos. E tamén hoxe continúan ser ter casos activos de covid os concellos de Beariz, Boborás e Punxín.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, na súa reunión desta semana, ven de acordar unha achega económica por importe de 100.000 euros para a Asociación de Pais de Discapacitados Psíquicos do Carballiño, unha axuda destinada á construcción dunha residencia para usuarios e familiares.
O proxecto promovido pola propia asociación, xa en fase de execución, contempla a creación dun espazo residencial ubicado a carón do actúal Centro Ocupacional de Aspadisi e prevé unhas instalacións que contarán con 16 habitacións dobles con capacidade para 32 prazas. O orzamento previsto para este proxecto supera o milón de euros, e precisamente, este xoves os responsables de Aspadisi Josefa Rodríguez e Manolo Amil, darán conta do ritmo que levan as obras, asi como das axudas que están recibindo para que esta obra poida ser unha realidade.
Nexto contexto, presentarán unha campaña informativa na que darán conta do proxecto á sociedade carballiñesa e comarcal, pedindo a súa implicación para poder cubrir o importante investimento económico que se precisa reunir, para elo agardan a colaboración non so das institucións públicas senón de empresas e do conxunto da cidadanía en xeral.
Aspadisi dende fai anos xestiona o Centro Ocupacional, que atende non so a persoas con dispacidade psíquica do Carballiño, senón tamén veciños e veciñas de diversos concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.

O Carballiño volve hoxe a incrementar casos activos de covid no municipio, son 11 máis que onte e xa se sitúa en 76 as persoas con infección activa no municipio carballiñes.
No resto de concellos do noso ámbito, apenas hai variacións no marcador Covid, tan so en Piñor que estaba libre de virus e rexisra hoxe un primeiro caso nesta sexta onda da pandemia.
Maside permanece con 8 casos, mentres a maioría de concellos manteñen casos illados, agás Boborás, Beariz e Punxín, que continúan resistindo con cero contaxios activos.
Boas tardes, quero darlle as grazas o alcalde do carballiño ou a quen corresponda,xq hai unha semana que puxen unha a queixa acerca do alumeado público de Porto Egoas, e os catro dias os electricistas foron ó Porto a poñer as bombillas as forolas afundidas, pero deixoume algo triste ver que una das farolas que esta xunto a casa do Josefa quedou sen poñer, e é un dos camiños máis transitados polos veciños,

A fin de semana deixanos outro acelerón de coronavirus no concello do Carballiño, son xa 65 os contaxios activos que temos hoxe lúns no municipio carballiñés, deles 50 son positivos diagnosticados nos últimos 7 dias.
En apenas dous dias, dende o pasado venres, O Carballiño incrementou en 25 os contaxios activos, o que sitúa ao concello entre os de peor comportamento nos últimos dias en toda Galicia.
No resto de municipios da comarca continúa contendose ao coronavirus nesta sexta fase expansavia, con Maside manténdose á cabeza con 8 contaxios activos e casos illados en varios concellos, e mesmo con catro municipios resistindo libres de virus, como son os de Beariz, Boborás, Piñor e Punxín.

O Arenteiro volveu repetir o guión de anteriores partidos, acaso fai o máis dificil que é poñerse por diante no marcador, pero acaba indo de máis a menos, e cedendo o empate ante os seus rivais. Tamén aconteceu ante a Gimnástica Segoviana, á que deixou ir con vida ao descanso, e coller aire tras o paso por vestiarios.
A primeira parte foi claramente verde, o Arenteiro logrou facer da Segoviana un equipo ramplón, Renán marcou de penalti e pudo facer o segundo pero o balón foise o poste. No inicio da segunda parte os visitantes lograron empatar no primeiro tiro que facían no partido entre os tres paus, gol sicolóxico nada máis comezar ao que non soubo reaccionar un Arenteiro que xa foi a remolque o resto do partido. No último cuarto o partido pudo caer de calquera bando, cunha clara ocasión de gol desperdiciada para cada equipo.
CD ARENTEIRO (1): Diego García, Germán (Manu Mariña, min 46), Portela, Vitra, Eimil, Joseca, Álex Fernández, Renan, Adrián Cruz (Raúl Blanco, min 70), Marquitos (Sobrido, min 75) e Adri Castro (Rubén Arce, min 86).
GIMNÁSTICA SEGOVIANA (1): Carmona, Adrián Pérez, Mansour, Javi Marcos (Rui, min 86), Rahim, Nogueira (Cidoncha, min 86), Manu, Szymanoski (Borao, min 86), Nanclares (De la Mata, min 61), Rafa Llorente (Dani, min 73) e Fran Adeva.
GOLES: 1-0, min 19: Renan, de penalti; 1-1, min 47: Nogueira.
ÁRBITRO: Castellanos Argüeso, do comité cántabro. Ensinou cartóns amarelos a Germán, Manu Mariña, Raúl Blanco, Álex Fernández no Arenteiro; Rafa, Nanclares Fran Adeva e Marcos, na Segoviana.
Vídeo resumen do partido: https://www.g24.gal/-/o-arenteiro-deixa-escapar-outra-vantaxe-e-acaba-em...
O MÉRCORES DIA 1, ÁS 20:30 HORAS, A COPA DO REI ANTE O LOGROÑÉS
Tras a autorización da RFEF para que o partido poida xogarse en Espiñedo, o Arenteiro xa prepara a eliminatoria -a partido único- ante o equipo rioxano, unha das revelacións na actúal competición no grupo primeiro da Primeira RFEF, que este pasado sábado empataba a dous goles no seu partido de liga no estadio do Badajoz.
Para este encontro, o club anunciou a venda anticipada de entradas nas taquillas de Espiñedo, lúns e martes de 10 a 13:30 horas, e de 17 a 19:30 horas, e o propio dia do partido -o mércores- de 10 a 13:30 horas e de 17 horas en adiante.

Nos últimos 7 dias O Carballiño rexistrou 49 novos positivos en Covid-19 confirmados con probas PCR, a segunda peor semana no que vai de ano 2021 nos indicadores do coronavirus no municipio carballiñés. Unha alta incidencia que tamén se reflicte no indicador do Sergas a 14 dias, con 59 casos diagnosticados no Carballiño neste intervalo de tempo.
No resto dos concellos da comarca a situación é máis tranquila, con Maside á cabeza con 8 contaxios nas últimas dúas semanas, e con casos illados no resto de municipios, e mesmo con catro concellos resistindo libres de virus nesta nova fase expansiva da pandemia, como son os de Boborás, Beariz, Punxín e Piñor, que non notificaron contaxios nos últimos 14 dias.

O auditorio do Carballiño acolleu a gala de entrega dos galardóns da Arenteira, que cada ano falla un xurado por iniciativa do Grupo Cer&Ber e Aparthotel Arenteiro, e cos que se recoñecen os merecementos a entidades ou persoas no ámbito do deporte e a cultura e Investigación nas comarcas do Carballiño-O Ribeiro, e tamén se concede cada ano un galardón a título póstumo.
Nesta edición de 2021, o premio da Arenteira na modalidade deportiva foi para o Club Deportivo Arenteiro "pola traxectoria seguida nos 63 anos de historia levando o nome do Carballiño pola xeografía galega e estatal, acadando nos últimos anos un extraordinario pulo como entidada futbolística e conseguindo este ano o ascenso á categoria nacional da 2ª RFEF, competindo con equipos de moito renome no panorama futbolístico español, ademáis de xestionar o fútbol base carballiñés".
Recolleu o galardón o actúal presidente do club, Argimiro Marnotes, que dixo recoller un premio "que é especial, porque os éxitos deportivos dependen dun gol, pero éste é un recoñecemento da sociedade do Carballiño, un recoñecemento para 63 anos, presidentes, directivas, corpos técnicos, deportistas e masa social do club, que non é pequena". Acompañaron ao presidente do Arenteiro neste acto o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, exdirectivos e directivos, asi como unha ampla representación do corpo técnico e plantel actúal do primeiro equipo do club.
O galardonado no apartado de cultura e investigación foi Xosé Carlos Sierra, do que o xurado recoñeceu "a labor durante máis de 25 anos á fronte do Museo Etnolóxico de Ribadavia, como director do museo das peregrinacións de Santiago de Compostela e o seu rol na creación do museo do viño de Galicia, ademáis da súa ampla obra museográfica e bibliográfica relacionada coa prehistoria e historia de Galicia".
Tras recibir o premio da Arenteira, unha escultura do artísta carballiñés Xesús Carballido, Sierra manifestouse agradecido por un premio que fixo extensible a "todas as persoas que me ensinaron e a todas as persoas que traballaron conmigo", subliñando que era un premio para todos os profesionais da actividade museística e da investigación histórica.
Finalmente, o auditorio carballiñés dedicou unha garimosa ovación cando se entregou o premio a "Título Póstumo" a Héctor Guzmán nacido en Mëxico pero vinculado a O Carballiño, e máis concretamente ao mundo da fotografia e a comunicacion, habitual nas exposicións do Outono Fotográfico e nas actividades da Asociación Fotográfica Potiños. Milagros Fernández recolleu a Arenteira "con moita emoción e con agradecemento por este recordo e recoñecemento para Héctor".

A Xunta de Galicia activará, no primeiro trimestre do vindeiro ano, un novo espazo coworking para as comarcas do Craballiño-O Ribeiro, que terá a súa sede no concello do Irixo, según avanzou en COPE O Carballiño o alcalde desta localidade, Manuel Cerdeira, que na súa condición de presidente da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, xestionou este proxecto ante a Xunta de Galicia.
As persoas interesadas xa poden contactar co concello do Irixo para a reserva de prazas dispoñibles. Este tipo de lugares de traballo, destinados a emprendedores e que contemplan no seu conxunto distintas actividades e asesoramento, están deseñados para aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores en fases temperás de desenvolvemento, e teñen permitido ata o de agora impulsar un cento de iniciativas emprendedoras na provincia.
Os novos espazos coworkings, que desenvolve a Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación a través do Igape e en colaboración coa Escuela de Organización Industrial (EOI), situaranse na Mancomunidade do Carballiño (con sede no Irixo), en Valdeorras (con sede na Rúa) e en San Cibrao das Viñas (no Parque Tecnolóxico de Galicia, Tecnópole), tendo como obxectivo principal que os emprendedores poidan poñer en marcha os seus proxectos empresariais. Neste sentido, os coworkings, máis alá do propio espazo, ofrecen aos participantes un mentor individual para o seu proxecto, que os acompañará no deseño de modelo de negocio; formación específica, mediante talleres prácticos centrados en temas de interese; e distintos eventos, como xornadas de networking ou encontros con actores sociais e económicos relevantes.
Os novos espazos configuran, así, un lugar de traballo colaborativo posto a disposición no Irixo, A Rúa e San Cibrao das Viñas, favorecendo o impulso de zonas rurais ao achegarse un programa de alto valor engadido a estas contornas. Estes espazos empregaranse varias veces por semana, para as sesións de formación e para as titorías co mentor. Cada edición do coworking terá unha duración aproximada de entre 5 e 6 meses. Esta iniciativa enmárcase dentro da rede de aceleradoras que apoia o Goberno galego e da que forman parten programas como Agrobiotech, ViaGalicia, Galicia Open Future, Connecting For Good Galicia ou as business factories vinculadas á industria da automoción (BFAuto), o sector agroalimentario (BFFood) e o aeroespacial (BFAero).
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 227
- 228
- 229
- 230
- 231
- 232
- 233
- 234
- 235
- …
- seguinte ›
- última »