
A Consellería de Medio Ambiente, Vivenda e Territorio ven de concederlle ao concello de Boborás unha axuda por importe de 69.127,30 euros, que cubre na súa totalidade a operación financieira para a compra dun camión acondicionado para ofrecer este servizo de punto limpo móbil.
Desta maneira, o concello de Boborás ofertará de forma itinerante polas distintas localidades do municipio este servizo para que a veciñanza poida depositar resíduos indicados e para incentivar a reciclaxe do lixo. Por elo, o concello de Boborás levará a cabo unha campaña informativa e de sensibilización entre a poboación do municipio.

O Consello da Xunta autorizou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Boborás para a execución das obras de mellora das redes municipais de abastecemento, saneamento e pluviais no núcleo de Brués, que suporán un investimento de 385.000 euros.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, contribuirá ao financiamento das actuacións co 80% do orzamento, 308.000 euros, achegando o Concello o 20% restante. Ademais, correspóndelle a entidade local a execución das obras, así como o mantemento e conservación das actuacións que se leven a cabo. As obras consisten na construción dun novo tramo de rede de augas pluviais e na renovación das instalacións vinculadas á auga na travesía da N-541 ao seu paso polo núcleo de Brués, incluindo a reposición de beirarrúas.

O ata agora alcalde socialista de San Amaro, Rubén Gómez, fixo pública a primeira hora desta tarde a súa dimisión irrevocable como alcalde do concello de San Amaro, ao considerar insostible a actúal situación política no concello, co grupo de goberno fracturado en dous bandos.
Ademáis, comunica a súa renuncia á acta de concelleiro, a través dun escrito no rexistro xeral do concello de San Amaro. Desta maneira, deberá agora poñerse en marcha o procedemento para a elección de novo alcalde de San Amaro, que será xa o terceiro neste concello nos dous anos e medio que levamos de mandato.
No arquivo adxunto, carta de despedida de Rubén Gómez á veciñanza de San Amaro.

Durante o mes de setembro conmemórase o Mes Mundial do Alzhéimer, data que axuda a achegar e sensibilizar á sociedade sobre esta enfermidade que é considerada unha das epidemias deste século. Este ano, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense, Afaor, quere facer fincapé na importancia da prevención e do diagnóstico precoz co fin de facilitarlles á pacientes calidade de vida.
Por este motivo na mañá do 30 de setembro, coincidindo co dia de feira fin de mes, Afaor trasladarase ás rúas do Carballiño, onde instalará unha mesa informativa para informar de forma próxima e personalizada a aquelas persoas interesadas e así dar a coñecer o seu labor coas persoas enfermas de alzhéimer e as súas familias.
Esta entidade desenvolve no Carballiño e coa colaboración coa Concellería de Benestar Social, Talleres de estimulación e prevención deterioro cognitivo. A actividade conta con gran acollida veciñal e ten lugar os martes e os xoves pola mañá nas instalacións de Bo Día Familia, rúa Calvo Sotelo, 34. Para apoiar esta iniciativa, a mesa contará coa presenza de Guadalupe Sobrado Pérez, Concelleira de Benestar Social do Carballiño.

Trátase dun programa teatral que se desenvolverá no auditorio do Carballiño durante o próximo mes de Outubro, organizado por "Tiruleque-Grupo de Teatro" en colaboración coa Federación Galega de Teatro Afeccionado e patrocinado pola Xunta de Galicia.
Abrirá esta programación o sábado dia 2 de Outubro "Teatro Escoitade" coa comedia "Dominó celeste, ou que vai ser de tí, Ernesto".
O sábado dia 9, será a compañía "A Tequerreté" coa obra "Confinad@s", que nace en clave de hilarante comedia, das experiencias sofridas durante o confinamento.
O domingo dia 10, "Tiruleque-Grupo de Teatro" volverá representar "A Farsa de Maitre Pathelin", un sarcástica e anónima obriña francesa do século XV.
E xa finalmente, baixará o telón deste ciclo teatral o sábado dia 16 a actuación do grupo vigués "Fauna 113" co drama "A última cea".
Todas as representacións serán ás 20:30 horas e o prezo das entradas será de 3 euros.
Hola, quería denunciar la situacion de Toscaña de arriba o Parcelacion Maneiro o Rua Astureses, cada uno le llama de una manera. Pues bien por no haber en esta zona no hay ni nombre de calles, n°, haciendose imposible que lleguen ambulancias, cartas, paqueteria...
No hay contenedores para reciclar, ni desagües pluviales, en fin un abandono total. Un saludo
Boas tardes, con respecto os gatos abandonados de flores, que non só os abandonan en Flores, pero contestando a esa queixa en concreto, deberíamos saber que os únicos culpables de que esto pase é dos SERES HUMANOS, que pensamos que os animais son xoguetes pos nenos, que non teñen necesidades, como darlles de comer, desparasitalos, levalos o veterinario, etc. enton cando esto ocurre o máis fácil é ABANDONALOS. Os fillos dan gastos e enferman e non por iso os abandonamos. A solucion temola nas nosas máns. Compre moita moita moita educación, civismo, compromiso, respeto, etc. Os Bombeiros xa poden vir cincuenta veces limpar as cacas que se cada un de nós non pon da súa parte, non facemos nada. Como animais racionais que somos ou deberiamos ser, usemos as nosas facultades para coidar dos animais irracionais(ser vivo que non está dotado de razón).

A voceira do BNG do Carballiño, Sofía García, trasladará ao pleno "as reiteradas queixas das familias carballiñesas polas eivas nas medidas de conciliación da vida familiar e laboral que oferta o concello". Para elo, a concelleira presentará ante a corporación unha moción na que volve insistir, igual que unhas semanas atrás, nesta demanda.
Dende o grupo nacionalista afirman que "comezou o curso académico 2021/2022 e non sabemos que alternativas de conciliación ofrecerá o concello do Carballiño. Levamos agardando dende o 2019 a que se defina con claridade e se informe como se vai configurar o SERVIZO DE CONCILIACIÓN DA VIDA FAMILIAR E LABORAL e que tipo de xornadas se van a prestar".
Lamentan que "nestes momentos o contrato do servizo de conciliación atópase prorrogado e hai unha ausencia total de información por parte do equipo de goberno a respecto das condicións futuras do servizo".
Para ter un amplo servizo de conciliación o BNG entende que deberíase prestar especial atención tamén ás distintas actividades extraescolares, toda vez que "as familias precisan compatibilizar a vida laboral coa educativa e non poden quedar sen unha ampla oferta de actividades que lle dean continuidade á xornada escolar".
O BNG demandará un Plan Municipal de Conciliación da vida laboral, persoal e familiar que inclúa, entre outros, un servizo de conciliación de mañá e de tarde con comedor ao mediodía e un amplo programa anual de actividades para todas as idades.
Como vecinos del Barrio de Flores denunciamos la plaga de gatos que estamos sufriendo y que habitan en la calle, balcones y casas abandonadas cubriendo las calles de excrementos y pulgas.Los bomberos ya vinieron dos veces a regar y los barrenderos lo constatan y se hartan de quitar excrementos.Hay mas de DIEZ en la calle y alguno con enfermedades en la piel
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 236
- 237
- 238
- 239
- 240
- 241
- 242
- 243
- 244
- …
- seguinte ›
- última »