
A Deputación de Ourense consolida a súa aposta polo termalismo cos avances nunha actuación estratéxica na área termal de O Bañiño, en Punxín. A institución provincial, a través do Plan de Sustentabilidade Ourense Termal, cofinanciado coa Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo, promove unha obra que permitirá realizar unha piscina adaptada e accesible a persoas con mobilidade reducida.
O proxecto xa conta coa autorización da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e complementará outras actuacións de mellora que se levan a cabo nesta área termal, financiadas pola Deputación.
A actuación para crear a primeira terma ao aire libre totalmente accesible de España conta cun orzamento de 36.705,59 euros e permitirá mellorar a oferta de O Bañiño. O principal obxectivo desta actuación é crear unha terma totalmente accesible para persoas con mobilidade reducida, pero tamén mellorar a percepción do destino como un destino para todo tipo de usuarios.
Actualmente, O Bañiño dispón de dúas pozas, ás que se accede a través de unhas pequenas escaleiras de pedra. Se ben dispoñen de barandas a ambos lados para facilitar a accesibilidade, non son axeitadas para o baño de persoas en cadeira de rodas ou con problemas de mobilidade.
Unha cadeira de rodas para baño
Nesta liña, para a construción da piscina especialmente accesible a persoas en cadeira de rodas, aproveitarase a disposición das pozas actuais e a pendente do terreo, construíndo un acceso en rampla.
Ademais, para entrar, disporase dunha cadeira acuática especial para o uso en piscinas. As cadeiras convencionais están fabricadas con metais que se estragan co cloro das piscinas, a auga salgada ou, como é neste caso, polos elementos disolvidos na auga como o xofre. Porén, a cadeira de rodas acuática está fabricada en materiais plásticos na súa totalidade, sen de ningunha peza metálica que poida ser susceptible de oxidación ou degradación.
Unha área con continuas melloras
Esta área termal, de titularidade municipal, sitúase ao aire libre e conta con autorización de uso lúdico por parte da Xunta de Galicia. Durante o ano 2022 realizáronse obras de acondicionamento, dotando á área termal de servizos e instalacións necesarios para a súa posta en marcha. Nestas obras, incidiuse, na medida do posible, na adaptación das instalacións para que foran accesibles a persoas con mobilidade reducida.
Ademais de construír unha terma totalmente accesible, as actuacións comprenderán tamén a instalación dun sistema de tratamento das augas residuais xeradas durante a limpeza das piscinas, mellorando así o respecto polo medio ambiente, xa que se evitarán os vertidos ao río.
Dende o PSdeG-PSOE de Leiro queremos deixar clara a nosa decisión de non
asistir a invitación recibida por parte do Concello de Leiro para a inauguración da
iluminación da Ponte da Esperela, que se realizou onte xoves día 12 de decembro.
Consideramos unha tomadura de pelo por parte do grupo de goberno recibir dita
invitación no correo electrónico ás 9:42 horas da mesma mañá da inauguración.
Ademais deste sen sentido, tamén queremos destacar que nos parece unha
inmoralidade e unha irresponsabilidade acudir a dito acto, despois de todo o que
aconteceu durante o verán e parte do outono nas obras da ponte da Esperela.
Unha ponte pechada e un goberno local máis pendente do escarnio, a mentira,
a opacidade a incompetencia e o que é máis grave, un goberno que xogou coa
economía de comerciantes e hostaleiros. Cabe lembrar ademais que o Partido
Popular foi incapaz de contestar as numerosas preguntas planteadas no
Parlamento Galego e o goberno local optou por non defender os intereses da
veciñanza ante un grave problema que afectaba tanto a economía local, como a
mobilidade da propia veciñanza para desprazarse aos seus postos de traballo fora
do concello.
Con estes antecedentes, as e os socialistas de Leiro non poderíamos acudir a este
acto de palmeiros, posto que nos caería a cara de vergoña ante tal sen sentido
por parte do goberno municipal e da Xunta de Galicia. Amosamos o noso
profundo e total respecto pola veciñanza que acudiu a dita inauguración, pero
lembrámoslles que viven nun engano permanente por parte do concello

Sebastián Lamazares, Fátima Gómez, José Ántonio Barge e Manuel Nogueira, acompañan a Xan Pinal nesta tertulia do venres 13 de decembro de 2024, emitida en directo desde os estudios de COPE O Carballño, e que podes escoitar no PODCATS adxunto:

A Ponte Esperela, no de Leiro, loce xa a súa nova iluminación ornamental, na que a Xunta realizou un investimento de máis de 360.000€. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, supervisou os traballos realizados nesta emblemática ponte, que segundo subliñou, “a poñen aínda máis en valor”.
As actuacións realizadas buscaban completar unha anterior intervención de limpeza neste elemento patrimonial do concello de Leiro, que conecta o núcleo urbano de Leiro e a súa área fluvial co núcleo rural da Esperela e a súa área de lecer, coñecida como Campo da Esperela. Deste xeito, dotouse á ponte dunha nova iluminación nos seus alzados e na calzada, e tamén se renovou o pavimento da propia estrada OU-209 sobre a ponte.
Trátase, como subliñou a conselleira, dunha intervención “que ademais de acentuar a estética da ponte, aumenta a súa funcionalidade e seguridade, sempre respectando a contorna natural desta infraestrutura e a súa importancia patrimonial”.
Allegue destacou así mesmo que se cumpre tamén coa máxima de acadar a eficiencia enerxética, “requisitos sempre presentes nas obras que impulsa a Xunta para a mellora das infraestruturas que forman parte do noso patrimonio”.
Neste alumeado ornamental, tivéronse en conta aspectos fundamentais como a tipoloxía e imaxe desta ponte de pedra, a súa contorna pouco urbanizada, cos espazos recreativos nas marxes do río Avia, así como as directrices de paisaxe de Galicia. Así, optouse por unha iluminación cálida e sutil, que baña de xeito uniforme o volume da ponte sen resaltar ningún dos seus elementos en particular, e con especial coidado en evitar a contaminación lumínica.
Logrouse coa instalación de proxectores situados en ambas marxes do río, augas arriba e abaixo, e tamén con proxectores de parede situados no terreo para iluminar o muro de acompañamento na beira dereita, o único visible desde a área fluvial de Leiro. Iluminouse tamén con proxectores a calzada sobre a ponte e o tramo de vía dos muros de acompañamento.
A conselleira anunciou que no vindeiro ano completaranse as actuacións na ponte coa instalación de sinalización semafórica, en base a unha proposta do Concello. Neste senso, apuntou que a Xunta seguirá a colaborar coa entidade local “para abordar actuacións que poidan seguir a mellorar a calidade de vida da veciñanza”.
Bos días. Gustaríame pedir aos nosos gobernantes que prohibisen aparcar a ambos lados da curva que hai entre o centro de saúde e facenda na carretera que vai ao ies número 1. Os atascos e a conxestión que se forman cando un autocar escolar quere subir ou baixar e non cabe son importantes e bastante molestos. Sobretodo os martes e xoves que son días de análises no centro de saúde e coinciden as horas coas de entrada dos rapaces no instituto. Espero que os gobernantes saiban facer algo ao respecto xa que nunca se fixo nada en máis de 35 anos.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo en San Caetano unha xuntanza cos responsables do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro encabezados pola súa presidenta, Concha Iglesias.
No encontro avaliouse a situación actual e as perspectivas de futuro desta zona vitivinícola no que atinxe tanto ao ámbito da produción como da industria, a comercialización ou a calidade. Os representantes da Xunta reiteraron o seu apoio a esta denominación, a máis antiga de Galicia, e a súa vontade de continuar traballando para garantir a súa sustentabilidade.
Neste sentido, avanzouse por exemplo na implementación dos diferentes instrumentos da Lei de recuperación da terra agraria -en particular, os polígonos agroforestais- para poñer en valor áreas abandonadas ou infrautilizadas no territorio da DO. Así mesmo, avaliáronse aspectos relacionados coa sanidade vexetal e nomeadamente coa loita fronte a doenzas da vide, con especial atención á flavescencia dourada.
Tamén se abordou a situación do mercado no que atinxe en particular aos viños tintos e, en relación con este tema, á necesidade de sumar esforzos nos eidos da promoción e a comercialización, diante da tendencia internacional de baixada de consumo, que incide nos excedentes de produción.
Datos da denominación de orixe Ribeiro
Con datos a 31 de decembro de 2023, a DO Ribeiro conta cunha superficie inscrita de 1.185 hectáreas, preto de 1.600 viticultores e 102 industrias. A produción de uva na última campaña superou os 11,5 millóns de quilos e o valor económico estimado situouse en preto dos 26,4 millóns de euros.

O portavoz de Espazo Común foi moi crítico coa decisión de excluir desta mesa de contratación a representates da corporación municipal, estaba previsto que fosen o alcalde Fumega por parte do goberno e Pachi Vázquez pola oposición, xunto con seis técnicos da administración.
Finalmente, o concello do Carballiño -tal como demandaba o portavoz do Partido Popular Pepe Castro-Gil, decide que esta mesa de contratación estea formada só con técnicos, serán 3 designados polo concello e outros 3 nomeados pola Deputación. Espazo Común considera que "estamos ante un pelotazo" no que se decide deixar unha decisión transcendental para o concello do Carballiño en mans da Deputación.
Escoita aquí a entrevista a Adofo Nogueira:
Vendo o que está a suceder no Carballiño, pregúntome en máns de quen estamos?
Que ten que suceder para que a Xunta e os concellos impidan que empresas teñan ó seu cargo os nosos maiores e as nosas traballadoras?
Nada, non lles importa nada o máis mínimo. A culpa nunca é deles.
Está claro que nin a xunta nin os concellos son a clase política que precisamos .
Precisamos políticos que fagan o seu traballo sen importar custes electorales e amiguiños locais
Precisamos políticos que teñan vergoña, que se mollen e se impliquen.
Se unha empresa non xestiona ben nun concello malamente o vai facer ben no teu. Inhabilitar e penalizar este tipo de empresas é fundamental .
Estar atentos ós concursos, velar que se cumpran os convenios e facer a xestión necesaria cando non se cumpre .
Cando sacas un concurso a un prezo abusivo, que esperas que vai pasar ?????ou esperas milagres ?claro, como non eres ti o que non cobra o soldo, escurres o bulto.
Non somos un bulto, somos persoas e traballamos con persoas.
Políticos que valoran máis un asento que a eficacia sobran
Teñan vergoña Xunta , alcaldes e concelleiros

A Confederación Empresarial de Ourense celebrou hoxe no restaurante A Carballeira de Santa Cruz de Arrabaldo o acto de entrega dos seus premios anuais, entre eles este premio "Excelencia" á responsablidade social empresarial, que foi para recoñecer á Cooperativa de Santa Mariña de Loureiro, no Irixo, "polo seu compromiso constante cos seus socios, familias e a comunidade na que se ubica".
Fundada en 1966 polo que foi o párrroco -xa falecido- Antonio González Bernárdez, sumando xa 58 anos de actividade, e a pesar de non poucas dificultades que mesmo puxeron en perigo a súa continuidade, continúa na actualidade elaborando os seus productos lácteos, que tanto recoñecemento teñen no mercado local e galego.

Foron nove as propostas recibidas unha vez que remataba o prazo para presentarse a esta licitación, unha delas resultará adxudicataria do contrato.
As empresas que presentaron as súas ofertas foron Acciona Agua Servicios, Espina y Delfín, Gestagua, GS Inima Environmet, Sacyr Agua e Viaqua, asi como as UTE Copasa-Geseco-Espina obras hidráulicas, Aqualia-Petrolam e Facsa-Oreco Balgón.
Cun orzamento base de licitación de 60.873.004,11 euros, impostos incluidos,o contrato extenderáse por un periodo de 20 anos. A xestión incluirá operacións, mantemento e modernización de infraestruturas hidráulicas, así como a implementación de tecnoloxías avanzadas, e comprende a xestión integral dos servizos de abastecemento de auga potable e saneamento no termo municipal do Carballiño, tanto no casco urbano como nas parroquial do rural.
As tarefas abarcan desde a operación de estacións de tratamento de auga potable e depuración, ata a detección e reparación de fugas en redes. A adxudicataria tamén será responsable da atención ao usuario, actualización de censos, facturación e elaboración de plans estratéxicos, como un Plan Director a cinco anos para optimizar recursos e infraestruturas.
En canto á oferta de melloras, a empresa adxudicataria poderá ofertar diferentes solucións innovadoras, como sistemas de telecontrol e xestión comercial dixitalizada, co fin de garantir a calidade da auga fornecida conforme a normativas vixentes. Así mesmo, comprometerase a realizar investimentos obrigatorios para renovar e ampliar infraestruturas, incluíndo a sectorización de redes e a instalación de novos contadores con telelectura.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- …
- seguinte ›
- última »