25, Xullo 2021

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado López, asinaron onte un acordo bilateral no que se establecen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde da localidade. No acto, estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, e polo xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial Bernárdez. O investimento deste proxecto de mellora ascende a 122.967 euros, partida económica que será cofinanciada a partes iguais polo Sergas e o concello.

O conselleiro de Sanidade agradeceu a boa disposición do alcalde e, tamén, o papel de interlocución que fixo o delegado territorial da Xunta para poder asinar este convenio, con tempo suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo. Deste xeito, o persoal e os pacientes do centro de saúde de Beariz contarán a partir do ano que vén cun centro de saúde mellor e máis confortable.

As obras, logo do informe dos técnicos do Sergas que visitaron o centro, consistirán na mellora da accesibilidade do centro, que na actualidade non conta cun acceso adaptado. Para iso, a proposta do Concello, optouse por un proxecto que prevé pasar a área asistencial a andar semisoto, ao que se accede directamente dende a rúa por unha porta situada na fachada lateral dereita do edificio, e deixar no andar baixo unicamente a sala de xuntas, o almacén e unha sala covid próxima ó acceso pola entrada actual. Esta actuación suporá a remodelación de toda o andar, creando aseos adaptados, realizando a apertura dos ocos das ventás, o cal provoca unha modificación das fachadas do edificio e a renovación de toda a carpintería.

Ademais, aproveitarase a actuación para realizar unha limpeza de toda a cuberta, reparando as tellas que se atopen deterioradas e especialmente os encontros cos lucernarios.

24, Xullo 2021

Este sábado dia 24 de Xullo marca un record no número de contaxios activos nun dia desde que se declarou a pandemia en marzo de 2020, son 275 contaxios activos os que se rexistran hoxe nas comarcas do Carballiño-Ribeiro.

O concello do Carballiño sigue incrementado contaxios e chega hoxe aos 130 casos, 7 máis que onte. O segundo concello con máis contaxios activos é Avión, que hoxe notifica 31 casos, aínda que por vez primeira nas últimas semanas consigue un descenso no número de casos activos, xa que onte Avión rexistraba aínda 33 contaxios, hoxe ten 2 menos.

Na comarca carballiñesa o mapa do coronavirus ofrece hoxe os seguintes contaxios activos en cada concello: Boborás (19) Beariz (13) Maside (12) Cea (6) Piñor (5) O Irixo (5) San Amaro (2) e Punxín (1)

No Ribeiro, Ribadavia (27) Leiro (8)  Carballeda de Avia (4) Cenlle (4) Arnoia (4) Cortegada (2) Castrelo (1) Melón (1) Beade (0)

23, Xullo 2021

O Carballiño continúa de dia en dia rexistrando un novo record de contaxios de coronavirus nesta quinta onda da pandemia, hoxe venres ten 7 contaxios máis que onte, polo que alcanza a cifra de 123 contaxios activos. 

Tamén incrementan hoxe os contaxios Maside (+2) (12) Avión (+1) (33) Piñor (+1) (5) e Cea (+1) (5)

Repiten datos o resto de municipios, que manteñen os seguintes contaxios activos: Boborás (20) Beariz (13) Leiro (8) O Irixo (7) San Amaro (2) Punxín (1)

23, Xullo 2021

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda colaborará co Concello de Boborás na construción dunha piscina municipal, cunha achega de algo máis de 330.000 euros.

A conselleira, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa, Patricia Torres, asinaron esta mañá o acordo de cooperación, polo cal a Xunta achegará un 70% do orzamento previsto e o Concello a porcentaxe restante. A parte que corresponde ao concello será aportada pola Deputación de Ourense,segundo avanzou a alcaldesa de Boborás.

Tal e como indicou a conselleira, coa sinatura desta colaboración avánzase un paso importante, xa que esta rúbrica permite ao Goberno galego licitar as obras, sempre que se conte co proxecto aprobado polo Concello, así como a libre disposición dos terreos nos que se localizará esta instalación deportiva.

A Xunta é consciente da importancia que ten para os concellos a materialización de determinados proxectos urbanísticos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e dinamizar determinadas zonas. Neste sentido, os equipamentos urbanos desempeñan un papel fundamental como factor dinamizador para o desenvolvemento social e cultural da sociedade e son, ademais, elementos estruturais da contorna.

Ambas responsables coincidiron en que con este compromiso tamén se atende a unha vella demanda veciñal, xa que Boborás é dos poucos municipios da comarca que non conta aínda cunhas instalacións deste tipo.

22, Xullo 2021

O Carballiño sigue incrementando contaxios activos e suma hoxe 116 contaxios activos, son 16 máis que o dia anterior.

Tamén soben os casos en Boborás, que hoxe notifica 20 casos, Beariz con 2 persoas máis que onte e suma xa 13 contaxios. Avión tamén aumenta un caso en relación a onte e chega hoxe aos 32 contaxios neste municipio.

Non se observan variacións no resto de municipios, nos que seguimos cos mesmos contaxios activos que xa había onte: Maside (10) Leiro (8) O Irixo (7) Cea (4) Piñor (4) San Amaro (2) e Punxín (1)

 

22, Xullo 2021

Trátase dunha demanda que Espazo Común vai trasladar en forma de moción ante o pleno da corporación municipal, e coa idea de que o concello promova a construcción dun segundo pavillón de deportes no Carballiño.

Entenden que é manifesta "a carencia de instalacións  é un handicap demasiádo complexo de superar, as instalacións ao aire libre son poucas e mal coidadas e de promesas como a da pista de atletísmo nunca maís se soupo" mentres que "con respecto ás actividades en interior, o Pavillón Pacho Chao é a todas luces insuficiente para a demanda a pesares do parche recurrente das pistas dos institutos, que non contan apenas con infraestructura, non hai nada máis".

Espazo Común reflexiona sobre a necesidade do "fomento da vida sana e o deporte, promover accións encamiñadas á súa practica en todas as franxas de idade e ofrecer cantas máis posibilidades, en todos os sentidos, mellor".

Finalmente, remarcan que "é unha necesidade imperiosa que o concello se poña a traballar e permita satisfacer a demanda e xerar actividades de ocio alternativas para a xente máis novoa". Porque "para calquera adolescente é moito máis doado meterse nun bar ou nunha casa de apostas que practicar según que deportes, e eso é xusto o que hai que evitan", subliñan.

21, Xullo 2021

Medio centenar de establecementos participan ata o próximo dia 1 de Agosto na "2ª Ruta Povarelo da Comarca do Carballiño" na que poderá acompañarse "o noso vermút" con tapas de queixo Palo Santo, que serán ofrecidas gratuítamente. Nesta segunda edición, ademáis dos carballiñeses, incorpóranse hosteleiros de San Amaro, Dacón e Garabás.

Trátase dunha iniciativa promocional do vermút Povarelo elaborado no Carballiño por Destilerías Paniagua, que conta coa colaboración dos hosteleiros e o concello do Carballiño, a ruta foi presentada na Praza da Veracruz por José Manuel Nóvoa en representación da organización e Manolo Dacal, concelleiro de turismo do Carballiño.

Os clientes que se suman á ruta Povarelo poderán participar nun sorteo que terá varios premios, entre eles unha noite de hotel con SPA no Grove, actividades no circuíto Racing Dakart de Sanxenxo ou packs de Povarelo.

21, Xullo 2021

Os dous municipios, tanto O Carballiño como Avión, pasarán a nivel alto de restricións a partir das 00:00 horas deste próximo sábado 24 de Xullo.

Ainda asi, a principal novidade é que a hostelería poderá seguir aberta e atendendo tanto en terraza como en interiores, aínda que neste último caso, para consumir no interior dos locais, os clientes deberán acreditar unha PCR negativa das 72 últimas horas, ou ben un certificado de vacinación ou mesmo de ter pasado a enfermidade. Os aforos pasan a ser do 50% de ocupación tanto en interiores como en exteriores, os menores de 12 anos non precisarán esta documentación.

Ademáis, en ambos concellos deberá permanecer pechado o ocio nocturno, polo que todos os locais de hostelería, sen excepción, pecharán ás 00:01 horas.

O Carballiño chega hoxe dia 21 de Xullo aos 100 contaxios activos e Avión manténse nos 31 casos de coronavirus. Tamén incrementan os contaxios Boborás, que xa ten 16 e Beariz, que acumula hoxe 11 contaxios de coronavirus. Tamén rexistra un contaxio máis que onte Piñor, e Punxín -que se mantiña ata onte libre de contaxios- rexistra hoxe o seu primeiro caso nesta quinta onda da pandemia.

Outros dous concellos da comarca carballiñesa, os de Beariz e Boborás, entrarán en nivel medio de restricións, tamén a partir das 00:00 do vindeiro sábado.

20, Xullo 2021

Os test de antíxenos detectaron 15 positivos asintomáticos entre as 1.388 persoas na franxa de idade entre os 16 e os 40 anos que participaron neste cribado poboacional realizado polo Sergas no Pavillón de deportes do Carballiño na tarde deste martes 20 de Xullo. A participación foi do 46,3% do total de persoas convocadas.

Ademáis da autocita, mediante inscrición voluntaria, o Sergas completou a convocatoria ata as 3.000 persoas, con médico de atención primaria nos centros de saúde do Carballiño, Beariz, Boborás, O Irixo, Cea, Piñor, Maside, San Amaro, Punxín e Avión.

20, Xullo 2021

O PSdeG-PSOE de Leiro critica que o rexedor do municipio, o popular Francisco José Fernández, non pode “xustificar” o desembolso de 42.000 euros achegados pola veciñanza para a limpeza das fosas sépticas. Os socialistas denuncian que levan máis de dous meses solicitando a documentación sobre a limpeza destas fosas no termo municipal de Leiro e atópanse agora con que a resposta do rexedor e que “se comprobou que están en orde” e que “de cando en vez se miran como están”.

Para o Grupo Municipal Socialista esta resposta e modus operandi do grupo de goberno municipal do Partido Popular deixa en evidencia que o alcalde e o seu equipo “descoñecen” o contido das cláusulas do contrato da auga, así como o estudo técnico que eles mesmos aprobaron a finais de 2014. Os socialistas tamén lembran que o propio alcalde “asumiu persoalmente” a responsabilidade do control e a fiscalización da execución e cumprimento do contrato por parte da empresa concesionaria. Dentro de ese contrato e do estudo técnico que regula o servizo municipal de auga faise referencia a que as catorce fosas sépticas que recollen as augas residuais de 223 veciños e veciños téñense que limpar dúas veces ao ano cada unha delas. A veciñanza desembolsa por este servizo 7.000 euros anuais polo que despois de 6 anos dende a firma, a cantidade desembolsada chega xa os 42.000 euros, afirman.

Para o voceiro do PSdeG-PSOE de Leiro, Manuel Rodríguez, “todo fai prever que non se cumpriu co establecido no contrato e non se limparon as fosas sépticas”. O concelleiro socialista acusa ao alcalde de “estar encubrindo” estes incumprimentos, namentres alardea de “traballar polo benestar e dereitos da veciñanza”, pero “permite que se lle cobre por un servizo de limpezas de fosas sépticas que non se está cumprindo”.

Os socialistas tamén poñen o foco na preocupación do rexedor polo desabastecemento de auga que se produce coa chegada da época estival. Para Rodríguez “resulta difícil entender que non haxa auga”, xa que tal e como explica o volume de almacenamento de auga, segundo o estudo técnico do Concello, “contempla un total de oito depósitos cunha capacidade de 988 metros cúbicos”. A demanda diaria de auga é de 135,5 metros cúbicos e tal e como sinala o voceiro socialista “aínda que no verán se dobra a poboación de Leiro, a reserva de auga seguiría sendo de 717 m3”.

Ante esta situación, os socialistas teñen claro que todo indica a que o problema da falta de auga “ven motivado polas graves fugas de auga que hai na rede municipal”. Dende o Grupo Municipal Socialista teñen claro que estas fugas de “gran magnitude xeran un desgaste e deterioro acelerado das instalacións que da lugar a un mantemento correctivo das avarias, que non se contempla no contrato coa concesionaria e que polo tanto corre a cargo dos veciños e en consecuencia da veciñanza”. Os socialistas esíxenlle ao alcalde que se “deixe de grandilocuencias e se baixe o terreo a comprobar as consecuencias da súa nefasta xestión ao fronte do Concello de Leiro”.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS