
A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO de Ourense onde se integra o Sector Ferroviario, mantivo unha xuntanza co Alcalde do Carballiño para abordar os problemas máis importantes que hai actualmente no ferrocarril na provincia.
Na reunión falouse das deficiencias e abandono do servizo e das circulacións ferroviarias por escaseza e mala frecuencia, o cal impide ós veciños e veciñas da Comarca do Carballiño ter un servizo público sostible e social para a súa mobilidade dentro das vilas e núcleos rurais cas diferentes capitais Galegas, o que contribúe ao despoboamento da zona rural.
Sindicato e alcalde acordaron reclamar conxuntamente a reapertura da estación do Carballiño con servizo de venta presencial, xa que as máquinas auto-venda instaladas por Renfe só permiten a venda do tren Rexional e o pago con tarxeta o que aumenta a dificultade de acceso e compra aos veciños, ademais da falta de información que precisan para adquisicións de billetes, cambios, anulacións e programacións de viaxes en tren.
Tamén se acordou que o goberno municipal reclame e xestione coas administracións a reposición do 100 % das frecuencias existentes antes da pandemia, xa que actualmente só circulan 2 das 7 frecuencias que prestaban servizo na liña do Carballiño, deixándoa nunha situación de abandono absoluto.
Por último, tamén se falou da necesidade de máis frecuencias e modificacións horarias que repercutan nunha maior utilidade e aproveitamento do Servicio Público para os veciños e veciñas do Carballiño e demais núcleos rurais dos arredores. Adecuando as frecuencias ferroviarias ás entradas e saídas dos centros de traballo e educativos,e tamén para enlaces con outros trens ou medios de transporte, aproveitando que a Comisión Europea declarou o 2021 como o “Ano do ferrocarril”, o que vai supoñer mais inversións neste medio de transporte e a Galicia rural non pode quedar ao marxe.

Continúa a escalada de coronavirus na comarca, co concello do Carballiño á cabeza, con 6 casos máis que onte, polo que alcanza hoxe os 53 contaxios activos.
Boborás tamen experimenta un salto, ao pasar de un único caso que tiña onte aos 5 que xa notifica hoxe mércores. O Irixo tamén suma 5 contaxios, tras 3 novos positivos nas últimas horas. Beariz rexistra 5 casos, Piñor e Maside con 3, San Amaro 2 (un máis que onte). Continúan resistindo limpos de covid Punxín e Cea.
A Xunta anunciou hoxe que o concello do Carballiño pasa dende este próxmo sábado ao nivel medio de restriccións, o que repercutirá fundamentalmente na hostelería, que verá reducidos os seus aforos, que pasarán a ter unha ocupación máxima do 30% en interior e do 50% en terraza ao aire libre.

O concello carballiñés comunicou hoxe que "haberá pulpeiros por toda a vila pero non se organizará a comida do recinto no parque municipal", será "unha festa do pulpo restrinxida" e tamén este ano reducida ao ámbito urbano.
Recomendaráse a reserva para poder degustar o polbo á feira nos locais da hostelería carballiñesa non so o domingo 8 de agosto, senón durante toda a semana previa, igual que xa acontecera o ano pasado.
Dende o concello do Carballiño manifestan que "apóstase todos os anos por potenciar a programación cultural e as actividades para todos os públicos e tamén se contará novamnte con propostas para animar e dinamizar o O Carballiño nas xornadas pre-pulpo", agardando que para o próximo ano 2022 poida recuperarse o programa tradicional da festa e os acontecementos que cada ano fan do Carballiño a referencia festiva e gastronómica de toda Galicia.
HOXE dixéronme de varios positivos en rapaces de 14/15 anos, penso que é urxente que se faga un cribado no Carballiño entre a poboación de 12 a 18 anos, a cousa ponse fea.
Hoxe día 13 de Xullo temos 47 casos positivos na vila do Carballiño e 62 no total da comarca.
Hoxe fai 12 días que se abriu o ocio nocturno pouco tempo despois da relaxación das medidas propias desta pandemia, véxase a mascarilla, o toque de queda ou as limitación das reunións en grupos numerosos.
Hoxe, todo parece indicar que máis cedo ca tarde volveran a pechar o pobo.
E se ben é certo que todos e cada un dos que residimos na vila temos algo de responsabilidade, é unha obviedade que algúns a teñen máis ca outros. Non quero caer ca criminalización da xente nova, porque igual que vexo os rapaces xuntos bebendo, vexo a xente adulta facendo o propio. Supoño que despois dun ano tan duro, todo o mundo precisa disfrutar o máximo para non rematar de volverse tolo.
Pero se hai algo que me resulta radical e absolutamente intolerable é que as autoridades pertinentes miren cara outro lado para que unhos poucos gañen cartos durante unhos días e os outros teñamos que sufrilas consecuencias duante o nos verán, durante as nosas vacacións. Négome a creer que a policía local situada a escasos 50 ou 100 emtros dalguns dos locales de maior actividade nocturna do pobo non sexan capaces de controlar a situación. Négome a crer que haxa lugares sen lei onde se poden xuntar decenas de personas sen mascarilla a beber e cantar sen ningún pudor ou vergoña.
Coma sempre, pagaremos xustos por pecadores. E coma sempre ninguén asumirá ningún tipo de responsabilidade. Porque se algo caracteriza ó Carballiño é a desresponsabilización a todolos niveles. E así nos vai, a segunda vila en importancia da provincia sen servizos públicos de ningún tipo, sen un nivel minimamente adecuado de limpeza ou orde e sumidos nunha mediocridade terrible na que únicamente se pensa nos bares e nas festas en lugar de xerar un lugar para vivir, asentar poboación e non ter que ser noticia única e exclusivamente por ter o dudoso honor de dar nome ó modelo máis restrictivo de medidas anti covid.

A última actualización de datos correspondente a este martes dia 13 de Xullo deixa un novo incremento de contaxios no Carballiño, 8 máis que onte, que fan un total de 47 contaxios activos.
Tamén é sigñificativo o aumento de casos no concello de Avión, que alcanza hoxe os 10 contaxios activos, 3 máis nas últimas horas.
Rexistran os primeiros casos desta quinta onda da pandemia os concellos de Leiro (2) e San Amaro (1) No resto de municipios afectados os casos covid activos a dia de hoxe son os seguintes: Beariz (5) Piñor (3) O Irixo (2) Boborás (1)

O concello pon a disposición do público as entradas gratuitas para asistir aos catro eventos máis importantes do Verán Cultural 2021, que terán lugar na praza da Veracruz: o concerto de Pablo Milanés, o concerto de Verto e os monólogos de Touriñán e “El Sevilla”.
As entradas poderán solicitarse dende hoxe nos seguintes enlaces da plataforma woutick.es.
EL SEVILLA. 22 de xullo ás 21,00 h.
https://www.woutick.es/evento/1549/entradas-el-sevilla-en-carballino?pla...
PABLO MILANÉS. 6 de agosto ás 23,00 h.
https://www.woutick.es/evento/1551/entradas-pablo-milanes?place=770&date...
TOURIÑÁN. 15 de agosto ás 20,30 h.
https://www.woutick.es/evento/1552/entradas-tourinan-en-carballino?place...
VERTO. 29 de xullo, ás 23,30 h.
https://www.woutick.es/evento/1550/entradas-verto-en-carballino?place=76...
No resto dos eventos o acceso realizarase por orde de chegada ata completar o aforo.

Os datos actualizados neste lúns dia 12 de Xullo, volven poñer de manifesto un novo incremento dos contaxios de coronavirus no Carballiño, que chega hoxe aos 39 casos, a cifra máis alta dende o pasado dia 20 de Febreiro.
Tamén experimenta un incremento de casos activos o concello de Beariz, que pasa dos 2 que tiña onte aos 5 que rexistra hoxe.
Non se observan variacións no resto de municipios: Avión (7) Piñor (3) O Irixo (2) Maside (2) Boborás (1) Cea (0) Punxín (0) San Amaro (0) Leiro (0)

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe a concesión de achegas económicas en materia de cooperación cos concellos, que desta vez beneficia a dous municipios da comarca carballiñesa.
O concello de San Cristovo de Cea recibe 48.000 euros para a pavimentación de beirarrúas no polígono industrial de titularidade municipal, sito no Fondo de Cea.
Semellante cantidade, tamén 48.000 euros, destínase ao concello de Punxín, neste caso para a instalación de barreiras de seguridade en estradas da rede viaria municipal.

A actualización de datos feita polo Sergas neste domingo dia 11 de Xullo incrementa en 4 os contaxios activos no municipio do Carballiño, polo que os contaxios activos soben ata os 35 casos..
Tamén se diagnosticaron novos contaxios en Maside e O Irixo, 1 caso -respectivamente en cada concello- polo que son 2 os contaxios activos tanto en Maside como no Irixo. Beariz continúa con 2 contaxios activos, Piñor con 3, e Boborás con 1.
O concello de Avión rexistra un novo contaxio nas útlimas horas, o que eleva o número total en Avión aos 7 casos activos. No resto dos concellos ribeiráns non se observan variacións, agás no concello de Ribadavia, que rexistra un incremeto de 2 novos contaxios e alcanza os 32.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 250
- 251
- 252
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- …
- seguinte ›
- última »