XENTE NOVA E LOCAIS IRRESPONSABLES, TODO E COVID.
E de entender os mozos e a sua gana de divertirse, e o mais normal. Na situacion que estamos e eles sin vacinar non faria falta nadie detras para que cumpliran as normas. Certo tamen.
Pero tamen e certo que nas terrazas donde se sentan, nin gardan medidas de distancia, nin teñen mascarilla, fumsn e saltandose medidas hixienicas varias.
Todos o podemos ver repetidas veces na rua principal, ou nos arredores do concello.
Non toda a culpa e dos rapaces, que ainda facendo mal, e responsabilidade desas cafeterias controlalos. Non todo e facer caixa a calquera precio.
E seguiremos asi, non pasa nada, contaxios, ingresos, negocios pechados, choros, etc etc mentras uns fan cartos rindose dos demais e os mozos, que vou decir dos mozos se todos o fumos, pero tamen tiñamos pais, que nos reprendian e educaban, non si?7

A segunda onda do Estudio Xeral de Medios deste ano 2021 que ven de coñecerse este pasado dia 6 de Xullo, sitúa á programación local de mediodia de COPE O Carballiño -de 12:30 a 14:30 horas- entre as que máis audiencia rexistran nesta franxa horaria entre o total de 77 emisoras de radio en Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e as súas áreas metropolitanas.
Coincidindo con este horario de mediodia, no que as emisoras de radio ofrecen a súa programación local, COPE O Carballiño figura no terceiro posto neste ranking galego de audiencias. A diario, de lúns a venres, 10.000 ointes infórmanse do que aconcente no noso ámbito local e comarcal no 91.9 da FM.
Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é líder en audiencia en varias franxas horarias da mañá e mediodia, según este último Estudio Xeral de Medios.

O concello de Leiro deberá aportar 107.000 de fondos propios a este lote de obras e proxectos, que ascenden a un total de 570.000 euros, e que se financian na súa maior parte coas aportacións doutras administracións públicas.
O barrio de máis poboación da vila de Leiro, o dos Carris, beneficiaráse da segunda fase da reforma da iluminación pública, e a estrada que comunica as localidades de Orega e Paredes será dotada dun novo asfaltado, na actualidade atópase moi deteriorada, e a veciñanza viña reclamando unha intervención neste vial.
As outras inversións que se inclúen nesta aportación económica que ven de aprobar o concello de Leiro, inclúese o proxecto de mellora do abastecemento de auga ao municipio, e unha nova tubaxe dende o punto de captación de auga no río Viñao. Tamén obras de mellora no campo municipal de fútbol.

Continúan declarandose novos positivos de coronavirus no ambito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro nas últimas horas. Desta maneira, O concello do Carballiño xa ten hoxe 12 contaxios activos, mentres que Beariz, Maside, O Irixo e Piñor rexistran un caso, respectivamente.
No Ribeiro, Ribadavia xa suma 20 contaxios activos. O concello da Arnoia ten 5 casos, con 2 figuran os concellos de Avión e Carballeda de Avia e con un contaxio activo permanecen outros tres municipios: Melón, Cortegada e Cenlle.

Os datos correspondentes ao domingo dia 4 de Xullo elevan a 30 os contaxios activos nos concellos do Ribeiro, con Ribadavia á cabeza con 18 casos, tamén se rexistran novos contaxios no concello da Arnoia que xa suma 5 casos, Avión 2, Carballeda de Avia 2, Cortegada 1, Cenlle 1 e Melón 1.
Mellor continúa resistindo ante o coronavirus a comarca do Carballiño, aínda que na capitalidade comarcal os contaxios activos soben hoxe ata os 8, continúan con 1 caso O Irixo e Piñor, respectivamente.

Os Bombeiros do Carballiño liberaron ao condutor falecido, que quedou atrapado no interior do vehículo. Trátase de A.C., de 67 anos de idade, veciño do concello do Irixo, unha persoa moi coñecida na comarca pola súa actividade como empresario da construcción.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 03:30 horas desta madrugada. Ocorreu na OU-902, á altura de Dadín, no concello do Irixo. Foi a esa hora cando o persoal dun concesionario de vehículos informaba ao 112 de que lles saltara o aviso de alarma de accidente dun turismo. Ao mesmo tempo, unha persoa particular tamén contactaba cos xestores de emerxencias para pedir axuda, aseguraba que era precisa a intervención dos Bombeiros.
Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico que, todos eles, acudiron de inmediato ao punto. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento dun dos implicados e o traslado doutra persoa ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Así mesmo, os profesionais de excarceración indicaron que se tratou dunha colisión frontal e que, tras o impacto, un dos vehículos precipitouse por un desnivel, resultando ferido o seu condutor. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida ao condutor e único ocupante do outro turismo que tiveran que liberar ao quedar atrapado no seu interior.

A Ínsua dos Poetas acolle este sábado dia 3 de Xullo unha nova edición da Festa da Palabra, con varias propostas durante a xornada, que se iniciará ás 12 do mediodia co acto literario dedicado este ano aos seis poemas galegos de Federeico García Lorca e no que está programada unha actuación de Teo Cardalda, do dúo Cómplices.
Ás 13:30 horas será a inauguración da escultura de Soledad Penalta, que pasa a formar parte do patrimonio cultural e artístico da Ínsua, actuará o Orfeón do Carballiño, e dende as 14 horas na "Romaría das Letras" amenizará a xornada o grupo de música tradicional "Os Serandeiros".
A programación complétase ás 19:30 horas co concerto de "A Banda da Loba".
Ás 23 horas, no auditorio, e dentro do verán cultural do concello do Carballiño a compañía teatral SARABELA representará "Crónicas do Paraíso".
En Cea, son varias as actividades que se desenvolverán nesta xornada de sábado dia 3 de Xullo, a máis madrugadora será a partir das 11 da mañá no campo da Saleta con motivo do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que reunirá a máis de 300 gaiteiros e gaiteiras de Galicia, Asturias e Portugal.
A partir de media tarde está convocada unha nova edición da Ruta dos Fornos, un percorrido gastrómico por algúns dos fornos históricos da vila, que contará coa animación de varios grupos de música tradicional.
Completará a xornada sabatina deste sábado en Cea a actuación de Javier Ojeda e a súa banda, o que fora vocalista de Danza Invisible, a partir das 22 horas na Praza Maior da localidade ceense.

Despóis de permanecer moitas semanas coa incidencia de covid máis baixa de toda Galicia, coa maioría dos concellos libres de virus, a tendencia torceuse nas últimas horas coa aparición de novos positivos dignosticados en varios concellos, que volven estar afectados.
Asi, O Carballiño que rexistraba 2 casos activos incrementou nas últimas 24 horas o número de persoas enfermas de covid, que son agora 5 según a última actualización de datos feita nesta mañá de venres polo Sergas.
O concello de PIñor volver notificar un caso activo. Mentres, no Ribeiro está asistindo nas últimas horas a un goteo de novos contaxios que afecta xa a varios concellos: Avión (2) Ribadavia (7)) A Arnoia (1) Cenlle (1) Melón (1) e Carballeda de Avia (1)

A concellería de Cultura e Xuventude do concello do Carballiño ten elaborado para este verán un intenso programa de eventos culturais, que se desenvolverán na súa meirande parte ao aire libre e respectando as medidas preventivas e aforos permitidos na normativa da covid-19.
Neste programa, que inclúe máis de trinta eventos durante xullo, agosto e setembro, destacan o concerto de Pablo Milanés, o monólogo de Touriñán, o concerto da Orquestra Clásica de Vigo e o recital dedicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor a Benito Pérez Galdós, que interpreta a actriz María Galiana, e que leva o título de “Mi Miquiño del Alma”. Con esta representación ponse o colofón aos actos desenvolvidos no Carballiño con motivo do centenario da morte da autora de “El Cisne de Vilamorta”, novela ambientada no Carballiño e Banga.
XULLO
Día 3
XIII FESTA DA PALABRA (Fundación Insua dos Poetas)
CONCERTO DE A BANDA DA LOBA (Fundación Insua dos Poetas)
SARABELA TEATRO – “CRÓNICAS DO PARAÍSO” (reaOU)
Días 6, 7 e 8
FLORES DE CINE (Cine club Carballiño)
- Día 6: EL MAQUINISTA DE LA GENERAL
- Día 7: LA PEQUEÑA TIENDA DE LOS HORRORES
- Día 8: UN, DOS, TRES
Día 10
OPERA CONCERT - “MI MIQUIÑO DEL ALMA”, con María Galiana e Luis Santana.
Día 17
PRESENTACIÓN da NOVELA “ALBANIA, NA ENCRUCILLADA DA OPERACIÓN FERREIRO” coa actuación do grupo GUEZO
Día 18
ODAIKO – “ODAIKO FAMILIAR” (RGTA)
Día 19
CARAMUXO TEATRO – “ZAPATOS” (Ler conta moito)
Día 22
LA VIDA ES ROCANROL DE “EL SEVILLA” (RGTA)
Día 24
O CAMIÑO DE NÓS (Fundación Insua dos Poetas)
Recreación da viaxe a pe dende Ourense a Compostela do Grupo NÓS en xullo de 1926
Do 26 ao 29
XOCIVIGA 2021 (consultar programa)
Día 31
FESTIVAL DE HABANERAS
AGOSTO
Día 1
XORNADA INFANTIL – PRESENTACIÓN DE “OCTAVIO” A MASCOTA DA FESTA DO PULPO
Día 2
MIGALLAS TEATRO – “CANTA CON NÓS!” (RGTA)
Día 3
ORQUESTRA CLÁSICA DE VIGO
Día 4
CONCERTO DA BANDA BROKEN PEACH
Día 6
CONCERTO DE PABLO MILANÉS (RGTA)
Día 8
ACTUACIÓN MÚSICA E DANZA – CANTIGAS E AGARIMOS
Día 13
MAGO TETO – “A MAXIA DOS CONTOS” (Ler conta moito)
Día 14
AQUÍ TOU – MONÓLOGO DE TOURIÑÁN (RGTA)
Día 15
CAXOTO – “LEVÁNTATE XAN!” (contos para bebés) (RGTA)
Do 16 ao 20
13º FESTIVAL DE TÍTERES
- Día 16: “CIRCO GALAICO” de Títeres Alakrán
- Día 17: “COUSAS DE CASA” + OBRADOIRO DE TÍTERES de Micromina Títeres
- Día 18: “OS NOVOS MÚSICOS DE BREMEN de Animar-T
- Día 19: “ONDE VAI O VENTO” de Animar-T
- Día 20: OBRADOIRO DE TÍTERES + “NOVOS LOBOS” de Fantoches Baj
Días 21 e 22
2º CICLO DE MÚSICA “FEITO NO CARBALLIÑO”
Día 27
YOLANDA CASTAÑO – “CONTACONTOS EN VERSO PARA NENOS E NENAS” (Ler conta moito)
Días 28 e 29
OURENROCK (dúo acústico M-Clan e Lau, e Iván Ferreiro e Indomable)
SETEMBRO
Do 6 ao 10 de setembro
32ª EDICIÓN DO FESTIVAL DO TEATRO GALEGO "CELSO PARADA" DO CARBALLIÑO (FETEGA)
Día 11
CONCERTO “OUTROS PAÍSES, OUTRAS MÚSICAS” – CORO DE CÁMARA MÚSICA VIVA
Día 14
BIG BAND
EXPOSICIÓNS
Asociación cultural “O Potiños” – xullo e agosto 2021
Caso do Concello ....Miradas de Emilia Pardo Bazán – Casa do Concello
Edificio Ramon na Rua Principal : 100 Fotos “Pon unha foto na rúa” – Edificio Ramón (R/ Principal)
Expo de Yeray – Casino do Carballiño
Inspiración da A.F. O Potiños – Café Peñasco
Inspiración 2 – Café Plaza
Foto Forum de Santiago – Hotel Arenteiro
“New York” de Luis Baños - Asador da Veracruz
Pazo da Almuzara .... POTI EXPO 2020 – Pazo da Almuzara
Doctor Cafe ...........Potiños 19 – Doctor Café
Galicia Baleirada – Cosaga (Ourense)
XVIII EXPOSICIÓN - Obradoiro de Debuxo e Pintura de M.ª Carmen González - Do 16 ao 31 de agosto

A campaña de recollida de sinaturas en contra da suba do recibo da luz iniciada hai algunhas semanas polo BNG chegou hoxe ata O Carballiño, onde os nacionalistas contaron cunha ampla aceptación e participación por parte da veciñanza.
Para a concelleira Sofía García, "non podemos quedarnos cos brazos cruzados diante desta estafa permanente onde vemos incrementado constantemente o prezo da electricidade". García avanzou que rexistrarán unha moción para ser debatida no vindeiro pleno municipal e na que solicitarán eliminar o imposto especial á electricidade, a rebaixa do IVE do 21% ao 4% e a creación dunha tarifa eléctrica galega.
Na mesa tamén estivo presente a deputada por Ourense no Parlamento galego Noa Presas, quen destacou unha vez máis "o clamor das galegas e galegos ante a estafa continua do incremento do recibo da luz".
Segundo Presas, "no día de onte a electricidade bateu un récord histórico no que a incremento se refire nun mes de xuño", ao tempo que engadía que esta situación "é insoportable e non se pode admitir nun contexto económico marcado pola pandemia da COVID-19 que fai que as Pemes e as familias estean nunha situación crítica".
Noa Presas lembrou ademais a situación de Galiza, "país produtor excedentario de enerxía eléctrica que pese a ter na actualidade dúas centrais térmicas pechadas exportou ao redor dun 29% de enerxía".
Desde o BNG reclámase xustiza social, que haxa un IVE rebaixado ao 4% xa que "a rebaixa so ata decembro ao 10% non é suficiente" así como a creación dunha tarifa eléctrica galega que teña en conta as particularidades de Galiza como país produtor.
Por último, Presas lamentou que o goberno central de PSOE e Unidas Podemos estea practicando a mesma política enerxética que o PP "defendendo os intereses das grandes eléctricas e en contra dos intereses da cidadanía".
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 253
- 254
- 255
- 256
- 257
- 258
- 259
- 260
- 261
- …
- seguinte ›
- última »