16, Xuño 2021

O Concello de Beariz entregou hoxe ó profesorado do CEIP de Beariz material didáctico-lúdico relacionado coa Campaña contra a violencia de xénero que será destinado a todo o alumnado, así como aos seus pais baixo o lema “Xunt@s somos máis fortes”.

O fin desta actividade consiste en incentivar e colaborar na educación en igualdade así como na prevención da violencia de xénero, dende tódolos ámbitos, especialmente o escolar e o familiar, e dende a etapa máis temperá dos nenos.

Esta actividade foi organizada polo Departamento de Servizos sociais do Concello e está financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

15, Xuño 2021

O Carballiño abrirá ao público ese día 16 de Xuño, as instalacións do cámping municipal. O entorno do cámping xa foi acondicionado nos últimos días de cara á temporada e para este ano está previsto potenciar o recinto con novas iniciativas e recursos.

O cámping do Carballiño ten nas súas pallozas o seu sinal de identidade e está integrado nunha área de recursos turísticos que integra instalacións como a zona de autocaravanas, o parque etnográfico xunto ao río Arenteiro -o conxunto de muíños que lembran como era a actividade deste tipo de instalacións e como era a vida dos muiñeiros- dous restaurantes, a antiga fábrica de papel da Lavandeira -que se está a acondicionar para acoller o Museo do papel de Galicia- ou a Pena dos Namorados. Nas proximidades tamén podemos atopar a praia fluvial xunto ao río Arenteiro e a Piscifactoría do Carballiño. Todo elo vencellado coas máis de trinta hectáreas do pulmón verde da vila, o parque municipal.

As instalacións do cámping do Carballiño teñen unha excelente valoración por parte dos usuarios das mesma, como se recolle no recente informe sobre o turismo na vila editado polo grupo de traballo do Eixo Atlántico e presentado hai uns días.
Este ano potenciarase o recinto coa instalación dunha oficina de información turística. Funcionará durante os meses de verán e para atendela contarase con personal vencellado ao sector. Na mesma ofrecerase toda a información relativa aos recursos turísticos do Carballiño e a comarca, do xeodestino no que está integrado a vila e de Galicia en xeral. Tamén se poden facer desde o cámping varias das rutas de senderismo creadas polo Concello do Carballiño.

Ao restaurante en funcionamento na zona do cámping sumarase nas próximas semanas o que foi o primeiro restaurante da zona, o Muíño das Lousas. Logo duns anos pechado o Muíño das Lousas está sendo reformado polo seu novo concesionario, a empresa propietaria do coñecido restaurante O Barazal. As previsións da mesma pasan por contar co establecemento en funcionamento na primeira quincena do mes de xullo.

15, Xuño 2021

O grupo municipal de Espazo Común manifesta ter a sensación "de que non teñen tempo de atender a outra cousa ca verbenas" en relación ao procedemento de modificación de bases para a segunda convocatoria das axudas COVID para autonómos e microempresas do Carballiño.

Recordan como na anterior convocatoria "non se cumprira nada do acordado e se deixara fora das liñas de axuda a moitos pequenos negocios e autonómos por unhas bases mal feitas" e tamén como xa no mes de Xaneiro Espazo Común levou a pleno unha moción "que foi aprobada or todos para a modificación das mesmas de cara a facer chegar a máis xente este apoio no ano 2021".

Afean ao goberno municipal que pasaron cinco meses "e aínda non foron quen de sacar adiante a nova convocatoria", unha situación que perxudica ás pequenas empresas do Carballiño "que ven como son enganados e maltratados por unha administración que debera estar para axudarlles  nuns momentos tan complexos".

Espazo Común remata concluíndo que "de novo estamos inmersos na inoperancias e as falsidades, xa no pleno de febreiro afirmouse por parte do goberno que xa estaban listas, asemade no pleno de abril fíxose a mesma afirmación e, dende aquela, o únoco que vimos  foron titulares e anuncios diversos".

14, Xuño 2021

A Unidade Orgánica de Policai Xudicial da Garda Civil, nunha operación conxunta coa Unidade de Pontevedra e no marco da operación "Veracruz-Miradoiro" ven de culminar coa desarticulación dun grupo delictivo dedicado a cometer roubos con forza en vivendas do Carballiño, Vigo, Lalín e Porrriño.

A operación de investigación tivo como resultado o esclarecemento de ata un total de 40 roubos con forza en vivendas habitadas das citadas localidades, a investigación púxose en marcha a mediados do mes de Abril e culminaba esta pasada fin de semana coa detención de 5 persoas, 2 veciños de Madrid e 3 de Ourense capital, aos que se lles imputa roubos con forza, e tamén delitos de tráfico de drogas e blanqueo de capitais.

No marco da operación, realizáronse 2 rexistros domiciliarios no Carballiño, onde se incautaron diversos obxetos roubados relacionados cos roubos, asimesmo intervíronse 3 vehículos que eran utilizados para os desprazamentos para cometer os roubos.

Os detidos pasaron xa nas últimas horas a disposición xudical, no Xulgado de Insrucción nº 2 do Carballiño, que decreou o ingreso en prisión de catro deles. A operación continúa aberta.

14, Xuño 2021

A Xunta de Goberno da Deputación acordou na súa reunión deste lúns 14 de Xuño unha achega económica para o concello de Avión, no apartado de cooperación cos concellos, por importe de 200.000 euros, e con destino á obra de ampliación da residencia de maiores.

Desta maneira, o obxetivo é crear 12 novas prazas para persoas residentes, dada a demanda existente, xa que as prazas dispoñibles -32 na actualidade- están cubertas e existe lista de agarda. A residencia de maiores forma parte do centro de Centro de Servizos Sociais Alvetus, que xestiona a Fundación Anduriña, creada polo concello de Avión para a xestión de todos os servizos de carácter social que son depedentes da institución municipal.

14, Xuño 2021

Así se atopan os nenos de infantil , nenos de 3,4 e 5 anos con herbas màis altas ca eles no patio.

Semella que òs que mandan neste pobo non lles pareceu suficiente castigo que tiveran que soportar o frio nas clases , o mal tempo sen poder sair ò patio, as mascarillas todo o tempo ou o parque infantil pechado.

Ahora que fai bo tempo tampouco poden disfrutar nin da 1/2 h de recreo.

12, Xuño 2021

Xa está dispoñible o enlace da páxina WEB de incrición para a verbena piloto coa orquestra-espectáculo Cinema, que se celebrará o próximo sábado 19 deste mes de Xuño a partir das 21 horas, que será finalmente na finca das Barcias -na zona do parque municipal- en sustitución do estadio de Espiñedo, onde fora anunciara inicialmente.

Para incribirte, preme na seguinte ligazón:

https://www.woutick.es/evento/1483/entradas-prueba-piloto-carballino?pla...

12, Xuño 2021

Empresa Montañesa, concesioraria do servizo de transporte de viaxeiros entre O Carballiño e Ourense actualiza os horarios dos servizos diarios entre ambas localidades, tratando de adaptarse á demanda existente para cubrir da mellor maneira posible as necesidades existentes.

Desta maneira, son 5 as frecuencias diarias que se ofertan en ambos sentidos de lúns a venres e unha durante as fines de semana.

Saida dende O Carballiño: 7:50 - 9:30 - 11:50 - 14:45 e 19 horas. Sábados e domingos ás 19:45 horas.

Saída dende Ourense: 8:45 - 10:15 - 12:30 - 15:30 e 19:40. Sábados e domingos ás 20:30.

11, Xuño 2021

Desde o PSdeG-PSOE e baixo o lema “MELLORANDO LEIRO” veñen de solicitar por escrito ante o rexistro municipal, para que se proceda coa a máxima celeridade a posta a punto e o acondicionamento unha das zonas máis demandadas tanto pola veciñanza, como polos visitantes como e a zona de baño do Misieiro "xa que adecentála e acondicionala e o primordial, e sobre todo as altas temperaturas que estamos a padecer nestes días", manifestan.

Os socialistas consideran "que tamen se ten que dotar de máis papeleiras, contenedores tanto para o vidro como para o plásticos, xa que son escasos, e ante a posiblidade que esta zona e moi transitada sobre de todo nesta época do ano, como tamen poñer unhs cartazos recordando as medidas COVID19 que temos que gardar e ser responsables do nosos actos, xa que a pandemia ainda non terminou, todo este tipo de cousas tan necesarias e primordiales para poder disfrutar de esta zona tan bonita que temos en Leiro como e o SALGUEIRAL, como tamen outro tipo de atractivos que temos no noso Concello como senderismo, etnográfico, vitivinícola, monumentos históricos e outros", remarcan.

11, Xuño 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente do centro de estudos "Chamoso Lamas", José Luis Sobrado, con que analizou o momento actual "desta importante entidade cultural non só da comarca do Carballiño senón tamén no ámbito da provincia de Ourense, con case trinta anos de existencia". O presidente do goberno provincial salientou a importancia desta entidade cultural "polas súas publicacións e o seu carácter investigador, e sobre todo, por esa vocación de atender a cuestións históricas patrimoniais e culturais, que contribúen a fortalecer a nosa identidade".

Baltar confirmou "a máxima cooperación" por parte da Deputación de Ourense co "Chamoso Lamas", e avanzou a sinatura dun convenio de colaboración en materia económica "para que este centro de estudos siga a desenvolver a súa planificación e divulgación de proxectos de investigación sobre o noso patrimonio, e para que siga na vangarda cultural desde unha comarca como a do O Carballiño, que ten moito do que presumir", agradecendo ademais o traballo de José Luis Sobrado e animando ao centro de estudos a seguir levando a cabo o seu importante labor.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS