17, Xaneiro 2022

O Carballiño, Vila Termal, é dende fai máis dun século un referente fundamental no termalismo de Galicia. O Gran Balneario non necesita presentación. Está situado a beira do río Arenteiro. No ano 1816 as súas augas xa foron declaradas de utilidade pública. A principios do século XIX existía no lugar unha pequena caseta que era coidada polos veciños de Ponte Veiga. Pero foi nos anos corenta do século XX cando o Gran Balneario alcanzou o seu máximo apoxeo, enchéndose de “aguistas” . O fermoso edificio actual é obra do arquitecto Vazquez-Gulías.

O Balneario das Caldas de Partovia é tamén un dos máis antigos . As súas augas foron declaradas de Utilidade Pública no ano 1928, e seica son as de maior número de cualidades terapéuticas de tódalas que hai en Galicia. Ademais, como nacen a 34 º non fai falta nin quentalas nin enfrialas, senón que se poden usar directamente como saen, e isto é unha vantaxe grande pois o non seren tratadas non perden as súas propiedades curativas.

O Bañiño de Arcos arrecende a paz e a liberdade. Calquera pode ir a él para gozar do lugar e das augas sen pagar un peso. Detrás da fonte hai un placa na que está escrito: “Este loureiro de esperanza que afonda as súas raiceiras na terra e na auga, que se ergue á luz e ó aire en homenaxe a Dolores López Filgueira e a todas as Mulleres de Arcos, enseña de loita, traballo e ben”. Lede, sentide e meditade a modiño estas verbas.

¿Cómo se pode amosar todas estas istorias, emocións e sentimentos en fotos?
Os fotógrafos lográrono. E vos tamén ides ser capaces de velo… e sentilo.
Porque unha foto é forma, luz, concepto... pero a fotografía é sobre todo emoción e sentimento.
Nesta exposición de O Potiños, amósannos sen dúbida a fermosura, a emoción e a maxia deste triángulo termal.
Abride os ollos e o corazón para gozar con eles nestas fotos de CARBALLIÑO VILA TERMAL.

A exposición, da Asociación Fotográfica "O Potiños" permance durante este mes de Xaneiro nas escaleiras da casa do concello do Carballiño.

17, Xaneiro 2022

Asi está a rúa Ourense, con este lamentable estado, ésta é a entrada do Carballiño.

16, Xaneiro 2022

O Sergas programa outros 3 cribados para a poboación da comarca do Carballiño durante esta semana os dias lúns 17, mércores 19 e venres 21, para realizar test de antíxenos. Os cribados levaránse a cabo en horario de 15:30 a 20:30 horas no auditorio do Carballiño, e a convocatoria faise mediante autocita, que debe solicitarse no seguinte enlace:

https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx?as=4

15, Xaneiro 2022

A última semana deixanos un record de novos positivos diagnosticados no concello do Carballiño no indicador a 7 dias, son 241 os novos contaxios rexistrados no municipio carballiñés entre os dias 7 e 14 deste mes de Xaneiro no que andamos, trátase da cifra de novos positivos máis alta dende que comezou a pandemia, o que pon de manifesto que o virus continúa en fase expansiva no Carballiño.

Os outros tres concellos con máis novos positivos na última semana son Boborás, que rexistrou 34, Maside 26, e San Cristovo de Cea con 21. A incidencia acumulada a 7 dias baixa en todos os demáis municipios.

14, Xaneiro 2022

Hola, cando se pensa terminar o asfaltado q empezou antes do nada. Despois dos escalons q deixan porque suben o asfalto, non como outras veces q o rascan. Enterando entradas. Carretera escalonada, sen pintar, mal señalizada, os da auga abrindo e tamen igual. Sen pintar. 

E unha carretera con moito trafico . 

Tema cortes espiñedo, campo futbol aparte, q xa empeza a cansar . 

 

14, Xaneiro 2022

Cuándo piensan en pintar los pasos de peatones ? cuando ocurra una desgracia ? menos pivotes y más seguridade vial, por favor.

14, Xaneiro 2022

Aqui vemos a rúa Paraño, en perfecto estado de revista.

14, Xaneiro 2022

Os grupos municipais do PSdG-PSOE de Lalín e O Irixo veñen de rexistrar unha moción para o seu debate e posible aprobación no vindeiro Pleno, na que solicitan que ambos Concellos soliciten da Xunta de Galicia retrotraer o expediente Parques Eólicos dos Complexos Valdepereira e Pico Seco ao trámite de exposición pública, tendo en conta que non se realizou.

Do mesmo xeito, o documento reclama que os Concellos de Lalín e O Irixo procedan a informar de forma activa, efectiva e real á veciñanza afectada que así o desexe nas dependencias municipais.

Por último, reclámase a ambas administracións que procedan a asesorar a veciñanza afectada facilitando información e asesorando na presentación de alegacións e en todos aqueles aspectos necesarios na defensa dos seus intereses.
A concelleira lalinense, Alba Forno, e o voceiro municipal no Irixo, Iago Fariñas, xa rexistraron ambas propostas plenarias. Nun encontro de traballo recordaron que “nin O Irixo nin Lalín dixeron nada sobre estes proxectos eólicos, non informaron, nin asesoraron nada á veciñanza afectada en ningún momento”.

“O mais grave” aseguran “é que nin tan sequera tiveron en exposición publica o referido proxecto para o seu coñecemento, incumprindo a obriga legal de facelo”.

Alba Forno e Iago Fariñas insisten en que os Concellos de Lalín e o Irixo non cumpriron coa súa obriga como administración pública impedíndolles ás persoas afectadas a posibilidade de formular alegacións. “Estamos ante un feito gravísimo que parece unha falta de dilixencia, unha deixadez manifesta ou que Crespo e Cerdeira non se enteran de nada”. “Máis grave sería que a información, como xa sucedeu noutras ocasións, fose ocultada intencionadamente”.

“Son moitas as persoas afectadas que se puxeron en contacto con nos preocupadas e sin que nos Concellos de Lalín e O Irixo fagan nada por informarlles”. “Tamén consideramos que sobre a omisión da exposición pública da documentación tanto Manuel Cerdeira coma Crespo deberían dar explicacións claras”, sinalan.

Para os socialistas “tamén é sorprendente que os alcaldes do PP traten de poñer toda a maquinaria política a funcionar cando se trata de parques eólicos de tramitación estatal e que calen cando os proxectos os está a tramitar a Xunta de Galicia, como é o caso”.

13, Xaneiro 2022

Dato record de descenso de contaxios activos no Carballiño, consecuencia da nova norma das altas médicas automáticas aos 7 dias, onte o Sergas notificaba 489 casos activos no Concello do Carballiño, hoxe a cifra descende ata os 357 contaxios activos, polo tanto son 132 menos en relación a onte.

Por outro lado, na incidencia acumulada a 7 dias, o indicador pasou dos 159 novos positivos no municipio que aparecian onte no cómputo dos últimos 7 dias, aos 228 casos que se contabilizan hoxe, o que pon de manifesto que a pandemia continúa aínda en plena fase expansiva no municipio carballiñés. 

No resto de concellos tamén se observa un notable descenso nos casos activos, sobre todo en Maside, que onte tiña 54 casos activos e quédase hoxe con 32, e San Cristovo de Cea, que tiña 32 e quédase hoxe con 23 casos. 

Os contaxios que o Sergas notifica hoxe para Boborás son 29, en Punxín 28, San Amaro 20, O Irixo 14, PIñor 10 e Beariz 4. Leiro baixa ata os 19 contaxios activos, e Avión ata os 10.

 

12, Xaneiro 2022

A oposición municipal, tanto PP como ESCO, deron a coñecer esta mañá sendas iniciativas en forma de mocións para que se traten no próximo pleno que celebre a corporación municipal do Carballiño, e nas que lle piden ao alcalde e na súa condición de membro do padroado da Fundación Irmáns Prieto Pereira, que aclare tanto a súa responsabilidade como membro nato do órgano rector da Fundación como diversas cuestións relativas á xestión na Residencia de Maiores, coñecida como o Asilo do Carballiño, que é propiedade e xestiona a Fundación promovida polos benefactores carballiñeses nos anos vinte do século pasado.

Os dous grupos políticos manifestan recoller a inquietude do pobo do Carballiño trala marcha, a mediados de 2020 das Hermanitas dos Anciáns Desamparados, e agora das Servas de Xesús, que tomaran o relevo no Asilo en Setembro dese mesmo ano. Este pasado lúns transcendía a súa marcha, tras unha curta etapa no Carballiño.

O Partido Popular demandará que "a partir de agora o alcalde informe semestralmente ao pleno da corporacón da súa actividade como patrón da Fundación, e dea conta das actas das reuniíons mantidas polo padroado nos últimos dous anos, tamén que se expliquen as razóns da marcha das relixiosas". Pola súa parte, Espazo Común, manifesta que "a situación no asilo preocupa no Carballiño e o alcalde Fumega esconde información" polo que demandará tamen ante o pleno "que se aclara toda a situación desta entidade sen ánimo de lucro, o asilo de toda  vida".

O alcalde Francisco Fumega aproveitou unha entrevista hoxe en COPE O Carballiño para manifestar a súa opinión sobre este asunto. O rexedor municipal entende que trátase dunha fundación do século pasado que hai que adaptar á realidade actúal, que nada ten xa que ver cos tempos nos que os fundadores comezaron con esta gran obra social, e neste contexto, Fumega dixo que a xestión no Asilo foi mellorando nos últimos anos.

O PODCAST coa entrevista íntegra ao alcalde do Carballiño podes descargalo nesta mesma WEB, no programa deste mércores dia 12 de Xaneiro de 2021.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS