
Catro novos casos detectados na últimas horas elevan ata os 23 os contaxios activos no Carballiño, según os datos oficiais de Sanidade que se corresponden con este xoves dia 8 de Xullo. A incidencia acumulada a 14 dias xa se sitúa nos 156 casos por 100.000 habitantes, o que sitúa a O Carballiño en risco alto.
Os outros concellos da comarca que rexistran casos activos son Piñor (2) Maside (1) O Irixo (1) e Beariz (1)
Peor é a situación no Ribeiro onde o coronavirus volve estar presente en todos os concellos, agás nos de Leiro e Castrelo de Miño. Á cabeza está Ribadavia, que xa alcanza os 27 contaxios activos, e tamén rexistran casos A Arnoia (4) Carballeda de Avia (3) Cortegada (2) Avión (2) Beade (1) Melón (1) Cenlle (1)

A figura da escritora Emilia Pardo Bazán e O Carballiño están estreitamente vencellados. A autora de pasou longas tempadas na vila de onde era orixinario o seu home, José Quiroga (da parroquia de Banga), e a mesma converteuse en protagonista na súa novela . A casa familiar da Praza Maior do Carballiño, os pazos dos Quiroga en Banga e Cabanelas, o Gran Balneario da vila, o Casino (edificio da antiga Ferretería Soto), o río Arenteiro ou O Ribeiro foron referentes para a escritora nas súas estadías carballiñesas.
Neste 2021 estase a celebrar o centenario do seu pasamento e un dos aspectos nos que se está a incidir é na súa relación con Benito Pérez Galdós. Dos 32 anos nos que mantiveron a súa relación –con diferentes etapas e mesmo crises provocadas por terceiras persoas- consérvanse 90 cartas e ese foi o material co que traballaron a actriz María Galiana e o barítono Luis Santana para crear o espectáculo
A montaxe que este sábado chega a O Carballiño –o único espazo de Galicia onde se poderá ver xunto coa cidade de A Coruña- é un recital poético dedicado a Emilia Pardo Bazán ao redor das cartas de amor remitidas a Benito Pérez Galdós. A palabra de María Galiana estará acompañada da voz do barítono Luis Santana.
María Galiana.
De sobra coñecida polo seu papel de Herminia, a avoa da exitosa serie de televisión , Galiana é Licenciada en Filosofía e Letras e exerceu como profesora de Historia e Historia da Arte ate a súa xubilación no ano 2000. Entre os recoñecementos conseguidos na súa carreira como actriz está o Goya á mellor actriz de reparto polo seu papel na película .
Luis Santana.
Barítono zamorano, comezou os seus estudos musicais aos cinco anos baixo a ensinanza de grandes mestres. Na actualidade faino co tenor español Pedro Lavirgen e con Teresa Berganza. Ten actuado nas salas de concertos e teatros máis importantes do Estado e en cidades como Roma, París, Milán, Nápoles, Budapest, Lisboa ou Viena, entre outras.

A actualización de datos correspondente a este mércores dia 7 de Xullo, deixanos un incremento de 6 casos activos en relación a onte, que eran 13 e pasan a ser hoxe 19.
No resto dos concellos da comarca, mantéñense casos illados -1 en cada concello- en Beariz, Piñor, O Irixo e Maside.
XENTE NOVA E LOCAIS IRRESPONSABLES, TODO E COVID.
E de entender os mozos e a sua gana de divertirse, e o mais normal. Na situacion que estamos e eles sin vacinar non faria falta nadie detras para que cumpliran as normas. Certo tamen.
Pero tamen e certo que nas terrazas donde se sentan, nin gardan medidas de distancia, nin teñen mascarilla, fumsn e saltandose medidas hixienicas varias.
Todos o podemos ver repetidas veces na rua principal, ou nos arredores do concello.
Non toda a culpa e dos rapaces, que ainda facendo mal, e responsabilidade desas cafeterias controlalos. Non todo e facer caixa a calquera precio.
E seguiremos asi, non pasa nada, contaxios, ingresos, negocios pechados, choros, etc etc mentras uns fan cartos rindose dos demais e os mozos, que vou decir dos mozos se todos o fumos, pero tamen tiñamos pais, que nos reprendian e educaban, non si?7

A segunda onda do Estudio Xeral de Medios deste ano 2021 que ven de coñecerse este pasado dia 6 de Xullo, sitúa á programación local de mediodia de COPE O Carballiño -de 12:30 a 14:30 horas- entre as que máis audiencia rexistran nesta franxa horaria entre o total de 77 emisoras de radio en Galicia, incluidas as que emiten dende as grandes cidades e as súas áreas metropolitanas.
Coincidindo con este horario de mediodia, no que as emisoras de radio ofrecen a súa programación local, COPE O Carballiño figura no terceiro posto neste ranking galego de audiencias. A diario, de lúns a venres, 10.000 ointes infórmanse do que aconcente no noso ámbito local e comarcal no 91.9 da FM.
Na provincia de Ourense, COPE O Carballiño é líder en audiencia en varias franxas horarias da mañá e mediodia, según este último Estudio Xeral de Medios.

O concello de Leiro deberá aportar 107.000 de fondos propios a este lote de obras e proxectos, que ascenden a un total de 570.000 euros, e que se financian na súa maior parte coas aportacións doutras administracións públicas.
O barrio de máis poboación da vila de Leiro, o dos Carris, beneficiaráse da segunda fase da reforma da iluminación pública, e a estrada que comunica as localidades de Orega e Paredes será dotada dun novo asfaltado, na actualidade atópase moi deteriorada, e a veciñanza viña reclamando unha intervención neste vial.
As outras inversións que se inclúen nesta aportación económica que ven de aprobar o concello de Leiro, inclúese o proxecto de mellora do abastecemento de auga ao municipio, e unha nova tubaxe dende o punto de captación de auga no río Viñao. Tamén obras de mellora no campo municipal de fútbol.

Continúan declarandose novos positivos de coronavirus no ambito intercomarcal O Carballiño-O Ribeiro nas últimas horas. Desta maneira, O concello do Carballiño xa ten hoxe 12 contaxios activos, mentres que Beariz, Maside, O Irixo e Piñor rexistran un caso, respectivamente.
No Ribeiro, Ribadavia xa suma 20 contaxios activos. O concello da Arnoia ten 5 casos, con 2 figuran os concellos de Avión e Carballeda de Avia e con un contaxio activo permanecen outros tres municipios: Melón, Cortegada e Cenlle.

Os datos correspondentes ao domingo dia 4 de Xullo elevan a 30 os contaxios activos nos concellos do Ribeiro, con Ribadavia á cabeza con 18 casos, tamén se rexistran novos contaxios no concello da Arnoia que xa suma 5 casos, Avión 2, Carballeda de Avia 2, Cortegada 1, Cenlle 1 e Melón 1.
Mellor continúa resistindo ante o coronavirus a comarca do Carballiño, aínda que na capitalidade comarcal os contaxios activos soben hoxe ata os 8, continúan con 1 caso O Irixo e Piñor, respectivamente.

Os Bombeiros do Carballiño liberaron ao condutor falecido, que quedou atrapado no interior do vehículo. Trátase de A.C., de 67 anos de idade, veciño do concello do Irixo, unha persoa moi coñecida na comarca pola súa actividade como empresario da construcción.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente sobre as 03:30 horas desta madrugada. Ocorreu na OU-902, á altura de Dadín, no concello do Irixo. Foi a esa hora cando o persoal dun concesionario de vehículos informaba ao 112 de que lles saltara o aviso de alarma de accidente dun turismo. Ao mesmo tempo, unha persoa particular tamén contactaba cos xestores de emerxencias para pedir axuda, aseguraba que era precisa a intervención dos Bombeiros.
Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño e á Garda Civil de Tráfico que, todos eles, acudiron de inmediato ao punto. Unha vez no lugar, os servizos sanitarios confirmaron o falecemento dun dos implicados e o traslado doutra persoa ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Así mesmo, os profesionais de excarceración indicaron que se tratou dunha colisión frontal e que, tras o impacto, un dos vehículos precipitouse por un desnivel, resultando ferido o seu condutor. Sen embargo, nada se puido facer por salvarlle a vida ao condutor e único ocupante do outro turismo que tiveran que liberar ao quedar atrapado no seu interior.

A Ínsua dos Poetas acolle este sábado dia 3 de Xullo unha nova edición da Festa da Palabra, con varias propostas durante a xornada, que se iniciará ás 12 do mediodia co acto literario dedicado este ano aos seis poemas galegos de Federeico García Lorca e no que está programada unha actuación de Teo Cardalda, do dúo Cómplices.
Ás 13:30 horas será a inauguración da escultura de Soledad Penalta, que pasa a formar parte do patrimonio cultural e artístico da Ínsua, actuará o Orfeón do Carballiño, e dende as 14 horas na "Romaría das Letras" amenizará a xornada o grupo de música tradicional "Os Serandeiros".
A programación complétase ás 19:30 horas co concerto de "A Banda da Loba".
Ás 23 horas, no auditorio, e dentro do verán cultural do concello do Carballiño a compañía teatral SARABELA representará "Crónicas do Paraíso".
En Cea, son varias as actividades que se desenvolverán nesta xornada de sábado dia 3 de Xullo, a máis madrugadora será a partir das 11 da mañá no campo da Saleta con motivo do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que reunirá a máis de 300 gaiteiros e gaiteiras de Galicia, Asturias e Portugal.
A partir de media tarde está convocada unha nova edición da Ruta dos Fornos, un percorrido gastrómico por algúns dos fornos históricos da vila, que contará coa animación de varios grupos de música tradicional.
Completará a xornada sabatina deste sábado en Cea a actuación de Javier Ojeda e a súa banda, o que fora vocalista de Danza Invisible, a partir das 22 horas na Praza Maior da localidade ceense.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 258
- 259
- 260
- 261
- 262
- 263
- 264
- 265
- 266
- …
- seguinte ›
- última »