8, Maio 2021

A comarca do Carballiño deixa atrás o estado de alarma, que decae ás 00:00 deste domingo dia 9 de Maio, coa incidencia Covid máis baixa a nivel de toda Galicia. Tan so o concello do Carballiño mantén contaxios activos, que son 3 según a última actualización de datos feita por Sanidade, mentres que os 8 concellos restantes da comarca non rexistran casos activos de coronavirus, e todo eles -incluído O Carballiño- presentan o nivel de incidencia máis baixa nos indicadores a 7 e 14 dias.

No Ribeiro, Ribadavia ten 6 contaxios activos, Cortegada 2 e Avión 1. O resto de municipios ribeiráns non teñen casos activos de coronavirus.

7, Maio 2021

O PSdeG pedirá explicacións ante a Conselleria de Infraestructuras e Mobilidade pola limpeza da Ponte da Esperela a través da Axencia Galega de Infraestructuras “xa que non hai un ano, que se levou acabo dita intervención de limpeza e conservación na estrada autonómica OU-209 como principal acceso de entrada e saida da localidade de Leiro” e que foi adxudicada a empresa OutraVertical SL por un montante de 30.000€".

Os socialistas recordan que "o obxetivo de esta intervención na Ponte da Esperela consistía na retirada da vexetación existente beneficiando a conservación e mellorando a imaxen da mesma e que os socialistas de Leiro reclamamos cantidade de veces tanto en Plenos, como escritos ano tras ano a sua limpeza".

Por eso,o PSdeG quere saber "cal ou cales son os motivos en que menos de un ano, estea saindo de unha forma abundante outra vez a maleza, por eso a nosa preoucupación, de que algo non se fixo ven, cando se levou acabo dita limpeza, porque temos que recordar e así saiu algún medio de comunicación que se iba a retirar a maleza, raíces e terra das xuntas, pero por o que vemos o traballo non se fixo como se debería facer, por iso vamos a presentar un escrito, xa que coa cantidade de diñeiro que se invertiu nesta limpeza e conservación e moi importante,que é diñeiro de todos os ciudadans, por eso que a nosa inquedanza, de que o diñeiro publico non se pode nin se debe mal gastar, por eso a nosa fiscalización e control",remarcan.

6, Maio 2021

O xurado dos XXVII Premios de Gastronomía de Galicia ven de outorgar un dos oito galardóns desta edición ao empresario carballiñés Francisco Gómez, premiando a súa traxectoria no apartado da promoción culinaria. Trátase dunha convocatoria que cada ano promove o concello de Lalín, e que naceu ligada á festa do cocido.

Nacido no seo dunha familia con tradición pulpeira de Arcos, non será o primeiro galardón que recibirá, xa anteriormente Francisco Gómez xa fora elixido como o "mellor pulpeiro de Galicia" no Forum Gastronómico na cidade de A Coruña.

Francisco Gómez xestiona actualmente o restaurante A Feira en Ourense e 8 restaurantes en Asturias, nos que se sirve o tradicional pulpo á feira como producto estrela.

6, Maio 2021

Todos os concellos das comarcas do Carballiño e O Ribeiro están nunha boa situación epidemiolóxica, o que lles vai permitir entrar a partir deste próximo domingo dia 9 de Maio nunha nova etapa de volta á normalidade. Galicia, no seu conxunto, deixa de estar en peche perimetral.

Poderáse entrar ou saír da comunidade sen restricións. Manteráse un rexistro de viaxeiros nos que deben anotarse as persoas chegadas desde unha zona de incidencia alta. Os peches perimetrais manteranse nos municipios que superen os 500 casos a 14 días e os 250 casos a 7 días. Nestes momentos son Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro, Laza e Padrón.

Elimínase o toque de queda desde a medianoite do sábado ao domingo. O sábado o toque de queda xa será ata as 24.00 horas. Pero haberá excepcións: manterase ata as 23.00 horas nos municipios en situación de risco extremo (máis de 250 casos a 7 días ou 500 a 14) para o que se necesitará a autorización xudicial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Amplíanse os horarios da hostalería: os bares e cafeterías poderán abrir ata as 23 horas e os restaurantes ata as 1.00 horas.

Limitación de reunións de non conviventes entre as 1.00 e as 6.00 horas, unha medida que tamén necesitará autorización xudicial.

5, Maio 2021

O grupo popular no concello do Carballiño fai referencia a unhas manifestacións do Xefe da Policia Local nas que "afirmou que as multas que están a impoñer en relación á normativa Covid non están chegando os presuntos infractores", e recordan que "no pleno celebrado o dia 14 de Decembro do ano pasado -xa hai case cinco meses-  aprobouse a adhesión do concello do Carballiño ao convenio coa Xunta de Galicia para articular a encomenda de xestión para a tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos, compre aclarar cal é o estado de cumprimento de dito convenio por parte do concello".

Por elo, O Partido Popular ven de solicitar ao concello que se aclara esta cuestión e de forma expresa pregunta "polo número de denuncias efectuadas pola Policia Local  en relación a incumprimentos da normativa covid que actualmente están pendentes de tramitar polo concello do Carballiño, número de denuncias que foron remitias á unidade tramitadora da Xunta, identidade do insructor ou instructores dos procedementos, e número de sancións que xa houbesen sido resoltas de acordo co previsto no citado convenio".

Finalmente, os populares manifestan que "coa resposta a estas preguntas quedará aclarado quen é o responsable de que as denuncias estean a quedar en papel mollado, dificultando o traballo da Policia Local e provocando situacións de risco  para os nosos veciños".

5, Maio 2021

Yo quería poner una queja esto es vergonzoso el horario de la biblioteca, yo puedo entender que para estudiar ahí se tenga que pedir cita por tema de espacio, ahora para ir buscar un libro cita este horario no se a quién beneficia. Si esto del covid a muchos les ha venido de perlas. LA VERDAD ESTO ES VERGONZOSO...

4, Maio 2021

por que sempre son os mesmos locais? por que? haberíase que preguntar se no concello ou policía local teñen parentesco amizade ou negocio cos 3 locais de sempre por que non se pode entender que estando no centro do pobo e vendo todo o mundo ninguén faga nada...logo pagan todos por estes 3 que todos sabemos quenes son....o sábado pola tarde parecía a festa do pulpo en abril....e sempre os mesmos...o da rúa principal dos soportais....e os dous que rondan o concello....que como se poñemos nomes non se publican....pero vamos que calqueira que ande pola rúa sabeo perfectamente por que os ve....salvo os que poden facer algo claro que por algunha razón non se enteran

4, Maio 2021

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o director de cine Alfonso Zarauza asinaron hoxe un convenio de colaboración para a rodaxe do filme Malencolía, unha produción de Maruxiña Film Company realizada integramente en galego e que comezará o vindeiro 17 de maio en escenarios do concello do Irixo e localizacións dos concellos do Carballiño e Boborás. "Seguro que un novo éxito de Alfonso Zarauza, logo deses nove galardóns conseguidos nos premios Mestre Mateo, que nos permitirá seguir coa aposta que desde o goberno provincial fixemos hai tempo para converter a Ourense nun inmenso plató para producións audiovisuais, potenciando tamén o Festival Internacional de Cine no que esperamos se poda estrear esta longametraxe", destacou Baltar no acto desenvolvido no Liceo.

O presidente provincial e o director estiveron acompañados polo produtor executivo, Martín Calviño, e pola meriande parte dos actores que integran o reparto, entre eles Melania Cruz, Xulio Abonjo, Diego Anido, Ledicia Sola e Tito Asorey.

Manuel Baltar subliñou que Ourense "ten moitos lugares que encaixan en todas as historias posibles, como a Ribeira Sacra que será patrimonio da Unesco e unha cidade histórica e literaria tamén vencellada ao cinema, dándose así todos os requisitos necesarios para que esta produción sexa unha das grandes estreas do ano". Celebrou tamén que Zarauza "pousara os seus ollos na comarca do Carballiño, iniciando unha alianza que agardo sexa a primeira de moitas, xa que tamén estivo a ver outras localizacións que seguro que serán perfectas para novas historias que podan xurdir", felicitando á produtora e ao director pola gran aposta que están a facer polo audiovisual galego.

Alfonso Zarauza, que tamén destacou "o talento galego que se está a visibilizar tanto a nivel nacional como internacional", agradeceu pola súa banda "o acertado apoio que a Deputación de Ourense presta ao cinema porque apostar pola cultura non so enriquece espiritualmente, senón que tamén xera riqueza económica, e iso tamén fai poderoso a un país".

O director e produtor gabouse por sacar adiante unha produción "netamente ourensán xa desde o seu propio título, pois a malencolía é un concepto do poeta ourensán Curros Enríquez que define un estado de ánimo fermoso que é a felicidade de estar triste".

Engadiu que o filme, no que se mesturan os xéneros do terror e a comedia, abordará "temáticas que se utilizaron moito na literatura e na cultura galegas, pero que teñen pouco uso no cine actual, como é a nosa rica tradición literaria e cultural dos contos de medo, que queremos retratar nesta película nunhas paisaxes marabillosas".

Cunha produción integramente galega, con técnicos e actores do país, Malencolía comezará a súa rodaxe o 17 de maio e prolongarase ata finais de xuño, na súa meirande parte en escenarios do Concello do Irixo e con localizacións en Boborás e O Carballiño. O filme narra a historia dunha parella galega (Xulio Abonjo e Melania Cruz) que logo de dez anos de residencia en Berlín deciden dar un novo rumbo a súa vida regresando a Galicia, onde mercan unha casa nunha aldea que cren abandonada pero na que vive unha señora (Iolanda Muíños) coa que manterán unha relación un tanto curiosa.

4, Maio 2021

A concellería de Cultura do Carballiño ven de presentar a programación cultural do mes de maio na que destaca o eido literario. Podemos salientar a exposición sobre a Revista Nós que se pode visitar na Praza Maior da vila ata o día 14 de maio, as actividades sobre Emilia Pardo Bazán polo centenario do seu pasamento ou a homenaxe a Xela Arias nas Letras Galegas.
Tal como anunciou o Concello do Carballiño, este ano Emilia Pardo Bazán será a figura que protagonizará unha serie de actividades que buscan dar a coñecer a súa vida e obra, pero tamén o seu vínculo co Carballiño. Logo da reedición do Cisne de Vila Morta, neste mes a concellería programou unha exposición fotográfica no concello en colaboración con Potiños sobre aqueles espazos do Carballiño nos que transcurriu unha parte da vida e obra da escritora que se inaugurará o día 11 de maio. Tamén está programada unha ofrenda floral na Praza Emilia Pardo Bazán no mesmo día que se cumpre o centenario do seu pasamento, o 12 de maio, e o sábado 22 pola mañá terá lugar un roteiro na zona rural do Carballiño sobre a escritora da mán do Instituto de Estudios Chamoso Lamas, este terá as prazas limitadas e @s interesad@s poderán anotarse no enderezo electrónico oixcultura@carballino.gal . Ademais, o alumnado de 4º da ESO do Carballiño poderá disfrutar dunha visita teatralizada da escritora.

En canto ás Letras Galegas, a programación comezará ca actuación de Peter Punk na Praza da Veracruz o sábado 14 ás 12h ca súa obra infantil “novo espectáculo viral” e continuará na Insua dos Poetas o día 17 de maio ás 19h con 4mal Quartet Jazz con “musicando versos por Xela Arias”. Ademais, por parte da concellería de Educación e Normalización Lingüística vai a realizarse un mural adicado á poeta nun espazo céntrico, obradoiros nos centros escolares e actuacións por parte do Conservatorio Municipal.

Ademáis, os colectivos culturais do Carballiño continúan cas actividades, como é o caso do Cineclub, que proxectará ao longo do mes en sesión de tarde os venres e os domingos, as películas “Olvido y León, “ Cuñados”, “Nación “ e “El horizonte”. O colectivo fotográfico Potiños, que conta con varias exposicións espalladas por locais da vila, celebrará o domingo 23 a actividade “pon unha foto na rúa: retratos con máscara” e o Instituto de Estudos Carballiñeses presentará a edición número 37 da Revista Agora do Orcellón o sábado 29 ás 12h no Auditorio Manuel María.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS