22, Marzo 2021

O Carballiño volve estar no punto de mira debido o incremento de casos de coronavirus nas últimas semanas, empeorando tanto no indicador da incidencia acumulada a 7 dias -11 novos positivos diagnosticados- como a 14 dias -15 positivos diagnosticados- o que se traduce nunha incidencia acumulada neste intervalo de tempo de 106 casos por 100.000 habitantes.

Sanidade notifica hoxe lúns 20 contaxios activos no municipio carballiñés, multiplica por 4 o número de casos de coronavirus, en apenas unha semana. Un dato moi preocupante.

Maside estabiliza o número de contaxios activos, dende o xoves da pasada semana repite dato, son 13 persoas con infección activa no municipio masidao.

Boborás está en situación de nova normalidade, sen novos casos nas úlitmas semanas, e con tan so 2 contaxios activos. Piñor e Cea continúan cun único contaxio activo, e o resto de concellos permanecen sen contaxios Covid.

21, Marzo 2021

O empate do Arenteiro no Baltasar Pujales de Bouzas e o pinchazo do Arousa en Ribadumia fan que os verdes se proclamen campións do grupo 1B de terceira división a falta de xogarse un partido para completar a primeira fase do campionato, o que desputará o proximo domingo dende as 17 horas en Espiñedo precisamente ante o Ribadumia.

No partido xogado na matinal deste domingo á beira da ría de Vigo o Arenteiro deixou escapar dous puntos nunha desafortunada xogada, que ademáis foi a derradeira do encontro cando ían 97 minutos de xogo, un disparo sen aparente perigo sobre a portería de Diego García fixo que o balón pegase en Renan, que non pudo evitar marcar en propia porteria. 

Apenas ían 2 minutos de xogo cando o árbitro sinalou un penalti sobre Javi Pazos que o especialista Renan transformou no 0-1. O temperan gol propiciou que o Arenteiro cedese o balón ao Rapido, nun dominio bastante ficticio que non se traducía en perigo real sobre a portería do Arenteiro, pola contra a mellor ocasión desta primeira parte foi para o Arenteiro nun testarazo de Joni que acertou a despexar por dúas veces o exarenterio Rui, agora defendendo a meta do equipo boucense.

O partido púxose de cara xa na segunda parte cando un centro de Eimil foi rematado de cabeza por Javi Pazos, desta vez Rui non pudo evitar o 0-2. Pero todo se torceu no minuto 67, cando o árbitro interpretou mans de Portela dentro da área, foi a xogada clave da mañá, porque ademáis de meter ao Rapido no partido (1-2) siñificou a expulsión de Portela por segundo cartón amarelo, deixando ao Arenteiro en inferioridade e con moito partido por diante. Tocaba sufrir, Alex Fernández retrasou a súa posición á defensa e o Arenteiro aguantou ata ceder o empate no último suspiro do partido. 

Para ver a ficha do partido sigue a ligazón: http://futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=7...

20, Marzo 2021

Levaba semanas libre de virus, pero nesta última actualización de datos Piñor volve entrar na relación de concellos afectados ao notificar un contaxio activo. Tamén cun único caso activo figura dende fai dias o concello de San Cistovo de Cea.

Á cabeza do coronavirus na comarca manténse O Carballiño, que tras tres dias de incremento, hoxe repite dato, polo que mantén 14 contaxios activos. Maside tamén estabiliza o seu número de persoas con infección activa, que son 13. Boborás resta un caso ao rexistrarse outra alta médica, e quédase con 3 contaxios activos neste sábado 20 de Marzo.

Finalmente, permanecen libres de virus os concellos de Punxín, O Irixo, Beariz, San Amaro, Leiro e Avión.

20, Marzo 2021

Desde o PSdeG-PSOE poñemos a voz de alarma, unha vez máis, ante a tomadura de pelo, que esta levando acabo o Sergas a toda a veciñanza do noso Concello, e que por parte dos socialistas non vamos a permitir, xa que as consecuencias negativas evidentes para a ciudadanía de Leiro, son moi graves, xa que o que non pode ser, e que desde o Sergas non poñan un facultativo todos os días de semana e so veña dous días a semana o sustitut@, cando ai veces un dia a semana, dependendo da disponibilidad do mesmo.

Os socialistas tamen queremos reseñar e que aconteceu esta semana, que tampouco houbo enfermeira un dia no Centro de Saude, xa que a titular se tuvo que ausentar por motivos persoais, e desde o Sergas non se cubriu a sua ausencia, pero o problema esta en que xa ten pasado mais veces, o longo do ano.

Polo que os socialistas vemonos na obriga, como representantes publicos de todos os veciñ@s, tanto nos votaran como senon, de defender o interés xeral, cousa que non se fai desde o Goberno Municipal, que prevalece máis as siglas do propio partido, que defender os interés da saude pubrica de toda a veciñanza, polo mero feito de que “non vai a ser que se enfaden os mandatarios da Xunta”, polo que a desidea e a deixadez de funcions e evidente por parte do mandatario municipal .

Desde o Grupo Municipal Socialista tamen queremos saliantar, que si desde o Sergas e do propio Concello, non se toma algunha medida urxente, para solucionar este tema de que teñamos un falcultativo todos os días laborables, en canto o titular estea de baixa laboral, e tamen cando a enfermeira teña que coller días por calquera motivo personal e non teña sustitución, vemonos na obriga de ter que tomar medidas de presión de calquer tipo, para que de unha vez se escoite a voz da veciñanza e non se xogue coa a saude de todos nos, o perder calidade no servicio de atención primaria do noso Centro de Saude, por eso vamos a loitar con todas as nosas forzas, para establecer a normalidade de dous facultativos todos os días e tamen da sustitución da enfermeira.

19, Marzo 2021

Maside é dende hoxe un dos tres concellos galegos que están no nivel máis duro de restricións, con mobilidade reducida ao propio territorio municipal, coa hostelería pechada e reunións de non conviventes prohibidas. O concello de Maside notifica hoxe 13 contaxios activos, os mesmos de onte. No cribado no que participaron 633 personas do municipio detectouse un positivo.

O Carballiño supera a Maside no número de casos e suma hoxe 14 contaxios activos, 1 máis que onte, continuando asi unha perigosa tendencia á alza na que está o municipio dende fai 3 dias. Boborás mantén 4 contaxios activos, Cea 1, e volve entrar na relación de concellos afectados Piñor, que notifica 1 contaxio activo. 

Punxín, O Irixo, Beariz e San Amaro continúan sen ningún caso de coronavirus.

18, Marzo 2021

O cribado selectivo que se levou a cabo na xornada deste xoves 18 de Marzo en Maside conseguíu a participación máis alta entre todos os cribados realizados nos ultimos meses na comarca, acudiron a esta cita no polideportivo de Maside 633 persoas do total de 900 que foron chamadas polo Sergas, o que representa unha particpación do 70,3%.

As persoas participantes recibirán os resultados das PCR serán notificados nos próximos dias mediante SMS no caso dos negativos, e comunicados dende o Sergas no caso dos positivos.

18, Marzo 2021

Este pasado martes dia 16 O Carballiño rexistraba 6 contaxios por coronavirus, pero en apenas dous dias, os contaxios activos suben ata os 13, que notifica Sanidade para o municipio carballiñés, na actualización de datos correspondente a este xoves dia 18 de Marzo.

Un dato certamente preocupante, debido á aparición de ata 10 novos positivos diagnosticados durante a última semana, a incidencia acumulada a 14 dias sitúase hoxe nos 70 casos por cada 100.000 habitantes. Todo un serio aviso para O Carballiño.

Tamén aumenta dous casos Maside, que xa suma 13, os mesmos do Carballiño. E continúa a súa melloría Boborás, que resta outros dous contaxios e quédase hoxe con 4 persoas con infección activa.

17, Marzo 2021

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar a redacción de proxecto de acondicionamento da estrada autonómica OU-212, ao seu paso polo concello de Beariz, no treito que vai ata o desvío do núcleo do Alto de Couso. O contrato foi adxudicado á empresa Diagrama Ingenieria Galicia S.L. por máis de 18.000 euros.

O adxudicatario conta con 6 meses de prazo para redactar o proxecto. Esta actuación ten como obxectivo a execución das obras de ensanche e mellora do tramo da citada estrada, comprendido entre Beariz, no punto quilométrico 6+250, e o desvío ao núcleo do Alto de Couso, no quilómetro 12+320. A redacción do proxecto tamén deberá valorar a rectificación de curvas nas zonas onde sexa necesario.

Este novo traballo contratado polo departamento de Infraestruturas da Xunta seguirá, en liñas xerais, o mesmo criterio de deseño das obras executadas no seu momento entre o desvío de Couso e Avión, no punto quilométrico 20+540. 

17, Marzo 2021

Unha das obras máis agardadas nos últimos anos no Estadio Municipal de Espiñedo será unha realidade este mesmo ano, a reposición integral do terreo de xogo, que ten unha superficie de 105X67 metros.

A directiva do CD Arenteiro fixo público hoxe un comunicado informando que "tal como comunicou o presidente da Deputación Manuel Baltar a Argmiro Marnotes, presidente de CD Arenteiro, o importe da execución desta obra será incorporado na modificación orzamentaria da Deputación e aprobaráse no pleno deste mesmo mes de marzo".

O proxecto, elaborado polo arquitecto municipal do concello do Carballiño, ascende a algo máis de 186.000 euros. Consistirá en levantar a totalidade do terreo de xogo, instalacion de rede de tubaxes de drenaxe, capa de grava, capa de area e tepes, asi como un novo sistema de rego.

Nos últimos anos, e tamén na actúal tempada, o club veuse obrigado a trasladar o partidos oficiais na terceira división ao campo da Regueiriña de Barbantes, ante o estado impracticable para o fútbol do terreo de xogo. O Club agradece publicamente no seu comunicado "a sensibilidade que se mostra dende a Deputacioón con esta necesidade ao afrontar integramente a obra, e ao concello do Carballiño por ter realizado o proxecto técnico necesario para a execución do proxecto". Nos últimos anos a entidade provincial xa financiou a construcción de novos vestiarios e a instalación de bancadas no recinto deportivo.

Agora, o club agarda que a obra de poida adxudicar canto antes para que o Estadio de Espiñedo "mostre a súa mellor cara xa dende os inicios da próxima tempada".

16, Marzo 2021

Confírmase asi as previsións avanzadas este mediodia por esta emisora de radio. O comité de expertos decidíu hoxe que o concello de Maside pase a nivel de máximas restricións, o que siñificará que a mobilidade quedará restrinxida para a veciñanza ao propio territorio municipal, do que non poderá sair, nin tampouco entrar os de fora, agás por causa debidamente xustificada. Ademáis, pecha a hostelería, que so poderá atender para recoller no local ou servir a domicilio, e quedan prohibidas as reunións de persoas non conviventes. 

O endurecemento das restricións para o concello de Maside chega tras o empeoramento da pandemia nos últimos dias, chegando hoxe a 11 contaxios activos, a maioria diagnosticados os ultimos dias. O Sergas convocou para este xoves dia 18 un cribado selectivo no pavillón de deportes de Maside coa finalidade de detectar persoas asintomáticas.

A boa noticia desta semana é para Boborás, que abandona o nivel de maximas restricions e pasa ao nivel 2, o nivel intermedio, o comité clínico tivo en conta a boa evolución da situación epidemiolóxica do municipio, no que non se rexistrou ningún novo contaxio por coronavirus nos últimos 7 dias. A hostelería pode volver ofrecer servizo en terraza, e ademáis queda sen efecto o peche perimetral do concello, a mobilidade volve estar permitida.

As novas medidas, tanto para Maside, como para Boborás, entrarán en vigor a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 19 de Marzo, coincidindo co festivo de San Xosé.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS