4, Marzo 2021

O informe de Sanidade sobre o número de contaxios activos correspondente a este xoves dia 4 de Marzo pon de manifesto que son 15 os contaxios activos no concello de Boborás, un máis que onte neste municipio no que mañá venres está convocado un cribado selectivo a 800 persoas, coa finalidade de detectar asintomáticas.

Estabilidade no resto de municipios, nos que de momento manténse baixo control a pandemia, con 8 contaxios activos no Carballiño e 1 en Maside. Sen casos activos no resto de concellos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3, Marzo 2021

O Sergas levará a cabo un cribado masivo entre a súa poboación maior de idade para detectar persoas asintomáticas, ante o incremento de novos positivos neste concellos nas últimas horas, pasando dos 7 contaxios activos de onte aos 14 que rexistra hoxe. A incidencia acumulada a 14 dias supera xa os 600 casos por 100.000 habitantes, se a reuníon do comite clínico na que onte se decidiu o paso de Boborás do nivel 3 ao 2 de restricións, se tivese lugar hoxe siñificaría que tería que entrar no nivel 1, coas restricións máis duras.

O cribado deste venres dia 5 de Marzo, en horario de tarde no pavillón de deportes de Boborás, citará mediante SMS a un total de 800 persoas veciñas de Boborás. Precisamente dende este venres, ao entrar en vigor a nova restrición para o municipio de Boborás, quedará limitada ao propio territorio municipal a mobilidade da veciñanza, e a hostalaría non poderá atender no interior dos establecementos. 

No resto dos concellos a situación continúa baixo control, con 8 contaxios activos no Carballiño e 1 en Maside. Nos outros seis concellos da comarca non hai persoas con infección activa.

3, Marzo 2021

Seguimos coa irresponsabilidade da xente nos bares. Fan o que lles peta como si non pasara nada. Sen mascarillas, co pitillo, sen distancia. 
A xente non cumple. Os dos bares non cumplen.

os guardias non fan cumplir.

 O alcalde non fai cumplir.

Feijoò fala pero non fai cumplir.

En 15 días todos pechados e todos pa casa. 

Esto é a ruina

2, Marzo 2021

Finalmente confírmase o que viñemos avanzando dende esta emisora de radio, o empeoramento da incidencia acumulada (IA) de novos positivos nos últimos dias no concello de Boborás leva a este concello a retroceder ao nivel 2 de restricións, o nivel intermedio entre o nivel 3 - o máis flexible- no que estaba dende a pasada semana e o nivel 1, o de restricións máis duras.

Asi o decidíu na reunión semanal o comité clínico que agora asumirá a Xunta para que as novas medidas para Boborás sexan efectivas a partir das 00:00 horas deste próximo venres dia 5 de Marzo. Desta maneira, Boborás será o único concello da provincia que estará en nivel 2, xa que todos os demáis -sen excepción- estarán no nivel 3, incluidos os que se manteñen aínda en nivel 2, como é o caso dos concellos de Punxín e Beade.

Boborás empeorou hoxe os datos da incidencia acumulada tanto a 14 dias (+ de 250 casos por 100.000 habitantes) como a 7 dias (+ de 125 casos por 100.000 habitantes) e rexistra 7 contaxios activos. 

O cámbio do nivel 3 ao nivel 2 de restricións a partir do próximo venres, e como mínimo unha semana, siñificará o peche perimetral do concello, con mobilidade restrinxida, sen poder sair ou entrar no municipio non sendo con causa xustificada. Ademáis, a hostelería non poderá atender no interior dos establecementos, tan so poderán facélo en terraza.

 

2, Marzo 2021

As criticas feitas por Espazo Común ao goberno municipal do Carballiño en relación á perda de subvencións procedentes doutras administracións ten o seu último capítulo "na perda da súbvención de 30.000 euros concedida pola Xunta de Galicia para a cuberta do Parque Infantil dos Catro Camiños que foi solicitada, tramitada e debidamente vendida na prensa sen que despois se executas esta demanda".

Dende esta formación política da oposición municipal aseguran que "xa no ano 2019 perdeuse a subvención do Obraodoiro,q ue tería permitido facer proxectos durante 9 meses para desempregados, ademáis damos por feita a perda da subvención para a Aula Cemit, xa que ante as nosas constantes preguntas en pleno seguimos sen resposta". Repróchanlle dende Espazo Común ao goberno do alcalde Fumega que "seguisen ocupados contratando actuacóns e espectáculos como para ter tempo de atender ás subvencións" e volven incidir no "impresentable e indefendible gasto de 115.000 euros en festexos durante o ano da pandemia"

Precisamente, durante o ano 2020 Espazo Común suma a esta relación de subveencións que por mala xestión do goberno municipal non chegaron ao concello, as relativas "os dous Obradoiros de Emprego anunciados ou o Plan Integrado de Emprego, que non foron capaces de acadar ningún".

A suma total na que cifra Espazo Común estas posibles subvencións ascende a "arredor de 1.500.000 euros, que deixaron de entrar nas arcas municipais do Concello do Carballiño, impedindo facer obras e proxectos que serían fundamentais nestes tempos de crise", remarcan.

2, Marzo 2021

O descaro do conchabeo da Xunta Feijóo (Pura Propaganda), cos alcaldes PP xa case que resulta cómico. Sae hoxe o de Leiro presumindo dese novo proxecto modelo. Unha nova ocorrencia en sintonía coa apropiación de terras de propietarios "descoñecidos" https://www.lavozdegalicia.es/noticia/somosagro/ganaderia/2019/03/30/med...

Unha nova aberración xurídica, xa vimos como a Xunta se apropiou de varios veciñais en mán común (lembremos Cristimil), e agora veñen estes dous a facer propaganda da aberración que quere ir máis lonxe aínda.

O de Leiro faría mellor en representar no Senado os intereses rexionais e non os do partido podre (leva décadas papando no Senado e non se lle coñece nin a máis mínima iniciativa para Ourense) que en vender escaparates.

Agardo que este comentario non sexa censurado por non ter que ver co local, cando o goberno autonómico incursiona constantemente no local co xa clásico conchabeo da Xunta única e exclusivamente cos alcaldes do PP.

1, Marzo 2021

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Leiro colaborarán na posta en marcha dun proxecto piloto de polígono agrario de viñedo de 100 hectáreas neste municipio do Ribeiro, ao abeiro da futura Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, actualmente a debate no Parlamento galego.

Esta norma desenvolverá e reforzará este tipo de ferramentas de posta en valor da terra, xunto coas aldeas modelo, as agrupacións de xestión conxunta ou as permutas de especial interese agrario, entre outras, co obxectivo xeral de recuperar terras en desuso ou infrautilizadas, para poñelas en produción. Así mesmo, con estes instrumentos procúrase unha efectiva anticipación aos incendios forestais, mediante o aproveitamento agrogandeiro ou forestal dos predios.

Estas ferramentas céntranse en potenciar estes tres usos do chan, segundo o tipo de cultivo máis acaído ou con maior tradición en cada zona. Así, no caso concreto de Leiro, trátase de aproveitar a súa vocación vitivinícola e o seu emprazamento, dentro da denominación de orixe Ribeiro, para agrupar terreos co fin de mellorar a súa xestión e a súa produtividade.

O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse co alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, para concretar os detalles desta iniciativa e para coñecer e avaliar esta e outras posibilidades de impulso ao agro neste municipio ribeirán. Ambos coincidiron en destacar o potencial que teñen os terreos de cultivo neste concello, especialmente pola súa tradición vinculada á produción de viño amparado pola denominación de orixe máis antiga de Galicia.

1, Marzo 2021

O concello do Carballiño rematou o proceso de licitación para a realización das melloras que buscan solucionar, de forma definitiva, as inundacións da rúa Evaristo Vaamonde. Nesta primeira fase levarase a cabo a recollida das augas procedentes da rúa Eusebio Lorenzo, que serán canalizadas hacia o colector xeral que atravesa a rúa 25 de xullo. As obras foron adxudicadas á empresa Viaqua por un importe aproximado de 40.000 euros.

Nunha fase posterior procederase á sustitución do colector da rúa Conde Vallellano ca finalidade de aumentar a sección do desaugue, pois na actualidade o cruce entre as augas procedentes de Evaristo Vaamonde e este colector sufren importantes retencións como consecuencia da falta da capacidade do colector de Conde Vallellano, producíndose retornos que inundan os baixos de varios edificios.

1, Marzo 2021

O Comité Clínico actualizará esta semana o nivel de restrición de cada concello en base á súa situación epidemiolóxica. Punxín, que está no nivel 2 coa mobilidade restrinxida ao propio concello, ten un único contaxio activo e unha incidencia a 14 dias no rango entre 50 e 150 casos por 100.000 habitantes. 

Boborás, con 6 contaxios activos, manténse no parámetro 150-250 casos por 100.000 habitantes de incidencia acumulada a 14 dias, a aparición de novos casos pode poñer en risco a súa continuidade no nivel 3, o que siñificaría pasar o nivel 2 de restricións, con peche perimetral e hostelería sen poder utilizar os interiores dos locais.

No resto de municipios, a situación mánténse estable, con 11 contaxios activos no Carballiño (IA de 63 casos por 100.000 habitantes), Cea ten 2 contaxios activos e Maside 1. San Amaro, Piñor, O Irixo e Beariz non teñen contaxios. 

28, Febreiro 2021

Sanidade notifica hoxe domingo 11 contaxios activos no Carballiño, e a incidencia acumulada a 14 dias de novos positivos diagnosticados cae ata os 63 casos por 100.000 habitantes.

Boborás continúa con 6 contaxios activos, Cea con 3, e Maside e Punxín con 1 contaxio activo, respectivamente. Catro concellos non teñen contaxios activos, son os de Beariz, O Irixo, Piñor e San Amaro.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS