
O Carballiño sitúa hoxe a incidencia acumulada a 14 dias nos 191 casos por cada cen mil habitantes, ao acumularse 27 novos positivos nos últimos 14 dias no municipio carballiñés.
A melloría experimentada nos últimos dias vai permitir a O Carballiño entrar no nivel 3 de restricións (Incidencia Acumulada por debaixo dos 250 casos por 100.000 habitantes) o que siñificará a reapertura da hostelería local a partir do próximo venres. Bares, cafeterías e restaurantes poderán atender en interior cun aforo do 30% e en terraza cunha ocupación do 50%,, de momento en horario ata as 6 da tarde. As reunións de non conviventes poderán ser de ata 4 persoas.
A outra gran novidade en canto a restricións, será a da mobilidade ata o de agora rexistrinda ao propio muniicipio, a partir do próximo venres haberá libertade para poder desprazarse entre concellos que están na mesma situación epidemiolóxica.
Igual que O Carballliño, tamén estarían en condiciós de aliviar as restricións o resto dos concellos, agás dous, os de Boborás e Punxín, que aínda están cunha incidencia acumulada por riba dos 250 casos por 100.000 habitantes, aínda que a situación agárdase que poida mellorar nos próximos dias.

O núcleo de Beariz leva sen cobertura de telefonía móbil de Movistar desde o pasado mércores 17 de febreiro. Reiteradas chamadas de veciños e autoridades a Movistar reciben atención lenta e respostas vagas pero non se concreta unha resposta con prazo de reparación da suposta avaría.
Este problema cobra maior importancia porque moitos aboados están á espera da chamada para recibir a cita para a vacinación contra a COVID-19. Esta inquedanza vai en aumento cada día que se retrasa a avaría e mentras Movistar segue sen dar unha resposta satisfactoria ás reclamacións de restauración do servizo.


O Carballiño sitúase por debaixo do nivel de máximo risco de propagación do coronavirus no indicador da incidencia acumulada a 14 dias, o que utiliza Sanidade para determinar os distintos niveis de risco sanitario pola pandemia. Os 29 novos positivos diagnosticados nos últimos 14 dias sitúan a O Carballiño por debaixo do parámetro dos 250 casos por cada 100.000 habitantes, concretamente O Carballiño ten hoxe unha incidencia acumulada de 205 casos por 100.000 habitantes.
En canto a contaxios activos, O Carballiño resta hoxe 5 casos ata e quédase con 31 nesta ultima actualización de datos do Sergas de hoxe domingo. Tamén resta un caso Punxín, que baixa aos 4. E sen cambios no resto de municipios: Boborás (6) Cea (4) Maside (4) O Irixo (1) Beariz (0) San Amaro (0) Piñor (0)

A avaría, según os datos facilitados por Naturgy deixou sen suministro a 238 clientes da rede eléctrica, aínda que o número de persoas afectadas é moito maior, tanto no pobo de Dacón como en varias localidades próximas.
O corte na subministración eléctrica rexistrouse ás 16:58 horas deste sábado dia 20 de Febreiro, e ben entrada a noite o servizo continuaba sen restablecerse. A indignación é manifesta entre a veciñanza e numerosos oíntes de COPE O Carballiño asi o están manifestando "levamos seis horas sen luz, e non conseguimos que polo menos nos dean unha explicación do que está pasando", afirma unha veciña de Dacón, "a única explicación que temos é a de un contestador automático que nos dí que a avaría está en resolucion".
"Temos unha poboación que é maior ou de avanzada idade, non pode ser que cada vez que caen unhas gotas ou sopla o vento pase esto en pleno século XXI, coas tarifas máis caras e en plena pandemia, esto é intolerable" tamén recordan que en Dacón está ubicada unha residencia de maiores, unha gasolineira, bares e outros negocios que saen perxudicados por unha avaría tan prolongada.

Continúa en boa liña a tendencia á baixa na incidencia do coronavirus, tanto no Carballliño como no conxunto dos concellos da comarca. Nesta actualización de sábado dia 20 de Febreiro, a incidencia acumulada a 14 dias no Carballliño baixa ata os 38 casos, a un paso de situarse xa por debaixo dos 250 casos por cen mil habitantes, o principal parámetro que utiliza o Sergas para determinar o nivel de restricións. Os contaxios activos no municipio carballiñes descenden hoxe ata os 36 casos, son 6 menos que onte.
Tamén se rexistra un notable descenso dos casos activos no concello de Cea (-4) e quédase con outros catro, Boborás (-3) sitúase con 6 e Maside tamén resta un caso para quedarse con 4 persoas con infección activa. Sen cambios en Punxín (5) O Irixo (1) San Amaro (0) Beariz (0) Finalmente, recibe a alta médica a única persoa que estaba pasando pola enfermidade en Piñor, que pasa hoxe a ser concello libre de virus.

A incidencia acumulada de Covid-19 continúa caendo en picado no municipio do Carballiño, neste indicador que reflicte a aparición de novos casos confirmados con probas diagnosticas nos últimos 14 dias, son 43 os casos de coronavirus notificados nos últimos 14 días.
Son xa tres os concellos da comarca, os de Beariz, Piñor e San Amaro, nos que non se notificaron novos contaxios de coronavirus nas últimas dúas semanas.
En canto a contaxios activos, O Carballiño (-14) rexistra hoxe 42 persoas pasando a enfermidade, Cea (-2) quédase con 8, Maside (-3) ten 6, Punxín continúa con 5, Piñor con 1 igual que O Irixo. E continúan libres de virus San Amaro e Beariz. O único concello que rompe esta tendencia á baixa hoxe é o de Boborás (+1) e sitúase con 9 contaxios activos.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para executar as obras de acceso ao parque empresarial de Lebozán, en Beariz, desde a estrada OU-212. O orzamento estimado polo Goberno galego para este proxecto supera os 390.000 euros, en que se inclúen o pagamento das expropiacións dos 6 predios necesarios para executar esta actuación. As obras teñen como obxectivo darlle operatividade ao futuro parque empresarial de Lebozán.
Esta conexión vén concretar a proposta prevista no Plan especial de creación de solo industrial neste concello da comarca do Carballiño, desenvolvendo a solución prevista no informe de sustentabilidade ambiental do citado plan especial A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade procederá ao levantamento de actas previas e á licitación das obras na primavera. As obras teñen un prazo de execución de 4 meses. A actuación proxectada prevé a execución dun novo acceso desde a estrada OU‐212 entre os puntos quilométricos 1+542 e 1+771 na súa marxe esquerda.
A solución desenvolvida polo departamento de Infraestruturas da Xunta é a resultante da realización previa dunha análise de 6 alternativas desde o punto de vista da súa xeometría, funcionalidade e seguridade viaria. Para iso, proxéctase unha intersección que permite todos os movementos con cuñas de aceleración e deceleración de 30 metros de lonxitude, así como un carril central de espera para os xiros desde a estrada OU‐212 cara ao futuro parque empresarial.
O deseño adáptase ás particularidades da contorna aproveitando as estruturas existentes sobre un regato afluente do rego de Ponte da Pedra e respectando os parámetros indicados na normativa. Na actuación prevese unha canalización baixo a berma que serve de protección contra os desprendementos de terras, en previsión da necesidade futura de darlle continuidade á iluminación viaria do parque empresarial.
Gustaríame saber que teñen pensado facer no Carballiño cos parques infantiles, se é que van xa estar pechados a perpetuidade,ou se teñen algunha previsión para a súa reconversión para outros usos. Debe ser que os señores e señoras que dirixen o concello xa teñen as crianzas maiorciñas e pasan ampliamente, pero igual algún dos palanganeros de Fumega que de dedican a escribir por aquí pode enviarlle o enlace:
https://ourensenarede.com/barbadas-abrio-parques-infantiles/
Se quere enviolle unhos cantos máis
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 278
- 279
- 280
- 281
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- …
- seguinte ›
- última »