
Na actualización de datos correspondente a este mércores dia 10 de Novembro sae da relación de centros afectados por coranvirus o CPR Sagrado Corazón do Carballiño, mentres entra nesta mesma relación o CEIP do Irixo, que rexistra un caso positivo.
Os demáis centros educativos da comarca e os contaxios activos que permanecen nos mesmos son os seguintes: IES Chamoso Lamas (7) CIP Terras de Maside (5) CPR Vila do Arenteiro (4) IES nº 1 (4) CEIP Calvo Sotelo (3) CEIP Boborás (1) IE Trastes (1)
Tres centros manteñen aulas pechadas, 1 no CPR Vila do Arenteiro, 1 no CEIP Boborás e 1 no CIP Terras de Maside.

As altas medicas superan os novos positivos no Carballlio, que pasa dos 102 que notificaba onte aos 93 que ten hoxe. Pero o que non mellora é o indicador da incidencia acumulada a 14 dias, que continúa -igual que onte- nos 100 novos positivos diagnosticados durante ese intervalo de dias.
No resto de concellos os datos do dia son os seguintes: Maside (-1) (22) Cea (-1) (16) Boborás (+1) (12) Punxín (-) (8) San Amaro (-) (2) Piñor (+1) (1) O Irixo (0) Beariz (0)

Asi foi como me encontrei esta tarde a rúa Serra Martiñá, sin ningún tipo de señalización e imposible para transitar, asi que non quedou outra que recuar co furgón marchas atrás máis de 400 metros ante a imposibilidade de poder maniobrar. E asi levaba todo o dia, non sei se é moito pedir algo máis de señalización o concella de turno en vez de tanto cono, que parece que van baratos, tampouco estaría mal que a policia local se percatese destas situacións. Moitas gracias.

Os contaxios de coronavirus continúan en aumento nos centros educativos da comarca, según a última actualización de datos da Consellería de Eduación, son 29 os casos positivos, ademáis son 3 as aulas pechadas.
Os centros afectados e os casos notificados son os seguintes: IES Chamoso Lamas (7) CEIP Calvo Sotelo (4) CPR Sagrado Corazón (4) IES nº 1 (4) CPR Vila do Arenteiro (4) CIP Terras de Maside (4) IE Trastes (1) CEIP Boborás (1). Os centros que teñen unha aula pechada por culpa do coronavirus son, respectivamente, CPR Vila do Arenteiro, CIP Terras de Maside e CEIP Boborás.

Acudiron a esta chamada 1.229 persoas, o que representa o 61,4% do total das 2.000 que foron convocadas mediante SMS para participar neste segundo cribado realizado nun intervalo de 9 dias polo Sergas no Pavillón de Deportes Paco Chao do Carballiño. No celebrado o pasado 31 de Xaneiro a participación fora do 65,2%, daquéla acudiran a esta mostraxe 1.304 persoas, todas elas veciñas e veciños do Carballiño, mentres que neste segundo tamén foron citadas persoas veciñas dos concellos de Maside e Punxín.
Os resultados serán remitidos, tamén via SMS, no caso dos negativos, mentres que os positivos serán comunicados dende o respectivo centro de saúde.

O Carballiño descende hoxe na incidencia acumulada (IA) a 14 días, e tamén baixan os contaxios activos (-2) quedandose en 102. Tamén descenden hoxe os contaxios activos en Maside (-2) (23) San Amaro (-1) (2) e Piñor (-1) (0). O único concello que aumenta os contaxios activos é Punxín (+2) (8).
Non hai variacións nos contaxios activos no resto de concellos: San Cristovo de Cea (17) Boborás (11) Beariz (0) O Irixo (0)

Foi o primeiro alcalde da democracia do concello de San Amaro, exerceu a alcaldia neste municipio entre os anos 1977 e 1991, ven de falecer aos 86 anos de idade.
Durante a súa traxectoria política estivo vinculado á Unión de Centro Democrático, Coalición Galega e PSOE. De forma simbólica, pechou a candidatura "Xuntos por San Amaro" nas eleccións municipais de 2019, encabezada polo seu fillo Carlos Paz, actúal tenente alcalde e concelleiro de cultura de San Amaro.
Hombre yo creo que es el sitio donde menos protocolos hay para la prevención del COVID. Lo que hay que pensar es que los casos tardan en aparecer y lo normal es que después de cerrar los bares los casos tarden aún en bajar un mes. Y aún la gente sigue estando a sus puertas bebiendo sin mascarillas, a pesar de los protocolos. Claro que esperemos también que no los abran de momento sino para abril volveremos a las mismas. Como mucho que los dejen solo en terraza.
Donde no hay contagios es en los parques infantiles gracias a nuestro amado líder que no los abre, una buena forma de que no se gasten.
Desde que se pechou a hostelería en interior a mediados do mes pasado os casos positivos non deixaron de medrar no Carballiño, despois tamén as terrazas, e os datos foron a peor, pero a culpa sigue sendo da hostelería, agora é dos que van coller o café ´porta e xa non digamos das "multitudes" que a diario poden verse arredor dos bares, como todos os dias algúns machaconamente proclaman utilizando o programa local de radio de cope Carballiño, Resulta que durante a ultima semana de xaneiro e primeira de febreiro producironse 109 novos positivos no Carballiño (datos oficiales do propio Sergas) máis seguramente outros tantos que non aparecen nos datos, pero a culpa sigue sendo da hostelería.
En Maside e Dacón, cos bares abertos durante meses non houbo contaxios, agora que os bares evan semanas pechados resulta que están en números de contaxios antes nunca vistos en Maside, e a culpa tamén é da hostelería. O que está claro é que o pechar as terrazas, que están o aire libre e polo tanto o risco de contaxio e moi inferior o que se no interior dun local (eso din, non?) a xente reúnese nas casas e foi a partir de ahí onde aumentaron os contaxios, porque é ahí onde está o problema, nas reuniós familiares e de amigos, no ambito privado, onde non hai ningun tipo de protocolo e representan os espacios de maior risco. Pero nada, a culpa é da hostelería.
Observando os datos do coronavirus no carballiño, cunha evolución moito peor que no resto da comunidade onde os casos están caendo en picado e aquí aínda estamos no pico de contaxios e imos entre unha ou duas semanas por detrás, quería facer una reflexión sobre as consecuencias desto.
Estivéchedes semanas dicindo que nin tan mal, que comparado con outros sitios ainda que os datos non eran bos nin comparación, insinuando que as medidas que se puxeron eran excesivas para o carballiño, alentando os cometnarios dalgúns hosteleiros que as medidas eran inxustificadas....
Agora que xá pasaron 3 semanas.... despois de todas esas mensaxes que fan que a xente se relaxe, que pense que o virus no e para tanto... eses lamentos o que conseguiron e que vaiamos casi duas semanas por detrás do resto...
E aquelas protestas, que están moi ben.... o final o que nos van a levar e a ter restriccións unha ou dúas semanas máis co resto de sitios, cos bares (aqueles que protestaban e a duras penas cumplían) cerrados máis do que debería.
A reflexión ven de que, ¿realmente compensa dicir que no carballiño estábamos maltratados e cunhas medidas más duras do que deberíamos?
Dádesvos conta todos que da igual as protestas, que eso non vai conseguir que nos quiten as restriccións antes, senón todo o contrario.
O que en principio podería parecer unha defensa o comercio e a hostelería do pobo, ó final convírtese no seu peor enimigo
Esto é unha reflexión para vos como medio de información do pobo que xera unha opinión na xente que failles cambiar a suas actitudes, e que o final o que se consegue é empeorar a situación
Sair as rúas estos días es para votarse as mans a cabeza, rapaces xuntos, xente nas portas dos bares coas mascaras baixadas e a gritos, xente dicindo que xa non se cree nada, xente que incumple..... pero todas esas cousas, non van facer que nos quiten as restriccións, todo o contrario. E mentres a policía desaparecida coma sempre e os medios de comunicación quitándolle ferro o asunto pero o final todos cerrados, e a culpa e nosa, o virus e o mesmo en todos lados, o que non e o mesmo somos nos.
Espero que reflexionedes para o futuro de como as vosas opinións poden facer que a xente deixe de cumplir, como leva sucedendo todo o mes.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 282
- 283
- 284
- 285
- 286
- 287
- 288
- 289
- 290
- …
- seguinte ›
- última »