
O Carballiño acolle a primeira edición do Festival Internacional de Curtametraxes, que colle o relevo do tradicional formato das XOCIVIGA, tras 40 anos de historia do certame cinematográfico carballiñés.
Consulta aquí toda a programación do Festival Internacional de Curtametraxes-Xociviga ano cero:
Primero cerraron el paso de la fuente y el Concello no hizo nada. Después cerraron la cancela y el Concello no hizo nada. Después cerraron el camino a Anllo Pequeno con un muro, y el Concello no hizo nada.
Después de presentar escritos, recursos, estudios... decidieron abrir un expediente. Expediente, por cierto, que dice que el camino es público; pero tampoco hicieron nada, porque "estaba judicializado".
Ahora sigue "judicializado" pero, quién sabe por qué, el Concello manda abrir la cancela. Y el Obispado, que no sabe muy bien lo que ha vendido (o lo sabe demasiado bien y los que están despistados son otros), lleva al Concello al juzgado.
Así que ahora tenemos un expediente mal instruido, un reguero de documentación contradictoria firmada por el Concello (por algún funcionario con nombre y apellidos, pero para entendernos), una mala práctica en la ejecución del expediente (excusas para no actuar; ahora nos entran las prisas) y al Concello intentando salvar los muebles desviando balones a la Agencia de Protección Urbanística.
El Alcalde tiene, ahora sí, un problema con la cancela; pero que tampoco le sirva de excusa, tiene que abrirla aunque, quizá, un juez le haga cerrarla de nuevo.

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou o concello de Beariz, onde puido comprobar de primeira man algúns proxectos que se levan a cabo nesta localidade para impulsar e dinamizar a súa contorna.
Durante o seu percorrido polo concello de Beariz, no que estivo tamén acompañada polo alcalde Manuel Prado, a directora xeral coñeceu a Botica de Doade, que actualmente actúa como un espazo divulgativo sobre a historia sanitaria da bisbarra.
Posteriormente trasladouse á aldea singular de Alvite, un espazo rehabilitado e que está a actuar como referente turístico da zona. Paz Rodríguez amosou o seu interese por estas iniciativas e valorounas de xeito positivo pola súa contribución á animación e ao impulso económico do municipio bearicense
Non me parece que o tenente de alcalde e portavoz popular señor Seijas no seu cambio de criterio sobre quen debe estar e quen non na mesa de contratación do servicio da agua sexa moi claro. Ao feito me remito de que na chamada de hoxe que fixo na tertulia falaba de suposta transparencia a hora de que se dea ese contrato pois da sua afirmación se sonsaca que os politicos son sucestibles de ser corruptos. Tamen deixou sin contestar a pregunta do señor Nogueira na que si deciden a que empresa darlle o contrato os politicos no pleno, estes non poidan estar na mesa de contrato ( que hai que levar a lección moi aprendida cando se debate con este tertuliano tamen é un contratempo para calquera) non ten moito sentido.
A ver si vai haber motivos e intereses oculto e de momento non se saben.

Sebastián Lamazares, Fátima Gómez, José Antonio Barge e Manuel Nogueira participan nos estudios de COPE O Carballiño nesta Tertulia dos Venres, deste 15 de novembro de 2024.
Escóitaa aquí.
Pois que seica o voceiro do PP acusa ó seu socio e máis a Espazo común de corrución co contrato máis millonario do concello.
Que seica o Fumega está que bota fume
Que seica o Pepe do PP vai ter que dimitir ( como está o servicio)
Que seica o PP non atina cos seus representantes.
Que seica o Fumega quere sacar o contrato multimillonario a todo trapo, ainda ca dubida do seu socio de corrupción no proceso.
Que seica o PP anda comendo con representantes de empresas do concurso
Que seica este concello é a casa de toqueme Roque

O C.D. Arenteiro recibiu na matinal deste xoves a visita de máis de 150 nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo do Carballiño no seu adestramentona Uceira.
A través desta iniciativa os máis pequenos compartiron un momento único cos xogadores e o equipo técnico. Puideron ver como traballaban de cara ao partido contra o C.D. Lugo, conversar e levarse varias sinaturas dos verdes para casa.
“Ha sido una experiencia muy enriquecedora. Los niños han animado al equipo durante el entrenamiento y al acabar hemos podido estar con ellos, ver más de cerca su ilusión y transmitirles los valores del club. Todos estaban fascinados y al final eso te llega como entrenador, como jugador y como equipo” sinala o adestrador do C.D. Arenteiro, Raúl Jardiel.
O capitán do equipo, Diego García, tamén salientou positivamente esta acción. “Foi algo moi bonito porque chegaron todos os rapaces e empezaron a animarnos. Comezamos a escoitar Arenteiro, Arenteiro, Sodes os mellores. Fainos moita ilusión e que os rapaces estén con nós”.
Este venres, outro grupo de rapaces do mesmo centro visitará de novo a Uceira para acompañar ao C.D. Arenteiro no seu adestramento.
Así, dende o club foméntanse valores como o esforzo, o compañeirismo e a dedicación entre os máis pequenos, que poden ver todo o traballo que existe detrás dun partido e especialmente, dunha vitoria.

En COPE O Carballiño conversamos con Carla Miranda, responsable de proxecto de Dano Cerebral Galicia, que organiza as xornadas "Apoio no fogar de pesoas con dano cerebral", que terá lugar en Punxín nas tardes dos dias 25 de novembro, e 4 e 9 de decembro. Podes escoitar a entrevista no PODCAST adxunto a esta información.
Dano Cerebral Galicia abriu o período de inscrición nunha nova edición do curso ‘Apoio no fogar de persoas con dano cerebral adquirido’, unha discapacidade provocada, fundamentalmente, por ictus e traumatismos cranioencefálicos, que afecta a máis de 35.000 persoas en toda Galicia.
Este curso, presencial e gratuíto, está dirixido tanto a profesionais sociosanitarias dedicadas á atención e coidado de persoas con dano cerebral adquirido como a familiares e coidadoras informais. Ten unha duración de dez horas que se van repartir nas tardes do 25 de novembro (16:30 a 19:30), 4 de decembro (16:00 a 20:00) e día 9 do mesmo mes (16:30 a 19:30).
A inscrición pode realizarse a través do do formulario online ao que se accede a través da seguinte ligazón: https://forms.office.com/e/mHwNFp2TNT?origin=lprLink As persoas que completen o curso recibirán un certificado emitido pola Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS), do Sergas.
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns, dependente da devandita Axencia, participa na organización da actividade formativa. Dano Cerebral Galicia conta tamén coa colaboración do Concello de Punxín, e co financiamento do Grupo Tragsa, no marco da convocatoria ‘Solidarios Nacionales’.
O obxectivo da formación, que imparten profesionais de Dano Cerebral Galicia, é mellorar a calidade de vida do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido través da capacitación de quen que se fai cargo do seu coidado na casa. Ademais, este curso tamén redunda positivamente nas persoas coidadoras, pois aprenderán técnicas que limitarán o seu desgaste, tanto físico como emocional, derivado do labor de atención a unha persoa en situación de dependencia. Así, o temario de contidos do curso combina teoría e práctica e aborda os seguintes aspectos: ‘Detección do DCA’; ‘Pautas para avaliar a evolución da persoa con DCA’; ‘Comunicación coa persoa con dano cerebral adquirido e habilidades comunicativas’; ‘Alteracións cognitivas e condutuais’; ‘Ocupacións: Accesibilidade e produtos de apoio'; ‘Alimentación, deglutición e medicación’; ‘Tratamento da intimidade e da privacidade’; ‘Hixiene, curas e prevención de úlceras’; e ‘Acompañamento no tempo libre e actividades de lecer’.
Dano Cerebral Galicia -ata agora Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE)- é a entidade que une e representa as cinco asociacións de dano cerebral adquirido que hai en Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo. Xuntas aglutinan a máis de 2.200 persoas socias.
O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que está causada case sempre por un ictus (78% dos casos), pero tamén por traumatismos cranioencefálicos, tumores cerebrais, anoxias ou infeccións. Produce unha serie de secuelas -moitas delas invisibles, provocando unha enorme incomprensión- que se manifestan en diferente medida e cantidade en función da persoa, e que impactan a nivel físico, sensorial, cognitivo, condutual, emocional, traendo tamén fondas repercusións a nivel social e económico.

O alcalde ribadaviense, César Fernández, pediu a toda a veciñanza das comarcas do Ribeiro e O Carballiño, asi como do resto de Galicia, o seu apoio para facer da vila de Ribadavia a que sería primeira localidade galega en gañar o famoso concurso navideño de Ferrero Rocher.
O feito de ser unha das cinco localidades de toda España elexidas para a edición de 2024 para esta competición para conseguir a iluminación de nadal da firma de bombóns, xa está sendo un gran escaparate para visualizar en toda España á capital do Ribeiro.
Podes votar en www.ferrerorocher.com
Escoita aquí a entrevista de COPE O Carballiño ao alcalde de Ribadavia.
Que saberas tu de grupos e de persoas do irixo... de xuntos ou de separados... canto tempo libre tes para escribir esa zorrengada... xa te pareces a alcaldesa mintes tanto como dis q non dis nada... A CULPA E DO MACHISMO... ou non escoitaches a muller galega caracterizada... que pena de Ourensania... igual cuns berros arranxase todo... a partir de ahi so queda comprar os chourizos fora do irixo si e o home da concelleira de xuntos tamara moito mellor... pobriños todos q so queredes o carguiño para mangonear ainda que sexa unhas pancetas... os pobres tocaron algo de poder e perderon o sentido que nunca tiveron,,,,, despois enchesevos a boca de falar do irixo pero que hai de lo mio... a culpa e de todos menos de min... q sigan dimitindo que e o unico que poden facer...
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- …
- seguinte ›
- última »