28, Decembro 2020

Son en total 2.000 tarxetas cargadas con 50 euros, 25 que paga o cliente pola tarxeta e outros 25 euros que aporta o concello do Carballiño, promotor desta campaña "O Carballiño Contigo" acordada pola corporación municipal dentro do paquete de medidas para favorecer a reactivación do comercio e a hostelería, os sectores máis castigados pola crise do coronavirus.

As tarxetas están venda na Oficina de Turismo da Alameda, ata fin de existencias, en horario de 10 a 14 e de 17 a 21 horas. Cada persoa, maior de 18 anos, poderá retirar ata 3 tarxetas, unha persoal e as outras dúas en represntación de outras dúas persoas, neste caso deberán presentar unha autorización por escrito, cuxo modelo pode descargarse na páxina web "O Carballiño Contigo", onde tamén pode encontrarse a relación dos 132 establecementos do Carballiño que participan nesta campaña, e nos que deberán gastarse o diñeiro de cada tarxeta, que terán como data de caducidade o dia 31 de Xaneiro de 2021. Pode solicitar a tarxeta calquera cliente do comercio e hostalaría do Carballiño, sexa cal sexa o seu domicilio, no Carballiño ou calquera outro concello.

27, Decembro 2020

A comarca do Carballiño continúa aumentado a súa media da idade cada ano que pasa, según os últimos datos que se corresponden aínda ao ano 2019,  a maioria dos concellos están preto de alcanzar os 60 anos de idade media, unha barreira que xa superan os concellos do Irixo e Beariz.

Os municipios "máis xóvenes" pero aínda asi "maiores" en relación coa idade media galega e española, son os do Carballiño, con 48,08 anos, e Maside, que chega aos 52,56 anos. A idade media española está nos 44 anos, e a galega nos 47,24 anos.

Pero aínda máis envellecidos están os outros sete municipios da comarca carballiñesa, con O Irixo á cabeza e xa 61 anos de media da súa poboación, de preto séguelle Beariz con 60,07 e San Cristovo de Cea con 58,05. E camiño de ser "sesentós" tamén se sitúan San Amaro con 57,53 anos de idade media na súa poboación, Boborás con 57,45 anos , Punxín con 57,37 anos e Piñor, que conta cunha media de 56,02 anos.

26, Decembro 2020

Tras a celebración da noiteboa e o nadal os datos do coronavirus permanen prácticamente inalterables na comarca, con lixeiras variacións. O concello de San Cristovo de Cea notifica hoxe 21 contaxios activos, un menos que onte. O Carballiño mantén 7 casos activos, os mesmos que onte, e dous máis que o dia de noiteboa. Repiten dato Boborás (2) Beariz (2) e Piñor (1).

Catro concellos mantéñense libres de virus outro dia máis, que son os de Maside, Punxín, O Irixo e San Amaro.

24, Decembro 2020

 O Equipo de COPE O Carballiño pídevos que celebrédes o nadal  con " moita cabeciña" neste contexto que vivimos, e deséxavos unhas boas festas.

24, Decembro 2020

O Carballiño consigue chegar á noiteboa e o nadal nunha boa situación epidemiolóxica, resistindo contra o coronavirus, con 5 contaxios activos no municipio carballiñés neste xoves 24 de Decembro.

A peor noticia da comarca está no concello de San Cristovo de Cea, que vive estas datas con récord de contaxios diarios dende que se declarou a pandemia, ao rexistrar 22 casos activos, a maioria vinculados á Residencia de Maiores de Cea. Tamén volve ter contaxios o concello de Boborás, 2, despois de lograr pasar dúas semanas libre de virus, unha condición que sí manteñen os concellos de Punxín, Maside, O Irixo e San Amaro. No concello de Beariz mantéñense 6 contaxios activos, dos que 5 son usuarios da Residencia de Maiores da localidade. Finalmente, Piñor continúa notificando un caso de coronavirus.

23, Decembro 2020

"O Nadal da Praza de Abastos" celebrou sorteo no que repartíu 7 cestas de nadal e unha caixa de viño da adega Pazo Tizón entre a clientela que realizou compras no mercado carballiñés no transcurso das últimas semanas.

Lourdes Trigás poderá brindar esta noiteboa co viño ribeiro de Pazo Tizón. As 7 cestas de nadal con productos do comercio local foron para Eva de Cea, Concepción Riveiro, Mª Dolores Otero González, Irene Jimenez, Lucita Valeiras, Maria Genoveva Fernández Civeira e Puri.

A concelleira de Promoción Económica do concello do Carballiño, Silvia Baranda agradeceu o apoio da veciñanza coas súas compras tanto na Praza de Abastos como no coxunto do comercio local nestas datas de tanta animación comercial, e pola súa parte Eligio González "Quini" felicitou en nome dos praceiros a todas as premiadas neste sorteo, e trasladou o desexo dunhas boas festas para toda a veciñanza do Carballiño e comarca.

22, Decembro 2020

Un ano máis o Concello do Carballiño fixo entrega dos diplomas aos gañadores do concurso de escaparates de Nadal. O xurado valorou a calidade e a gran competencia do comercio local carballiñés, sendo un resultado que se resolveu dunha forma moi axustada.

A tenda de calzado infantil École foi a que levou o primeiro premio na súa primeira participación neste certame de Nadal. O Estanco n°5 da rúa Venezuela logrou o segundo premio e a mercería La Moderna o terceiro.

O concelleiro de Cultura do Carballiño, Diego Fernández, achegaba os parabéns aos participantes e recordaba "a importancia que ten o consumo no comercio local nunhas circunstancias tan especiais como as que estamos a vivir".

22, Decembro 2020

A Área de Educación do Concello do Carballiño e o SNL do que é titular a concelleira Guadalupe Sobrado Pérez promove unha campaña de dinamización lingüística dirixida ao comercio local do Carballiño. Esta campaña está deseñada para fornecer con materiais atractivos e para facilitarlles aos comerciantes que poidan levar a cabo a súa actividade en galego.

Neste caso trátase dun folio de etiquetas, deseñadas pola marca OZOCOgz deseño galego, para colocar nos agasallos que merquen os clientes e as clientas, con distintos lemas (Bo Nadal, Boas Festas, Un bico moi forte, Quérote, Desexo que che guste, Parabéns, Feliz Aniversario, Cos meus mellores desexos.).

En cada un dos folios inclúese o logotipo da institución Ademais, tamén se repartirán carteis coa inscrición REBAIXAS onde cada letra é unha foto dun lugar emblemático do Concello do Carballiño, así podemos ver o balneario, a Veracruz ou o parque municipal, enttre outros.

22, Decembro 2020

Se o quinto premio no Bar Estatequieto foi o primeiro do sorteo, o que visitou o Bar Lérida na Praza dos Irmáns Prieto do Carballiño, foi dos máis tardíos, o penúltimo do sorteo xa soprepasada a unha da tarde. O 43.831 deixa outro "petisco" no Carballiño, un décimo (podería ser máis de un) premiados con 6.000 euros.

22, Decembro 2020

O 86.986, un dos quintos premios do tradiconal Sorteo Extraordinario do Nadal, visitou o Bar Estatequieto do Carballiño. Foi vendido na terminal de lotarias deste coñececido e céntrico bar carballiñés, na Praza do Emigrante. Está premiado con 6.000 ao décimo, pero non se sabe de momento si se trata dun único ou varios décimos. Está moi repartido por numerosas localidades de toda España, entre as que figuran 12 galegas.

Páxinas

Subscribirse a Copecarballiño.es RSS